
De conformidade co convenio de colaboración entre o Concello de Santiago de Compostela e a USC de actividades dirixidas á formación, difusión e sensibilización en materia de igualdade de xénero, lévase a cabo esta iniciativa na que preténdese amosar a realidade existente co colapso climático e como afecta en maior medida ás poboacións dos países en vías de desenvolvemento, e máis concretamente á poboación feminina. Procurase sensibilizar ao estudantado nas materias de xénero e ecoloxía, e precisamente como a través do ecofeminismo pódese confrontar o cambio climático e as estruturas de poder e de desigualdade que máis perxudican ás mulleres e nenas.
A actividade consistirá no visionado da película 'Mariposas Negras' e unha posterior mesa de diálogo co director do filme e con persoas expertas en materia climática, xénero e migracións.
Obxectivo xeral: A formación e sensibilización do estudantado e do resto da comunidade universitaria nas realidades que describe a película Mariposas Negras.
Obxectivos específicos:
-Analizar as interrelacións entre o cambio climático, a desigualdade de xénero e os procesos migratorios, partindo das realidades amosadas na película proxectada, onde se visibiliza a realidade que sofren milleiros de mulleres e nenas que están maís expostas aos riscos climáticos.
-Facer partícipe ao estudantado universitario da reflexión conxunta que temos que facer como sociedade sobre como o ecofeminismo pode ofrecer ferramentas para loitar contra as consecuencias do cambio climático, non só a nivel medioambiental se non tamén social e económico.
-Presentar mediante a mesa de diálogo formada por expertas en materia ambiental, feminismo e migracións os datos, as opinións e as posibles solucións para a loita contra a crise climática e contra as desigualdades de xénero, impulsando boas prácticas e un compromiso social e ambiental no eido universitario.
Participan:
-David Baute: Director da película
-José Ignacio Varela Ramos: investigador en migracións climáticas e membro do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC).
-Teresa Moure Pereiro: Directora do CIFEX. Profesora Titular de Lingüística Xeral na USC.
-Mónica Arto Blanco: Profesora na área de Didáctica e Organización Escolar. Gañadora do terceiro premio na modalidade de investigación, na XVI edición dos premios á introducción da perspectiva de xénero na docencia e na investigación, polo traballo titulado “CLIMACTIVA. Iniciativas ciudadanas ejemplares. Integrar la adaptación y la resiliencia ante los riesgos climáticos en los estilos de vida”.
Modera: Sonia. E. Rodríguez Boente, Delegada do reitor para a Igualdade da USC.
Día: 12 de setembro de 2025.
Lugar: Sala Mozart. Auditorio de Galicia.
Esta actividade está dirixida principalmente ao estudantado da USC.