Ir o contido principal

Carreira Nocturna 2025

SantYaGo10K

10.05.2025 | 20.00h-23.59h

Apoia o deporte para as persoas con discapacidade

Carreira Nocturna e Carreira escolar
SantYaGo10K 2025

As persoas interesadas en colaborar como voluntarias teñen que inscribirse ben dende o formulario de Google Forms que aparece abaixo nas ligazóns ou ben na páxina web oficial co formulario inserido. Os días dispoñibles para colaborar son o venres, 9 e sábado 10 de maio.

Haberá a posibilidade de axudar por quendas de dúas horas ao longo de todo o día, de tal xeito que se pode escoller cunha marxe de dúas horas o horario no que participar. 

Como tódolos anos, a carreira vai destinada a unha causa benéfica e este ano córrese polo autismo colaborando con ASPANAES (Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista)

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.04.2025.