Voluntariado
O labor da Asociacion Española Contra o Cancro está centrado en previr, sensibilizar, acompañar as persoas afectadas e financiar proxectos de investigación oncolóxica que permitirán un mellor diagnóstico e tratamento do cancro.
Hai varias formas de facer voluntariado na Asociación e podes elixir a que mellor se che adapte. Podes facer voluntariado de forma presencial e en liña. Tamén podes elixir a frecuencia e se queres estar en contacto directo con pacientes con cancro.
Voluntariado pola ciencia en Lugo
- Axudarás a espertar o interese pola investigación científica e a crear conciencia sobre a súa importancia na sociedade. Se tes paixón pola ciencia e un perfil de investigación ou científico, poderás realizar obradoiros ou actividades de divulgación para achegar a ciencia e os resultados da investigación a toda a poboación.
Voluntariado de apoio no Hospital de Lugo
Voluntariado de apoio a pacientes en Lugo