Iniciativa de voluntariado ambiental
Amigos da Terra
Amigos da Terra é unha asociación ecoloxista que ten como misión o fomento do cambio local e global cara a unha sociedade máis respectuosa co medio ambiente, xusta e solidaria.
Programa Universidade Residuo Cero
Este programa vai dirixido a afianzar unha comunidade universitaria coñecedora, consciente e sensibilizada da problemática da xeración excesiva dos residuos.
O programa iniciase en marzo e chegará ata novembro de 2023.
Cada persoa decide en que medida pode colaborar, todas as accións por pequenas que sexan contribúen ao cambio.
Plan de acción:
- Diagnose da situación actual no campus
- Plan de comunicación (redes sociais, carteis e material informativo)
- Itinerario formativo
- Intercambio de ideas (encontros con activistas /influencers)
- Obradoiros prácticos baseados na reutilización de materiais (Cafes Repair).
- Prazas: s/n