Ir o contido principal
Programa de voluntariado de sensibilización

Manos Unidas é a asociación da Igrexa Católica en España para a axuda, promoción e desenvolvemento dos países máis desfavorecidos e en vías de desenvolvemento. Tamén é unha ONGD de voluntarios, sen ánimo de lucro, católica e segrar. Ten como misión loitar contra a pobreza, a fame, na nutrición deficiente, as enfermidades e as carencias no ámbito educativo; e traballar para eliminar as causas estructurais que as producen: a inxustiza, o desigual reparto dos bens, a falta de oportunidades entre as persoas e as comunidades para a defensa dos seus dereitos, os prezuizos, a insolidariedade, a indiferencia e a crise de valores humanos e cristiáns.

Manos Unidas en dúas liñas de actuación fundamentais: 

  • Sensibilización: dando a coñecer e denunciando a existencia da fame e da pobreza, as súas causas e as posibles solucións.
  • Proxectos: reunindo medios económicos para financiar proxectos co obxectivo de promover o desenvolvemento integral das persoas nos países en desenvolvemento.

Conta, tamén, con recursos para traballar na aula Educación para o Desenvolvemento e a Educación en valores: Educando para un mundo máis xusto

Máis información sobre o voluntariado en #JóvenesManosUnidas

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.05.2025.