
Trátase dun evento de longa tradición nesta cidade; dende o ano 1978 é unha cita ineludible co deporte. É un evento no que se paraliza Santiago de Compostela, con máis de 4.000 participantes e con numeroso público na praza do Obradoiro e por todas as rúas do percorrido.
Precísanse persoas voluntarias para que as/os corredoras/es estean protexidas/os en todo momento e poidan ter os servizos que precisan.
Hai numerosas tarefas que son imprescindibles ese día:
- entrega de dorsais e camisetas, entrega de froita, batidos, medallas e merchandasing nos puntos de avituallamento.
- axuda na secretaría.
- axuda a protección civil no control dos cruces da zona vella.
- atención dos roupeiros e vestiarios.
As persoas interesadas en colaborar como voluntarias teñen que inscribirse no formulario do curso 2025/2026 do SEPIU e, ademais, enviar un correo-e a: carreira.pedestre [at] elcorreogallego.es (carreira[dot]pedestre[at]elcorreogallego[dot]es) antes do 15 de outubro de 2025.
Haberá a posibilidade de colaborar o día da proba entre as 8 da mañá e as 2 da tarde e/ou tamén en días previos.