Unha das súas prioridades é difundir o acollemento familiar como o mellor recurso para a protección á infancia e adolescencia en situación de desamparo ou risco, comprometéndonos así co programa de sensibilización social e captación de posibles persoas e familias acolledoras.
Programa Agarimos. Campamento para crianzas en acollemento
Campamento pensado por e para as crianzas en acollemento residencial que ten como obxectivo principal proporcionarlles unha experiencia onde cada crianza ten unha persoa voluntaria en exclusiva.
- Horario: 10 días durante o verán (24 horas)
- Prazas: 5
Programa de apoio escolar
Realizar actividades de reforzo da lectura e escolar con crianzas en acollemento familiar que cursen E.I. ou E.P.
- Horario: luns e mércores, de 17:30 a 19:30 h.
- Prazas: 6
Programa de conciliación e canguraxe
Realizar actividades de conciliación coas crianzas nas actividades propostas para persoas adultas e apoiar no servizo de canguraxe con familias acolledoras.
- Horario: segundo a necesidade e a dispoñibilidade da persoa voluntaria.
- Prazas: 4
Programa Encontros entre irmáns e irmás
Acompañar a grupos de irmás e irmáns en acollemento residencial e familiar en saídas e actividades de lecer.
- Horario: fins de semana, de 17 a 20 h.
- Prazas: 4
Programa Ocio positivo entre iguais
Acompañar a crianzas e adolescentes en acollemento residencial e familiar en saídas e actividades de lecer.
- Horario: fins de semana, de 17 a 20 h.
- Prazas: 4
Programa de difusión e sensibilización
Colaborar na difusión de información sobre o acollemento familiar, o sistema de protección e as actividades realizadas por ACOUGO, nas redes socias e por calquera outro xeito que se poida.
- Horario: segundo a necesidade e a dispoñibilidade da persoa voluntaria.
- Prazas: 20
Programa Banco de recursos
Colaborar na xestión do banco de recursos situado no Concello de Padrón e que proporciona roupa e enseres ás familias, promovendo o desenvolvemento sostible e a reutilización.
- Horario: martes e xoves, de 10 a 13 h.
- Prazas: 4
Programa Fins de semana de respiro para nenas, nenos e adolescentes e familias
Apoio ás persoas monitoras na realización das actividades e acompañamento a nenas, nenos, adolescentes e familias nos fins de semana de respiro.
- Horario: catro veces ao ano de venres a domingo.
- Prazas: 6