A exposición busca amosar como a ciencia e a arte comparten un punto de partida común: a imaxinación e a especulación.
Exposición "Ficcións especulativas"
Igual que a ciencia comeza con hipóteses ficticias para entender o mundo, os artistas usan a fantasía, a ciencia ficción e o pensamento oracular para imaxinar futuros posibles. Nun contexto de cambio global, esta mostra destaca como a creación artística pode axudar a albiscar o porvir e inspirar transformacións, combinando elementos científicos, narrativos e máxicos.
O papel das persoas voluntarias será o de orientadoras/es didácticas/os, acompañando e guiando as visitas de grupos ou individuais, ofrecendo unha interpretación accesible e enriquecedora da exposición. A colaboración realizarase dentro do horario da exposición, pero cada persoa poderá escoller a quenda que mellor se lle adapte. Permanecerá aberta até o vindeiro 28 de febreiro de 2025 no Salón do Artesoado e sancristía do Colexio de Fonseca.
- Horario: de luns a venres, de 11 a 14 h. e de 17 a 20:30 h.
- Prazas: s/n