
Desenvolverase dende o 15 de outubro de 2025 ata o 15 de maio de 2026.
Voluntariado lingüístico
En Galicia hai dúas linguas oficiais, o galego e o castelán. O galego é a lingua propia da USC. Nas aulas, o profesorado e o estudantado poden utilizar calquera das dúas linguas, e ninguén ten a obriga de cambialas. A Facultade de Psicoloxía é un contorna de traballo sensible coa lingua e a cultura galega. A aposta pola lingua galega, entre outros mecanismos a través da Comisión de Normalización Lingüística, configurou un espazo de docencia e investigación no que se respecta a diversidade lingüística. Na Facultade son conscientes de que a atención psicolóxica en Galicia precisa de profesionais capaces de empregar as ferramentas de avaliación e intervención en galego, seguindo as recomendacións da American Psychological Association (APA) de empregar as linguas comunitarias para unha atención inclusiva e libre de prexuízos. Con este obxectivo organizan actividades como as Xornadas de Bilingüismo: A Lingua na Práctica Profesional da Psicoloxía e tamén participan no Concurso de edición na Galipedia.
No curso 2025-2026 queren impulsar a participación do estudantado nestas actividades e afondar no compromiso coa psicoloxía galega en galego, a través deste programa de voluntariado lingüístico.
As actividades propostas en este voluntariado inclúen:
- Actividade para o alumando galegofalante interesado en colaborar con alumnado de fora de Galicia no coñecemento da lingua e da cultura galega: conversa, resolución de dúbidas, etc.
- Horario: 1 hora á semana en horario de mañá ou tarde, segundo demanda.
- Actividade de revisión do glosario de termos lingüísticos.
- Horario: Esta actividade complementarase coa anterior, sumando 1 hora á semana en total.
- Realización de vídeo coa comunidade universitaria do centro procedente de Galicia (Como nos vemos?) e alumnado procedente do exterior (Como nos ven?).
- Horario: 1,5 horas á semana en horario de tarde
Prazas: 5/6 persoas
Requisitos para participar no programa:
- Ser estudante dalgún dos títulos impartidos na Facultade de Psicoloxía.
- Estar en disposición do CELGA4 ou equivalente.
Mais información: cnlpsicoloxia [at] usc.gal (cnlpsicoloxia[at]usc[dot]gal)