Ir o contido principal
Imaxe representativa
A Rede de Aulas de Informática (RAI) é o conxunto de espazos físicos e infraestruturas dedicados á docencia e ao uso das novas tecnoloxías.

Os distintos espazos físicos agrúpanse en: aulas de informática dos centros e aulas de informática xerais dos campus de Santiago e Lugo.

Os  postos de traballo e elementos de comunicacións das aulas de informática contan cunha infraestrutura  centralizada de servidores que lle dan apoio e servizo a cada un dos postos de traballo da Rede de Aulas de Informática e  ós propios usuarios da RAI.

As aulas de informática xerais dos campus de Santiago e Lugo teñen como finalidade principal a organizar e impartir cursos na área das novas tecnoloxías, e facilitar o acceso ós recursos propios de cada unha destas aulas  para a aprendizaxe das ferramentas informáticas, a realización de traballos e uso dos servizos ofertados.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.12.2023.