Ir o contido principal
As aplicacións corporativas da USC empregan as credenciais descritas nesta sección para proporcionar acceso aos usuarios.

O uso das credenciais nas aplicacións pode ser de dous tipos:

  1. Maioritariamente a través do sistema de identificación centralizado da USC. Unha vez identificado nunha aplicación, durante un certo período de tempo, non será necesario introducir de novo as credenciais cando se acceda a outros servizos. Por razóns de seguridade esta autenticación acabará expirando e será necesario introducir as credenciais de novo.
  2. Excepcionalmente a través do mecanismo propio da aplicación. No caso dos sistemas ou aplicacións non integrados no anterior sistema será preciso identificarse sempre que se acceda ao sistema, identificación que non poderá ser reutilizada noutros servizos ou aplicacións.

 Pode consultar o manual de uso do Sistema de identificación centralizado.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.12.2023.