Ir o contido principal
O uso dunha única conta para validarse en todos os servizos facilita o acceso aos mesmos aos usuarios e reduce o número de incidencias derivadas da confusión que producen múltiples credenciais para identificar ao mesmo usuario.

Un único punto de acceso para todos os servizos é máis cómodo pero ao mesmo tempo é máis perigoso se non se teñen en conta unhas medidas básicas de seguridade. Ao ter unha soa conta, se ésta ve se comprometida, todos os servizos que dependen dela se verán comprometidos: noso correo electrónico, o acceso ao noso expediente, etc.

É necesario seguer unhas recomendacións básicas:

  • Nunca comuniquen a chave de paso da sua conta a ninguén. O administrador do sistema non necesita a sua chave de paso para ningún tipo de xestión ou tarefa de mantemento.
  • Troquen a chave de paso periódicamente. Antes se sospeitamos que puidera verse comprometida. Tamén pode trocar a sua chave de paso
  • Comproben sempre que a aplicación ou páxina web na que van a utilizar a chave de paso é a que debe ser.
  • Non utilicen chaves de paso triviales. Debense utilizar combinacións de letras e números que non se poidan deducir doadamente.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.12.2023.