Que non poidas visitarnos en persoa, non significa que non poidas coñecer o que a USC ten para ti: graos, laboratorios punteiros, instalacións deportivas, residencias e colexios maiores, cafeterías e comedores, unha ampla programación cultural, programas de voluntariado...
Neste curso os Encontros Virtuais terán lugar os días 14 e 15 de abril de 2025
Para cada titulación poderás acceder a unha videoconferencia atendida polo profesorado do centro.
A páxina de acceso aos encontros é https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais