Neste curso, 2025-26, para facilitar a asistencia, organizaremos unha reunión en Santiago e outra en Lugo.
En Santiago de Compostela: venres, 19 de setembro, ás 11:00h. no Salón Nobre do Colexio Fonseca (a 50 metros do Obradoiro).
En Lugo: martes, 30 de setembro, ás 11 h. no Edificio do Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico (CACTUS) so Campus de Lugo
Nesta reunión faremos unha breve exposición das actividades a desenvolver polo Programa e recolleremos as propostas que nos fagades dende os centros de Ensino Medio.
A Universidade de Santiago de Compostela (cos seus campus en Lugo e Santiago) agradece o voso interese e colaboración en todas as actividades que organiza e agarda seguir contando con ela.
Formulario inscrición https://forms.office.com/e/wBqqA5Sm8S
Esta incrición permitiranos enviar un xustificante de asistencia.
Orde do día
- Apertura do acto pola Sra. Vicerreitora de Estudantes e Cultura
- Saúdo do Sr. Vicerreitora de Estudantes e Cultura
- Presentación das actividades do Programa “A Ponte” para o presente curso.
- Informes da CIUG
- Rolda de Intervencións
- Peche do acto.
Unidade de xestión do Programa A Ponte
- Pavillón de Estudantes
- Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- 881 814 576
- aponte [at] usc.gal