Para calquera consulta, dúbida ou aclaración, cómpre enviar unha mensaxe de correo electrónico a: stembach [at] usc.es (stembach[at]usc[dot]es)
Este correo electrónico stembach [at] usc.es (stembach[at]usc[dot]es) será o punto de encontro entre os coordinadores do STEMbach dos centros de Ensino Medio, o Persoal Docente e Investigador (PDI) da USC e os responsables do programa STEMbach na USC.
- Os coordinadores poderán solicitar os proxectos poñéndose en contacto directo co PDI da USC ou enviando unha mensaxe a esta dirección.
- O profesorado da USC contactará directamente cos centros educativos ou a través dos responsables do STEMbach na Universidade mediante esta dirección.
- As dúbidas que podan xurdir en relación co programa STEMbach da USC tamén se deberán dirixir a este mesmo punto de encontro.