17.04.2024-19.04.2024
No XIV Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG), que terá lugar na Universidade do Minho (Braga/Guimarães, Portugal), do 17 ao 20 de abril de 2024, presentaranse dous paneis «Posteridade literaria e memoria visual no espazo ibérico» e «Estudos de cultura material no ámbito galego-portugués»

Baixo o título "Horizontes dos Estudos Galegos e/na Lusofonía", o XIV Congreso da AIEG pretende ser un espazo para a reflexión sobre a relación entre Galicia e os estudos galegos co que se ten denominado Lusofonía.