As bolsas e axudas ao estudo son un dos instrumentos que contribúen de maneira máis eficaz a facer posible o principio de igualdade de oportunidades. O Servizo de Bolsas e Axudas centraliza as prestacións que se ofrecen ao estudantado universitario en relación coa xestión e tramitación das bolsas e axudas ao estudo xa sexan estatais, da propia USC ou das institucións coas que se convenian.
Ligazóns
-
Bolsas do Ministerio de Educación de carácter xeral para estudantes universitarios que cursan estudos na Comunidade Autónoma de Galicia .
-
Axudas ao estudo de carácter especial ou Bolsas-Colaboración para facilitar que os estudantes do último curso de estudos universitarios de grao e primeiro de máster presten a súa colaboración en distintos departamentos universitarios en réxime de compatibilidade cos seus estudos.
-
Bolsas propias da Universidade de Santiago de Compostela para o pagamento de prezos públicos por servizos académicos dos alumnos matriculados no cuarto ciclo; axudas para gañadores das olimpíadas científicas, etc.