O Servizo de Participación e Integración Universitaria establece e coordina os mecanismos da USC para favorecer o deseño e dotación de proxectos de responsabilidade social vinculados ás actividades de participación social e Voluntariado e a proxectos de inclusión universitaria.
Liñas de actuación
A Área de voluntariado, Participación e Cooperación Internacional coordina a acción directa da comunidade universitaria implicada na acción voluntaria de maneira activa e promove a participación en proxectos con voluntarios/as e de participación social, recoñecidos academicamente. Colabora ademais no deseño de proxectos de Aprendizaxe-Servizo (ApS) que, dende a innovación educativa, favorecen a adquisición de competencias e habilidades que complementan a formación académica do estudantado.
A Área de Integración Universitaria promove o deseño de actividades que favorezan a normalización da vida académica, cultural, deportiva e social das persoas con discapacidade que forman parte da nosa comunidade universitaria.