Aínda é posible inscribirse nos cursos de idiomas do CLM para o ano académico 2023-2024
Alemán, catalán, checo, francés, inglés, italiano e portugués no Campus Santiago; e alemán, francés e inglés, no Campus Lugo, son as linguas ofertadas
Alemán, catalán, checo, francés, inglés, italiano e portugués no Campus Santiago; e alemán, francés e inglés, no Campus Lugo, son as linguas ofertadas
Os traballos de remodelación súmanse aos xa executados nas pistas de fútbol sala, patinaxe e baloncesto, así como na renovación da iluminación. En total, a USC investiu 300.000 euros na mellora das infraestruturas deportivas do campus ao longo de 2023
Este novo recurso permite acceder a máis de 225.000 títulos en castelán e inglés de temática multidisciplinar cuxa selección atende a criterios de calidade científica e académica
O catedrático da USC que faleceu o pasado mes de abril dedicouse á análise de secuencias Alu do ADN e estaba profundamente interesado na evolución humana e nas relacións filoxenéticas
Sensoxenona presentou os seus primeiros resultados nos que se alcanzan evidencias que axudarían a entender o efecto beneficioso da música en persoas con deterioro cognitivo
A iniciativa consta de diferentes convocatorias con diversos horarios e prazos de solicitude, rematando o período de inscrición máis inmediato o 22 de setembro
Non se poderán retirar materiais en préstamo e as persoas que queiran solicitar libros por préstamo intercentros poderán recollelos noutros puntos de servizo
A vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, presentou no Campus de Lugo a programación das xornadas de benvida que se estenderán dende este luns 18 e ata o vindeiro 29 de setembro
O grupo de investigación organiza tamén un ciclo de cinema e debate que terá lugar os luns 18 e 25 de setembro na Facultade de Filosofía para visualizar dende outro ángulo o coñecemento das ditaduras militares latinoamericanas durante a Guerra Fría
A transferencia de coñecementos centra os obxectivos dun foro científico que congrega até o venres na EPS de Enxeñaría da USC máis de 30 especialistas de toda España
A tese doutoral de Sandra González, desenvolvida no CRETUS, analiza as fermentacións máis axeitadas para a produción de enzimas ligninolíticas a partir da valorización de residuos agro-industriais
O reitor Antonio López presidiu a sesión inaugural desta xornada lúdica que conta con diferentes actividades encamiñadas a presentar a universidade compostelá entre o novo alumnado, así como distintos aspectos da cultura galega
A USC retoma a tradición de que un representante do alumnado interveña nesta cerimonia solemne, feito que o reitor Antonio López definiu como “momento simbólico pero transcendental” cuxo último protagonista foi o intelectual galeguista Francisco Fernández del Riego en 1933
Emitiranse 1.040 bonos para 80 consumos en cafetarías e comedores universitarios que poderán solicitarse do 18 de setembro ao 6 de outubro
O TFG ‘Factores que inflúen na experiencia de compra en liña de produtos alimentarios’, desenvolvido no Campus Terra da USC polo graduado en Administración e Dirección de Empresas baixo a titoría do profesor Fernando Losada, afonda nos motivos da compra dun perfil de consumidores “preocupados pola saúde” e “con interese” polo ecolóxico
O foro terá lugar baixo o lema ‘Mantras para a formación, a orientación e o emprego na interseccionalidade social, tecnolóxica e persoal’