Ir o contido principal

Artigo

Resultados

Formación do Profesorado, un faro de innovación permanente

O Laboratorio de Educación Infantil da USC que dirixe a profesora Lina Iglesias no centro universitario lugués antóllase como lugar de formación permanente de mestres e educadores, aos que ofrece a posibilidade de experimentar con novos materiais nun contexto no que a variable espacial cobra especial importancia no proceso educativo

RefWorks Legacy deixa de funcionar o 30 de xuño de 2023

A partir do día 30 de xuño desaparece Refworks Legacy, a antiga versión de Refworks. Todas as contas que non foran trasladadas antes desa data á nova versión de Refworks deixarán de estar operativas e perderase toda a información que conteñan.

XuvenCiencia abre a preinscrición no seu Campus de Verán, que se celebrará en Lugo do 2 ao 8 de xullo

A undécima edición do campamento de divulgación científica do grupo XuvenCiencia da USC ofrece 95 prazas para participar en 16 proxectos, ademais dun amplo programa de lecer que inclúe obradoiros de saúde emocional, artes escénicas, Desing Thinking, videocreación, cuantificación de gases e visitas culturais pola cidade de Lugo, así como a centros sanitarios e a empresas tecnolóxicas agroalimentarias

O Campus Terra da USC amosa a súa oferta formativa e o seu potencial a prol da economía circular no Tour do Talento

A II Feira de Emprendedores de Lugo congregou na Praza da Horta do Seminario centos de estudantes preuniversitarios e público en xeral, nunha xornada na que participaron numerosos docentes e investigadores da sede universitaria luguesa, ademais do vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, e a delegada do Reitor para o Campus Terra da USC, Elvira López Mosquera

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.10.2019.