Ir o contido principal

Artigo

Resultados

USC e Aresa convocan o XXIII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural

O reitor Antonio López e a adxunta á Presidencia do grupo Aresa, Carlota López, asinan o convenio para a edición da nova edición dun galardón orientado a distinguir iniciativas a prol do medio rural que axuden a mellorar a calidade de vida dos seus habitantes. O prazo de presentación de candidaturas permanece aberto ata o 13 de xaneiro de 2023 nos rexistros de que dispón a USC nos campus de Lugo e Santiago

Ciencia en galego a través de monólogos divertidos no ‘DivúlgaT’

Mocidade investigadora e docentes do Campus de Lugo achegan as súas pescudas á sociedade a través de monólogos en galego, no marco do ‘DivúlgaT’, unha iniciativa promovida polo SNL da USC xunto co Campus Terra e a Deputación de Lugo, que ofrece o martes 29 unha nova sesión de divulgación científica na Casa do Saber

Un percorrido pola cidade amurallada a través das miradas

A Biblioteca Intercentros amosa unha escolma das mellores imaxes presentadas ao XXVIII Maratón Fotográfico do Campus, un certame promovido ao abeiro do Lugo Cultural no que participaron 32 persoas e que distinguiu propostas de Sara López Temes, Begoña Pérez López, María Jesús Varela Pulpeiro e Bruno Martínez Pérez

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.10.2019.