Nova tecnoloxía molecular para alterar funcións celulares de forma controlada
Investigadores do CiQUS da USC desenvolven unha tecnoloxía catalítica que permite sintetizar produtos bioactivos en células de mamífero
Investigadores do CiQUS da USC desenvolven unha tecnoloxía catalítica que permite sintetizar produtos bioactivos en células de mamífero
A USC achega preto de trinta novidades editoriais de diversas coleccións e temáticas a esta iniciativa que se desenvolve ata o 19 de setembro
Antonio López reivindicou no seu discurso “un investimento adecuado en ciencia e innovación” para o que demanda un plan de financiamento universitario que require do “compromiso decidido” da Comunidade Autónoma
Oito titulacións do Campus de Lugo teñen aínda algunha praza vacante para iniciar estudos
É unha iniciativa da autoridade sanitaria dirixida especificamente ao conxunto da comunidade universitaria, alumnado, incluído o de programas de mobilidade, PAS e PDI pendentes de vacinar
Os 120 estudantes matriculados en primeiro curso do grao en Veterinaria no Campus de Lugo, dos que a metade proceden de fóra de Galicia, coñecen estes días as instalacións da Granxa Experimental do Campus Terra nas que desenvolverán diversas prácticas formativas e de investigación ao longo da titulación
Este centro interuniversitario que dá os seus primeiros pasos, dotará a cidadanía e a industria “de coñecemento innovador e vantaxes competitivas e sostibles a través do acceso a capacidades científicas e tecnoloxías de primeiro nivel”
Esta acción formativa, impartida na plataforma corporativa Teams, está aberta a estudantes de calquera dos dous campus
Os profesores da USC Antonio Salas e Federico Martinón acaban de publicar en ‘Environmental Research’, os detalles da plataforma de análise CovidPhy que permite coñecer os xenomas que máis impacto tiveron nos gromos froito de grandes eventos de supercontaxio
A cifra ascende a 33.500 pasamentos en todo o mundo tal e como evidencia un estudo que acaba de publicarse en 'The Lancet Planetary Health' e no que toma parte o investigador da USC Dominic Royé
O reitor Antonio López e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidades presentan na Vicerreitoría de Lugo o recoñecemento outorgado coa máxima cualificación e que vai acompañado de investimentos por arredor dun millón de euros, precisou Román Rodríguez, durante cada un dos catro anos para os que se expide a acreditación
O Servizo de Deportes da USC ofrece 70 bolsas Santander cuxo prazo de solicitude se estende dende o 13 de setembro ata o 10 de outubro e que consisten na devolución do importe do primeiro prazo da matrícula
A iniciativa ‘Aterranocampusterra’, promovida pola Área de Xuventude do Concello de Lugo xunto coa Vicerreitoría de Coordinación, amosa do 13 ao 15 de setembro a oferta de servizos para o estudantado do Campus a través de obradoiros artísticos e deportes. Accións na biblioteca, de Voluntariado, do CLM e do SNL, visitas guiadas á cidade e á Domus do Mitreo e concertos completan o programa
O Colexio de Fonseca da USC acolle do 8 ao 10 de setembro este espectáculo inspirado nos mapas do cosmos e as distintas maneiras de cartografalo
O artigo que acaba de ver a luz en 'eLife' e no que toma parte o profesor da USC Antón Barreiro xunto a investigadores da Queen Mary University de Londres podería ser chave para o desenvolvemento de fármacos que traten desordes alimenticias
Alumnado pertencente á derradeira quenda desta iniciativa impulsada pola Fundación USC mantivo este luns un encontro co reitor Antonio López