Times Higher Education sitúa un ano máis a USC entre as mellores do mundo
A institución compostelá destaca pola súa proxección internacional neste ránking integrado por máis de 1.600 universidades pertencentes a case un cento de países
A institución compostelá destaca pola súa proxección internacional neste ránking integrado por máis de 1.600 universidades pertencentes a case un cento de países
O acto de entrega deste galardón impulsado pola Asociación de Médicos Galegos desenvolveuse este venres no Paraninfo da USC e serviu para recoñecer a esta profesora de Enfermaría no Campus de Lugo
O galardón premia a súa obra ‘The Legal Case of José Soller, Accused of Impersonating a Pastor and Other Crimes in Seventeenth-century Spain’
O programa, que se desenvolverá do 24 ao 26 de setembro, inclúe seis relatorios e un percorrido por espazos naturais. A inscrición de balde está aberta na web e a través do enderezo electrónico estacion.courel.inscricións@usc.es
Unha investigación deseñada dende a Facultade de Administración e Dirección de Empresas de Lugo avalía a capacidade de carga turística da principal ruta xacobea
As investigadores da USC no Campus de Lugo Beatriz Rodríguez-Morales, doutora en Enxeñaría de Montes, e Ana Cabana Iglesia, profesora de Historia Contemporánea, reflexionan sobre a “expulsión” feminina do monte nas xornadas 'Rural e xénero', celebradas en Xove
O profesor do Departamento de Enxeñaría Química da USC, Gumersindo Feijoo Costa, escribe na sección Seres Urbanos do Blog Planeta Futuro de El País sobre a sostenibilidade das cidades nas que vivimos.
A recuperación deste modelo que acaba de botar a andar vai permitir optimizar os procesos con 209 persoas traballando en Santiago e 34, en Lugo
A USC a través do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) dá pulo a este espectáculo que se estenderá entre o 7 e o 10 de setembro no Colexio de Fonseca
A Facultade de Humanidades do Campus de Lugo acollerá o luns 6 de setembro o acto de apertura deste programa co que a USC quere posibilitar que as persoas maiores de 50 anos compartan procesos formativos e de extensión cultural con independencia do seu nivel educativo previo
A iniciativa artellada ao abeiro do proxecto europeo Phereclos, no que participan XuvenCiencia e a Facultade de ADE, permitirá ao alumnado manter conversas con responsables de empresas tecnolóxicas lusas
A matrícula para a continuación de estudos debe formalizarse entre o 1 de setembro e o 10 de outubro
“De cara ao curso que estamos a piques de comezar, pídovos a mesma exemplaridade no exercicio da responsabilidade individual para que manteñamos a USC como modelo de bo facer fronte á COVID-19”, explicou o reitor Antonio López nun correo electrónico enviado ao conxunto da comunidade universitaria
Máis de 70 participantes de 9 países participan ata o venres no Campus de Lugo nun workshop que busca achegar ferramentas innovadoras ao sector forestal ao tempo que favorece a transferencia de coñecementos a empresas, técnicos propietarios
Baixo o lema ‘Alianzas e ameazas’, este congreso internacional que se celebrará no mes de outubro, mantén aberto ata o 3 de setembro o seu primeiro prazo para a recepción de propostas
O Servizo de Deportes da USC oferta 70 bolsas Santander cuxo prazo de solicitude se estende dende o 13 de setembro ata o 10 de outubro