A profesora Teresa Fanego, premiada pola Asociación Española de Lingüística Aplicada
O Premio de Investigación 2021 para Investigadores/as Experimentados/as recoñeceu o volume ‘Corpus-Based Research on Variation in English Legal Discourse’
O Premio de Investigación 2021 para Investigadores/as Experimentados/as recoñeceu o volume ‘Corpus-Based Research on Variation in English Legal Discourse’
O proxecto ‘Pelayo e o peixe cebra axudan na investigación das enfermidades raras’ está aberto á participación cidadá a través da plataforma Precipita, unha ferramenta da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) para dar a coñecer á sociedade proxectos de investigación españois nos que se pode participar activamente
O acto virtual celebrado dende a ETSE serviu para facer entrega simbólica dos Premios Extraordinarios Fin de Carreira, os galardóns aos máis destacados expedientes, así como aos mellores TFG e TFM, entre outros galardóns que serviron para recoñecer a alumnado e profesorado do centro
O acto institucional do Día das Letras Galegas 2020 que non puido celebrarse con anterioridade por mor da pandemia, serviu este xoves para presentar o volume co que a institución compostelá homenaxea o seu primeiro titular da Cátedra de Lingüística e Literatura Galega
O certame organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural continúa este mércores, ás 20.00 horas, no ‘Gustavo Freire’ con ‘Imperator’, a cargo de ‘Maricastaña’
A USC toma parte nun consorcio internacional que forma a profesorado para impartir contidos relativos ao liderado nas comunidades locais integrando educación formal e non formal e combinando elementos pedagóxicos, sociolóxicos, psicolóxicos, legais, económicos e de xestión
O grupo de innovación docente do Campus de Lugo da USC imparte desde esta semana un taller sobre metodoloxía científica para profesorado de secundaria
A catedrática da USC recolleu este martes o III Premio Honorífico á Excelencia na Traxectoria Científica
No acto de toma de posesión celebrado este martes, o reitor Antonio López quixo subliñar que o novo equipo de goberno encarna “un proxecto para facer aínda máis grande esta Facultade de prestixio, absolutamente recoñecida en Galicia, a nivel estatal e tamén no eido internacional”
A Aula TIC-Pemes da USC promove en colaboración con Cogami e co apoio do tecido empresarial a segunda edición dunha iniciativa de micromecenado orientada a mellorar a inserción laboral de persoas con discapacidade a partir da súa formación
O alumno da EPS de Enxeñaría da USC e vicepresidente da Asociación Sectorial de Estudantes de Enxeñarías Agroforestais (SEIAF), Andrés Osoro, ve “indispensables” as titulacións ligadas á natureza e ao sector primario para facer fronte ao cambio climático e incluso destaca a súa contribución á supresión das desigualdades de xénero
Este novo espazo que facilita o acceso aos resultados froito do tecido investigador da Universidade, conforma un exercicio de transparencia ao tempo que mellora a visibilidade e o impacto da institución
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza no que toma parte o grupo HISTAGRA da USC pon en valor as formas de manexo do territorio levadas a cabo historicamente polas comunidades locais para, a través do aproveitamento sostible, lograr que os montes sexan menos proclives aos lumes e se transformen en espazos máis biodiversos e multifuncionais
O profesor de Educación Visual e Plástica na Facultade de Formación do Profesorado da USC investiga neste proxecto xunto con Juan Cidrás o medio cerámico e téxtil desde a perspectiva escultórica e pictórica
A construción en madeira estrutural constitúe un importante nicho de emprego que precisa de profesionais cualificados, sinala o catedrático da USC Manuel Guaita
O alumnado participante nesta sesión en liña procede principalmente de países coma Arxentina, Colombia, Ecuador, México e Perú