Resultados
A Escola Politécnica Superior aborda no marco dunha xornada de traballo a análise do ciclo de vida no sector agrario
O programa, organizado polo Grupo de Proxectos e Planificación da USC xunto coa Universidade de Oviedo, ofrece 30 prazas. A inscrición é gratuíta e está aberta
Unha delegación universitaria de Xapón visita Veterinaria para coñecer o seu modelo de organización docente e de I+D+i
Os profesores das universidades de Obihiro e Hokkaido, acompañados da presidenta da EAEVE, participaron nunha recepción na Vicerreitoría de Coordinación de Lugo
O profesor italiano Cosimo Altomare, de visita en Santiago para avanzar no desenvolvemento de novos fármacos
Aproveitará a súa estadía na USC para ofrecer conferencias a alumnado de Farmacia, Química e Medicina
Investigadores de Edafoloxía e Química Agrícola crean un modelo estatístico para determinar a cantidade de carbono orgánico almacenado nos solos en Galicia
Estímase que os solos en Galicia almacenan preto de 550 millóns de toneladas de carbono orgánico
O curso Akademia Project busca estudantes de últimos cursos interesados no emprendemento e a innovación
Esta é unha iniciativa que aposta por unha formación diferente enfocada a desenvolver o pensamento creativo e a resolución de problemas con respostas innovadoras que acheguen valor
A Rede Iberoamericana de Pedagoxía premia o traballo da profesora Silvana Longueira
Recoñece ademais a USC polo seu apoio institucional e as súas achegas no ámbito da Pedagoxía
Un curso sobre usos e tradicións das plantas medicinais no Courel precede o comezo das clases do IV Ciclo Universitario en Lugo
A USC mantén aberta ata o 30 de setembro a matrícula neste programa de formación de maiores, que ofrece 30 materias diferentes no campus de Lugo para o curso 2015-16
O Grupo Compostela de Universidades celebra a súa Asemblea Xeral en Santiago a próxima semana
No marco da Asemblea Xeral entregarase o XIX Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia
Antigos Alumnos da USC homenaxea a Giner de los Ríos
Unha placa no antigo hostal Suízo e unha mesa redonda sobre educación lembran o fundador da Institución Libre de Ensinanza