A comunidade universitaria desenvolve en Santiago e Lugo unha nutrida axenda de actos co gallo do 25N, que terá o seu punto central na lectura do manifesto da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria (RUIGEU)

Actos de Lectura do Manifesto da Rede de Unidades de Igualdade para a Excelencia Universitaria (RUIGEU)
- Acto institucional conmemorativo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. 25 de novembro ás 12.30 horas no Salón Nobre de Fonseca (retransmisión en directo https://youtu.be/cOtn4isLnDY). Programa:
- Lectura do manifesto 25 N da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria (RUIGEU).
- Entrega de premios do IV Concurso de Relatos Curtos contra a Violencia de Xénero
- Acto: Lectura do manifesto 25 N. Organiza: Comisión de Igualdade da Facultade de Psicoloxía. 25 de novembro ás 11.45 horas na entrada da Facultade.
- Acto: Lectura do manifesto 25 N e concentración para facer unha fotografía cortando simbolicamente un guecho de cabelo en solidariedade con todas as mulleres maltratadas de calquera parte do mundo. Organiza: Comisións de Igualdade do Campus de Lugo. 25 de novembro ás 12.00 horas na entrada da Biblioteca Intercentros e da Facultade de Formación do Profesorado.
- Acto: Lectura do manifesto 25 N e colocación de pancarta conmemorativa. Organiza: Comisión de Igualdade da Facultade de Química. 25 de novembro ás 13.00 h na fachada principal da Facultade.
- Acto: Lectura do manifesto 25 N. Organiza: Comisión de Igualdade da Escola Técnica Superior de Enxeñaría. 25 de novembro ás 13.15 horas no Salón de Actos da ETSE.
- Acto: Lectura do manifesto 25 N. Organiza: Facultade de Medicina e Odontoloxía. 25 de novembro ás 14.30 horas na Aula Castelao da Facultade. Ao peche do acto procederase ao descubrimento das placas co nome das irmás Elisa e Jimena Fernández de la Vega Lombán, licenciadas en Medicina pola USC no ano 1919, para as Aulas 4 e 5 da Facultade.
Exposicións, performances e outras accións
- Exposición: Desmentindo falsas crenzas. Organiza: alumnado de 1º do Máster Universitario en Psicoloxía e a Comisión de Igualdade da Facultade de Psicoloxía. Do 21 ao 25 de novembro de 2022 no módulo central da Facultade.
- Exposición: Selección de fotografías con perspectiva de xénero feitas polo alumnado. Organiza a Facultade de Bioloxía. Pantallas electrónicas da Facultade.
- Exposición: Fotografías arredor da conmemoración 25 N, nas que participarán membros da comunidade universitaria da Facultade de Relacións Laborais. Organiza a Comisión de Xénero da Facultade de Relacións Laborais.
- Pegada de carteis: #aViolenciaNonSempreÉFísica. Organiza: Facultade de Bioloxía. 25 de novembro de 2022, ao longo dos seguintes 16 días.
- Performances 25N 2022. Organiza: Alumnado da materia de Socioloxía da Educación da Facultade de CC. da Educación. 25 e 28 de novembro de 2022. Guía
- Realización enquisa: Grado de coñecemento e as actitudes en relación á violencia de xénero contra a muller do alumnado da Facultade de Bioloxía. Organiza: Facultade de Bioloxía.
- Exposición Ilustracións contra o machismo nas dependencias da Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo.
- Intervención: colocación dun velo/burka negro co lema “Quita o velo dos teus ollos" sobre a escultura que representa un ollo, realizado en letras violetas polo alumnado. Organiza: Comisión de Xénero da Facultade de Óptica e Optometría. Do 21 ao 25 de novembro na entrada da Facultade.
- Panel informativo e participativo: o alumnado, PDI e PAS da Facultade colocará papeis autoadhesivos cor violeta coas súas reflexións conscientes da violencia exercida sobre as mulleres. Organiza: Comisión de Xénero da Facultade de Óptica e Optometría. Do 21 ao 25 de novembro na entrada da Facultade.
Outras actividades desenvolvidas no mes de novembro
- Seminario: CO(M)XÉNERO 7. Descifrando Violencias. Organiza: Grupo de Investigación de Estudos Audiovisiais. 4 de novembro de 2022 ás 16.00 horas. Facultade de Ciencias da Comunicación
- Xornada. As novas violencias sexuais. Submisión química e agresións dixitais. Organiza: Oficina de Igualdade de Xénero. 11 de novembro de 2022 ás 17.00 horas. Visionado l. Facultade de Ciencias da Comunicación
- IV Xuntanza do Club de Masculinidades Disidentes. Os desacougos da masculinidade. Relatorio a cargo de Antonio Agustín García (Universidade Complutense de Madrid). Organiza: Oficina de Igualdade de Xénero. 14 de novembro de 2022 ás 17. 00 horas. Visionado l. Facultade de Ciencias da Comunicación
- Exposición: Heura. Organizada polo programa Confía coa colaboración da Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias. Do 4 ao 17 de novembro de 2022.
- Seminario: Desafíos ante la reforma de los delitos sexuales. Organiza: Facultade de Dereito. 14 e 15 de novembro de 2022 na Sala de Xuntas da Facultade de Dereito. Programa. Inscrición enviando un email a ludei [at] usc.es (ludei[at]usc[dot]es)
- Puntos de información: Campaña de sensibilización contra as microviolencias e encontro coas responsables do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Xénero (CIFEX) Teresa Moure Pereiro e da Oficina de Igualdade de Xénero (OIX) Marta Pérez Pereiro. Organiza: Comisión de Igualdade da Facultade de Filoloxía. 23 de novembro de 2022 ás 12.00 horas no Salón de Graos da Facultade.
- Cinefórum: proxección da película Una joven prometedora e posterior coloquio. Organiza: Comisión de Igualdade da Facultade de Psicoloxía. 23 de novembro de 2022 ás 17.00 horas no Salón de Actos da Facultade.
- IV Concurso de Relatos Curtos contra a Violencia de Xénero
- Actividade: Cada mensaxe conta. Recollida de testemuños escritos polo alumnado centrados nos agresores e elaboración dun mural. Organiza: alumnado de 1º do Máster Universitario en Psicoloxía e a Comisión de Igualdade da Facultade de Psicoloxía. Do 21 ao 25 de novembro de 2022 no módulo central da Facultade.
- Elaboración: Mural con mans negras no que participará toda a comunidade. Organiza: Comisión de Igualdade da Facultade de Ciencias da Educación. 23 de novembro de 2022 12:00 a 13.30 horas. Nos dúas sedes Facultade.
- Seminario: "La ley trans". Algunas claves. Organiza: Facultade de Dereito. 24 de novembro de 2022 ás 10.00 horas no Salón de Graos da Facultade. Presencial e modalidade en liña.
- Seminario Xénero e Política: Movimentos feministas en Chile e América Latina, a cargo de Lucía Miranda Leibe, doctora Internacional de Estudios Latinoamericanos da Universidade de Chile. Organiza: Rede Armela. 24 de novembro de 2022 ás 17.00 horas. Aula 11 da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais.
- Charla coloquio: Indicios e actuacións sobre a violencia de xénero. a cargo da Dra. Mónica Antelo Martelo, Psicóloga CIM Ames. Organiza: Comisión de Igualdade da Facultade de Ciencias da Educación. 24 de novembro de 2022 ás 17:00 horas. Aula 12 da Facultade. Campus Norte
- Ponlle fin para ter un principio, relatorio de concienciación sobre o maltrato a cargo de Aránzazu Domínguez Villanueva. Promove: Alumnado da materia Teoría e Historia da Educacación. 24 de novembro de 2022 ás 19.00 horas. Salón de Actos da Facultade de Formación do Profesorado en Lugo.
- Percurso formativo: O acoso sexual e as novas formas de violencia sexual. Organiza: Oficina de Igualdade de Xénero coa colaboración do Servizo de Participación e Inclusión Universitaria.