Ir o contido principal

Acto de entrega das Insignias da Fundación Rof Codina

20.09.2024 | 13.30h

A sesión enmárcase dentro da conmemoración do trixésimo aniversario desta Fundación

Facultade de Veterinaria. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Veterinaria. FOTO: Santi Alvite

A Sala de Xuntas da Facultade de Veterinaria será o escenario, este venres 20, do acto de entrega de Insignias da Fundación Rof Codina en recoñecemento ás traxectorias de Luis F. de la Cruz Palomino e José Luis Pereira Espinel. O acto terá lugar ás 13.30 horas e enmárcase dentro da conmemoración do trixésimo aniversario da Fundación.  

O reitor da USC, Antonio López Díaz, membros do Padroado da Fundación Rof Codina e da Asociación de Hospitais Veterinarios Universitarios acompañarán a Luis F. de la Cruz Palomino, profesor emérito ad honorem da USC e ex xerente do Hospital Veterinario Rof Codina, e a Mª Dolores Plata, viúva de José Luis Pereira Espinel, quen ocupou o cargo de director veterinario deste hospital universitario entre o ano 1995 e ata o seu falecemento en 2006, neste acto de homenaxe. No transcurso da sesión, haberá unha rolda de intervencións en representación das persoas homenaxeadas e das institucións que integran o Padroado. 
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.09.2024.