Ir o contido principal

Sesión ordinaria

Consello de Goberno da USC

27.12.2023 | 09.30h

Sala Multiusos do Edificio Servizos Administrativos/Biblioteca Intercentros (Lugo)
Santiago de Compostela
Salón Reitoral

Votaranse a aprobación dos Orzamentos do 2024 e a creación dos institutos de Humanidades e Psicoloxía, entre outros asuntos

Colexio de San Xerome. FOTO: Santi Alvite
Colexio de San Xerome. FOTO: Santi Alvite

O Consello de Goberno da USC reunirase este mércores 27 de decembro ás 9.30 horas en primeira convocatoria en sesión ordinaria para someter a aprobación, entre outros asuntos, os Orzamentos do ano 2024 e a creación do Instituto de Humanidades e do Instituto de Psicoloxía. Tamén se estudará a aprobación da reposición de prazas vacantes de profesorado contratado e das comisións de selección correspondentes, a proposta de oferta de prazas para a convocatoria anticipada do curso 2024/2025 dos másteres universitarios en Patrimonio Cultural Dixital, Ciencia e Tecnoloxías de Información Cuántica, e Xestión Sostible da Auga, xunto co Calendario de Planificación Académica Anual 2024/2025. No mesmo Consello trataranse ademais, entre outros, asuntos relativos á oferta de estudos da USC e presentaranse varios informes.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.12.2023.