Ir o contido principal

Curso sobre como preparar unha carreira académica

Tamén se poderá asistir a esta formación a través de Teams

Facultade de ADE
Facultade de ADE

Rafael Repiso, experto en bibliometría e indicadores científicos, imparte o luns 20, dende as 10.00 horas, un curso na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo para que estudantado de doutoramento aprenda a planificar a súa tese, considerando a docencia como unha posible saída laboral. Tamén se poderá asistir a esta formación a través da plataforma Teams.
 
Neste curso, a carreira académica analízase a partir do paradigma da marca, o que facilita que o novo estudantado “comprenda a importancia de construír unha marca persoal académica baseada principalmente nun factor: o traballo”, explican dende a organización do curso.
 
Na segunda parte da sesión, abordarase como planificar a carreira académica. Neste módulo teranse en conta especialmente os métodos de avaliación, a promoción, os sistemas universitarios, e por suposto as diferentes estratexias, pero ao mesmo tempo as ameazas para a profesión, dende os meros resultados, a fraude, a obsesión laboral, á dinámica de crecemento individual e colectivo dos grupos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.05.2024.