Dirixido a estudantes da EDIUS.
Localización
Lugo
Modalidade
Presencial
Duración
Horas presenciais: 4
Total: 4
Matrícula na actividade
07/05/2024 - 19/05/2024
Desenvolvemento da actividade
20/05/2024 - 20/05/2024
Profesor/a externo/a
Rafael Repiso Caballero
Grupo | Lugar | Datas | Horario |
---|---|---|---|
Como preparar unha carreira académica | LUGO-Facultade de ADE, Salón de Graos, conexión Teams para alumnado de Santiago | 20 de maio de 2024 | de 10:00 a 14:00 |
- Neste curso, a carreira académica analízase a partir do paradigma da marca, o que facilita aos novos estudantes a comprensión da importancia de construír unha marca persoal académica baseada principalmente nun factor: o traballo. Pero esta construción da carreira académica non se pode facer ás costas dos elementos que nos valorarán na obtención de recursos como bolsas, proxectos e prazas.
- A carreira académica ten un elemento relacional moi importante e é a asociativa, das marcas das persoas e institucións que comparten co currículo solicitante, valor das revistas, editoriais, universidades, etc. Este curso ofrece unha perspectiva de como debe ser unha carreira académica exitosa, as súas diferentes etapas, elementos, erros, etc. Todo isto pensado para que o alumno planifique e optimice os seus recursos dende o principio para acadar o éxito que quere.
Rafael Repiso é profesor da Universidad Internacional de La Rioja. Diplomado en Biblioteconomía, Licenciado en Documentación, Máster en Avaliación Científica, Doutor en Documentación (2013) e Doutor en Comunicación (2019). Autor de máis de 50 traballos científicos, dos cales máis da metade están publicados en revistas indexadas no Social Science Citation Index. Membro fundador da Spin Off EC3metrics da Universidade de Granada. Membro do Grupo de Investigación EC3 (Universidade de Granada), e dos grupos PROCOMM (UNIR) e Comunicar. Membro desde finais de 2017 do Think Tank Thinkepi.