Ir o contido principal

Acto de inauguración

Inauguración do Laboratorio de innovación e economía social de Galicia (LIES_GA)

21.10.2021 | 12.00h

Videoconferencia en Microsoft Teams

Evento organizado pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC

Cartel do evento
Cartel do evento

Laboratorio de innovación e economía social de Galicia (LIES_GA), composto por un equipo de docentes e investigadores da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, nace co obxectivo de construír e consolidar un punto de encontro e referencia para as actividades de innovación social e economía social no ámbito universitario galego.

As súas actuacións orientaranse á realización de accións formativas, de divulgación e de asesoramento, de fomento do espírito emprendedor entre os mozos e mozas universitarios, así como actividades encamiñadas á creación e consolidación de autoemprego.

No evento de presentación participarán o decano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Xoán R. Doldán, e o Secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez Castro, así como representantes do eido da innovación social, da economía social autonómica e da administración.

A asistencia ao evento será en liña a través da plataforma Teams. Para poder asistir é necesario confirmar asistencia cumprimentando o seguinte formulario. As persoas que confirmen asistencia recibirán por correo electrónico a ligazón para seguir o evento en liña.

Ademais, o vindeiro día 30 de outubro, Loreto Fernández, unha das impulsoras do proxecto e profesora titular do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da USC, directora do Equipo GEM Galicia e investigadora adxunta ao Centro de Estudos Cooperativos da USC, participará na III Feira de Emprendedoras de Compostela presentando o LIES_GA ás persoas participantes e entidades alí reunidas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.10.2021.