Ir o contido principal

IV Encontro de Emprendedoras do Programa Emega

17.12.2021

Escola Galega de Administración Pública (EGAP)

A USC colabora coa Xunta de Galicia na organización deste evento que conta con financiamento do Fondo Social Europeo

IV Encontro de Emprendedoras do Programa Emega
IV Encontro de Emprendedoras do Programa Emega

O IV Encontro de Emprendedoras do Programa Emega, ten como obxectivo reunir  mulleres que foron beneficiarias das axudas do programa en diferentes edicións e que emprenderon en sectores diversos, creando tecido empresarial galego, inspirando a outras e liderando empresas que se están consolidando no tempo.

O encontro inclúe sesións de formación para emprendedoras entre o luns 13 e o xoves 16 de decembro e un encontro presencial o venres, 17 de decembro na Escola Galega de Administracións Públicas (EGAP) , con mesas redondas, sesións de conversa e unha feira expositiva de emprendedoras EMEGA que tamén poderá seguirse en liña. O seu obxectivo é dar a coñecer as actividades empresariais de cada unhas das expositoras, permitíndolles tecer unha rede de contactos entre as emprendedoras e ofrecéndolles un espazo para presentar o seu labor ao público.

O acto de apertura desa xornada presencial terá lugar ás 10.00 horas e nel tomarán parte a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana Somoza e o reitor da USC, Antonio López Díaz. A clausura, ás 14.00 horas, contará coa presenza da secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e da vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos da USC, Mar Lorenzo Moledo. 

 

O evento será retransmitido en directo a través da canle de YouTube de Woman Emprende. Podes inscribirte na ligazón inferior, e tamén tes o programa completo nos documentos anexos.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.12.2021.