Ir o contido principal

Presentación do informe 'Reimaxinar xuntos os nosos futuros, un novo contrato social para a educación'

27.02.2024 | 10.30h-12.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Facultade de Ciencias da Educación no Campus Sur. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Ciencias da Educación no Campus Sur. FOTO: Santi Alvite

Este martes 27de febreiro a partir das 10.30 horas o Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación no Campus Sur acolle a  presentación do informe da UNESCO e da Fundación SM 'Reimaxinar xuntos os nosos futuros, un novo contrato social para a educación'. Esta actividade, que se enmarca na celebración dos 50 anos dos estudos en Pedagoxía, constitúe unha iniciativa para repensar a educación e dar forma ao futuro a través dun debate sobre o coñecemento, a educación e a aprendizaxe nun mundo de crecente complexidade, incerteza e precariedade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.02.2024.