Ir o contido principal

Nova Escola Galega

Presentación do número 74 da Revista Galega de Educación

Mércores, 5 de febreiro de 2020, ás 19.00

Facultade de Formación do Profesorado (Lugo)
Salón de actos

O coordinador do monográfico 'Filosofía para nenas e nenos', Javier F. Rouco, presentará este mércores, ás 19.00 horas, en Formación do Profesorado, esta nova achega editorial

Portada do último número da Revista Galega de Educación
Portada do último número da Revista Galega de Educación

O movemento de renovación pedagóxica e galeguización lingüística e curricular de Galicia Nova Escola Galega presenta este mércores 5 de febreiro, a partir das 19.00 horas, no salón de actos da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, o número 74 da Revista Galega de Educación, unha publicación de periodicidade trimestral que nesta última entrega leva por título ‘Filosofía para nenas e nenos’.

O coordinador do monográfico recollido no último número da Revista Galega de Educación, Javier F. Rouco Ferreiro, conducirá tamén a presentación desta nova achega editorial, no marco dunha sesión aberta a todo o público interesado e na que tamén intervirán como relatores Mar Santiago, do Ceip Emilia Pardo Bazán, de A Coruña; a mestra, psicóloga e formadora Carmen Loureiro, e Marcos Chavarría, en representación do consello de redacción da Revista Galega de Educación.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.02.2020.