Ir o contido principal

Encontro científico

'Removendo pasados, resignificando presentes e reescribindo futuros. Debates, sinerxías e propostas de intervención sobre os lugares de memoria'

04.11.2022 | 09.30h-17.30h

Esta xornada organizada polo grupo HISTAGRA encádrase no Plan Cuadrienal de Memoria Democrática 2022

Encontro científico: Removendo pasados, resignificando presentes e reescribindo futuros
Encontro científico: Removendo pasados, resignificando presentes e reescribindo futuros

O próximo venres día 4 de novembro celébrase no CISPAC o encontro científico 'Removendo pasados, resignificando presentes e reescribindo futuros. Debates, Sinerxias e Propostas de Intervención sobre os Lugares de Memoria', dentro do Plan Cuadrienal de Memoria Democrática 2022, do que forma parte HISTAGRA.

En setembro de 2022 a Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela asinaron o convenio de colaboración polo que o equipo universitario formado por investigadores de HISTAGRA, SINCRISIS, IMELGA e MEDICINA XENÓMICA realizan as tarefas de documentación, exhumación e análise dos restos de persoas asasinadas pola violencia franquista. Cara a este fin, o persoal investigador vén desenvolvendo traballos de localización, exhumación e identificación de vítimas, divulgación dos resultados e recoñecemento así como de promoción dos lugares e espazos de memoria. 

Nesa liña, este encontro interdisciplicar reúne especialistas do cine, a arte, a historia, a arqueoloxía e a xenética nun debate que explorará cuestións como: que define aos espazos como “lugares de memoria” e cales son os seus límites?; como podemos intervir nos lugares de violencia para resignificalos como memoria democrática?;  que linguaxe e medios empregamos?; como enxergar o papel do relato histórico na representación artística?; a quen diriximos as políticas públicas de memoria?;  cal é o seu presente e, sobre todo, o seu futuro?; ou como expresar materialmente a conmemoración? 

A xornada, que se desenvolverá das 09.30 ás 17.30 horas na sede do CISPAC, permitirá ademais  amosar os traballos que se están a facer noutros lugares de España e Europa.

O programa da actividade está dispoñible nesta ligazón. 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.10.2022.