Ir o contido principal

Sendeirismo

Ruta pola costa de Xove

17.06.2023 | 08.00h

Santiago de Compostela
Saída dende a Piscina Universitaria

Este itinerario organizado pola Área Deportiva para o mes de xuño transita dentro do espazo natural da Rede Natura Mariña Occidental

O programa de sendeirismo da Área de Deportes da USC programa unha nova visita ao concello de Xove o 17 de xuño. O itinerario percorre a senda costeira que vai dende a praia de Esteiro ata o Portiño de Morás. Na praia de Esteiro, a expedición collerá en dirección norte cara o lugar do Castro, onde comeza o percorrido. O itinerario é sinxelo xa que o camiño é moi bo, pero cómpre ter en conta o desnivel, que é un continuo sube e baixa. Transita en todo momento dentro do espazo natural da Rede Natura Mariña Occidental e visita  punta Mansa, a enseada do Coído, punta Roncadoiro, Portocelo, ou Coto da Vela, ata chegar ao portiño de Morás, onde remata. 

A expedición, guiada por Víctor Fidalgo, sairá en autobús ás 8.00 horas dende a Piscina Universitaria de Santiago e volverá ás 20.30 horas (aproximadamente). 

A información sobre os prazos de inscrición das distintas categorías, as tarifas e descontos para a comunidade universitaria nas actividades de sendeirismo está dispoñible na web da actividade

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.06.2023.