Ir o contido principal

A BUSC selecciona fontes de información solventes no eido das Ciencias Sociais e Xurídicas

A Biblioteca escolma recursos en todas as áreas de coñecemento. FOTO: Santi Alvite
A Biblioteca escolma recursos en todas as áreas de coñecemento. FOTO: Santi Alvite
A Biblioteca Universitaria escolma recursos en liña para favorecer a docencia en remoto durante o confinamento
Lugo, Santiago de Compostela

A plataforma de préstamo de libros electrónicos Prelo da USC é un dos recursos propostos pola Biblioteca Universitaria para favorecer a docencia en remoto na situación actual de confinamento. A BUSC está a realizar listaxes en todas as áreas de coñecemento a fin de escolmar fontes de información solventes e en liña que podan de ser de axuda para o alumnado. No eido das Ciencias Sociais e Xurídicas, en Prelo as persoas usuarias poden atopar libros electrónicos sobre Comunicación e Documentación, Dereito e Política, Economía e Administración, Educación e Sociedade, así como Historia e Xeografía.

Asemade, no repositorio institucional Minerva, o alumnado pode acceder a proxectos, recursos docentes, Traballos Fin de Grao, Traballos Fin de Máster e Teses de doutoramento. Minerva alberga ademais revistas especializadas neste campo do saber como é o caso de Dereito: Revista xurídica da Universidade de Santiago de Compostela, Estudios penales y criminológicos, Innovación Educativa, Obradoiro de Historia Moderna, Recursos Rurais, Revista Galega de Economía, RIPS: Revista de Investigaciones Políticas y Sociológicas, Sémata, Télos : Revista Iberoamericana de Estudos Utilitaristas e Xeográfica.

Tal e como xa fixera no eido da Biomedicina, a BUSC selecciounou tamén fontes nas que se poden atopar publicacións oficiais e informes sobre Ciencias Sociais e Xurídicas, bases de datos ou mesmo estatísticas oficiais e lexislación.

Publicacións oficiais e informes

BOE e outras publicacións oficiais

Centro de Documentación Judicial (CENDOJ)

Documentación de Naciones Unidas

Unión Europea, Documentos y Publicaciones

EURYDICE. Estudios, informes y artículos sobre educación en Europa

Bases de datos

BASE

Eumed.net : Enciclopedia Virtual

RePEc

UNESDOC. Biblioteca Digital

Estatísticas oficiais

CIS, Banco de datos do Centro de Investigaciones Sociológicas de España

IGE, Instituto Galego de Estatística.

INE, Instituto Nacional de Estadística

Eurostat. Bases de datos estatísticas da Unión Europea

Lexislación

Iberlex

EUrLex

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.04.2020.