Ir o contido principal

Unha eclipse total de Lúa terá lugar na madrugada do domingo 15 ao luns 16 de maio

En Galicia, a fase total comezará ás 05.29 e rematará ás 06.53, en tanto que a fase parcial comezará ás 04.28, sendo ás 07.53 cando “o noso satélite abandonará o cono de sombra”, explica o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Ángel Docobo. FOTO: Santi Alvite

Na comunidade galega, a observación estará influenciada polas condicións meteorolóxicas debido á chegada dunha fronte
Santiago de Compostela

Na noite deste domingo 15 ao luns 16 de maio, vai ter lugar unha eclipse total de Lúa. En Galicia, a fase total comezará ás 05.29 e rematará ás 06.53, en tanto que a fase parcial comezará ás 04.28, sendo ás 07.53 cando “o noso satélite abandonará o cono de sombra”, explica o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Ángel Docobo.

“É ben sabido que na fase total, cando teoricamente ao poñerse o noso planeta entre o Sol e a Lúa, esta non debería verse”, continúa o profesor Docobo. “Porén, os raios solares tanxentes á Terra son desviados pola atmosfera terrestre e inciden no noso satélite que entón adquire unha tonalidade entre ocre, castaña e vermella, a coñecida popularmente como Lúa de sangue”, engade.

Na Comunidade galega, a observación estará claramente influenciada polas condicións meteorolóxicas debido á chegada dunha fronte. Así agárdanse mellores condicións de seguimento canto máis ao norte e ao leste. Mesmo na zona das Rias Baixas non se descarta a presenza de choivas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.05.2022.