Filosofía adhírese ao manifesto da comunidade científica contra Altri

O centro advirte da “ameaza que este proxecto representa para o patrimonio social e cultural da comunidade”
Santiago de Compostela
A Xunta de Facultade de Filosofía da USC súmase publicamente ao manifesto de oposición á instalación dunha nova fábrica de celulosa en Galicia promovido pola comunidade científica galega baixo o lema ‘Altri non’.
Ademais de apoiar os argumentos en defensa da biodiversidade, da xestión sostible dos recursos e da aposta por modelos económicos compatibles coa conservación do patrimonio natural galego, Filosofía tamén advirte da “ameaza que este proxecto representa para o patrimonio social e cultural da comunidade”.