Ir o contido principal

Publicada a convocatoria anticipada para alumnado alleo ao EEES que queira cursar un mestrado da USC

Ao abeiro desta convocatoria, poderán acceder ás ensinanzas oficiais de mestrado da USC para cursar estudos no curso 2022/2023 as persoas tituladas de sistemas educativos alleos ao EEES que teñan un título homologado a un título universitario oficial español ou a outro expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro estado membro do EEES. FOTO: Santi Alvite
Ao abeiro desta convocatoria, poderán acceder ás ensinanzas oficiais de mestrado da USC para cursar estudos no curso 2022/2023 as persoas tituladas de sistemas educativos alleos ao EEES que teñan un título homologado a un título universitario oficial español ou a outro expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro estado membro do EEES. FOTO: Santi Alvite
A solicitude de admisión poderá presentarse dende o día 17 de febreiro de 2022 ás 10.00 horas ata o día 18 de abril de 2022 ás 23.59 horas
Lugo, Santiago de Compostela

A USC lanza unha convocatoria anticipada, de carácter especial e restrinxida para o alumnado alleo ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), coa finalidade de que este estudantado poida ter unha admisión e matrícula con tempo suficiente para poder obter os permisos necesarios no seu país antes de iniciar o curso académico en España. Ao abeiro desta convocatoria, poderán acceder ás ensinanzas oficiais de mestrado da USC para cursar estudos no curso 2022/2023 as persoas tituladas de sistemas educativos alleos ao EEES que teñan un título homologado a un título universitario oficial español ou a outro expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro estado membro do EEES, ou un título declarado equivalente polo Ministerio de Educación, e que faculte en ambos casos para o acceso aos estudos de máster.

Tamén poderán acceder os/as graduados/as de sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologar o seu título nin de obter a declaración de equivalencia polo Ministerio, previa comprobación pola Universidade de que o título da persoa interesada acredita un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e que faculta no país expedidor para acceder ás ensinanzas de posgrao. O acceso por esta vía non implica, en ningún caso, a homologación do título previo da persoa interesada nin o seu recoñecemento a outros efectos que o estudio das ensinanzas de máster. O resto de requirimentos poden consultarse no texto completo da convocatoria.

Admisión

A solicitude de admisión poderá presentarse dende o día 17 de febreiro de 2022 ás 10.00 horas ata o día 18 de abril de 2022 ás 23.59 horas e deberá realizarse por medios electrónicos no enderezo http://www.usc.es/masteres

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.02.2022.