Ir o contido principal

Xabier Díaz abre este xoves o programa musical do Lubicán 2016 cun concerto no Círculo das Artes de Lugo

Xabier Díaz, nun concerto
Xabier Díaz, nun concerto
A entrada ao concerto, que comezará ás 21.00 horas, e libre e de balde para todas as persoas interesadas

O cantante, compositor e investigador do folclore tradicional galego Xabier Díaz abrirá este xoves 25 de febreiro no Círculo das Artes de Lugo a programación do Lubicán 2016, un ciclo de música de raíz galega promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Deputación Provincial e Concello de Lugo.

O concerto de Xabier Díaz, quen estará acompañado por Gutier Álvarez (zafona e violín) e Javier Álvarez (acordeón), comezará ás 21.00 horas, e a entrada é libre e de balde para todo o público interesado, do mesmo xeito que todas as actividades programadas ao abeiro do convenio Lugo Cultural. Coñecido antes de emprender a súa carreira en solitario polas colaboracións en concertos e traballos discográficos con diversos artistas e a formacións como Luar na Lubre, Amancio Prado, Os Cempés ou, entre outros, Gaudí Galego ou Berrogüeto, o músico, compositor e cantautor coruñés Xabier Díaz presentará este xoves en Lugo o seu primeiro disco en solitario ‘The tambourine man’, un traballo de renovación da música popular galega cun enfoque vangardista. Neste concerto, Xabier Díaz tamén repasará outros dos seus repertorios.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.02.2016.