Ir o contido principal

Actualidade

O XXIII Premio Aresa distingue a Casa Grande de Xanceda

A produción en ecolóxico, a promoción do turismo sustentable, a pegada feminina e a aposta polo emprendemento no medio rural son algúns dos eixos valorados no ditado do xurado do galardón creado pola USC e Aresa. A cerimonia de entrega do premio, dotado con 10.000 euros e placa conmemorativa, desenvolverase o 10 de marzo, a partir das 20.00 horas, na Facultade de Veterinaria do Campus Terra

Ler máis

Veterinaria, unha formación entre as aulas e o tecido produtivo

O alumnado da Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC complementa a súa formación académica coa posta en práctica dos seus coñecementos en preto de corenta empresas e establecementos alleos á USC que teñen asinados acordos co centro universitario lugués para a realización deste tipo de actividades formativas

Ler máis

O reitor salienta a USC como “panca esencial para a formación e o desenvolvemento de Galicia” na festividade de San Tomé

Antonio López pon en valor a “realidade universitaria construída entre todos en Lugo durante o último medio século”, ao tempo que sitúa o Campus Terra como oportunidade para incrementar o alumnado, potenciar e afianzar as estruturas de investigación, ademais de para avanzar no relevo xeracional do profesorado e no deseño de títulos aliñados cos novos intereses e oportunidades de emprego

Ler máis

Intelixencia Artificial e coñecemento humano selan unha alianza estratéxica contra a desinformación no proxecto HYBRIDS

A iniciativa ‘Intelixencia híbrida para monitorizar, promover e analizar transformacións nas boas prácticas democráticas’ conta co apoio da UE e do UKRI (UK Research and Innovation do Reino Unido) coa vontade de acoutar as noticias falsas, discursos de odio ou a desinformación, entre outras das ameazas coas que se atopan as democracias actuais

Ler máis

Dúas investigacións da USC, distinguidas pola Real Academia de Farmacia na apertura do curso 2023

Lorena García del Río realizou un estudo sobre vacinas a través da mucosa sublingual, mentres que Ana Iglesias Mejuto centrouse no desenvolvemento de implantes óseos estériles mediante a combinación da impresión 3D e a tecnoloxía de fluídos supercríticos. Sandra Caiña López recibiu o premio ao mellor expediente académico do grao en Farmacia da promoción que finalizou os estudos no ano 2022

Ler máis