Inicio
pescaenverde é unha ecoetiqueta que aporta información ao consumidor sobre o impacto que os produtos pesqueiros teñen sobre o medioambiente ao mesmo tempo que aporta un valor engadido aos produtos que incorporan a marca, favorecendo a súa venda nun mercado tan competitivo como o actual.
A certificación proporcionada por esta ecoetiqueta ten o respaldo científico do Grupo de Investigación de Biotecnoloxía Ambiental da Universidade de Santiago de Compostela.
A ecoetiqueta pescaenverde ten asociado un software, deseñado polo mesmo Grupo de Investigación, cuxo obxectivo é promover unha ferramenta de cálculo de Pegada de Carbono e Taxa de Retorno Enerxética adaptada ás características do sector pesqueiro. Deste xeito, preténdese acadar a transferencia tecnolóxica ás empresas do sector pesqueiro para que poidan transmitir aos consumidores o perfil ambiental dos seus produtos.