Universidade de Santiago de Compostela
Campus Vida
Pesca en verde
Group of Environmental Engineering and Bioprocesses

Vostede está aquí

Inicio

Marca Pescaenverde

A Universidade de Santiago de Compostela mediante o seu Grupo de Investigación en Biotecnología Ambiental (www.usc.es/biogrup) ten traballado no ámbito da aplicación da metodoloxía da análise do ciclo de vida en sectores produtivos con especial relevancia no PIB galego e español como é a pesca. No ano 2013 a “Oficina Española de Patentes y Marcas” expediu o Título de Rexistro da Marca de garantía pescaenverde.

Tal e como se sinala no Artigo 1º do Regulamento da Marca pescaenverde a súa misión é:

A marca constitúese como unha ferramenta para promover produtos pesqueiros, en particular, peixe fresco, para indicar a pegada de carbono e a taxa de retorno enerxética adaptada as características específicas do sector pesqueiro. A marca implica a identificación e cuantificación tanto das emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) que se xeran como a da enerxía que se consume nas actividades extractivas das embarcacións pesqueiras, operación portuarias e distribución.

Deste xeito pretendese incrementar a competitividade dos produtos e o seu rendemento para o produtor e as empresas, así como a identificación por parte do consumidor daqueles produtos con mellores valores en diferentes indicadores ambientais, contribuíndo ao incremento do valor daqueles produtos que incorporen a marca de garantía

 

Os dous indicadores ambientais asociados na ecoetiqueta son:

  • Pegada de Carbono 
  • Taxa de Retorno Enerxética.

Pegada de Carbono

O concepto de pegada de carbono, isto é, o cálculo da cantidade de GEI emitidos á atmosfera ao longo do ciclo de vida dun produto medido en unidades de peso de CO2 equivalente, tivo un desenvolvemento vertixinoso nos últimos anos, non só no sector enerxético (impulsado polo Protocolo de Kyoto) e do transporte (impulsado polas Directivas Comunitarias que limitan a emisión de CO2 en automóbiles), senón tamén no ámbito dos produtos alimentarios. Así, as principais motivacións son:

- Coñecer a carga ambiental dun produto en termos da súa contribución ao quecemento global.

- Definir obxectivos e avaliar as accións encamiñadas á redución de emisións de GEI.

- Comunicar a pegada de carbono a todos e cada un dos elementos da cadea de valor aos consumidores finais dun produto ou servizo.

Figura 2. Indicadores ambientais incluídos na ecoetiqueta/marca “pescaenverde”

Figura 1. Indicadores ambientais incluídos na ecoetiqueta/marca pescaenverde

Taxa de Retorno Enerxética

O cálculo da taxa de retorno enerxética en forma de proteína comestible (TREprot) derivado do termo inglés ep-EROI (edible protein energy return on investment ratio) defínese como o cociente entre a enerxía obtida en forma proteica e a enerxía invertida para obter o devandito produto (ao longo do seu ciclo de vida). Exprésase en forma porcentual.

 

Metodoloxía

O uso da Marca de garantía/Ecoetiqueta pescaenverde leva asociado as seguintes características:

    1. O ámbito de aplicación é moi amplo, incluíndo 128 especies de peixe e marisco.

    2. O alcance defínese dende a perspectiva de ciclo de vida dende o “berce á porta”.

    3. A metodoloxía de análise de ciclo de vida atópase definida segundo a normativa ISO 14044.

   4. No cálculo da Pegada de Carbono úsanse os factores de caracterización de quecemento global definidos polo Panel Intergubernamental de Cambio Climático para un horizonte de 100 anos.

   5. Para o cálculo da Taxa de Retorno Enerxética considérase como enerxía invertida a enerxía acumulada ao longo do seu ciclo de vida.