Absentismo Escolar: unha perspectiva socioeducativa
Autoría
M.C.N.
Grao en Educación Social
M.C.N.
Grao en Educación Social
Data da defensa
16.07.2026 10:00
16.07.2026 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza o fenómeno do absentismo escolar mantendo unha perspectiva socioeducativa, ademais de analizar o papel que desempeña a educación social no tratamento e na prevención deste fenómeno e a relación existente entre o absentismo escolar e a exclusión social. Todo isto lévase a cabo a través dunha revisión bibliográfica sistemática de carácter cualitativo, na que se procura obter as principais definicións, causas, consecuencias e tipoloxías do absentismo escolar recollidas na literatura científica actual no territorio español. Os resultados deste traballo confirman a relación existente entre o absentismo escolar e a exclusión social. Ademais, demostran que, aínda que a maioría considera o absentismo escolar como a mera ausencia inxustificada do alumnado ás aulas, esta definición resulta insuficiente no que atinxe ás causas e consecuencias do fenómeno. Estas abranguen desde o contexto familiar, social e educativo do alumnado ata a dificultade da súa detección, debido á gran variedade de tipoloxías e formas nas que se manifesta. Xunto a isto, destacamos a importancia que desempeña a educación social nas tarefas de detección e prevención do absentismo.

Dirección
MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER (Titoría)

Tribunal
MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER (Titor do alumno)

Vulnerabilidade e desenvolvemento emocional na Educación Infantil: unha proposta de intervención para mellorar o autoconcepto e a autoestima
Autoría
S.C.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
S.C.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
10.07.2026 10:00
10.07.2026 10:00
Resumo
A vulnerabilidade na infancia fai referencia a aquelas situacións nas que o desenvolvemento emocional, social ou familiar dun neno/a pode verse afectado por factores como a pobreza, a inestabilidade familiar ou a falta de apoio afectivo. Estas experiencias inflúen directamente no seu autoconcepto e autoestima, especialmente na etapa de Educación Infantil, onde se constrúen as bases da identidade persoal. Neste contexto, a escola infantil actúa como un espazo seguro e estable que pode compensar desigualdades, favorecendo a seguridade emocional, o recoñecemento persoal e a confianza a través do xogo, da convivencia e do acompañamento docente. Este Traballo de Fin de Grao, encadrado na modalidade de Proposta de intervención, segundo o recollido na Guía do TFG da Facultade de Ciencias da Educación, propón a realización dunha intervención educativa dirixida ao alumnado en situación de vulnerabilidade co fin de fortalecer o seu autoconcepto e autoestima. Tras unha revisión teórica sobre a vulnerabilidade infantil e o desenvolvemento socioemocional temperán, o traballo presentará unha aproximación práctica dirixida a favorecer o benestar emocional e autoestima do alumnado, explorando estratexias e recursos educativos que fomenten un clima inclusivo e afectivo na aula de Educación Infantil, subliñando o papel da escola como espazo de apoio á identidade persoal dos nenos e nenas en situación de vulnerabilidade.

Sánchez Castaño, Maria Teresa (Titoría)
Sánchez Castaño, Maria Teresa (Titoría)
Tribunal
Sánchez Castaño, Maria Teresa (Titor do alumno)

O reto dos Kidfluencers para a alfabetización mediática: representacións da infancia, xénero e identidade dixital en YouTube.
Autoría
O.F.D.
Grao en Pedagoxía
O.F.D.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
16.07.2026 12:30
16.07.2026 12:30
Resumo
YouTube configúrase actualmente como un dos principais espazos de entretemento e socialización mediática para o público infantil. Neste escenario, os canais protagonizados por nenos e nenas (kidfluencers) poñen en circulación representacións sobre a infancia, o xénero, o consumo e a identidade dixital que actúan como referentes cos que identificarse, reproducirse e mesmo aspirar a ser. Estas prácticas e producións moldean aspectos importantes no desenvolvemento das infancias, que se alfabetizan nos medios de maneira informal e baixo o control das plataformas dixitais e dos intereses do mercado. Pensar, daquela, nunha alfabetización mediática regulada, crítica e situada implica coñecer e comprender que relatos atopan e consumen as infancias nestes espazos e fenómenos. Con este obxectivo, este Traballo de Fin de Grao propón analizar as representacións de infancia, xénero e identidade dixital nalgúns dos canais españois de kidfluencers con maior alcance. Para iso, realizarase unha análise cualitativa dunha selección de vídeos representativos. Os resultados deste estudo contribuirán á comprensión do fenómeno, posibilitando a reflexión arredor da alfabetización mediática nas escolas, o papel das familias e os dereitos da infancia no contexto da dixitalización.

FERNANDEZ REGUEIRA, UXIA (Titoría)
FERNANDEZ REGUEIRA, UXIA (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ REGUEIRA, UXIA (Titor do alumno)

A musicoterapia como ferramenta para o desenvolvemento das competencias emocionais do alumnado de educación primaria.
Autoría
S.F.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
S.F.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
16.07.2026 10:15
16.07.2026 10:15
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao aborda a musicoterapia como ferramenta para o desenvolvemento das competencias emocionais do alumnado de educación primaria. O obxectivo principal consiste en examinar, mediante un traballo de iniciación á investigación documental, o potencial educativo da musicoterapia como recurso favorecedor destas competencias. A musicoterapia enténdese como o uso profesional da música e dos seus elementos como método de intervención orientado á promoción da calidade de vida e do benestar persoal. Neste sentido, as competencias emocionais adquiren un papel fundamental ao influír directamente na formación integral do alumnado e na súa capacidade para afrontar as diferentes situacións da vida cotiá. A estreita relación existente entre música e emocións convértea nun recurso especialmente valioso para favorecer procesos de comprensión, expresión e xestión emocional. Á luz das investigacións revisadas, conclúese que a musicoterapia constitúe unha estratexia de grande valor para fortalecer a conciencia emocional, a regulación emocional, a autonomía emocional, a competencia social e as competencias para a vida e o benestar, poñendo de manifesto a relevancia da súa inclusión no contexto educativo.

GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titoría)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titoría)
Tribunal
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titor do alumno)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titor do alumno)
Orientación educativa en prisión: estudo de caso no Centro Penitenciario de Teixeiro
Autoría
A.L.M.
Grao en Pedagoxía
A.L.M.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
16.07.2026 11:00
16.07.2026 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo principal analizar e comprender o rol do asesor de orientación educativa no Centro Penitenciario de Teixeiro, estudando o seu papel nos procesos de orientación e o impacto que exerce sobre a reinserción académica dos internos e internas. Trátase dunha investigación cualitativa de estudo de caso que se inicia cunha revisión bibliográfica sobre a formación e a orientación en contextos penitenciarios. A metodoloxía de recollida de datos empregará entrevistas semiestruturadas dirixidas ao asesor actual e á anterior asesora do centro, así como a un educador da prisión, buscando coñecer en profundidade a súa labor e as dificultades ou dilemas inherentes á función. Os resultados esperados buscan ofrecer unha visión real das súas funcións para poder establecer as bases para futuras melloras e para subliñar a importancia desta figura no proceso de reinserción académica dos internos e internas do centro penitenciario.

RODRIGUEZ GIL, ALEXANDRA MIROSLAVA (Titoría)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA Cotitoría

RODRIGUEZ GIL, ALEXANDRA MIROSLAVA (Titor do alumno)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA (Titor do alumno)

Máis aló do ring: boxeo como recurso educativo para o control emocional
Autoría
F.L.S.
Grao en Educación Social
F.L.S.
Grao en Educación Social
Data da defensa
16.07.2026 11:30
16.07.2026 11:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten como meta propoñer o uso do boxeo como unha ferramenta pedagóxica empleable en contextos de educación postobligatoria como bacharelato e formación profesional. Partindo dunha investigación teórica sobre os mozos e a súa actualidade complexa. E continuando pola identificación de problemáticas baseadas no control das emocións e os valores. Neste contexto lévase a cabo a utilización do educador como unha figura de vital importancia para o desenvolvemento de metodoloxías innovadoras. O deporte preséntase como un recurso capaz de fomentar aspectos esenciais como o respecto, o esforzo, o autocontrol e a convivencia. Sempre escapando desa visión asociada á violencia do boxeo. Contando cunha avaliación e revisión exhaustiva dos seus contidos e a súa posibilidade de mellora ao contar cun campo tan pouco explorado na educación como leste. Por iso, Máis aló do ring, estrutúrase como unha proposta dirixida a modificar unha realidade. Apoiada mediante unha metodoloxía práctica e de vivencia en primeira man. Busca romper coas ferramentas estáticas de aprendizaxe achegando un enfoque de ensino e benestar físico-emocional. Unindo educación, deporte e emoción desde o prisma do pugilismo.

MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titoría)
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titor do alumno)

Intervención socioeducativa para mellorar a empregabilidade en persoas con discapacidade intelectual
Autoría
R.R.L.
Grao en Educación Social
R.R.L.
Grao en Educación Social
Data da defensa
16.07.2026 11:00
16.07.2026 11:00
Resumo
A inclusión sociolaboral das persoas con discapacidade intelectual continúa a representar un importante reto social, especialmente no relativo ao acceso ao emprego e á participación activa na comunidade. A existencia de barreiras sociais, comunicativas e estruturais dificulta a igualdade de oportunidades deste colectivo. Neste traballo analízanse diferentes aspectos vinculados á discapacidade intelectual, á empregabilidade e ás habilidades sociolaborais, tomando como referencia un enfoque inclusivo e centrado na persoa. A partir das necesidades detectadas, preséntase unha proposta de intervención orientada ao adestramento de competencias relacionadas coas entrevistas de traballo.
A inclusión sociolaboral das persoas con discapacidade intelectual continúa a representar un importante reto social, especialmente no relativo ao acceso ao emprego e á participación activa na comunidade. A existencia de barreiras sociais, comunicativas e estruturais dificulta a igualdade de oportunidades deste colectivo. Neste traballo analízanse diferentes aspectos vinculados á discapacidade intelectual, á empregabilidade e ás habilidades sociolaborais, tomando como referencia un enfoque inclusivo e centrado na persoa. A partir das necesidades detectadas, preséntase unha proposta de intervención orientada ao adestramento de competencias relacionadas coas entrevistas de traballo.
Dirección
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titoría)
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titor do alumno)
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titor do alumno)
Likes que pesan: proxecto de acción socioeducativa para o uso saudable e crítico das redes sociais na adolescencia.
Autoría
M.T.O.
Grao en Educación Social
M.T.O.
Grao en Educación Social
Data da defensa
17.07.2026 10:30
17.07.2026 10:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao deseña o proxecto de acción socioeducativa Likes que pesan, dirixido ao alumnado de 1º de Bacharelato co obxectivo principal de fomentar o pensamento crítico e promover un uso saudable e consciente das redes sociais na adolescencia. A proposta fundaméntase teoricamente no forte impacto que as plataformas dixitais exercen sobre a autoestima, a imaxe corporal e a proliferación de discursos extremistas. A intervención, obrigatoria e integrada no horario lectivo mediante un modelo de co-docencia co profesorado, estrutúrase de maneira progresiva en tres fases que son, reflexión emocional sen dispositivos, análise crítica de contidos e iconografía virtual, e creación participativa de recursos educativos compartidos, como un podcast, un mural e unha conta de Instagram privada.

MAROÑAS BERMUDEZ, ANDREA (Titoría)
MAROÑAS BERMUDEZ, ANDREA (Titoría)
Tribunal
MAROÑAS BERMUDEZ, ANDREA (Titor do alumno)

A Sexualidade na adolescencia con discapacidade intelectual: unha proposta de intervención socioeducativa para a prevención do abuso sexual.
Autoría
C.V.G.
Grao en Educación Social
C.V.G.
Grao en Educación Social
Data da defensa
16.07.2026 12:00
16.07.2026 12:00
Resumo
A sexualidade das persoas con discapacidade continúa a estar marcada por tabús, desinformación e procesos de invisibilización, intensificándose especialmente no caso das persoas con discapacidade intelectual. Neste contexto, o presente Traballo de Fin de Grao ten como finalidade analizar cómo se aborda a sexualidade neste colectivo desde a Educación Social e formular unha proposta de intervención socioeducativa centrada na educación afectivo-sexual e na prevención do abuso sexual. Nunha primeira parte, realízase unha revisión bibliográfica sobre a discapacidade, a sexualidade como dereito, os prexuízos, a vulnerabilidade fronte ao abuso sexual e o papel da intervención socioeducativa neste ámbito, identificando as carencias e necesidades de actuación. Nunha segunda parte, preséntase unha proposta de intervención dirixida a adolescentes con discapacidade intelectual, incorporando tamén ás familias e aos profesionais como axentes no proceso educativo e preventivo. A proposta pretende promover o desenvolvemento afectivo-sexual, a autonomía persoal e a adquisición de ferramentas de protección fronte ao abuso sexual. En conxunto, o traballo defende a necesidade de desenvolver unha educación afectivo-sexual accesible e inclusiva para favorecer o benestar, a autodeterminación e a protección deste colectivo.

ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA (Titoría)