A influencia da implicación familiar no proceso de aprendizaxe do alumnado con TDAH en Educación Primaria
Autoría
M.A.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]

Data da defensa
03.07.2026 09:30
03.07.2026 09:30
Resumo
Este traballo de Fin de Grao aborda a influencia da implicación familiar e os estilos de crianza no proceso de aprendizaxe do alumnado con Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH). O obxectivo principal é analizar o estado actual desta cuestión, coa finalidade de coñecer a influencia da crianza no éxito académico, condutual e socioemocional dos nenos/as, así como descubrir os facilitadores e as barreiras que dificultan tanto unha efectiva implicación familiar como unha adecuada coordinación familia-escola. Para levar a cabo esta investigación optouse por unha metodoloxía baseada nunha revisión bibliográfica sistemática seguindo as directrices PRISMA. Así, realizouse unha busca nas bases de datos de Web of Science (WoS) e Scopus, combinando o termo de Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade co de implicación familiar. Tras un proceso exhaustivo de filtrado da literatura nacional e internacional dos últimos dez anos, seleccionáronse once estudos. Os resultados obtidos indican que a autoeficacia parental, as prácticas de crianza positivas e adherencia ás pautas no fogar son os maiores preditores do éxito escolar e da implicación familiar. Pola contra, as prácticas parentais negativas, os obstáculos impostos polo sistema educativo, a sobrecarga da figura materna e a sintomatoloxía de TDAH nos proxenitores actúan como as principais barreiras.

Dirección
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Titoría)
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, JESUS (Presidente/a)
FELPETE LOPEZ, ALBA (Secretario/a)
ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Vogal)

Síndrome do impostor en estudantes mulleres e a súa relación coa elección de carreira
Autoría
L.A.R.
Grao en Pedagoxía
L.A.R.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2026 16:00
01.07.2026 16:00
Resumo
O fenómeno da síndrome do impostor é moi frecuente entre os/as estudantes de ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas (STEM), o que pode influír na súa escolla de carreiras profesionais. A pesar dos esforzos para promover a igualdade de xénero, as mulleres seguen estando infrarrepresentadas nestas disciplinas profesionais, o que pode explicarse en parte pola síndrome do impostor. Polo tanto, esta investigación ten como obxectivo identificar a relación entre a síndrome do impostor e a escolla de carreiras STEM entre as estudantes mulleres dos graos de enxeñaría, informática e matemáticas, e a licenciatura en intelixencia artificial. A investigación empregará unha metodoloxía cuantitativa mediante unha enquisa. Agardamos atopar unha relación significativa entre a síndrome do impostor e a escolla de carreiras STEM. Estes resultados permitirán xerar insumos para o deseño de programas de intervención aplicados en contextos escolares, enfocados á reducción do sesgo de rol de xénero na escolla de carreiras universitarias STEM.

Velandia Morales, Andrea (Titoría)
Velandia Morales, Andrea (Titoría)
Tribunal
Velandia Morales, Andrea (Titor do alumno)

Guiando futuros: Proxectos de Vida académico-profesionais para persoas con discapacidade.
Autoría
A.A.B.
Grao en Pedagoxía
A.A.B.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
30.06.2026 11:00
30.06.2026 11:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao (TFG) analiza a relación entre os Proxectos de Vida (PdV) das persoas con discapacidade e o seu desenvolvemento no contexto académico-profesional, para identificar os factores que condicionan o seu desenvolvemento e posta en práctica. Para iso, emprégase unha metodoloxía de investigación documental baseada na revisión de literatura científica e normativa consultada en bases de datos como Google Académico, Dialnet, Minerva e Iacobus da Universidade de Santiago de Compostela. Primeiramente, contextualízase o concepto de discapacidade e o marco teórico dos PdV. Posteriormente, analízanse as principais barreiras e facilitadores que inflúen no acceso, a permanencia e transición das persoas con discapacidade nos ámbitos educativos e laborais. Así mesmo, revísanse as políticas e programas públicos vixentes en Europa, España e Galicia relacionados coa inclusión académica e profesional. Como resultado, deséñase unha proposta de intervención pedagóxica estruturada en cinco fases para aplicar os PdV, concibida como unha estratexia inclusiva nos contextos académico-profesionais. As conclusións destacan a necesidade dun acompañamento individualizado, itinerarios flexibles e un marco teórico que favoreza a conexión formación-emprego, subliñando o papel da pedagoxía como elemento chave neste proceso.

PORTO CASTRO, ANA MARIA (Titoría)
PORTO CASTRO, ANA MARIA (Titoría)
Tribunal
PORTO CASTRO, ANA MARIA (Titor do alumno)

Historia e memoria da comunidade próxima: identidade e pensamento crítico no alumnado de Educación Primaria.
Autoría
U.A.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
U.A.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 10:30
30.06.2026 10:30
Resumo
Este proxecto consiste nunha investigación educativa ancorada no deseño e experimentación dunha actuación didáctica na aula. O tema é o desenvolvemento da identidade e do pensamento crítico no alumnado da terceira etapa da Educación Primaria dun centro de ensino público nunha zona rural da costa sur de Galicia. Co fin de acadar este vínculo, empregaráse o achegamento ao problema socialmente relevante do despoboamento das zonas rurais mediante o patrimonio galego, neste caso do patrimonio local, como recurso e temática vertebradora, dentro do contexto da materia de Ciencias Sociais. O obxectivo desta investigación é ponderar en que grao somos capaces de impulsar o pensamento crítico e a adquisición dunha identidade propia a través do patrimonio e a cultura próxima mediante unha actuación didáctica na aula. A través dun deseño cualitativo e interpretativo, os resultados da investigación confirman un elevado grao de satisfacción do alumnado co enfoque metodolóxico activo e o clima de aula; unha notable evolución conceptual desde o descoñecemento inicial cara o descubrimento, visibilización e toma de conciencia do patrimonio do Grove; e o desenvolvemento de competencias cívicas mediante propostas de mellora e iniciativas transformadoras que reflicten un pequeno progreso cara o arraigo territorial e a proxección de vida na comunidade.

DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Titoría)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Titoría)
Tribunal
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Titor do alumno)

A autorregulación emocional infantil como unha necesidade escolar: unha proposta de intervención.
Autoría
P.A.Á.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
P.A.Á.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 12:00
01.07.2026 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao presenta unha proposta de intervención para o desenvolvemento da autorregulación emocional no segundo ciclo de Educación Infantil, dirixida ao alumnado de 4 a 5 anos. Partindo da constatación de que a dimensión emocional foi historicamente desatendida na escola, o traballo analiza o desenvolvemento emocional na infancia, os procesos de comprensión, expresión e regulación das emocións, e o papel do profesorado como modelo de acompañamento afectivo. O marco teórico fundaméntase en autores de referencia como Bisquerra, Brackett e López Cassà, e vincúlase ao marco normativo vixente: a LOMLOE, o Real Decreto 95/2022 e o Decreto 150/2022 de Galicia. A proposta práctica artéllase en oito situacións de aprendizaxe organizadas en tres bloques progresivos: conciencia emocional, estratexias de regulación e calma, e regulación interpersoal. Incorpora metodoloxías activas como o mindfulness, a dramatización, os contos e o xogo, así como instrumentos de avaliación adaptados ao alumnado, ao profesorado e ás familias. O traballo conclúe reivindicando a educación emocional como necesidade escolar de primeiro orde e condición indispensable para o desenvolvemento integral do alumnado.

NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL (Titoría)
NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL (Titor do alumno)

Desconexión dixital na infancia antes e despois da pandemia
Autoría
Ó.A.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Ó.A.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 10:00
30.06.2026 10:00
Resumo
A pandemia de COVID-19 constituíu un fito sen precedentes na relación entre a primeira infancia e as tecnoloxías dixitais. O confinamento e o peche masivo das escolas infantís e garderías forzaron ás familias a recorrer a dispositivos dixitais como ferramentas de entretemento, aprendizaxe e comunicación, xerando un incremento histórico do tempo de pantalla en nenos e nenas de 0 a 6 anos que, segundo a evidencia dispoñible, se mantivo elevado no período postpandemia. Este Traballo Fin de Grao realiza unha revisión bibliográfica sistemática da literatura indexada principalmente en Scopus entre 2015 e 2026, co obxectivo de analizar o impacto da pandemia no uso de pantallas na primeira infancia, examinar os efectos do uso excesivo de pantallas no desenvolvemento infantil temperán e avaliar as estratexias de digital detox e desescalada dixital como respostas a esta situación. Os resultados confirman que as estratexias de desconexión dixital máis eficaces na primeira infancia son as que combinan a restrición gradual coa mediación parental activa e a formación específica dos profesionais de Educación Infantil.

DANS ALVAREZ DE SOTOMAYOR, MARIA ISABEL (Titoría)
DANS ALVAREZ DE SOTOMAYOR, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
DANS ALVAREZ DE SOTOMAYOR, MARIA ISABEL (Titor do alumno)

Necesidades e retos da maternidade en prisión: un achegamento dende a Educación Social
Autoría
A.A.P.
Grao en Educación Social
A.A.P.
Grao en Educación Social
Data da defensa
30.06.2026 10:00
30.06.2026 10:00
Resumo
Este traballo analiza a maternidade en prisión como unha realidade marcada pola invisibilidade e a vulnerabilidade social. O obxectivo principal é coñecer a diversidade de perfís das mulleres reclusas e determinar as estratexias de intervención socioeducativa que garantan o exercicio digno dos seus dereitos como nais. A investigación articúlase como unha revisión documental da literatura especializada a nivel nacional e internacional, normativa vixente e informes oficiais. Os resultados permiten identificar unha heteroxeneidade de traxectorias vitais atravesadas, a maior parte delas, por historias de exclusión e violencia previas. Evidénciase que o sistema penitenciario español mantén unha estrutura androcéntrica que invisibiliza as necesidades específicas das mulleres, o que deriva nunha carencia de espazos e programas públicos destinados á crianza e na delegación da intervención en entidades do terceiro sector. De igual maneira, constátase unha grave desprofesionalización da Educación Social nos centros, onde a función de custodia prevalece sobre o acompañamento pedagóxico. Conclúese que é imperativo asegurar o acceso de educadores/as sociais titulados/as para garantir procesos de reinserción reais, propondo futuras liñas de estudo que integren a voz directa das propias nais e os seus fillos/as.

QUIROGA CARRILLO, ANAIS (Titoría)
QUIROGA CARRILLO, ANAIS (Titoría)
Tribunal
QUIROGA CARRILLO, ANAIS (Titor do alumno)

Autorregulación da aprendizaxe en alumnado con altas capacidades intelectuais: revisión documental
Autoría
N.Á.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
N.Á.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 09:30
30.06.2026 09:30
Resumo
Un dos principais retos do sistema educativo actual consiste en que o alumnado adquira a competencia de aprender a aprender. Esta competencia está directamente relacionada co proceso de autorregulación da aprendizaxe (AAR), ao permitir que os estudantes acaden un maior éxito académico e que no futuro poidan progresar de forma autónoma e independente no contexto laboral. Este proceso pode variar segundo as características do alumnado e do contexto educativo. As particularidades do alumnado con altas capacidades suxiren que este perfil podería presentar formas específicas de afrontar e regular a súa aprendizaxe. É por este motivo que o obxectivo desta revisión é analizar a literatura científica existente sobre a AAR no alumnado con altas capacidades (AACC) intelectuais en Educación Primaria, centrándose nas estratexias autorregulatorias e prácticas educativas que favorecen o seu desenvolvemento. Para isto, realizouse unha busca sistematizada da que se seleccionaron 7 artigos baseados en estudos empíricos na materia. Os resultados amosan que tanto o alumnado con AACC como o alumnado medio teñen capacidade para autorregular a súa aprendizaxe, aínda que en termos xerais as estratexias de AAR resultan máis beneficiosas para os estudantes con AACC. Así mesmo, conclúese que o alumnado con AACC de Educación Primaria é quen de autorregular a súa aprendizaxe sen o apoio continuado do profesorado e que a súa capacidade de autorregulación aumenta coa idade.

Martínez López, Zeltia (Titoría)
Martínez López, Zeltia (Titoría)
Tribunal
Martínez López, Zeltia (Titor do alumno)

Educación emocional e autorregulación no alumnado con TDAH: unha revisión actual da evidencia educativa
Autoría
C.A.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
C.A.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 15:00
01.07.2026 15:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao céntrase no alumnado de Educación Primaria con TDAH, prestando especial atención ás súas dificultades de autorregulación e regulación emocional. Estas dificultades poden influír na aprendizaxe, na convivencia, na participación e na adaptación escolar, polo que resulta importante coñecer que respostas educativas se están a desenvolver neste ámbito. O obxectivo foi analizar a evidencia científica sobre intervencións dirixidas á mellora da autorregulación e regulación emocional no alumnado con TDAH en Educación Primaria. Para iso, realizouse unha revisión da literatura recollida nas bases de datos Web of Science, ERIC, PsycINFO e Dialnet, completándose cunha busca complementaria en Google Scholar. Tras o proceso de selección, incluíronse finalmente sete estudos na revisión. Os resultados amosan que as intervencións revisadas son variadas e inclúen programas de educación emocional, estratexias psicoeducativas, propostas inclusivas e intervencións centradas no autocontrol ou nas funcións executivas. En xeral, obsérvanse melloras na atención, na regulación emocional, na conduta e na participación, aínda que os resultados deben interpretarse con prudencia polas limitacións metodolóxicas dalgúns estudos. En conclusión, a autorregulación e a regulación emocional son aspectos relevantes para mellorar a resposta educativa ao alumnado con TDAH, sendo necesario seguir investigando sobre intervencións aplicadas ao contexto escolar.

IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Titoría)
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Titoría)
Tribunal
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Titor do alumno)

Acoso escolar e saúde mental na educación primaria: unha revisión
Autoría
C.A.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
C.A.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 10:00
30.06.2026 10:00
Resumo
Actualmente España vive unha situación crítica en relación co acoso escolar. As estatísticas correspondentes aos anos 2002- 2023 informan de 69554 casos de bullying no noso país nese período. En concreto, en educación primaria, un 9,5% de escolares sofren bullying. Pese a que a experiencia de acoso asociouse a problemas graves nas vítimas a nivel emocional, non existe, no noso coñecemento, ningún traballo de revisión previo que analizase a relación entre bullying e saúde mental centrándose expresamente nesta etapa educativa. O obxectivo deste traballo foi establecer a relación entre bullying e saúde mental no alumnado de educación primaria. Para elo, realizouse unha búsqueda da literatura científica publicada ata abril de 2026 nas bases de datos ERIC, Web of Sciencie e PsycINFO, empregando como palabras chave “acoso escolar”, “bullying”, “educación primaria”, “problemas emocionais”, “saúde mental”, en español e inglés. Localizáronse 12 investigacións. Os resultados evidenciaron a existencia dun amplo conxunto de repercusións psicolóxicas asociadas á implicación no acoso escolar, tanto en vítimas como en agresores. Estes achados destacan a necesidade de desenvolver medidas preventivas nas aulas de primaria.

Taboada Ares, Eva María (Titoría)
Taboada Ares, Eva María (Titoría)
Tribunal
Taboada Ares, Eva María (Titor do alumno)

Autonomía e integración sociolaboral das persoas con Dano Cerebral Adquirido. Unha análise de boas prácticas.
Autoría
S.A.I.
Grao en Educación Social
S.A.I.
Grao en Educación Social
Data da defensa
30.06.2026 11:00
30.06.2026 11:00
Resumo
O Dano Cerebral Adquirido (DCA) é unha lesión repentina que afecta ao cerebro despois de nacer, causada por circunstancias como os traumatismos cranioencefálicos, ictus ou outras contusións que afectan á recepción do osíxeno e nutrientes esenciais no cerebro. Esta lesión supón retos importantes en canto á capacidade das persoas para desenvolverse de maneira autónoma, debido a que as súas secuelas poden supoñer cambios ou alteracións a nivel físico, cognitivo, social e emocional que afectan á autonomía persoal e á vida diaria das persoas con DCA. Así, no contexto da promoción da autonomía, e especialmente no relativo á integración sociolaboral, as estratexias educativas son fundamentais para o desenvolvemento das súas habilidades, contribuíndo deste xeito ao seu benestar e á súa inclusión. Neste sentido, a importancia deste tema radica na influencia destas accións para previr situacións de dependencia e mellorar a calidade de vida deste colectivo. Ademais, contribúen a garantir a súa inclusión e o recoñecemento dos seus dereitos. Neste sentido, o presente Traballo de Fin de Grao céntrase neste contexto de intervención e, a partir dun traballo de carácter documental e sistemático, farase un achegamento aos conceptos clave e unha posterior análise de boas prácticas.

GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Titoría)
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Titoría)
Tribunal
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Titor do alumno)

Intervención educativa para a autorregulación cognitiva e metacognitiva en alumnado con NEAE en Educación Primaria
Autoría
U.A.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
U.A.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 10:00
30.06.2026 10:00
Resumo
O presente traballo analiza a evidencia dispoñible sobre as estratexias cognitivas e metacognitivas de aprendizaxe autorregulada (AAR) promovidas nas intervencións educativas dirixidas ao alumnado de Educación Primaria con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE). Para iso, optouse por unha metodoloxía baseada nunha revisión bibliográfica seguindo o método PRISMA. Tras un rigoroso proceso de selección baseado nos criterios de inclusión e exclusión, incluíronse seis estudos de relevancia internacional publicados entre 2007 e 2021. O obxectivo é identificar que estratexias se están a aplicar, como se implementan e que efectos teñen sobre o rendemento académico e funcional do alumnado con NEAE. Esta revisión resulta necesaria debido á escaseza de investigacións centradas en alumnado con NEAE, fronte á abundancia de estudos realizados con poboación normotípica. Finalmente, os resultados obtidos evidencian que o desenvolvemento de estratexias cognitivas e, especialmente, metacognitivas teñen un impacto significativo na mellora das competencias académicas e funcionais do alumnado con NEAE.

Proposta de formación permanente para o profesorado: introdución da neuroeducación na Educación Infantil
Autoría
L.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
L.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 17:00
01.07.2026 17:00
Resumo
A neuroeducación é unha disciplina que integra os coñecementos das neurociencias na práctica educativa co obxectivo de mellorar os procesos de ensino-aprendizaxe. A pesar do seu crecente desenvolvemento científico, a súa presenza na formación permanente do profesorado de Educación Infantil en España é moi limitada. O presente Traballo de Fin de Grao inscríbese na modalidade de deseño dunha proposta de innovación pedagóxica e ten como obxectivo xeral deseñar un plan de formación permanente do profesorado orientado á introdución da neuroeducación na etapa de Educación Infantil (3-6 anos). Para iso, realizouse unha revisión bibliográfica da literatura científica sobre neuroeducación, neuromitos e formación docente, así como unha análise da oferta formativa das comunidades e cidades autónomas españolas. A proposta estrutúrase en catro módulos progresivos de oito sesións en formato semipresencial, e incorpora instrumentos propios como o cuestionario de detección de neuromitos específico para docentes de Educación Infantil e o diario de formación. A avaliación baséase no modelo integrador de Parra Robledo e Ruiz Bueno (2020).

VILA COUÑAGO, ESTHER (Titoría)
VILA COUÑAGO, ESTHER (Titoría)
Tribunal
VILA COUÑAGO, ESTHER (Titor do alumno)
VILA COUÑAGO, ESTHER (Titor do alumno)
Proposta de intervención: Creación dun conto en lingua galega a partir da lectura e análise dos seus elementos.
Autoría
X.A.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
X.A.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 18:00
30.06.2026 18:00
Resumo
O conto posúe un alto valor pedagóxico e constitúe unha ferramenta esencial para o desenvolvemento integral da infancia. Por iso, este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo deseñar unha proposta de intervención didáctica orientada a traballar co conto en 2º curso de Educación Primaria, co fin de reivindicar o valor da literatura infantil galega e potenciar a competencia lingüística, a creatividade e a expresión oral e escrita en galego. Para o fundamento, analízase o concepto de conto, a súa evolución histórica e os seus elementos esenciais. A partir desta base teórica, a proposta estrutúrase en dúas fases: unha primeira fase de análise literaria a través de obras seleccionadas e unha segunda fase práctica de creación e produción literaria. Finalmente, ofrécense estratexias activas e dinámicas co obxectivo de implicar ao alumnado como protagonista do seu propio proceso creativo e de aprendizaxe, favorecendo así un uso natural da lingua galega na aula.

HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Titoría)
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Titoría)
Tribunal
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Titor do alumno)

Estratexias musicais aplicadas á aprendizaxe de vocabulario en inglés: unha revisión sistemática sobre o seu impacto na memoria e na retención en Educación Primaria
Autoría
D.A.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
D.A.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 09:00
01.07.2026 09:00
Resumo
Este traballo de fin de grao investiga acerca do impacto das estratexias musicais (ritmo, rima, melodía) na adquisición e na retención de vocabulario en inglés como lingua estranxeira no alumnado de Educación Primaria, así como a súa relación cos principios mnemotécnicos da aprendizaxe. En primeiro lugar, analízase a relación entre a música e as emocións na aprendizaxe, destacando o papel positivo da música no desenvolvemento intelectual, psicomotor e socioafectivo do alumnado. Posteriormente, abórdanse os procesos cognitivos implicados na aprendizaxe de linguas estranxeiras, sinalando a labor das cancións na mellora da memorización, a motivación e as destrezas básicas (listening, reading, writing, speaking). Trátase tamén o tema da memoria como eixo da aprendizaxe, distinguindo entre memoria sensorial, memoria a curto prazo e memoria a longo prazo, prestando atención á memoria auditiva e ao bucle fonolóxico de Baddeley. Finalmente, explórase a música como recurso didáctico na aula de inglés, formando así un triángulo de conceptos que relaciona directamente a música, o inglés e a memoria. A metodoloxía empregada neste traballo é unha revisión sistemática seguindo a declaración PRISMA, analizando aqueles estudos nos que se relacionasen os tres vértices do triángulo, comprobando a partir da investigación se existe un equilibrio entre estes conceptos, beneficioso para utilizar nunha aula de Educación Primaria.

DIZ OTERO, MARIO (Titoría)
ALVAREZ CORTIZO, LAURA Cotitoría
DIZ OTERO, MARIO (Titoría)
ALVAREZ CORTIZO, LAURA Cotitoría
Tribunal
ALVAREZ CORTIZO, LAURA (Titor do alumno)
DIZ OTERO, MARIO (Titor do alumno)

Aprendizaxe - servizo e desenvolvemento de competencias cívico - sociais, interculturais e para a vida democrática na educación superior
Autoría
B.A.A.
Grao en Pedagoxía
B.A.A.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
30.06.2026 10:45
30.06.2026 10:45
Resumo
A universidade do século XXI enfróntase ao reto de formar profesionais capaces de actuar nunha sociedade diversa, desigual, complexa e cambiante, polo que a educación superior e a formación que ofrece, xa non pode ser entendida como unha mera transmisión de coñecementos teóricos, senón que debe estar orientado cara a responsabilidade social, convivencia intercultural e a participación democrática na sociedade. Neste contexto, xurde a cuestión de que metodoloxía se deberían empregar para conectar a realidade social coas aprendizaxes teóricas, e é aí onde aparece a aprendizaxe-servizo como metodoloxía que pode formar unha cidadanía máis crítica e comprometida coa sociedade. O presente traballo céntrase na aprendizaxe-servizo como unha proposta pedagóxica que integra a aprendizaxe, o servizo e a reflexión crítica, a través desta revisión bibliográfica, analizaranse as posibilidades desta metodoloxía para o desenvolvemento competencial, máis concretamente das competencias interculturais, cívico-socias e vinculadas á vida democrática na educación superior. En definitiva, con este estudo pódese concluír que a aprendizaxe-servizo pode favorecer unha educación máis integral, sempre e cando esta práctica se desenvolva de maneira planificada e se faga unha reflexión crítica da relación da teoría e a práctica.

DOSIL ROSENDE, ALVARO (Titoría)
Mella Núñez, Igor Cotitoría
DOSIL ROSENDE, ALVARO (Titoría)
Mella Núñez, Igor Cotitoría
Tribunal
VAZQUEZ RODRIGUEZ, ANA (Coordinador)
DOSIL ROSENDE, ALVARO (Titor do alumno)
Mella Núñez, Igor (Titor do alumno)
VAZQUEZ RODRIGUEZ, ANA (Coordinador)
DOSIL ROSENDE, ALVARO (Titor do alumno)
Mella Núñez, Igor (Titor do alumno)
Combatendo os discursos de odio: emoción, razón e librepensamento nas aulas de Educación Primaria.
Autoría
Y.A.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Y.A.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 11:00
30.06.2026 11:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao desenvolve unha investigación educativa realizada durante o estadio nun centro escolar, facilitado pola materia do Prácticum II do Grao en Mestra/e de Educación Primaria. O seu cometido principal é abordar problemas socialmente relevantes co alumnado de primaria, a fin de desenvolver capacidades socio-críticas neles e nelas. Considérase a identificación e análise dos discursos de odio coma unha cuestión de interese para tratar dende a perspectiva da didáctica das ciencias socias, pero cun enfoque interdisciplinario. Comezando por unha revisión social que axude a entender a orixe dos mesmos, para que o alumnado se constrúa emocional, intelectual e socialmente como seres librepensadores e críticos coa realidade que os rodea. Baixo esta premisa, a investigación resulta do análise das producións do alumnado no contexto de aula. Entre os resultados percíbese unha plena satisfacción coa proposta, unha conciencia do coñecemento adquirido e unha capacidade de traducilos a unha visión práctica, social e cívica.

FERNANDEZ LOPEZ, ISABEL Cotitoría
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Titoría)
FERNANDEZ LOPEZ, ISABEL Cotitoría
Tribunal
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Titor do alumno)
FERNANDEZ LOPEZ, ISABEL (Titor do alumno)

Planificación dunha Intervención sobre Movemento na Educación Infantil
Autoría
I.A.O.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
I.A.O.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 10:30
30.06.2026 10:30
Resumo
A “Planificación dunha Intervención sobre Movemento na Educación Infantil” é unha planificación dunha intervención/innovación no ámbito educativo, que adapta as pausas activas ao 2º Ciclo de Educación Infantil e inclúeas dentro das rutinas da xornada escolar a través de actividades de activación e de relaxación de 5, 15 minutos que contan con contido das diferentes áreas do currículo e poden realizarse en calquera aula ordinaria. Está deseñada tendo en conta as características dos nenos e nenas de 3 a 6 anos, os momentos que se inclúen nas rutinas da xornada escolar que seguen as metodoloxías máis empregadas, os tipos de actividade física máis importantes para a saúde infantil, as pausas activas, as recomendacións do Ministerio de Sanidade en materia de actividade física e redución do sedentarismo, e o Decreto 150/2022. E deduce que as intervencións baseadas na actividade física nas aulas reducen o sedentarismo e incrementan o hábito de realizar actividade física, beneficiando ao alumnado na súa saúde e rendemento académico.

Eirín Nemiña, Raúl (Titoría)
Eirín Nemiña, Raúl (Titoría)
Tribunal
Eirín Nemiña, Raúl (Titor do alumno)
Eirín Nemiña, Raúl (Titor do alumno)
A importancia do vínculo afectivo nos primeiros anos: unha revisión documental
Autoría
L.B.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
L.B.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 10:00
30.06.2026 10:00
Resumo
O apego constitúe un dos piares do desenvolvemento infantil. Entendido como o primeiro vínculo que establece o infante cos seus coidadores principais, inflúe de maneira decisiva na construción da seguridade emocional, na regulación afectiva, na autoestima e no establecemento de relacións sociais saudables e perdurables. En función das experiencias de apego vividas nos primeiros anos, o/a neno/a chega á escola cunhas determinadas expectativas e crenzas sobre a relación cos demais, o que determinará a súa forma de desenvolverse na aula e interactuar tanto cos iguais como cos docentes. Comprender a relevancia destes vínculos permite desenvolver unha práctica educativa máis sensible e axustada á realidade e ás necesidades de cada infante. Neste sentido, este Traballo de Fin de Grao pretende amosar a importancia do vínculo de apego na infancia e a súa relación coa práctica educativa e co benestar infantil, tanto dentro como fóra da aula. Ponse de manifesto o papel da escola e, especialmente, das mestras e mestres de Educación Infantil na creación de ambientes seguros, respectuosos e afectivos coas necesidades emocionais do alumnado.

Sánchez Castaño, Maria Teresa (Titoría)
Sánchez Castaño, Maria Teresa (Titoría)
Tribunal
Sánchez Castaño, Maria Teresa (Titor do alumno)

Matemáticas a través do conto infantil en Educación Primaria: unha proposta de intervención
Autoría
S.B.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
S.B.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2026 09:30
02.07.2026 09:30
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao en Mestre/a de Educación Primaria preséntase o deseño, a implementación, a análise de datos e a avaliación dunha proposta didáctica para 1º de Educación Primaria centrada na aprendizaxe da medida de lonxitude mediante o uso do conto infantil e das unidades de medida non convencionais. Búscase que o alumnado adquira coñecementos e mellore o seu pensamento lóxico-matemático, así como que se favoreza unha mellora das percepcións e actitudes cara ás matemáticas. A metodoloxía empregada baséase no construtivismo, no uso de materiais manipulativos, na metodoloxía STEAM, na interdisciplinariedade, na cooperación e no DUA. Os resultados evidencian unha mellora das aprendizaxes sobre a medida e a efectividade destas metodoloxías no ensino das matemáticas.

RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Titoría)
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Titoría)
Tribunal
OUTON OVIEDO, PAULA (Presidente/a)
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Secretario/a)
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA (Vogal)
OUTON OVIEDO, PAULA (Presidente/a)
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Secretario/a)
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA (Vogal)
Protocolo de retorno ao centro escolar da infancia hospitalizada durante un periodo prolongado.
Autoría
M.B.D.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
M.B.D.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
30.06.2026 09:30
30.06.2026 09:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao analiza o proceso de hospitalización dun menor, así como o proceso de reincorporación á aula ordinaria tras un longo ingreso hospitalario. A partir dunha revisión teórica e da valoración dos factores que inflúen neste proceso, ponse de manifesto a necesidade de deseñar un protocolo de actuación que garanta unha transición segura e positiva. A análise evidencia que o alumnado hospitalizado pode presentar alteracións físicas e emocionais, dificultades na interacción social e desfases na aprendizaxe. Estes factores converten a volta á escola nunha situación potencialmente estresante se non se propón de forma axeitada. Ante isto, neste proxecto de intervención suxírese un protocolo de actuación ante este tipo de casos, destinado a alumnado de Educación Infantil, co obxectivo último de favorecer unha serie de estratexias, pautas e actividades para que o proceso sexa o menos traumático posible, sendo fundamental a colaboración dos distintos axentes implicados no proceso educativo do alumnado en situación de enfermidade.

Teijeiro Boo, Yesica (Titoría)
Teijeiro Boo, Yesica (Titoría)
Tribunal
Teijeiro Boo, Yesica (Titor do alumno)
Teijeiro Boo, Yesica (Titor do alumno)
Impacto da hospitalización na infancia: accións educativas.
Autoría
M.B.D.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
M.B.D.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
30.06.2026 10:30
30.06.2026 10:30
Resumo
A vivencia dunha hospitalización na etapa escolar supón unha abrupta interrupción na vida do menor e da súa familia. Para tratar de reducir as repercusións da devandita situación, nacen as aulas hospitalarias, as cales brindan apoio a todos os axentes relacionados coa hospitalización infantil. O obxectivo do presente Traballo de Fin de Grao é analizar o impacto da hospitalización en menores escolarizados en Educación Primaria e nas súas familias, co fin de identificar accións educativas que contribúan a reducir os efectos negativos da experiencia. A metodoloxía empregada foi unha Scoping Review, seguindo as directrices PRISMA. Para iso, utilizáronse catro bases de datos (Dialnet, Scopus, WoS e PsycInfo) e, tras unha selección dos documentos, seleccionáronse 20 estudos. Os resultados permiten agrupar as accións segundo os seus destinatarios: o paciente pediátrico e a súa familia. Dentro do primeiro grupo, as accións poden clasificarse segundo o tipo de actividade: lúdicas, expresivo-artísticas, tecnolóxicas, asistidas con animais, relacionadas coa natureza e co lecer. En conxunto, estas intervencións reducen a ansiedade e o estrés, favorecen a participación nas actividades cotiás e melloran a adaptación ao contorno hospitalario. Así mesmo, destácase a importancia de apoiar as familias, especialmente os proxenitores e os irmáns, mediante información, acompañamento e recursos específicos.

O debuxo como espello do eu: expresión do coñecemento de si mesmo na etapa de Educación Infantil
Autoría
A.B.O.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.B.O.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 10:00
30.06.2026 10:00
Resumo
O debuxo infantil preséntase como unha ferramenta reveladora que, dende os primeiros anos de vida, ofrece unha vía de acceso privilexiada para acceder á comprensión do mundo interior das crianzas na etapa de Educación Infantil. A través desta vertente lúdico-expresiva, os nenos e nenas representan graficamente aquilo que non sempre conseguen expresar mediante a linguaxe verbal, facendo visibles os pensamentos, sentimentos e emocións vinculados ao seu eu persoal; que xogan un papel fundamental na construción da identidade. O presente Traballo de Fin de Grao terá como obxectivo analizar de que maneira as representacións gráficas infantís manifestan o coñecemento que o alumnado posúe de si mesmo. Así, destácase o papel do debuxo tanto como canle de comunicación persoal para as crianzas como ferramenta que permite ao profesorado acceder dun modo integral ao seu proceso de autocoñecemento. A metodoloxía empregada inclúe unha revisión da literatura científica nas bases de datos ERIC, PsycINFO e Web of Science, complementada cun estudo cualitativo no que se analizará unha mostra de debuxos de alumnado de entre 3 e 6 anos. Finalmente, os resultados interpretaranse á luz da bibliografía revisada, co propósito de poñer en valor o potencial educativo do debuxo na aula dende a primeira infancia.

Guisande Couñago, María Adelina (Titoría)
Guisande Couñago, María Adelina (Titoría)
Tribunal
Guisande Couñago, María Adelina (Titor do alumno)

TIC como apoio para a actividade física en persoas maiores
Autoría
S.B.M.
Grao en Pedagoxía
S.B.M.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
30.06.2026 11:00
30.06.2026 11:00
Resumo
O presente TFG ten como obxectivo identificar os usos das TIC no ámbito da actividade física en maiores de 60 anos nunha mostra de persoas en Santiago de Compostela, así como identificar as necesidades de acceso e utilización. Para acadar o obxectivo levouse a cabo unha investigación centrada prioritariamente nas competencias tecnolóxicas e no uso das TIC para a participación social e a mellora do benestar e da saúde a través da actividade física. A metodoloxía que se empregou é cuantitativa mediante un cuestionario construído ad hoc a tal efecto. As preguntas diseñáronse partindo da información que se recolleu para xustificar o estudo e procurando diferentes cuestionarios relacionados cos beneficios do exercicio e outros con relación á utilización das TIC. Recolléronse un total de 52 respostas entre homes e mulleres maiores de 60 anos que habitan en Santiago de Compostela. Esta mostra proporcionou datos moi relevantes, xa que gran parte dos participantes fan uso das TIC pero un pequeno porcentaxe as utiliza como apoio para a práctica do exercicio. Xustifícase desta maneira que este ámbito precisa máis investigación e coñecemento, dando paso a futuras liñas de investigación.

Fernández de la Iglesia, Josefa del Carmen (Titoría)
Fernández de la Iglesia, Josefa del Carmen (Titoría)
Tribunal
Fernández de la Iglesia, Josefa del Carmen (Titor do alumno)

Deconstrución da masculinidade desde as aulas
Autoría
C.B.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
C.B.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2026 12:30
03.07.2026 12:30
Resumo
O desenvolvemento dunha masculinidade positiva desde idade temperá é clave para a socialización e o benestar individual, a pesar de ser unha dimensión que acostuma a estar ausente nas aulas. Co obxectivo de visibilizar a necesidade de deconstruír os estereotipos de xénero desde o ámbito educativo, este Traballo de Fin de Grao trata no seu marco teórico as distintas masculinidades que nos podemos atopar na sociedade, resaltando a toxicidade da masculinidade hexemónica como factor condicionante no desenvolvemento da infancia e o peso dos distintos factores que interveñen para reproducila ou combatela. Como resposta práctica, este traballo presenta a proposta didáctica Máis aló do molde, dirixida ao primeiro ciclo de Educación Primaria, a cal busca, a través de actividades cooperativas e de pensamento crítico, normalizar a pluralidade de identidades, validar a vulnerabilidade e consolidar unha convivencia libre de prexuízos de xénero.

FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
GARCIA MARIN, JORGE Cotitoría
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
GARCIA MARIN, JORGE Cotitoría
Tribunal
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titor do alumno)
GARCIA MARIN, JORGE (Titor do alumno)

A educación emocional na adolescencia: proposta de intervención para a mellora das relacións interpersoais.
Autoría
A.B.G.
Grao en Educación Social
A.B.G.
Grao en Educación Social
Data da defensa
30.06.2026 10:00
30.06.2026 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao aborda a educación emocional na adolescencia como elemento crucial para favorecer o desenvolvemento persoal, social e relacional das persoas mozas. Ao longo desta etapa prodúcense numerosos cambios emocionais e sociais que inflúen directamente na forma de relacionarse, comunicarse e afrontar conflitos. Por este motivo, resulta necesario promover espazos socioeducativos nos que o alumnado dispoña da oportunidade de adquirir ferramentas que lle permitan comprender, expresar e regular as súas emocións de maneira saudable. O principal obxectivo deste traballo é a elaboración dunha proposta de intervención socioeducativa orientada ao desenvolvemento das competencias emocionais e sociais en adolescentes. Dita intervención estrutúrase en cinco sesións centradas na conciencia emocional, a autorregulación, a comunicación asertiva, a xestión de conflitos, o establecemento de relacións interpersoais saudable e o proceso de ruptura. Para isto, emprégase unha metodoloxía activa, participativa, vivencial e reflexiva baseada en dinámicas grupais, actividades inmersivas e espazos de reflexión emocional. Así mesmo, inclúense diferentes instrumentos avaliativos orientados á análise tanto da evolución observable do alumnado como da súa percepción de cambio ao longo da intervención.

MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titoría)
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titor do alumno)

Intervención didáctica sobre a diversidade angloparlante máis aló dos países hexemónicos
Autoría
A.B.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.B.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 10:30
30.06.2026 10:30
Resumo
Con esta proposta didáctica preténdese abordar a problemática que existe sobre a aprendizaxe da cultura relacionado co inglés. Con esta intervención búscase afastarse da exclusividade coa que se ensina sobre Os Estados Unidos e O Reino Unido e achegarse ás culturas doutros países que forman parte do mundo anglofalante. Todo isto proponse a través de actividades que o alumnado pode desfrutar á vez que aprende, fomentando o traballo colaborativo e a aprendizaxe do inglés, mentres que se adquire unha conciencia intercultural. O obxectivo final é formar a persoas capaces de desenvolverse en ámbitos interculturais dun xeito positivo, dándolles capacidades para interactuar con persoas provenientes de diferentes trasfondos culturais, estando libres de prexuízos e estereotipos.

PEREZ CASAL, INMACULADA (Titoría)
PEREZ CASAL, INMACULADA (Titoría)
Tribunal
PEREZ CASAL, INMACULADA (Titor do alumno)

A aprendizaxe da lingua estranxeira a través da expresión artística en educación primaria
Autoría
I.B.O.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
I.B.O.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 10:00
30.06.2026 10:00
Resumo
O presente traballo propón unha exploración dos usos da expresión artística na aprendizaxe da lingua estranxeira na etapa de educación primaria. Consiste nunha investigación documental na que se abarcarán aspectos sobre a presenza da lingua estranxeira (inglés) na esfera educativa e o uso da arte como medio de ensino, examinándoas na lexislación vixente (Decreto 155/2022). Asemade, farase referencia a estudos existentes, antigas e recentes metodoloxías e proxectos, acompañándoos dunha reflexión crítica e persoal, vantaxes e posibles melloras. Por tanto, este estudo ten como obxectivo principal acadar nas aulas unha aprendizaxe óptima da lingua inglesa, mediante o uso das artes tales coma a literatura, a pintura ou a música, traballándoas a través dun proceso de ensino-aprendizaxe centrado na transversalidade e interdisciplinariedade. A escolla desta temática débese non só á miña formación como mestra en educación primaria con mención en inglés, senón fundamentalmente á importancia de subliñar o grao de relevancia que posúe a actual lingua franca no ámbito educativo actual e á gran cantidade de usos que ten a arte en incontables ámbitos, así coma os beneficios e eficacia que ofrece tanto a nivel educativo como psicolóxico e emocional.

O uso da L1 na aula dunha segunda lingua; crenzas e prácticas en Educación Primaria e Secundaria: unha revisión sistemática
Autoría
I.B.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
I.B.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2026 09:30
03.07.2026 09:30
Resumo
O uso da lingua materna (L1) na aula dunha segunda lingua (L2) pasou de ser algo prohibido e percibido como -“incoherente”- a aparecer no currículo de Educación Primaria e Secundaria, constituíndo unha ferramenta que favorece o desenvolvemento de competencias lingüísticas e pode resultar útil se se introduce axeitadamente no proceso de ensino-aprendizaxe. A L1 pode apoiar o alumnado para favorecer a comprensión de instrucións, facilitar a aprendizaxe de novos conceptos ou resolver dúbidas. Coñecer a súa importancia e o papel que desempeña é esencial para desenvolver prácticas docentes que contribúan á adquisición dunha lingua estranxeira. No presente TFG analízanse artigos dos últimos cinco anos da base de datos SCOPUS sobre os usos, funcións e perspectivas con respecto á L1 na aula. Realízase unha revisión sistemática que permite coñecer como aparece recollido este tema na literatura científica. Os resultados evidencian unha valoración maioritariamente positiva da lingua materna como recurso pedagóxico, especialmente para o apoio á aprendizaxe da L2, a comparación interlingüística e o desenvolvemento socioemocional do alumnado, aínda que tamén revelan a persistencia de enfoques monolingües, xerando dificultades para trasladar estas crenzas á práctica educativa.

FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Titoría)
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Titoría)
Tribunal
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Presidente/a)
PEREZ CASAL, INMACULADA (Secretario/a)
ESTEVEZ GROSSI, MARTA (Vogal)
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Presidente/a)
PEREZ CASAL, INMACULADA (Secretario/a)
ESTEVEZ GROSSI, MARTA (Vogal)
Titoría Entre Iguais como prevención do acoso escolar
Autoría
I.B.R.
Grao en Pedagoxía
I.B.R.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2026 10:00
01.07.2026 10:00
Resumo
O acoso escolar representa un dos desafíos máis complexos e urxentes na educación actual, o que esixe o desenvolvemento de respostas que contribúan á súa prevención. Este Traballo de Fin de Grao (TFG) pretende deseñar unha proposta de intervención educativa baseada na estratexia de Titoría Entre Iguais (TEI). A proposta diríxese ao alumnado adolescente e foi adaptada ás necesidades específicas dun centro educativo de Ourense, identificadas durante o período de Prácticum. A nivel metodolóxico, o presente traballo inscríbese na modalidade de deseño dun proxecto de intervención. A súa achega reside na innovación pedagóxica, ao estruturarse en tres sesións diferenciadas e incorporar ferramentas de creación propia. Os resultados esperados tras a súa implementación teórica apuntan a unha mellora do clima de convivencia, fortalecemento da asertividade e creación dunha rede de apoio. Conclúese que o empoderamento do alumnado como axente de cambio é clave para consolidar unha cultura de rexeitamento cara á violencia escolar. Con esta proposta, aspírase a que os centros sexan espazos de coidado real nos que se priorice o desenvolvemento integral do alumnado; e non tan só, lugares de estudo e obtención de resultados.

GARCIA MURIAS, REBECA (Titoría)
GARCIA MURIAS, REBECA (Titoría)
Tribunal
GARCIA MURIAS, REBECA (Titor do alumno)
GARCIA MURIAS, REBECA (Titor do alumno)
Deseño dun programa afectivo-emocional no eido da titoría co alumnado de 1º da ESO: potencialidades e fortalezas
Autoría
N.B.R.
Grao en Pedagoxía
N.B.R.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2026 11:00
01.07.2026 11:00
Resumo
A educación emocional constitúe un elemento fundamental para favorecer o desenvolvemento integral do alumnado e mellorar a convivencia nos centros educativos. Neste contexto, o presente Traballo de Fin de Grao ten como finalidade deseñar unha proposta de intervención afectivo-emocional dirixida ao alumnado de 1.º da Educación Secundaria Obrigatoria no ámbito da acción titorial. A proposta parte da análise das necesidades propias da adolescencia e dunha situación de conflito relacionada coa difusión non consentida de contidos persoais a través das redes sociais, que evidencia a importancia de traballar competencias socioemocionais como a identificación e regulación das emocións, a empatía, as habilidades sociais e o respecto ás demais persoas. A intervención toma como referencia o programa INTEMO e fundamenta o seu deseño nas achegas da educación emocional e da intelixencia emocional. Así mesmo, incorpora unha perspectiva inclusiva baseada nos principios do Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA), co obxectivo de favorecer a participación de todo o alumnado, e integra a perspectiva de xénero como eixo transversal para promover relacións igualitarias e cuestionar estereotipos asociados á expresión emocional. En definitiva, preséntase unha proposta contextualizada e adaptada á realidade educativa actual que pretende contribuír á mellora do benestar emocional, da convivencia escolar e do desenvolvemento persoal e social do alumnado.

Efectos da dixitalización postpandemia na primeira infancia europea. Revisión sistemática.
Autoría
A.B.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.B.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 09:00
30.06.2026 09:00
Resumo
A pandemia xerada polo COVID 19 xerou grandes cambios nos sistemas educativos europeos. Acelerou o proceso de dixitalización nos centros educativos e modificou o proceso de ensino aprendizaxe nas aulas. O obxectivos deste traballo é coñecer os efectos da dixitalización trala pandemia nas aulas de infantil a nivel europeo. A investigación levouse a cabo a través dunha revisión sistemática mediante as bases de datos SCOPUS e DIALNET. Os artigos traballados vense comprendidos entre os años 2020/2025 en español e en inglés. Os resultados obtidos mostran que a dixitalización permitiu unha continuidade académica en todas as etapas educativas. A formación referente as TIC sufriu un aumento rápido en docentes, familias e alumnos/as. Sen embargo, tamén se detectaron numerosas dificultades a hora de realizar adaptacións, actividades e recursos nas etapas de educación infantil. En conclusión, as TIC tiveron un papel fundamental durante a pandemia e a postapandemia. Permitiron a continuidade das actividades educativas. Non obstante, os resultados demostraron a necesidade dunha continua formación cara aos procedementos dixitais. Sen olvidarnos da neceisades de adaptación e formación cara aos máis pequenos/as e as súas familias.

O protagonismo das mulleres na defensa das Terras de Ulloa e nas mobilizacións contra Altri: unha mirada socioeducativa.
Autoría
R.B.T.
Grao en Educación Social
R.B.T.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2026 11:00
01.07.2026 11:00
Resumo
As mobilizacións sociais e as accións de defensa do territorio constitúen fenómenos complexos nos que a acción colectiva se orienta cara á reivindicación social mediante procesos de participación que, por si mesmos, constitúen experiencias socioeducativas. No caso das mulleres, destaca a súa elevada presenza en iniciativas vinculadas a conflitos de carácter socioambiental, cun grao de implicación que contribúe ao sostemento dos movementos e ao fortalecemento das redes veciñais e comunitarias. Para a Educación Social, este tipo de dinámicas teñen potencial para xerar procesos de empoderamento, aprendizaxe colectiva e transformación social. Esta investigación ten como finalidade afondar, desde unha perspectiva socioeducativa e de xénero, nas experiencias das mulleres ao organizarse contra o proxecto da macrocelulosa Altri e ao participar en diferentes iniciativas de defensa do territorio e do medio natural. Para iso, realizarase un estudo de caso, delimitado desde a aparición desta ameaza socioambiental ata as distintas accións e mobilizacións sociais de oposición xurdidas en Galicia nos últimos anos, coa intención de descubrir, identificar e analizar as competencias e aprendizaxes adquiridas polas mulleres durante todo este proceso de loita, así como as barreiras e desigualdades que condicionan ou limitan a súa participación.

CARIDE GOMEZ, JOSE ANTONIO (Titoría)
CARIDE GOMEZ, JOSE ANTONIO (Titoría)
Tribunal
CARIDE GOMEZ, JOSE ANTONIO (Titor do alumno)

Proposta gamificada para a área de Ciencias da Natureza integrando ambientes de aprendizaxe en 5º de EP.
Autoría
B.B.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
B.B.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 12:00
01.07.2026 12:00
Resumo
A evidencia científica sinala que os estudantes mostran baixos niveis de interese cara á área das ciencias en Educación Primaria. Diversos estudos destacan que as metodoloxías activas, como a gamificación e os ambientes de aprendizaxe, favorecen a participación e a motivación do alumnado en materias que xeran menor interese. O presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo deseñar e analizar unha proposta didáctica orientada ao ensino das Ciencias da Natureza en Educación Primaria. O deseño metodolóxico baséase na hibridación dunha unidade didáctica e unha programación didáctica gamificada, integrando os ambientes de aprendizaxe. A intervención está dirixida a dous grupos de 5º de EP, composto por 49 alumnos e alumnas, pertencentes a un centro educativo de liña 2 en Pontevedra. Como resultado, deséñase a proposta didáctica “O Libro da Selva: vertebrados e invertebrados no Universo Disney”, centrada na aprendizaxe dos animais mediante unha experiencia gamificada integrada en ambientes de aprendizaxe. A proposta desenvólvese durante o segundo trimestre e consta de cinco sesións. Implementada nun futuro pode favorecer o ensino e aprendizaxe das ciencias debido ao carácter motivacional da gamificación e ambientes de aprendizaxe.

BARCALA FURELOS, MARTIN (Titoría)
BARCALA FURELOS, MARTIN (Titoría)
Tribunal
BARCALA FURELOS, MARTIN (Titor do alumno)

A construción da autoestima na educación infantil a través da literatura: contos para sentirse valiosas, únicas e capaces.
Autoría
A.B.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.B.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 10:30
01.07.2026 10:30
Resumo
A temática deste Traballo de Fin de Grao céntrase na construción da autoestima na primeira infancia a través da literatura infantil, analizando como os contos contribúen á identificación persoal, á expresión emocional e ao recoñecemento do propio valor. O estudo aborda a relación entre literatura infantil e educación emocional, prestando especial atención aos elementos narrativos que favorecen a autovaloración e ao papel dos contos como mediadores simbólicos no desenvolvemento afectivo. A investigación estrutúrase en dúas fases: unha revisión teórica de achegas pedagóxicas, psicolóxicas e literarias, e o deseño dunha proposta de innovación educativa dirixida á etapa de Educación Infantil. Esta proposta inclúe unha selección fundamentada de contos con potencial para promover a autoestima, así como o deseño de actividades creativas e emocionais adaptadas ao contexto escolar galego. A intervención concíbese como un deseño dunha proposta de innovación pedagóxica non implementada fundamentada nunha revisión teórica e orientada á práctica docente. O traballo busca ofrecer unha proposta viable, significativa e culturalmente contextualizada que contribúa á formación integral do alumnado desde unha perspectiva afectiva e literaria.

VILLAR VARELA, MILENA (Titoría)
VILLAR VARELA, MILENA (Titoría)
Tribunal
VILLAR VARELA, MILENA (Titor do alumno)
VILLAR VARELA, MILENA (Titor do alumno)
Convivir en rede para a mellora do clima de aula: un proxecto de titoría entre iguais
Autoría
L.B.M.
Grao en Pedagoxía
L.B.M.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
30.06.2026 12:00
30.06.2026 12:00
Resumo
A convivencia escolar constitúe un elemento fundamental para o benestar do alumnado e o adecuado desenvolvemento do proceso educativo, especialmente na etapa da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). En contextos marcados pola ubicuidade das tecnoloxías dixitais, as relacións entre iguais transcenden o espazo físico da aula e esténdense a contornas virtuais onde tamén se configuran dinámicas de interacción, apoio e conflito. O presente Traballo de Fin de Grao (TFG) deseña un programa de intervención baseado na Titoría Entre Iguais (TEI) do mesmo nivel educativo (same-age peer tutoring), dirixido ao alumnado de 3º da ESO do CPR Maria Assumpta de Noia, como estratexia para mellorar o clima de aula e promover unha convivencia responsable en espazos presenciais e dixitais. A través dunha metodoloxía cooperativa, participativa e continuada, desenvólvense un conxunto de actividades orientadas ao desenvolvemento de competencias sociais, emocionais e éticas, así como á prevención de condutas de risco. O programa estrutúrase como unha intervención anual integrada no plan de convivencia do centro.

FERNANDEZ REY, ELENA (Titoría)
FERNANDEZ REY, ELENA (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ REY, ELENA (Titor do alumno)
FERNANDEZ REY, ELENA (Titor do alumno)
Uso da Intelixencia Artificial para a aprendizaxe no estudantado do Grao de Pedagoxía
Autoría
D.B.B.
Grao en Pedagoxía
D.B.B.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
30.06.2026 10:15
30.06.2026 10:15
Resumo
A irrupción da Intelixencia Artificial (IA) no eido educativo posúe un gran potencial para mellorar a calidade do ensino e da aprendizaxe, facilitando a personalización e a adaptación ás necesidades individuais. Malia isto, a súa rápida implementación supón tamén importantes desafíos e dilemas éticos que cómpre considerar. O obxectivo principal deste traballo é analizar o uso que o estudantado do Grao en Pedagoxía da Universidade de Santiago de Compostela, en calidade de futuros profesionais da educación, fai da IA durante a súa formación académica. Para acadar este propósito, a investigación segue unha metodoloxía cuantitativa baseada no deseño e aplicación de cuestionarios dirixidos ao alumnado. O fin último deste estudo é ofrecer unha aproximación clara sobre o nivel de integración destas ferramentas na rutina universitaria. A partir da análise dos datos, preténdese determinar se estas tecnoloxías actúan como un recurso facilitador na formación dos novos pedagogos ou se, pola contra, constitúen un elemento que os distancia do proceso reflexivo de aprendizaxe, o que podería derivar nunha capacitación insuficiente para o seu futuro exercicio profesional.

A influencia dos estilos parentais na creación de hábitos de estudo e autonomía do alumnado de sexto de primaria: un estudo de caso
Autoría
I.B.P.
Grao en Pedagoxía
I.B.P.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
29.06.2026 09:30
29.06.2026 09:30
Resumo
A familia resulta fundamental no desenvolvemento dos hábitos de estudo e da autonomía do alumnado, especialmente nos últimos cursos da Educación Primaria. Por iso, o obxectivo principal deste trabalo é analizar como inflúen as prácticas educativas familiares nos hábitos de estudo e no desenvolvemento da autonomía do alumnado de 6º de Educación Primaria. Para isto, realizouse unha investigación de campo de carácter cualitativo mediante un estudo de casos múltiples. A información recolleuse a través de entrevistas semiestruturadas a tres nais e a unha titora de 6º de Educación Primaria, e a súa análise levouse a cabo de maneira manual, empregando un sistema de categorías elaborado a partir dos obxectivos do traballo, do marco teórico e da información obtida nas entrevistas. Os resultados mostran que todas as familias se implican no proceso escolar dos seus fillos e fillas, pero con diferenzas no establecemento de normas, na organización de rutinas e nas formas de acompañamento. Tamén se observa que os hábitos de estudo e autonomía non están igual de consolidados nos tres casos, xa que se ven condicionados por factores familiares e persoais. A visión da titora coincide con estes resultados ao considerar que a autonomía do alumnado é mellorable e que a colaboración familia-escola resulta necesaria para favorecer o desenvolvemento académico. Como futura liña de traballo, podería ampliarse a mostra e incluír a perspectiva do alumnado para obter unha visión máis completa da realidade estudada.

MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Titoría)
MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Titoría)
Tribunal
MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Titor do alumno)

A regulación emocional a través das manifestacións artísticas para o beneficio da diversidade no segundo ciclo de Educación Infantil. Deseño dunha proposta de innovación pedagóxica.
Autoría
M.B.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
M.B.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 10:00
30.06.2026 10:00
Resumo
A regulación emocional constitúese como un factor fundamental á hora de dar resposta á diversidade que tanto caracteriza ao segundo ciclo de Educación Infantil. Partindo dunha fundamentación teórica actual, onde se xustifica a necesidade de ofrecerlle ao alumnado estratexias e recursos a través dos cales desenvolver dita competencia emocional, deséñase a proposta de innovación pedagóxica “Arte e emocións: unha aula para todos/as”. Dita proposta, configurada por dez actividades “tipo” baseadas nos principios do Deseño Universal para a Aprendizaxe (principios DUA), emprega as manifestacións plástica, musical e corporal como canles de comunicación non convencionais coa finalidade de garantir a participación de todo o alumnado en igualdade de condicións. Coa súa aplicación, convértese á diversidade e heteroxeneidade da aula nun elemento enriquecedor das prácticas educativas. A través deste Traballo de Fin de Grao, preténdese proporcionar ao profesorado de Educación Infantil un recurso práctico, lúdico e flexible. Como principal conclusión destácase que esta proposta, a partir da conexión entre as linguaxes artísticas e a regulación emocional, pode permitir construír contornas de aprendizaxe verdadeiramente inclusivas, seguras e accesibles para as crianzas.

LERANOZ IGLESIAS, MARTIN MANUEL (Titoría)
LERANOZ IGLESIAS, MARTIN MANUEL (Titoría)
Tribunal
LERANOZ IGLESIAS, MARTIN MANUEL (Titor do alumno)

Olladas que se tecen: arte, corpo e educación.
Autoría
S.C.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
S.C.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 12:40
01.07.2026 12:40
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao explora as posibilidades da educación artística como ferramenta para fomentar o pensamento crítico, a reflexión e a expresión creativa do alumnado de educación primaria. A proposta estrutúrase en tres bloques: análise de imaxes mediante estratexias de pensamento visual, a performance e a arte téxtil. A través delas, preténdense cuestionar estereotipos de xénero, favorecendo unha mirada máis consciente cara a cultura visual e contemporánea´. A metodoloxía empregada baséase na investigación-acción e combina observación, diálogo experimentación e creación. As actividades desenvoltas permiten implicar ao alumnado en propostas abertas e participativas así como o potencial da educación artística para promover procesos de interpretación, cooperación e construción de significado dentro da aula.

TRIGO MARTINEZ, CRISTINA (Titoría)
TRIGO MARTINEZ, CRISTINA (Titoría)
Tribunal
TRIGO MARTINEZ, CRISTINA (Titor do alumno)

As familias de adolescentes con Síndrome de Down como parte dun ecosistema de aprendizaxe. Programa de intervención afectivo-sexual
Autoría
S.L.C.R.
Grao en Pedagoxía
S.L.C.R.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
30.06.2026 11:00
30.06.2026 11:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao aborda a educación afectivo-sexual das persoas adolescentes con síndrome de Down desde unha perspectiva familiar e socioeducativa. A revisión da literatura evidencia que a sexualidade continúa sendo un ámbito marcado por estereotipos, prexuízos e carencias formativas, tanto para as propias persoas con discapacidade intelectual como para as súas familias. Neste contexto, as familias desempeñan un papel fundamental como axentes educativos, aínda que con frecuencia manifestan inseguridade e falta de recursos para abordar estes temas. Como resposta a esta realidade, deseñouse unha proposta de intervención dirixida ás familias de adolescentes con síndrome de Down, fundamentada nos principios da educación afectivo-sexual integral, a teoría dos ecosistemas de aprendizaxe e a promoción da autonomía persoal. O programa estrutúrase en cinco módulos formativos que abordan cuestións relacionadas coa parentalidade, a comunicación familiar, a educación sexual, a prevención do abuso e a influencia dos contornos dixitais na construción da sexualidade. A proposta incorpora unha metodoloxía participativa e unha avaliación continua orientada á adquisición de coñecementos, ao desenvolvemento de competencias parentais e á transferencia das aprendizaxes ao contexto familiar. Espérase que a intervención contribúa a mellorar a confianza das familias, favorecer a comunicación afectivo-sexual e promover o exercicio dos dereitos e da autodeterminación das persoas adolescentes con síndrome de Down.

GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Titoría)
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Titoría)
Tribunal
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Titor do alumno)
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Titor do alumno)
Realidade Mixta e gamificación na xeometría: percepcións e viabilidade en Educación Primaria
Autoría
B.C.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
B.C.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2026 09:30
02.07.2026 09:30
Resumo
A presente investigación analiza o potencial da Realidade Mixta (RM), empregada mediante técnicas de gamificación, como recurso para a ensinanza e aprendizaxe da xeometría en Educación Primaria. Para dar resposta á pregunta de investigación deseñouse e implementouse unha proposta didáctica baseada no software NeoTrie, estruturada arredor dunha narrativa gamificada e orientada ao desenvolvemento do sentido espacial e das competencias matemáticas do alumnado. A investigación desenvolveuse seguindo un enfoque de investigación de deseño educativo, mediante un estudo de caso de carácter exploratorio realizado cun grupo de 13 estudantes/as de 3º de Educación Primaria. Para a recollida de datos empregáronse cuestionarios, rúbricas e observación participante, combinando técnicas cuantitativas e cualitativas. Os resultados obtidos mostran unha valoración positiva da proposta por parte do alumnado, evidenciando unha elevada aceptación do recurso. Así mesmo, observouse un elevado porcentaxe de emocións agradables de cara á aprendizaxe da xeometría. Os datos indican que a RM constitúe un recurso viable para o contexto educativo, aínda que presenta determinadas limitacións relacionadas coa accesibilidade e coas características técnicas da ferramenta. Conclúese que a combinación da RM e da gamificación presenta un notable potencial para favorecer experiencias de aprendizaxe máis motivadoras, participativas e significativas no ámbito da xeometría.

FERNANDEZ BLANCO, MARIA TERESA (Titoría)
FERNANDEZ BLANCO, MARIA TERESA (Titoría)
Tribunal
CASAL OTERO, LORENA (Presidente/a)
CASAS QUIROGA, LUCIA (Secretario/a)
ALBELLA MARTINEZ, JORGE (Vogal)
CASAL OTERO, LORENA (Presidente/a)
CASAS QUIROGA, LUCIA (Secretario/a)
ALBELLA MARTINEZ, JORGE (Vogal)
Actitudes sociais e autopercepción en persoas en situación de senfogarismo dende unha perspectiva socioeducativa: unha revisión sistemática
Autoría
I.C.E.
Grao en Educación Social
I.C.E.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2026 09:00
02.07.2026 09:00
Resumo
Este traballo presenta unha revisión sistemática da literatura sobre as actitudes sociais cara ás persoas en situación de senfogarismo e a autopercepción destas persoas en relación coa súa identidade e sentimento de pertenza. O obxectivo é analizar como a exclusión e o estigma social inflúen na construción da identidade deste coletivo e identificar estratexias socioeducativas que favorezan procesos de inclusión e reconstrución identitaria. Para iso realizouse unha revisión sistemática seguindo as recomendacións da guía PRISMA 2020. A busca levouse a cabo nas bases de datos académicas Scopus, Web of Science e Dialnet, aplicando criterios de inclusión e exclusión para seleccionar estudos relevantes publicados en revistas científicas. A mostra final estivo composta por 13 estudos. Os resultados mostran que o estigma social, a discriminación e a perda de vínculos comunitarios teñen un impacto significativo na identidade das persoas sen fogar. Ao mesmo tempo, evidénciase como a intervención socioeducativa e a creación de espazos de participación comunitaria poden favorecer procesos de reconstrución da identidade e fortalecemento do sentimento de pertenza. Esta revisión permite visibilizar a dimensión identitaria do senfogarismo e ofrece posibles melloras para a práctica da Educación Social no acompañamento a persoas nesta situación de exclusión.

Vila Tojo, Sergio (Titoría)
Vila Tojo, Sergio (Titoría)
Tribunal
OLVEIRA OLVEIRA, MARIA ESTHER (Presidente/a)
Velandia Morales, Andrea (Secretario/a)
MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER (Vogal)

Proposta de innovación educativa baseada na alfabetización mediática para a prevención da presión estética en Educación Primaria
Autoría
S.C.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
S.C.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 11:00
30.06.2026 11:00
Resumo
O presente traballo analiza a construción da imaxe corporal na infancia nun contexto sociocultural marcado pola presión estética, a cultura dixital e a crecente influencia do consumo. Partindo dunha perspectiva preventiva, sitúanse os Trastornos da Conduta Alimentaria (TCA) como unha posible manifestación extrema dun continuo de insatisfacción corporal que pode iniciarse xa en Educación Primaria. Examínanse a formación da identidade corporal, o desenvolvemento do autoconcepto físico e a interiorización temperá de ideais estéticos, así como as diferenzas de xénero nestes procesos. Analízase tamén o impacto das redes sociais, da publicidade e dos algoritmos na homoxeneización dos corpos e na creación de necesidades de consumo desde idades cada vez máis temperás. Desde unha perspectiva educativa, deféndese o papel da escola como espazo clave para promover o pensamento crítico, a diversidade corporal e a alfabetización mediática. O traballo culmina cunha proposta de intervención orientada a fortalecer a capacidade do alumnado para cuestionar os discursos normativos sobre o corpo e desenvolver unha relación máis autónoma e consciente coa súa identidade nun entorno dixitalizado.

GARCIA MARIN, JORGE (Titoría)
GARCIA MARIN, JORGE (Titoría)
Tribunal
GARCIA MARIN, JORGE (Titor do alumno)
GARCIA MARIN, JORGE (Titor do alumno)
A música como ferramenta para mellorar a atención e a concentración
Autoría
C.C.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
C.C.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 12:00
30.06.2026 12:00
Resumo
A atención e a concentración constitúen elementos fundamentais no proceso de aprendizaxe do alumnado de Educación Primaria, sendo na actualidade unha das principais preocupacións no contexto educativo. Diversos factores sociais e tecnolóxicos contribúen ao incremento das dificultades atencionais nesta etapa, o que fai necesario explorar novas estratexias pedagóxicas que favorezan o foco e a autorregulación. Neste sentido, a música preséntase como un recurso educativo con gran potencial debido a súa influencia sobre os procesos cognitivos e emocionais. Este Traballo de Fin de Grao, baseado na modalidade de investigación documental, realiza unha revisión e análise da literatura científica sobre a relación entre a música e a mellora da atención e da concentración do alumnado en Educación Primaria. O estudo aborda, nun primeiro momento, unha aproximación conceptual á atención e ás funcións executivas, así como ás bases neuroeducativas de música. Posteriormente, analízanse diferentes estudos e achegas teóricas que examinan o uso da música como ferramenta para favorecer a atención no ámbito educativo. Finalmente, preséntanse conclusións que destacan o valor da música como recursos pedagóxico e a necesidade de seguir investigando esta para a súa aplicación efectiva na práctica docente.

GILLANDERS BYGRAVE, CAROL JEAN (Titoría)
GILLANDERS BYGRAVE, CAROL JEAN (Titoría)
Tribunal
GILLANDERS BYGRAVE, CAROL JEAN (Titor do alumno)

A aprendizaxe interxeracional como estratexia pedagóxica para o desenvolvemento cognitivo e a transmisión de valores.
Autoría
C.C.I.
Grao en Pedagoxía
C.C.I.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2026 11:30
01.07.2026 11:30
Resumo
Hoxe en día, os cambios nas familias e na sociedade fan que as distintas xeracións vivan máis illadas, o que favorece a aparición de prexuízos relacionados coa idade. Ante esta realidade, este Traballo de Fin de Grao consiste nunha revisión bibliográfica que ten como principal obxectivo analizar como os encontros organizados entre grupos de diferentes xeracións axudan ao desenvolvemento de ambos os grupos e que estratexias funcionan mellor. Os resultados do estudo demostran que os programas estruturados, especialmente os de Aprendizaxe-Servizo, melloran a memoria e a autoestima das persoas maiores, mentres que os máis mozos desenvolven empatía e respecto. A educación debe dar un paso á fronte e converterse nun espazo de encontro comunitario. Para que isto funcione, a figura do profesional da pedagoxía é fundamental á hora de deseñar e coordinar estas actividades, conectando os diferentes entornos socioeducativos coa contorna social.

FACAL MAYO, DAVID (Titoría)
FACAL MAYO, DAVID (Titoría)
Tribunal
FACAL MAYO, DAVID (Titor do alumno)
FACAL MAYO, DAVID (Titor do alumno)
O Programa Espazos de Preservación Familiar: A acción socio-educativa con familias.
Autoría
M.C.C.
Grao en Pedagoxía
M.C.C.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
30.06.2026 09:30
30.06.2026 09:30
Resumo
Este traballo de Fin de Grao analiza o Programa Espazos de Preservación Familiar en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) dende unha perspectiva socioeducativa e pedagóxica. A través dunha revisión teórica sobre a intervención con familias, a parentalidade positiva e a preservación familiar, e dun estudo empírico de carácter cualitativo baseado nunha entrevista grupal con profesionais do programa, preténdese comprender o seu funcionamento e as súas aportacións á intervención familiar. Os resultados revelan que o programa constitúe un recurso preventivo integral dirixido a familias con menores en situación de risco medio-baixo, que traballa dende un enfoque baseado nas fortalezas, destacando como elementos diferenciadores o seu carácter voluntario, o traballo simultáneo con adultos e menores e a flexibilidade da intervención.

LORENZO MOLEDO, MARIA DEL MAR (Titoría)
LORENZO MOLEDO, MARIA DEL MAR (Titoría)
Tribunal
LORENZO MOLEDO, MARIA DEL MAR (Titor do alumno)

Efectos da Aprendizaxe-Servizo no desenvolvemento de competencias o estudantado universitario: Unha Revisión Sistemática
Autoría
V.C.L.
Grao en Pedagoxía
V.C.L.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
30.06.2026 11:30
30.06.2026 11:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao examina, a través dunha revisión sistemática da literatura científica, o impacto pedagóxico da metodoloxía de Aprendizaxe-Servizo (ApS) na educación superior e o autorrecoñecemento competencial do estudantado. Os achados revelan que o ApS promove de forma substancial a adquisición de destrezas interpersoais, tales como o traballo cooperativo, a empatía e a conduta prosocial, atopando diferenzas estatísticas significativas a favor dos grupos experimentais (chegando a valores de d=3.17 en interdependencia). Con todo, os efectos no son lineais; as habilidades intrapersoais, como a regulación emocional e a xestión de conflitos, amosan unha evolución máis lenta e discreta. Así mesmo, evidénciase unha fenda formativa segundo o perfil académico, rexistrando o alumnado de Máster de Secundaria maiores resistencias e índices inferiores de confianza fronte aos Graos de Educación debido á falta de contacto previo con metodoloxías activas. Metodoloxicamente, constátase un sésgo de selección e unha marcada feminización das mostras. Como limitacións propias da revisión, destaca a acotación ao contexto hispanofalante debido a barreiras co idioma inglés académico. Por último, o traballo conclúe con propostas estratéxicas de implantación temperá e redes nacionais, destacando como a elaboración do propio TFG contribuíu a consolidar as miñas competencias profesionais en investigación socioeducativa, deseño curricular e sensibilidade cara á diversidade desde a Pedagoxía.

GARCIA ALVAREZ, JESUS (Titoría)
GARCIA ALVAREZ, JESUS (Titoría)
Tribunal
GARCIA ALVAREZ, JESUS (Titor do alumno)
GARCIA ALVAREZ, JESUS (Titor do alumno)
“Deseño dunha proposta didáctica inclusiva para Educación Infantil centrada na comunicación e no apoio ao alumnado con TEA e outras NEAE”
Autoría
S.C.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
S.C.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
17.07.2025 12:00
17.07.2025 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao aborda o deseño dunha proposta didáctica inclusiva destinada ao alumnado de Educación Infantil, a fin de poñer a atención nos nenos e nenas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) e outras Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE). A proposta céntrase na importancia da comunicación, verbal e non verbal, como elemento esencial do desenvolvemento infantil, e na necesidade de adaptar metodoloxías, espazos e recursos que faciliten as interaccións para garantir a participación do alumnado. Para iso, analízanse estratexias metodolóxicas, apoios visuais, a estruturación do espazo, a comunicación aumentativa e as adaptacións sensoriais, así como a súa relación coa mellora da comunicación, da interacción social e da autorregulación emocional no contexto da aula de infantil.

SANTOS GONZALEZ, MARIA CARMEN (Titoría)
SANTOS GONZALEZ, MARIA CARMEN (Titoría)
Tribunal
SANTOS GONZALEZ, MARIA CARMEN (Titor do alumno)

Efectos dos descansos activos na dimensión física, cognitiva, psicolóxica e social en Educación Infantil e Primaria: unha revisión de alcance.
Autoría
D.C.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
D.C.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 12:00
30.06.2026 12:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao consiste nunha revisión de alcance sobre os efectos dos descansos activos no alumnado de Educación Infantil e Primaria. Os descansos activos enténdense como pausas breves de actividade física realizadas durante a xornada escolar co obxectivo de interromper períodos prolongados de sedentarismo e favorecer unha escola máis activa. O obxectivo principal deste traballo é identificar, describir e sintetizar a evidencia científica dispoñible sobre os efectos dos descansos activos nas dimensións física, cognitiva, psicolóxica e social do alumnado de Educación Infantil e Primaria. Para iso, realizouse unha busca bibliográfica nas bases de datos Web Of Science, Medline e Scopus, seguindo as directrices PRISMA-ScR e aplicando criterios de inclusión e exclusión previamente definidos. Finalmente, incluíronse 51 estudos na revisión. Os resultados mostran que as variables máis beneficiadas foron a actividade física, especialmente a actividade física moderada-vigorosa, a redución do sedentarismo, a motivación, o desfrute e as actitudes cara a actividade física. En conxunto os descansos activos preséntanse como unha ferramenta viable para introducir o movemento na escola e contribuír ao desenvolvemento integral do alumnado.

Abelairas Gómez, Cristian (Titoría)
Abelairas Gómez, Cristian (Titoría)
Tribunal
Abelairas Gómez, Cristian (Titor do alumno)

As metodoloxías activas no desenvolvemento socioemocional no segundo ciclo de Educación Infantil: unha revisión sistemática.
Autoría
M.C.B.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
M.C.B.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
05.02.2026 11:00
05.02.2026 11:00
Resumo
O desenvolvemento socioemocional é fundamental nas primeiras idades de educación infantil. Polo tanto, empregar as estratexias pedagóxicas máis efectivas para alcanzar ese logro, é unha responsabilidade docente. Tendo en conta isto, o seguinte TFG pretende analizar diferentes prácticas metodolóxicas definidas como activas en aulas de Educación Infantil e a súa influencia no desenvolvemento socioemocional do alumnado realizando unha investigación documental. A metodoloxía que se emprega é unha revisión de literatura académica dispoñible en seis bases de datos en liña e que fose publicada nos últimos 10 anos. Obtense segundo a mostra da revisión que a metodoloxía máis empregada é a Aprendizaxe baseada en Xogos, que existen evidencias estatísticas que proban a influencia das metodoloxías activas no desenvolvemento socioemocional do alumnado de Educación Infantil e que existe una serie de variables a ter en conta. Considérase que a introdución das metodoloxías activas nas aulas será beneficiosa para os infantes destas idades e as súas aprendizaxes.

FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
Tribunal
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titor do alumno)

O surrealismo: enfoque pedagóxico da vangarda.
Autoría
E.C.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
E.C.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 10:00
30.06.2026 10:00
Resumo
Este traballo presenta unha proposta didáctica que utiliza o surrealismo como unha metodoloxía de traballo perfectamente aplicable á Educación Primaria dentro do marco lexislativo actual para a comunidade autónoma de Galicia. Para defendelo utilizarase un marco teórico fundamentado nos propios textos surrealistas, estudos actuais e outros como os de Eisner ou María Acaso. Logo presentarase unha proposta didáctica implementada nun aula de segundo de educación primaria e outras actividades complementarias enmarcadas nesta vangarda.

CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Titor do alumno)

A biblioteca de aula: análise comparativa de casos
Autoría
A.C.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.C.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2026 09:30
03.07.2026 09:30
Resumo
O traballo céntrase na análise da biblioteca de aula como espazo motivador á lectura en Educación Infantil. O estudo busca comprobar como impactan a selección de materiais e organización dos espazos na iniciación e desenvolvemento do gusto pola lectura nos menos e nenas. Para cumplir cos obxectivos do traballo, será necesaria a realización de entrevistas a dúas docentes, sendo pois una investigación de carácter cualitativo. En suma, farase uso tamén da observación do alumnado para recoller máis información. Deste xeito, a través das entrevistas co profesorado, identificaranse os criterios de selección de materiais, organización e funcionamento da biblioteca de aula. Todos estes datos correlacionaranse coas actitudes respecto do espazo citado tras a observación na escola.

LOPEZ SANDEZ, MARIA (Titoría)
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Titoría)
Tribunal
VILA COUÑAGO, ESTHER (Presidente/a)
FERNANDEZ REY, ELENA (Secretario/a)
CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Vogal)
VILA COUÑAGO, ESTHER (Presidente/a)
FERNANDEZ REY, ELENA (Secretario/a)
CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Vogal)
Súper Mates Bros 626: proposta gamificada e manipulativa para a aprendizaxe das fraccións con enfoque afectivo.
Autoría
Y.C.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Y.C.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2026 10:15
02.07.2026 10:15
Resumo
O presente traballo recolle o deseño e posta en práctica dunha proposta didáctica na área de matemáticas para 4º de Educación Primaria, tomando como eixo metodolóxico a gamificación combinada co uso de materiais manipulativos. A intervención, centrada no traballo das fraccións, ten como obxectivo principal analizar o xeito no que esta combinación metodolóxica incide no dominio afectivo do alumnado, observando se o enfoque lúdico e manipulativo é capaz de reforzar a motivación do alumnado, reducir as emocións negativas e, ao mesmo tempo, favorecer o desenvolvemento das competencias correspondentes. A proposta didáctica ten unha duración de 10 sesións e está conformada por actividades gamificadas cuxos protagonistas son dous personaxes elixidos segundo os gustos da aula e da docente: Súper Mario e Stitch. Nestas actividades utilizaranse diversos materiais manipulativos que contribúan á aprendizaxe efectiva das fraccións, como as regretas Cuisenaire, o muro de fraccións e o dominó de fraccións, entre outros. Tras a aplicación da intervención na aula, púidose comprobar que os resultados obtidos amosan unha mellora na comprensión das fraccións, así como un efecto positivo nas emocións experimentadas polo alumnado e unha actitude máis favorable cara ás Matemáticas. Isto evidencia o bo funcionamento da metodoloxía gamificada combinada cos materiais manipulativos en relación co rendemento académico e afectivo, poñendo de manifesto o potencial desta combinación metodolóxica como estratexia didáctica eficaz.

CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Titoría)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Titoría)
Tribunal
OUTON OVIEDO, PAULA (Presidente/a)
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Secretario/a)
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA (Vogal)
OUTON OVIEDO, PAULA (Presidente/a)
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Secretario/a)
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA (Vogal)
Intervencións Psicoeducativas implementadas por docentes para tratar o acoso escolar en Educación Primaria: unha revisión sistemática
Autoría
L.C.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.C.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 10:30
01.07.2026 10:30
Resumo
O acoso escolar constitúe unha forma reiterada de violencia que busca someter á vítima no contexto escolar, con graves consecuencias emocionais e sociais. Son escasos os traballos de síntese centrados en educación primaria que avalíen a eficacia de intervencións aplicadas polo docente mediante deseños experimentais ou cuasiexperimentais. As revisións previas presentan limitacións, xa que non sempre se centran nesta etapa ou son aplicados por profesionais externos. Co obxectivo de cubrir este baleiro na literatura científica, o propósito foi analizar e recompilar a eficacia dos programas de prevención e intervención do acoso escolar aplicados por docentes nas aulas de primaria, a través dun traballo de iniciación á investigación documental baseado na revisión sistemática de once estudos das bases de datos ERIC e PsycINFO. Os resultados amosaron que o 72,7% dos estudos evidenciaron unha diminución das condutas de acoso escolar tras a intervención. Ademais, identificáronse melloras na asertividade (36,4%), na empatía (36,4%), na regulación emocional (18,2%) e no clima social da aula (27,3%). Ningún estudo informou dun empeoramento tras a aplicación dos programas. En conxunto, evidenciouse que as intervencións aplicadas polo profesorado constitúen unha ferramenta eficaz para a prevención e redución do acoso, así como para a mellora das relacións e do benestar socioemocional.

BLANCO SEOANE, VANESSA (Titoría)
BLANCO SEOANE, VANESSA (Titoría)
Tribunal
BLANCO SEOANE, VANESSA (Titor do alumno)

A memoria histórica como formación para a competencia social en Educación Primaria.
Autoría
D.C.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
D.C.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 11:30
30.06.2026 11:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao inscríbese nunha liña de investigación educativa vinculada ao ámbito da memoria histórica, entendida como un elemento esencial para a construción dunha cidadanía crítica, democrática e comprometida cos dereitos humanos. A súa elección vén motivada pola necesidade de promover un coñecemento crítico do pasado recente e de fortalecer o tratamento educativo da ditadura franquista no contexto escolar. Neste marco, o estudo analiza o potencial da memoria histórica para a formación da competencia social en Educación Primaria mediante o deseño, implementación e avaliación dunha actuación didáctica desenvolvida nun grupo de 5º curso dun centro público. A investigación adoptou unha metodoloxía cualitativa, descritiva e indutiva, empregando como instrumentos de recollida de información un diario de observación e narrativas iniciais e finais do alumnado. Os resultados evidencian unha mellora da capacidade argumentativa, da comprensión crítica da realidade social e da sensibilidade cara ás vítimas da violencia política, así como un maior interese pola memoria histórica. Conclúese que esta constitúe un recurso didáctico valioso para favorecer aprendizaxes socialmente significativas e contribuír á formación dunha cidadanía democrática e comprometida.

Ansiedade ante as matemáticas na Educación Primaria: impacto e estratexias educativas.
Autoría
L.C.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.C.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 15:30
01.07.2026 15:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao analiza a importancia da ansiedade matemática durante a etapa de Educación Primaria e o seu impacto sobre o rendemento académico, a motivación, as actitudes do alumnado cara esta materia e o desenvolvemento da súa autoestima e autoeficacia. A través dunha revisión bibliográfica sistemática, seguindo as directrices da guía PRISMA para reportar revisións sistemáticas, revisáronse estudos publicados en diferentes bases de datos especializadas co obxectivo de identificar as principais evidencias científicas sobre este fenómeno e identificar as principais estratexias educativas máis eficaces para reducilo. Os resultados académicos mostran que a ansiedade matemática constitúe un problema de carácter multidimensional asociado a peores resultados, a unha maior evitación das tarefas, un menor interese pola materia e unha percepción máis baixa da propia competencia. Do mesmo xeito, confírmase que factores como o apoio docente, o clima da aula, as expectativas do profesorado e determinadas metodoloxías de ensino son decisivos tanto na prevención como na redución desta ansiedade. En conxunto, este traballo evidencia a necesidade de incorporar a dimensión emocional na ensinanza das matemáticas e de impulsar respostas educativas baseadas na evidencia científica.

O que non se ve: unha proposta de intervención integral en TDAH de tipo combinado
Autoría
L.C.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.C.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 11:00
01.07.2026 11:00
Resumo
Este traballo de Fin de Grao consiste no deseño dunha proposta de intervención dirixida a un alumno de 3º de Educación Primaria que presenta Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) por Trastorno de Atención e Hiperactividade de tipo combinado. O seu historial contén necesidades nos ámbitos condutual, académico, socio-emocional e familiar. É por iso que a proposta versará sobre estas áreas para plantexar situacións de aprendizaxe que lle outorguen ferramentas para acadar unha plena inclusión en todos os ámbitos da súa vida. No presente traballo ponse o foco tamén sobre o recurso das “tarefas para casa”. Neste caso, plantexadas dende a óptica do método MITCA, as tarefas empregaranse coma un recurso de gran valor pedagóxico que implica un gran compromiso familiar e permite asentar o establecemento de rutinas e a xestión do tempo. A metodoloxía seguirá o enfoque do Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA) e o sistema de avaliación permitirá o seguimento dos avances levados a cabo en cada unha das áreas. En conclusión, a proposta desenvolve un deseño integral composto por intervencións nas distintas dimensións da vida do alumno para permitir o desenvolvemento pleno de todas as súas capacidades.

ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Titor do alumno)
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Titor do alumno)
A música como recurso pedagóxico para promover o benestar e a convivencia en educación infantil.
Autoría
A.C.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.C.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 09:30
30.06.2026 09:30
Resumo
O desenvolvemento socioemocional infantil é o proceso mediante o cal os nenos e nenas aprenden a recoñecer, a expresar e a regular as súas emocións, así como a establecer relacións positivas coas demais persoas. Este proceso iníciase nos primeiros anos de vida e resulta fundamental para construír modelos de convivencia e benestar duradeiros. Neste sentido, a música constitúe unha linguaxe artística, corporal e social que favorece a expresión emocional, a participación compartida e a creación de vínculos grupais. O presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo analizar o papel da música como recurso pedagóxico para promover o benestar e a convivencia nas aulas de Educación Infantil. Para iso, realízase unha revisión bibliográfica sobre o desenvolvemento socioemocional, a educación emocional, o benestar psicolóxico, a convivencia escolar e as achegas da música ao desenvolvemento integral da infancia. A partir deste marco teórico, deséñase unha proposta de intervención dirixida a un grupo de 5º de Educación Infantil, centrada na expresión e na regulación emocional, na cooperación, na cohesión grupal e no sentimento de pertenza mediante actividades musicais.

GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titoría)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titoría)
Tribunal
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titor do alumno)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titor do alumno)
Educación e convivencia nun contexto de diversidade
Autoría
Z.C.V.
Grao en Pedagoxía
Z.C.V.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2026 10:30
01.07.2026 10:30
Resumo
Este traballo de Fin de Grao analiza o papel da educación na promoción da convivencia escolar en contextos de diversidade cultural, entendida como unha realidade do sistema educativo actual. A través dunha revisión teórica, abórdanse conceptos como a convivencia educativa, inclusión e a diversidade cultural, destacando a función da escola como espazo de socialización e formación cidadá. O traballo examina tamén os principais retos que afectan á convivencia, entre eles os conflitos interculturais, as desigualdades educativas, as situacións de exclusión e a influencia do contexto social e mediático. Así mesmo, analízase a importancia da educación en valores, do diálogo, da aprendizaxe cooperativa e da xestión positiva dos conflitos como ferramentas para construír unha convivencia democrática e inclusiva. Finalmente, propóñense diferentes estratexias pedagóxicas orientadas á mellor da convivencia escolar, concluíndo que a educación constitúe un elemento clave para fomentar o respecto, a inclusión e axustiza social nunha sociedade cada vez máis diversa.

GONZALEZ BLANCO, MARIA (Titoría)
GONZALEZ BLANCO, MARIA (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ BLANCO, MARIA (Titor do alumno)

O tratamento da morte na Literatura Infantil e Xuvenil para as aulas de educación primaria
Autoría
A.C.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.C.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 10:30
01.07.2026 10:30
Resumo
A morte constitúe dentro da Literatura Infantil e Xuvenil un dos temas máis tradicionais, pero, ao mesmo tempo, tamén un dos máis complexos. Isto débese a que malia ser unha das experiencias humanas fundamentais segue a ser visto en moitas ocasións como un tema tabú, principalmente no contexto infantil e escolar. O presente Traballo de Fin de Grao, denominado “O tratamento da morte na Literatura Infantil e Xuvenil para as aulas de educación primaria”, enmárcase na modalidade “Iniciación á investigación documental” e procura afondar, como o seu título indica, na temática da presenza da morte nas obras dirixidas aos máis novos e reflexionar sobre o valor educativo que pode ter no alumnado. Alén disto, entre os obxectivos específicos atópanse os seguintes: definir o concepto de “tema tabú” e contextualizar o tema da morte dentro da LIX; revisar a evolución histórica e literaria do tratamento deste tópico; identificar obras que abordan a morte de forma significativa e analizar como a literatura científica interpreta o valor que ten o tema para a educación literaria.

NEIRA RODRIGUEZ, MARTA (Titoría)
NEIRA RODRIGUEZ, MARTA (Titoría)
Tribunal
NEIRA RODRIGUEZ, MARTA (Titor do alumno)

Arte emotiva
Autoría
A.F.C.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.F.C.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
04.02.2026 12:15
04.02.2026 12:15
Resumo
Este traballo de Fin de Grao analiza a importancia da educación emocional na etapa de Educación Infantil, explorando a súa vez as posibilidades dá Educación Artística, especialmente as artes plásticas, como ferramenta para a expresión, canalización e regulación das emocións. A partir dunha revisión teórica sobre o desenvolvemento emocional infantil e a relación entre arte e emoción, diséñase unha proposta práctica dirixida ó alumnado de 4-5 anos, basada nunha metodoloxía activa e centrada nun proceso creativo, pretendendo favorecer o autocoñecemento, a autorregulación emocional e a empatía a través dá exploración sensorial e a creación artística, poñendo en todo momento en valor o papel dá arte como recurso pedagóxico fundamental para conseguir un desenvolvemento integral do alumnado.

Revisión dos protocolos contra a violencia e o acoso sexual das universidades galegas
Autoría
R.C.M.
Grao en Educación Social
R.C.M.
Grao en Educación Social
Data da defensa
30.06.2026 11:45
30.06.2026 11:45
Resumo
Este traballo analiza os protocolos de prevención e actuación fronte á violencia sexual e o acoso no ámbito universitario, centrando o seu estudo nas tres universidades de Galicia: a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo. A partir dunha metodoloxía baseada na análise documental, examínanse aspectos formais, estruturais e de contido destes protocolos, coa finalidade de valorar as súas medidas e actuacións. Consideráronse previamente conceptos clave como a violencia sexual, o acoso e outras formas de discriminación, ademais de abordar os roles de xénero, o papel da Educación Social na promoción da igualdade, entre outros. Os resultados evidencian que, aínda que os protocolos presentan estruturas claras e abordan as principais problemáticas, existen algunhas limitacións, tales como o desenvolvemento insuficiente dos recursos e a necesidade de incidir nas accións de acompañamento ás vítimas.

Desenvolvemento da percepción e orientación espacial a través da Aprendizaxe Basada no Xogo para o 2º ciclo de Educación Infantil.
Autoría
N.C.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
N.C.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 11:00
01.07.2026 11:00
Resumo
O profesorado de Educación Infantil (EI) atópase con problemas de atención e motivación no alumnado durante o proceso de aprendizaxe das matemáticas. Nesta etapa sábese que a Aprendizaxe Basada no Xogo, ademais de xerar unha participación máis activa, tamén mellora a motivación do alumnado. O obxectivo do TFG foi deseñar e analizar unha proposta didáctica a través da Aprendizaxe Basada no Xogo para desenvolver a percepción e a orientación espacial no segundo ciclo de Educación Infantil. A metodoloxía foi unha hibridación entre Programación Didáctica e Unidade Didáctica nun centro concertado para 20 alumnos/as de 4/5 anos en base ao Decreto 150/2022 cos seguintes apartados: xustificación curricular, temporalización, actividades de enseñanza, metodoloxía e avaliación. Este TFG foi unha proposta basada en xogos, a cal, tendo en conta as capacidades e características individuais, o alumnado traballe contidos relacionados coa percepción e a orientación espacial favorecendo a súa motivación. Grazas ao deseño desta proposta, nun futuro poderánse imprementar os contidos asociados á percepción e á orientación espacial desde unha perspectiva metodolóxica que favoreza a motivación.

Coñecéndome a través do corpo: proposta educativa para a relaxación e a expresión emocional a través da psicomotricidade en Educación Infantil
Autoría
V.C.E.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
V.C.E.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
O obxectivo principal do presente Traballo de Fin de Grao é deseñar unha serie de actividades psicomotrices centradas na relaxación, o traballo emocional e o coñecemento dun mesmo. Estas actividades estarán destinadas ao Segundo Ciclo de Educación Infantil (3-6 anos). Nesta etapa a aprendizaxe constrúese a partir de experiencias corporais e emocionais que están presentes en calquera momento, tanto dentro como fóra da aula, por iso, utilizarase un enfoque vivencial que integre o corpo, a respiración e a expresión emocional como fío condutor da proposta. Este traballo busca proporcionar recursos e ferramentas que favorezan a motivación, o benestar e a participación activa do alumnado. Deste xeito, o desenvolvemento da conciencia corporal e emocional poderá converterse nun proceso lúdico e significativo. Así mesmo, teranse en conta as capacidades motrices, perceptivas, cognitivas e afectivas que interveñen no proceso de explorar, recoñecer e expresar emocións, sensacións e estados internos mediante experiencias de relaxación e expresión corporal.

Proposta de innovación: aproveitamento estratéxico dos recursos TIC e da IA nunha produción musical no sexto curso de Educación Primaria
Autoría
M.C.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.C.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2026 11:00
02.07.2026 11:00
Resumo
A Educación Primaria actual esixe achegar as dinámicas da aula á realidade tecnolóxica e sociocultural das novas xeracións. Para dar resposta a esta necesidade, neste TFG deséñase unha proposta de innovación dirixida ao sexto curso, centrada no aproveitamento estratéxico dos recursos TIC e da intelixencia artificial (IA) na área de Música e Danza. O proxecto formula un reto motivador no que o alumnado debe compoñer, gravar e editar o seu propio videoclip traballando de forma cooperativa baixo a metodoloxía da Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP). A gran novidade radica en utilizar a IA xenerativa como un instrumento máis de apoio que permite rachar coas barreiras e limitacións técnicas, facilitando a creación inclusiva de ritmos, melodías e letras. Grazas a este enfoque, as nenas e nenos abandonan o rol de consumidores pasivos de pantallas para converterse en creadores activos do seu propio coñecemento. O resultado é un deseño didáctico práctico e realista que adapta a materia ás novas esixcencias curriculares, demostrando que a integración ética da tecnoloxía converte a escola nun espazo formativo idóneo para adquirir de forma simultánea as competencias musicais e dixitais do século XXI.

PERNAS MORADO, EULOGIO (Titoría)
PERNAS MORADO, EULOGIO (Titoría)
Tribunal
OUTON OVIEDO, PAULA (Presidente/a)
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Secretario/a)
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA (Vogal)
OUTON OVIEDO, PAULA (Presidente/a)
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Secretario/a)
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA (Vogal)
O papel do sistema familiar nas adiccións e o rol da Educación Social no acompañamento ás familias
Autoría
Z.C.P.
Grao en Educación Social
Z.C.P.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2026 11:00
01.07.2026 11:00
Resumo
INTRODUCIÓN: As adiccións constitúen unha problemática complexa que afecta ás persoas que presentan o consumo e tamén ás súas familias e ao seu entorno social. Neste contexto, o presente Traballo de Fin de Grao analiza o papel do sistema familiar nas adiccións e o rol da Educación Social no acompañamento ás familias afectadas por esta problemática. METODOLOXÍA: Para iso realizouse unha revisión documental sistematizada baseada nas orientacións metodolóxicas de Arksey O’Malley (2005) e nas recomendacións PRISMA-ScR, tomando como referencia a análise de dez documentos relacionados coas adiccións, a familia e a intervención socioeducativa. RESULTADOS: Os resultados evidencian que a familia desempeña un papel fundamental tanto na aparición e no mantemento das condutas adictivas coma nos procesos de prevención, tratamento e rehabilitación. Identificáronse factores de risco asociados ás dinámicas familiares disfuncionais e factores de protección vinculados ao apoio emocional, á comunicación e á cohesión familiar. Ademais, destácase a importancia da participación da familia nos procesos terapéuticos e a relevancia da intervención socioeducativa dende un enfoque biopsicosocial. CONCLUSIÓNS: As conclusións subliñan a necesidade de desenvolver intervencións integrais que incorporen á familia como elemento central, así como reforzar o papel da Educación Social no acompañamento, na prevención e na promoción das redes de apoio.

Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Titoría)
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Titoría)
Tribunal
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Titor do alumno)

A formación integral na educación superior do século XXI: Entre a lóxica humanista e a orientación ao mercado de traballo.
Autoría
M.C.G.
Grao en Pedagoxía
M.C.G.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
30.06.2026 11:30
30.06.2026 11:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao pretende analizar os cambios que está a experimentar a universidade pública actual e como pouco a pouco se vai afastando da súa tradición humanista para adaptarse ás esixencias do mercado. Para iso o traballo examina as políticas europeas, os sistemas de avaliación da calidade e o modelo de formación por competencias para observar o seu impacto e como están a orientar a educación superior cara a criterios de rendemento e utilidade económica. Fronte a esta realidade na que o estudantado tende a ser tratado como consumidor e o profesorado está sometido á avaliación constante, proponse unha alternativa educativa emancipadora que defende o pensamento crítico, o papel do docente como intelectual público e a universidade como un ben común orientado á xustiza e á democracia.
O presente Traballo de Fin de Grao pretende analizar os cambios que está a experimentar a universidade pública actual e como pouco a pouco se vai afastando da súa tradición humanista para adaptarse ás esixencias do mercado. Para iso o traballo examina as políticas europeas, os sistemas de avaliación da calidade e o modelo de formación por competencias para observar o seu impacto e como están a orientar a educación superior cara a criterios de rendemento e utilidade económica. Fronte a esta realidade na que o estudantado tende a ser tratado como consumidor e o profesorado está sometido á avaliación constante, proponse unha alternativa educativa emancipadora que defende o pensamento crítico, o papel do docente como intelectual público e a universidade como un ben común orientado á xustiza e á democracia.
Dirección
DOSIL ROSENDE, ALVARO (Titoría)
Mella Núñez, Igor Cotitoría
DOSIL ROSENDE, ALVARO (Titoría)
Mella Núñez, Igor Cotitoría
Tribunal
VAZQUEZ RODRIGUEZ, ANA (Coordinador)
DOSIL ROSENDE, ALVARO (Titor do alumno)
Mella Núñez, Igor (Titor do alumno)
VAZQUEZ RODRIGUEZ, ANA (Coordinador)
DOSIL ROSENDE, ALVARO (Titor do alumno)
Mella Núñez, Igor (Titor do alumno)
A pedagoxía hospitalaria con persoas maiores: Proxecto de intervención para a promoción do envellecemento saudable
Autoría
N.C.G.
Grao en Pedagoxía
N.C.G.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
30.06.2026 11:00
30.06.2026 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao presenta un proxecto de intervención orientado a promover o envellecemento saudable das persoas maiores institucionalizadas desde a perspectiva da pedagoxía hospitalaria. O marco teórico estrutúrase en dous bloques: o estudo das persoas maiores, abordando o envellecemento, os cambios físicos, cognitivos, emocionais e sociais, así como a soidade e a institucionalización en residencias; e a pedagoxía hospitalaria, analizando os seus fundamentos e a súa aplicación ao contexto residencial. A partir disto, deseñase unha proposta de actividades socioeducativas para mellorar a calidade de vida, a participación e o benestar emocional. A avaliación realízase mediante o EDG-15 con pretest e postest.

Revisión sistemática do incremento da motivación pola aprendizaxe da lengua inglesa a través da música
Autoría
I.C.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
I.C.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 10:00
30.06.2026 10:00
Resumo
A motivación constitúe un dos factores máis determinantes na aprendizaxe da lingua inglesa como lingua estranxeiras en Educación Primaria. O presente Traballo de Fin de Grao analiza o impacto da música como recurso pedagóxico activo na motivación e na adquisición lingüística do alumnado desta etapa, a través dunha revisión sistemática da literatura científica elaborada baixo as directrices do protocolo PRISMA 2020. Tras un cribado en Scopus, seleccionáronse catro estudos empíricos que cumpren os criterios de elixibilidade establecidos. Os resultados obtidos apuntan de forma consistente a que, a integración de cancións e outros elementos musicais xera melloras significativas na motivación intrínseca do alumnado, na retención de vocabulario e na competencia fonética e oral, reducindo ademáis a ansiedade comunicativa. As conclusión da análise permiten trazar un mapa de decisión para o docente: as prácticas máis efectivas combinan repetición intencionada, obxectivos lingüísticos definidos e activación corporal do alumnado. Conclúese que a música non actúa como un mero complemento didáctico, senón como un vehículo pedagóxico con fundamento afectivo, cognitivo e neurolóxico, cuxo potencial se maximiza cando se integra de forma planificada e intencionada no ensino do inglés en Educación Primaria.

González Álvarez, Elsa María Cotitoría
DIZ OTERO, MARIO (Titoría)
González Álvarez, Elsa María Cotitoría
Tribunal
DIZ OTERO, MARIO (Titor do alumno)
González Álvarez, Elsa María (Titor do alumno)

Unha Educación Social comprometida coa promoción do benestar dun colectivo esquecido: as persoas maiores
Autoría
L.M.C.L.
Grao en Educación Social
L.M.C.L.
Grao en Educación Social
Data da defensa
30.06.2026 16:00
30.06.2026 16:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza o papel da Educación Social na promoción do benestar das persoas maiores dende unha perspectiva baseada nos dereitos humanos e o envellecemento activo. A través dunha metodoloxía de revisión documental, o estudo afonda na construción social da vellez, identificando o impacto do idadismo estrutural e as desigualdades que afectan a este colectivo. Faise un especial fincapé na perspectiva de xénero e na interseccionalidade, analizando factores de vulnerabilidade como a viudedade e a soidade non desexada. Así mesmo, abórdase o marco do envellecemento activo e o empoderamento a través da participación comunitaria, o diálogo interxeracional e o dereito á educación ao longo da vida. Finalmente, delimítase o rol, as funcións e as competencias do profesional da Educación Social, sinalando os principais retos laborais e institucionais do sector, e recóllense diversos exemplos de boas prácticas. O traballo conclúe poñendo de manifesto a necesidade de superar os modelos puramente asistenciais para ofrecer alternativas socioeducativas que garantan a autonomía, a dignidade e a liberdade das persoas maiores.

A Educación Familiar na Prevención e Intervención no Maltrato Infantil: unha mirada dende a Educación Social
Autoría
I.C.D.
Grao en Educación Social
I.C.D.
Grao en Educación Social
Data da defensa
30.06.2026 11:00
30.06.2026 11:00
Resumo
O maltrato infantil constitúe unha complexa problemática social que abarca unha ampla diversidade de situacións, as cales afectan gravemente ao desenvolvemento integral das infancias. O obxectivo deste traballo é realizar unha achega a dita problemática e ás súas implicacións nos nenos e nenas, ademáis dunha análise do papel da educación familiar como ferramenta clave na prevención e intervención dende a Educación Social. Para levalo a cabo, realizouse unha revisión da literatura especializada no tema, así como da normativa vixente no ámbito. Algúns dos resultados poñen de manifesto que o maltrato non se limita só a agresións físicas, senón que inclúe outras consecuencias que afectan negativamente a curto e longo prazo aos/ás menores. É por iso que se destaca a necesidade de abordar o maltrato infantil dende unha perspectiva integral e preventiva, reforzando a detección temperá e promovendo intervencións coordinadas que garantan a protección, benestar e desenvolvemento pleno da infancia.

Lecer saudable e de calidade en persoas con trastornos mentais graves: estratexias e propostas para a mellora do benestar en trastornos mentais graves
Autoría
L.R.C.
Grao en Educación Social
L.R.C.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.02.2026 16:00
03.02.2026 16:00
Resumo
As persoas con trastornos mentais graves (TMG) viven unha situación moi complexa que conleva á aparición de barreiras que dificultan a súa completa inclusión na sociedade. Ademais de atoparse coas barreiras que produce o mero feito de padecer un trastorno mental grave, as persoas que o sofren a miúdo son estigmatizadas e axuizadas. Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo xeral contribuir ao benestar e calidade de vida das persoas con TMG a través da súa participación en actividades de lecer saudables. Un lecer saudable e de calidade contribúe de maneira significativa ao benestar integral das persoas, ademais facilita a integración social e reduce o illamento que moitas persoas con algunha condición na súa saúde mental padecen. Ao longo do presente proxecto, verase reflectida o labor de investigación documental levada a cabo, facendo especial énfase na importancia de que as persoas con trastornos mentais graves teñan un espazo para participar en actividades de lecer que produzan unha mellora na súa calidade de vida á vez que se suman no seu propio proceso de aprendizaxe e póñense en marcha habilidades comunicativas e sociais.

Construír para reconstruír(se). Sobre o potencial reparador da arte e a transformación de experiencias traumáticas no ámbito educativo de primaria.
Autoría
R.C.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
R.C.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
23.06.2026 10:00
23.06.2026 10:00
Resumo
Este traballo, de investigación documental, aborda o potencial reparador da arte en relación cunha memoria transformadora. Intentarase mostrar que os procesos estéticos e artísticos permiten a sublimación de vivencias traumáticas no ámbito educativo de primaria. Para o marco teórico recorrerase á concepción de Dewey da educación como reconstrución continua da experiencia, que se poñerá en diálogo coa teoría estética de Adorno e a visión da memoria de Benjamin, quen entende a memoria como unha oportunidade dinámica de resiliencia e redención no presente. O obxectivo principal do traballo é evidenciar o papel da expresión artística como ferramenta para a reconciliación privado e a reparación tanto afectiva como simbólica. Intentarase mostrar que os procesos estéticos creativos permiten traballar as feridas do pasado e (re)construír unha identidade capaz de crear novos lazos co mundo e os/as demais. Partirase dunha revisión sistemática de estudos existentes sobre a relación entre arte, memoria e educación, resiliencia e arte-terapia. A discusión da literatura proporcionará o fundamento para reflexións propias que se concretarán mediante casos escollidos que evidencian o potencial transformador e reparador de procesos artístico-creativos no ámbito educativo de primaria.

RABE , ANA MARIA DE LA CONCEPCION (Titoría)
RABE , ANA MARIA DE LA CONCEPCION (Titoría)
Tribunal
RABE , ANA MARIA DE LA CONCEPCION (Titor do alumno)

O desenvolvemento da intelixencia emocional no alumnado con altas capacidades: unha revisión dende a práctica educativa.
Autoría
I.C.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
I.C.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 16:00
01.07.2026 16:00
Resumo
As características cognitivas do alumnado con altas capacidades están amplamente descritas na literatura. Con todo, as súas habilidades a nivel socioemocional recibiron menor atención, existindo un maior descoñecemento neste ámbito. A intelixencia emocional, entendida como a capacidade para recoñecer, comprender e xestionar emocións propias e alleas, favorece unha adecuada adaptación persoal e escolar. Ademais, o contexto educativo constitúe unha contorna privilexiada para o seu desenvolvemento. Por iso, o obxectivo deste TFG foi analizar o desenvolvemento da intelixencia emocional no alumnado de Educación Primaria con altas capacidades, atendendo as súas características e necesidades educativas. Para iso, realizouse unha revisión da literaturaen Web of Science e Google Académico. Incluíronse 10 artigos cuxos resultados mostraron certa controversia. Os estudos indican que este alumnado adoita presentar bos niveis en intelixencia emocional, con algunhas diferenzas en función do sexo e a idade. No entanto, mentres algunhas investigacións sinalan competencias socioemocionais superiores ás dos seus pares, outras informan de niveis similares ou mesmo inferiores. Así mesmo, non se identificaron programas psicoeducativos específicos nestas competencias para AACC. En definitiva, trátase dun tema pouco investigado e sobre o que o profesorado manifesta unha formación insuficiente.

Pensar mentres choven gatos: Unha experiencia Thinking Classroom en 3º de Educación Primaria.
Autoría
Y.C.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Y.C.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 12:00
30.06.2026 12:00
Resumo
Na sociedade do século XXI, as matemáticas continúan sendo una disciplina fundamental para a formación de cidadáns críticos e con capacidade para desenvolverse na realidade que os/as rodea. A pesar disto, as prácticas que se observan nas aulas en escasas ocasión evolucionan para adaptarse a estas novas demandas, o que adoita estar ligado a experiencias que provocan a progresiva perda de curiosidade e interese do alumnado por esta materia. O presente traballo de fin de grao recolle una proposta que se articula baixo os principios do modelo Thinking Classroom, o cal sitúa a resolución cooperativa de problemas como eixe do proceso de ensinanza-aprendizaxe. A proposta implementouse nunha aula de 3º de Educación Primaria a través de tarefas orientadas á construcción do concepto de medida. A investigación pretende comprobar a viabilidade deste modelo nun contexto real e demostrar como pequenas modificación na práctica diaria da aula permiten incidir positivamente no dominio afectivo do alumnado cara as matemáticas, contribuíndo á construcción dun espazo no que o alumnado teña a oportunidade de pensar, reflexionar e implicarse activamente no proceso de resolución de problemas.

NUÑEZ GARCIA, CRISTINA (Titoría)
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA (Titoría)
Tribunal
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA (Titor do alumno)

Proposta de intervención educativa para alumnado con Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) no 2º ciclo de Educación Primaria
Autoría
M.C.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.C.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
17.07.2025 17:00
17.07.2025 17:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ofrece unha resposta educativa axeitada ao alumnado con Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) no contexto da Educación Primaria, concretamente en 2º curso. Este trastorno, caracterizado por patróns persistentes de inatención, hiperactividade e impulsividade, xera dificultades cognitivas, condutuais e socioemocionais que repercuten de forma directa no rendemento académico e na participación na vida escolar. O traballo parte dun marco teórico que recolle a evolución histórica do concepto, os criterios diagnósticos actuais segundo o DSM-5, as características do alumnado con TDAH e as principais estratexias de intervención educativa. A partir desa fundamentación, deséñase unha proposta de intervención práctica e estruturada, dirixida ao grupo-clase completo de 2º de Primaria, que se desenvolve ao longo de todo o curso escolar mediante 27 sesións semanais na hora de titoría. A proposta organízase en torno a tres eixos de traballo (atención e concentración, organización e planificación, e control da impulsividade) e inclúe nove actividades base que se repiten e aumentan en complexidade ao longo dos tres trimestres. Aínda que a proposta non foi implementada, estímase que esta intervención pode contribuír a mellorar a atención sostida, os hábitos de organización e o autocontrol do alumnado con TDAH, favorecendo ao mesmo tempo a súa inclusión no grupo-clase.

As estacións de traballo de son dixital como recurso didáctico na educación musical
Autoría
M.C.C.N.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.C.C.N.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2026 09:30
02.07.2026 09:30
Resumo
No presente Traballo de Fin de Grao exponse unha proposta didáctica que se inscribe na Área de Música e Danza. Concretamente, céntrase na exploración das potencialidades das estacións de traballo de son dixital como ferramentas tecnolóxicas de aprendizaxe nunha aula de 4º de educación primaria, a través da composición dunha paisaxe sonora. O obxectivo da intervención consiste en que o alumnado cree unha obra sonora por medio da participación nun proxecto colaborativo que comporta a utilización dunha plataforma cuxo uso se transfire á realidade da produción musical contemporánea. Deste modo, establécese un vínculo entre as aprendizaxes escolares e as prácticas reais de creación musical. O seu desenvolvemento tivo lugar nun centro de ensino de réxime concertado en Santiago de Compostela. A proposta abrangueu un total de seis sesións do terceiro trimestre escolar, no contexto do Practicum II. Así mesmo, recóllense os resultados obtidos na intervención e posibles propostas de mellora e ampliación de cara ao futuro.

CORTIZAS VARELA, OLALLA (Presidente/a)
PAMPILLO RETANA, MARIA ROSA (Secretario/a)
BARCALA FURELOS, MARTIN (Vogal)

Educación artística como ferramenta para a expresión e o desenvolvemento persoal no alumnado con necesidades educativas especiais.
Autoría
L.C.L.
Grao en Pedagoxía
L.C.L.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
30.06.2026 10:00
30.06.2026 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao analiza o potencial da educación artística como ferramenta de intervención en contextos de Educación Especial, co obxectivo de favorecer o desenvolvemento persoal, emocional e social do alumnado con necesidades educativas especiais. Partindo dunha concepción inclusiva e preventiva da educación, as condutas desafiantes enténdense como manifestacións vinculadas a dificultades de comunicación, regulación emocional e adaptación ao contorno escolar. Neste marco, a educación artística preséntase como un recurso pedagóxico flexible e multimodal que facilita a expresión emocional, a comunicación non verbal e a participación activa. Como resposta a esta realidade, deséñase e impleméntase unha proposta de intervención estruturada en sete sesións de actividades artísticas, desenvolvida nun Centro de Educación Especial con alumnado de entre 16 e 21 anos. A avaliación cualitativa mostra melloras na implicación do alumnado, a autorregulación emocional, a interacción social e o clima de convivencia, o que confirma a educación artística como unha ferramenta eficaz para promover a inclusión e o benestar en contextos educativos diversos.

LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Titoría)
DOSIL ROSENDE, ALVARO Cotitoría
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Titoría)
DOSIL ROSENDE, ALVARO Cotitoría
Tribunal
DOSIL ROSENDE, ALVARO (Titor do alumno)
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Titor do alumno)

Educación e creación literaria: o papel das mestras na consolidación da literatura infantil e xuvenil galega
Autoría
A.C.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.C.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2026 10:15
03.07.2026 10:15
Resumo
O presente Traballo Fin de Grao (TFG) ten como obxectivo principal analizar o papel que exerceron as mestras pioneiras na creación dos primeiros textos de literatura infantil e xuvenil galega. Para tal fin, levarase a cabo unha análise reflexiva da relación existente entre a súa práctica docente, a súa produción literaria e o contexto histórico e educativo no que desenvolveron a súa actividade, tendo sempre como marco de referencia o panorama galego. Porén, efectuarase unha conxunción entre a profesión docente, a historia da educación e a propia lingua e cultura galegas que nos levarán a pór de manifesto a contribución destas mestras á literatura infantil e xuvenil dentro da nosa comunidade. A metodoloxía empregada para acadar tal fin consistirá nunha revisión bibliográfica e documental que nos permitirá desenvolver unha análise reflexiva sobre o obxecto de estudo acompañada dunha pequena investigación de campo mediante unhas entrevistas semiestruturadas a estas mestras pioneiras coa finalidade de coñecer o seu labor docente e literario ao longo da súa traxectoria, así como a súa propia perspectiva acerca da literatura infantil e xuvenil galega.

PENA PRESAS, MARIA MONSERRAT (Titoría)
PENA PRESAS, MARIA MONSERRAT (Titoría)
Tribunal
VILA COUÑAGO, ESTHER (Presidente/a)
FERNANDEZ REY, ELENA (Secretario/a)
CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Vogal)
VILA COUÑAGO, ESTHER (Presidente/a)
FERNANDEZ REY, ELENA (Secretario/a)
CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Vogal)
Unha proposta interxeracional dende a literatura: transmisión e creación
Autoría
C.C.T.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
C.C.T.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
30.06.2026 11:30
30.06.2026 11:30
Resumo
Neste traballo de fin de grao preténdese establecer un vínculo de unión entre xeracións, concretamente, entre as persoas maiores e os nenos e nenas de Educación Infantil, mediante a literatura. Co fin de fomentar a valoración da literatura tradicional e popular conservada polas persoas maiores. Preténdese que estas persoas sexan quen de transmitila directamente aos nenos e nenas, mediante a narración oral, entre outras actividades. Dende unha perspectiva bidireccional, os nenos e nenas tamén amosarán ás persoas maiores a súa literatura máis próxima a través de actividades sinxelas de dramatización.

LOPEZ SANDEZ, MARIA (Titor do alumno)
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Titor do alumno)
Interseccións entre as novas tecnoloxías e a Literatura Infantil e Xuvenil para o fomento do hábito lector en alumnos de Educación Primaria
Autoría
C.C.T.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
C.C.T.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
01.07.2026 12:00
01.07.2026 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao (TFG), denominado “Interseccións entre as novas tecnoloxías e a Literatura Infantil e Xuvenil para o fomento do hábito lector en alumnos de Educación Primaria” enmarcarase na modalidade de investigación documental, incluíndo tamén unha proposta de corpus bibliográfico e de dinámicas para dentro e fóra das aulas. Terá como temática principal, como se indica no seu título, as relación entre as novas tecnoloxías e a Literatura Infantil e Xuvenil para o fomento do hábito lector en Educación Primaria.
Este Traballo de Fin de Grao (TFG), denominado “Interseccións entre as novas tecnoloxías e a Literatura Infantil e Xuvenil para o fomento do hábito lector en alumnos de Educación Primaria” enmarcarase na modalidade de investigación documental, incluíndo tamén unha proposta de corpus bibliográfico e de dinámicas para dentro e fóra das aulas. Terá como temática principal, como se indica no seu título, as relación entre as novas tecnoloxías e a Literatura Infantil e Xuvenil para o fomento do hábito lector en Educación Primaria.
Dirección
NEIRA RODRIGUEZ, MARTA (Titoría)
NEIRA RODRIGUEZ, MARTA (Titoría)
Tribunal
NEIRA RODRIGUEZ, MARTA (Titor do alumno)
NEIRA RODRIGUEZ, MARTA (Titor do alumno)
O desenvolvemento das habilidades auditivas musicais na educación primaria
Autoría
P.C.O.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
P.C.O.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 13:00
30.06.2026 13:00
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao preséntase unha proposta de intervención orientada ao desenvolvemento de diversas habilidades auditivas musicais no terceiro curso de educación primaria. A proposta estrutúrase en tres bloques de intervención centrados no traballo da audición mediante o emprego de recursos que sitúan ao alumnado nun papel activo dentro do proceso de ensino-aprendizaxe no que se incorporan dinámicas de traballo cooperativo. O primeiro bloque baséase na elaboración dun musicograma como recurso para a representación e comprensión dunha peza de música clásica; o segundo propón a comprensión da estrutura musical a través do movemento mediante o deseño dunha coreografía con pratos de cartón; e o terceiro introduce a composición en tempo real empregando a linguaxe xestual do Soundpainting e instrumentos Orff para a exploración auditiva das calidades do son. Este tipo de propostas resultan especialmente atractivas para o alumnado, xa que favorecen a súa implicación activa no proceso de aprendizaxe e permiten establecer unha relación máis participativa e reflexiva coa música. A través da comprensión, da creación e da interpretación musical, a audición transcende a simple recepción do son para converterse nun proceso de análise e construción de coñecemento.

Espazos que inclúen: Modelo de patio inclusivo para a escola actual.
Autoría
N.C.H.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
N.C.H.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 12:45
30.06.2026 12:45
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao céntrase no deseño dunha proposta de innovación pedagóxica titulada “O xogo que nos une”, orientada á creación dun patio escolar inclusivo para a etapa de Educación Infantil. A proposta nace da necesidade de transformar o recreo nun espazo educativo accesible, participativo e enriquecedor para todo o alumnado, especialmente para aqueles/as con maiores dificultades de socialización e participación nos xogos colectivos. Nun primeiro momento, realízase unha fundamentación teórica sobre o valor pedagóxico do patio escolar, destacando a súa importancia como espazo de aprendizaxe, convivencia, interacción social e desenvolvemento integral a través do xogo. Así mesmo, analízanse aspectos fundamentais dos patios inclusivos como a diversificación de espazos, a accesibilidade, a inclusión e a perspectiva de xénero. Posteriormente, preséntase a proposta de innovación pedagóxica, na que se recollen todos os aspectos necesarios para a súa posta en práctica en calquera centro educativo, incluíndo información relacionada coa diversificación de espazos, as metodoloxías, a intervención do profesorado, os recursos e as actividades propostas. Ademais, complétase cun amplo abano de materiais xa deseñados, instrumentos de avaliación e recursos visuais adaptados con pictogramas, preparados para a súa utilización.

Características e prevención dos Trastornos da Conduta Alimentaria na Infancia: narrativas profesionais en Galicia dende a perspectiva de xénero.
Autoría
A.C.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.C.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 12:00
01.07.2026 12:00
Resumo
Os Trastornos da Conduta Alimentaria na infancia considéranse un importante problema de saúde pública, aparecendo cada vez máis en idades temperás e ocasionando un gran número de consecuencias. Polo tanto, este traballo pretende analizar as experiencias e opinións de persoas mestras e expertas, en Galicia, sobre os TCA na infancia. Para dar resposta a este obxectivo, levouse a cabo unha investigación cualitativa por medio de entrevistas semiestructuradas a catro persoas, entre elas dúas docentes do CEIP de Vite e dúas profesionais con experiencia en intervención en TCA na infancia. Posteriormente, os datos recolleitos foron analizados destacando a orixe multifactorial dos TCA, nos que inflúen factores biolóxicos, privados, familiares e sociais. As persoas participantes resaltaron a familia como factor de risco e de protección, sinalando a importancia de crear en colaboración coa escola un clima de respecto e de aceptación propia. Finalmente, a presente investigación permitiu observar a importancia que ten o rol preventivo do profesorado e do centro educativo, ao mesmo tempo que se subliña a necesidade de mellorar a formación docente e a colaboración interdisciplinar para a intervención ante estes casos no ámbito educativo.

AÑON LOUREIRO, LORENA (Titoría)
AÑON LOUREIRO, LORENA (Titoría)
Tribunal
AÑON LOUREIRO, LORENA (Titor do alumno)
AÑON LOUREIRO, LORENA (Titor do alumno)
Arte e identidade: unha proposta para Educación Primaria
Autoría
C.D.L.C.I.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
C.D.L.C.I.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 12:00
01.07.2026 12:00
Resumo
O desenvolvemento da identidade é un aspecto fundamental no crecemento persoal dos nenos e nenas desde a infancia. Neste proceso, a educación artística pode desempeñar un papel importante, xa que favorece a expresión, a creatividade e o autocoñecemento. O presente Traballo de Fin de Grao analiza o potencial das artes para traballar a identidade na etapa de Educación Primaria. Para iso, desenvólvese unha proposta didáctica dirixida a un grupo de 1º de Educación Primaria de Santiago de Compostela, centrada nas semellanzas e diferenzas entre o alumnado. A través de distintas actividades artísticas e colaborativas búscase fomentar o respecto pola diversidade e a construción da identidade persoal. Os resultados da proposta evidencian o potencial da educación artística para favorecer a reflexión. O obxectivo final é demostrar como a educación artística pode contribuír ao desenvolvemento integral do alumnado.

Desafíos socio-afectivos no TEA: unha aproximación dende a investigación cualitativa
Autoría
L.D.L.I.L.D.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.D.L.I.L.D.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2026 10:15
03.07.2026 10:15
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo analizar o desenvolvemento afectivo e psicosocial de nenos e nenas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) entre os 6 e os 12 anos, así como na transición á adolescencia. A investigación adopta unha metodoloxía cualitativa de carácter descritivo-interpretativo, baseada na realización de entrevistas semiestruturadas a seis persoas vinculadas á asociación Barbantea, situada na comarca do Barbanza. Estas persoas inclúen familiares, profesionais e adultos dentro do espectro autista. Os resultados evidencian a existencia de dificultades significativas nas relacións socioafectivas das persoas con TEA. Na etapa da adolescencia obsérvase un incremento do illamento social e da presenza de condutas de camuflaxe, particularmente en casos de diagnóstico tardío en mulleres. Así mesmo, o estudo pon de manifesto a influencia dos estereotipos sociais e a tendencia á infantilización das persoas con autismo, así como o impacto que estes factores teñen no seu benestar emocional e na construción da identidade persoal. En conclusión, a investigación sinala que o desenvolvemento socioafectivo no TEA está fortemente condicionado pola contorna social e educativa, polo que resulta imprescindible promover espazos inclusivos e adaptados ás necesidades individuais das persoas dentro do espectro.

Contidos dixitais máis consumidos polo alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria: unha análise dende a perspectiva de xénero
Autoría
A.D.L.S.T.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.D.L.S.T.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 12:45
01.07.2026 12:45
Resumo
A crecente presenza de plataformas dixitais e persoas creadoras de contido na vida cotiá da infancia transformou os entornos dixitais en espazos de grande importancia para os procesos de socialización. Neste contexto, este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo analizar os contidos dixitais máis consumidos polo alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP Pío XII desde unha perspectiva de xénero. Concretamente, analizáronse vídeos da Plataforma dixital YouTube. Para acadar este obxectivo, realizouse unha investigación de metodoloxía cualitativa, acotada desde un marco interpretativo feminista. A recollida de datos realizouse mediante un cuestionario administrado ao alumnado participante utilizando, de forma complementaria, unha observación netnográfica permitindo a súa posterior análise. Os resultados revelan diferenzas significativas nas plataformas e perfís dixitais máis vistos polas crianzas en función do xénero, así como a persistencia de modelos diferenciados de feminidade e masculinidade. Do mesmo xeito, algúns dos vídeos analizados conteñen elementos vinculados á reificación das mulleres. Polo tanto, é necesario fomentar o pensamento crítico no consumo de contidos dixitais desde unha idade temperá e promover futuras liñas de investigación orientadas ao deseño de programas escolares de alfabetización mediática con perspectiva de xénero.

Historias que se moven: unha proposta de Aprendizaxe-Servizo para potenciar a Educación Física inclusiva e visibilizar a aula hospitalaria
Autoría
M.D.C.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
M.D.C.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
03.07.2026 09:30
03.07.2026 09:30
Resumo
A inactividade física, a inclusión educativa e a visibilización da aula hospitalaria son tres aspectos que, aínda que de natureza diversa, poden ser abordados de maneira integrada nun único proxecto educativo como o que aquí se presenta. O traballo deseñou, implementou e avaliou unha proposta de intervención para alumnado de tres anos, fundamentada nas metodoloxías de Aprendizaxe Baseada en Proxectos e Aprendizaxe-Servizo, e nos principios do Deseño Universal para a Aprendizaxe. A través dun conto motor orixinal protagonizado polo ourizo Rizo, as crianzas traballaron distintos aspectos incluídos nas tres áreas do currículo da etapa de Educación Infantil: Crecemento en Harmonía, Descubrimento e Exploración do Contorno, e Comunicación e Representación da Realidade. Ao longo do proxecto, aprenderon a coñecer a aula hospitalaria, interactuaron con ela a través da elaboración e doazón de materiais e adquiriron valores como a empatía, a solidariedade e o respecto á diversidade. A valoración final evidencia que as propostas globalizadas con sentido real e impacto comunitario favorecen o desenvolvemento integral do alumnado e demostran que as crianzas de Educación Infantil son capaces de exercer como axentes activos de cambio social.

Rodríguez Fernández, José Eugenio (Titoría)
Rodríguez Fernández, José Eugenio (Titoría)
Tribunal
GILLANDERS BYGRAVE, CAROL JEAN (Presidente/a)
FERNANDEZ REGUEIRA, UXIA (Secretario/a)
RICO DIAZ, JAVIER (Vogal)

Percepción do alumnado sobre a Educación Física inclusiva: experiencias, prácticas e perspectivas futuras.
Autoría
M.D.C.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
M.D.C.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
02.07.2026 10:15
02.07.2026 10:15
Resumo
A inclusión é un reto esencial para garantir a igualdade de oportunidades e o respecto pola diversidade, ante o cal a área de Educación Física (EF) constitúe, debido ás súas características particulares, unha ferramenta privilexiada para garantir a participación de todo o alumnado. Neste marco, as actitudes do grupo de iguais constitúen un factor ambiental determinante para a calidade da experiencia inclusiva do alumnado con discapacidade nas clases de EF. Este Traballo de Fin de Grao (TFG), encadrado na modalidade de iniciación á investigación de campo, tivo como obxectivo analizar a percepción do alumnado sobre a EF inclusiva. Participaron no estudo alumnos e alumnas de entre 9 e 13 anos pertencentes a centros educativos públicos de Galicia, e como instrumentos de recollida de datos empregáronse os cuestionarios validados de Russo et al. (2025a) e de Abellán et al. (2020), nun deseño descritivo de corte transversal e de tipo cuantitativo, sustentado nunha revisión bibliográfica. Os resultados obtidos permitiron identificar barreiras e boas prácticas presentes nas aulas de EF, así como formular propostas orientadas a mellorar a inclusión, en consonancia cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) vinculados á educación de calidade, a saúde e o benestar e á redución das desigualdades.

Análise dos espazos prostitucionais na provincia de Lugo: unha mirada socioeducativa para a mellora da intervención social
Autoría
M.D.D.S.
Grao en Educación Social
M.D.D.S.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2026 09:45
02.07.2026 09:45
Resumo
O presente traballo ofrece unha análise socioeducativa e situada do sistema prostitucional na provincia de Lugo, un escenario de singular relevancia histórica e social. Baixo o eixe analítico do paradigma abolicionista e a través dunha metodoloxía cualitativa baseada no estudo de caso, a investigación indaga nas dinámicas de funcionamento, visibilidade e habitabilidade dos tres principais espazos de explotación: clubs de alterne, rúa e pisos. A recollida de datos articúlase mediante a triangulación de técnicas, incluíndo a observación participante, as entrevistas semiestruturadas ás informantes clave e a revisión documental. Os resultados, ademais de mostrar as características propias de cada escenario, revelan factores transversais aos tres espazos, tales como o consumo de substancias, o severo impacto na saúde mental do colectivo ou o elevado índice de irregularidade administrativa. Finalmente, o estudo propón retos e estratexias de intervención socioeducativa diferenciada por espazos co obxectivo de orientar a praxe da Educación Social cara á transformación estrutural e ao deseño de itinerarios que favorezan a saída real do sistema prostitucional.

BARREIRO FERNANDEZ, FELICIDAD (Titoría)
BARREIRO FERNANDEZ, FELICIDAD (Titoría)
Tribunal
OLVEIRA OLVEIRA, MARIA ESTHER (Presidente/a)
Velandia Morales, Andrea (Secretario/a)
MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER (Vogal)
OLVEIRA OLVEIRA, MARIA ESTHER (Presidente/a)
Velandia Morales, Andrea (Secretario/a)
MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER (Vogal)
A función do apego no contexto escolar: resiliencia, rendemento académico e interaccións na etapa de Educación Primaria
Autoría
I.D.K.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
I.D.K.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 11:00
30.06.2026 11:00
Resumo
O presente traballo de Fin de Grao analiza o papel da teoría do apego no contexto escolar da Educación Primaria, e a súa relación co desenvolvemento socioemocional do alumnado, a resiliencia, o rendemento académico e as interaccións na aula. Partindo da consideración dos vínculos de apego seguros como necesarios alén do ámbito familiar, examínase a función do profesorado como figura de apego. O obxectivo principal do traballo é analizar a influencia do apego no contexto educativo da etapa, e reflexionar sobre as características que debe reunir o profesorado para actuar como figura de apego segura. De forma específica estúdanse as relacións entre apego, resiliencia e rendemento académico e as interaccións na aula, entre iguais e entre docente-discente. Os resultados evidencian que o apego seguro favorece o desenvolvemento da resiliencia, o rendemento académico e as habilidades socioemocionais. Ademais, confírmase que unha relación docente-discente baseada na proximidade actúa como factor protector fronte ás dificultades, e que as interaccións positivas entre iguais contribúen ao benestar, integración e éxito académico. Finalmente, identifícanse unha serie de prácticas educativas que contribúen á construción dun clima de aula positivo. En conclusión, o apego constitúe un elemento clave para comprender o desenvolvemento integral do alumnado de Educación Primaria

Materiais manipulativos e robótica educativa: deseño dun proxecto para mellorar a motivación e a aprendizaxe das matemáticas en 3º curso de Educación Primaria.
Autoría
V.D.T.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
V.D.T.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 11:20
01.07.2026 11:20
Resumo
O presente Traballo Fin de Grao propón o deseño dunha proposta de intervención para a área de matemáticas en 3º de Educación Primaria, baseada na combinación de materiais manipulativos e robótica educativa como recursos complementarios para mellorar a motivación e a aprendizaxe do alumnado. A proposta, titulada Ao carriño coas matemáticas!, artéllase en torno á creación e xestión dun supermercado de aula, contexto que permite traballar contidos curriculares como o cálculo, a estimación, a educación financeira e o pensamento computacional de forma significativa e conectada coa vida cotiá do alumnado. A metodoloxía susténtase na Aprendizaxe Baseada en Proxectos, a aprendizaxe cooperativa e o uso do robot Escornabot como ferramenta para desenvolver o pensamento computacional. A proposta deséñase para unha aula de 3º de Educación Primaria dun centro público galego e consta de nove sesións, incluíndo unha exposición final dirixida ás familias no marco da xornada de portas abertas do centro. O traballo conclúe reflexionando sobre as potencialidades de integrar ambos os recursos no ensino das matemáticas e sobre a importancia dunha docencia crítica, innovadora e centrada na aprendizaxe real do alumnado.

PERNAS MORADO, EULOGIO (Titor do alumno)

Recunchos de aprendizaxe en Educación Infantil: unha proposta de innovación pedagóxica inclusiva.
Autoría
I.D.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
I.D.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 10:30
30.06.2026 10:30
Resumo
A Educación Infantil constitúe unha etapa fundamental no desenvolvemento integral dos nenos e nenas, xa que nos primeiros anos constitúense as bases para a aprendizaxe e a vida social. Por este motivo, resulta fundamental ofrecer experiencias inclusivas, adaptadas ás características e necesidades de todo o alumnado co fin de evitar unha segregación e favorecer a participación do alumnado que presenta Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE). Neste sentido, o xogo, a organización do espazo e os materiais presentados convértense en ferramentas clave para favorecer a aprendizaxe significativa, a motivación, a exploración e a participación activa. Partindo desta base, o presente Traballo de Fin de Grao (TFG) presenta o deseño dunha proposta de intervención pedagóxica, orientada a favorecer a autonomía, a motivación, a experimentación e a manipulación, ao mesmo tempo que se respectan os diferentes ritmos e estilos de aprendizaxe. A proposta fundaméntase no Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA), ofrecendo recursos adaptados ás características e necesidades do grupo-clase, promovendo diversas formas de expresión, participación e implicación. Trátase de ofrecer un espazo seguro, accesible e respectuoso coa diversidade, a partir da reorganización da distribución tradicional da aula de Educación Infantil.

NIETO VIEITES, ANA (Titoría)
NIETO VIEITES, ANA (Titoría)
Tribunal
NIETO VIEITES, ANA (Titor do alumno)
NIETO VIEITES, ANA (Titor do alumno)
Primeiros pasos cara á escola infantil: revisión documental sobre a adaptación.
Autoría
M.R.D.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
M.R.D.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 11:00
30.06.2026 11:00
Resumo
A incorporación dos nenos e das nenas ao centro escolar supón un momento de gran valor no seu desenvolvemento integral. Para moitos deles, esta etapa supón a primeira separación da contorna familiar para incorporarse ao contexto escolar, onde deberán crear novos vínculos e novas figuras de referencia. Por este motivo, a incorporación á escola require dun proceso coñecido como período de adaptación, proceso de familiarización ou tempo de acollida. Trátase dun proceso, máis ou menos longo no que o alumnado trata de adaptarse de xeito gradual a unha nova contorna, convivindo con persoas diferentes ás do seu ámbito familiar e aceptando as rutinas propias da escola. Así pois, este traballo pretende realizar unha revisión e análise documental sobre este momento no primeiro ciclo de Educación Infantil, mediante unha revisión bibliográfica sistemática baseada na metodoloxía SALSA. A través da análise, confirmouse que o período de adaptación é fundamental para o benestar emocional dos e das menores, no que a creación de vínculos seguros, a coordinación entre escola e familia e unha organización flexible e respectuosa resultan elementos clave para favorecer unha incorporación positiva á escola infantil.

Uso dos espazos escolares para o fomento da actividade física en Educación Primaria
Autoría
Á.D.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Á.D.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 10:00
01.07.2026 10:00
Resumo
O movemento e a actividade física convértense en elementos fundamentais no desenvolvemento integral do alumnado en Educación Primaria, favorecendo tanto á saúde física como aspectos sociais, emocionais e educativos. Este Traballo de Fin de Grao ten por obxectivo analizar o papel dos espazos escolares para promover a actividade física nun centro concertado de Santiago de Compostela. A investigación pretende coñecer a valoración do profesorado sobre o uso destes espazos e as posibilidades educativas ofrecidas para favorecer unha escola máis activa. O estudo analiza a información recollida dos cuestionarios dirixidos de 18 docentes desta etapa, nunha entrevista aos dous especialistas de Educación Física e nunha observación directa do centro. Os resultados analizados coas 18 respostas obtidos amosan que o 100% do profesorado considera o patio e o como espazos adecuados para favorecer a actividade física; deles o 94,44% emprega o patio para este fin e o 72,22% utiliza o pavillón. Así, o 94,44% do profesorado sinala o impacto da actividade física sobre a saúde física do alumnado e o 77,77% sobre o seu benestar emocional. Os espazos escolares, a formación docente e a organización escolar factores clave para integrar o movemento na vida diaria do alumnado e lograr unha escola máis activa.

RICO DIAZ, JAVIER (Titoría)
RICO DIAZ, JAVIER (Titoría)
Tribunal
RICO DIAZ, JAVIER (Titor do alumno)
RICO DIAZ, JAVIER (Titor do alumno)
O desenvolvemento das habilidades socioemocionais no alumnado con Altas Capacidades. Proposta de intervención para Educación Infantil
Autoría
L.D.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
L.D.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 10:30
30.06.2026 10:30
Resumo
O alumnado con altas capacidades posúe, habitualmente, habilidades cognitivas excepcionais, pero pode enfrontar dificultades á hora de desenvolver habilidades socioemocionais axeitadas, o que inflúe de maneira significativa no seu benestar xeral e no seu proceso de desenvolvemento persoal. Aínda que a lexislación vixente contempla este alumnado dentro do grupo do estudantado con necesidades específicas de apoio educativo, a realidade é que adoita priorizarse a intervención noutras necesidades, relegando estes nenos e nenas a un segundo plano. Tendo isto en conta, neste Traballo de Fin de Grao preséntase unha proposta de intervención destinada a proporcionar ao alumnado, ao profesorado e ás familias unha ferramenta útil e accesible para traballar as habilidades socioemocionais do alumnado con altas capacidades en Educación Infantil, e ofrecer así unha resposta educativa máis completa, que atenda tanto ás súas fortalezas como ás súas necesidades específicas, contribuíndo así ao seu desenvolvemento integral

Efecto das clases fisicamente activas na competencia motriz real e percibida, e percepción da alfabetización motriz: un estudo piloto.
Autoría
P.D.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
P.D.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2026 09:30
03.07.2026 09:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao pretende analizar o impacto da implementación de clases fisicamente activas na competencia motriz real, na percepción da competencia motriz e na alfabetización motriz percibida, a través dun enfoque cuasi-experimental con avaliación pre-test e post-test que combinou a hibridación de tarefas de movemento con contidos curriculares de Matemáticas, coa recollida de datos mediante as ferramentas Alfamov, PMSC e PL-C Quest. A mostra estivo composta por 31 nenos e nenas de primeiro curso de Educación Primaria pertencentes ao CEIP López Ferreiro de Santiago de Compostela. Os resultados reflectiron un incremento notable e positivo da competencia motriz real no grupo experimental, en consonancia co estímulo físico aplicado. Ademais, identificáronse diferenzas e evolucións favorables nas puntuacións da percepción da competencia en ambos os grupos e unha tendencia xeral ascendente na área da alfabetización motriz percibida. En concreto, os/as participantes que recibiron a intervención pedagóxica presentaron un maior avance motor e un progreso visible nos dominios psicolóxico, social e cognitivo ca os seus homólogos do grupo control. Estas conclusións puxeron de manifesto a importancia de fomentar o movemento intencional dende idades temperás e a necesidade de implantar estratexias didácticas activas que favorezan o desenvolvemento motor e integral do alumnado dentro da propia xornada escolar ordinaria.

Guisande Couñago, María Adelina (Presidente/a)
ALVAREZ CORTIZO, LAURA (Secretario/a)
Eirín Nemiña, Raúl (Vogal)

O xogo como recurso de educación emocional en Educación Primaria
Autoría
U.D.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
U.D.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 13:30
30.06.2026 13:30
Resumo
O xogo constitúe unha actividade inherente ao ser humano e unha vía fundamental de interacción e aprendizaxe durante a infancia. Máis aló do seu carácter lúdico, diferentes perspectivas pedagóxicas salientan o seu valor como recurso educativo. Neste marco, o presente Traballo Final de Grao (TFG) céntrase na análise do xogo como recurso de educación emocional na etapa de Educación Primaria, co propósito de identificar as evidencias existentes sobre o seu impacto no desenvolvemento das competencias emocionais. A xustificación desta temática reside na crecente importancia da educación emocional no ámbito educativo e na necesidade de incorporar metodoloxías que favorezan o desenvolvemento integral do alumnado. Neste senso, a investigación emprega unha metodoloxía de revisión sistemática baseada no protocolo PRISMA (Page et al., 2021) centrada na procura e análise de artigos científicos a través de diferentes bases de datos, establecendo criterios de inclusión e exclusión para a selección dos máis relevantes. Os resultados obtidos evidencian que o xogo favorece a motivación, a participación e o desenvolvemento de habilidades socias no alumnado, ademais da expresión de emocións tanto positivas como negativas durante o mesmo. Con isto, conclúese que o xogo pode configurarse como un recurso de gran potencial para favorecer o desenvolvemento das competencias emocionais, ao potenciar a expresión e a regulación de emocións; aspecto que só se materializa cando existe unha práctica docente consciente e planificada.

PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titoría)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titoría)
Tribunal
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titor do alumno)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titor do alumno)
Construír comunidade na Educación Infantil: revisión de estratexias e programas para fomentar a participación e a implicación familiar
Autoría
C.E.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
C.E.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 10:00
01.07.2026 10:00
Resumo
A relación entre a familia e a escola é fundamental no proceso educativo das crianzas. Diferentes investigacións destacan que a colaboración entre ambos os axentes educativos favorece a motivación, o rendemento escolar, a convivencia e o benestar das crianzas. Ademais, a teoría analizada pon de manifesto que a implicación familiar comeza a verse dende un compromiso activo e compartido, apartando a visión máis tradicional. O presente Traballo Fin de Grao ten como finalidade analizar a importancia da implicación familiar na educación, identificar diversos tipos de participación e sinalar as dificultades que condicionan esta relación; así como programas, proxectos e estratexias educativas orientadas a fomentar a participación das familias nos centros escolares. Para iso, realizouse unha investigación documental empregando o método SALSA, a través do cal se levou a cabo a busca, selección, síntese e análise de información derivada de propostas educativas, programas institucionais e experiencias reais impulsadas dende os centros educativos. Este proceso permitiu efectuar unha comparación das distintas iniciativas, valorando as súas características comúns e diferenciais, ademais das súas fortalezas e limitacións, para reflexionar tamén sobre o papel que desempeña a escola na creación de comunidades educativas máis participativas.

Xogar coa palabra: o xornal como recurso para a escritura creativa
Autoría
M.E.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.E.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 12:30
30.06.2026 12:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao analiza o potencial do xornal como recurso didáctico para o desenvolvemento da escritura creativa na etapa de Educación Primaria. O traballo parte da relación existente entre a alfabetización mediática e a produción escrita, entendendo a prensa non só como unha fonte de información, senón tamén como un material susceptible de ser reinterpretado e transformado mediante procesos de creación textual. A investigación combina unha revisión bibliográfica sobre o uso do xornal, a escritura creativa e o marco curricular actual cunha proposta de intervención educativa desenvolvida nun grupo de sexto curso de Educación Primaria. A intervención deseñouse co obxectivo de favorecer a análise crítica da información e fomentar a produción de textos propios a partir de materiais xornalísticos. A través desta proposta preténdese contribuír ao desenvolvemento da competencia comunicativa, da creatividade e da alfabetización mediática do alumnado.

FERNANDEZ LOPEZ, ISABEL (Titoría)
FERNANDEZ LOPEZ, ISABEL (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ LOPEZ, ISABEL (Titor do alumno)
FERNANDEZ LOPEZ, ISABEL (Titor do alumno)
Intervención socioeducativa en Educación Sexual dende un enfoque interseccional e intercultural dirixida a mulleres migrantes latinoamericanas
Autoría
L.N.E.T.
Grao en Educación Social
L.N.E.T.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2026 11:00
01.07.2026 11:00
Resumo
Aínda que globalmente na actualidade as cifras de desplazamento de homes e mulleres sexan similares, a feminización das migracións consolídase como un fenómeno en auxe. Actualmente, as mulleres migran de forma máis independente e autónoma en busca de mellores oportunidades laborais e persoais. Non obstante, a dureza dos procesos migratorios femininos continúa estando invisibilizada. No contexto español, as mulleres migrantes latinoamericanas constitúen unha poboación especialmente vulnerable, atravesada por múltiples desigualdades relacionadas co xénero, a orixe, a idade ou a situación administrativa, o que repercute negativamente no seu acceso a dereitos, benestar e calidade de vida. Entre os ámbitos máis relegados atópase a educación sexual, marcada pola desinformación, as crenzas interiorizadas e a ausencia de espazos seguros de participación e reflexión. A revisión documental realizada evidencia a escasez de propostas e estudios de educación sexual enfocados cara mulleres adultas, e especialmente, a inexistencia de intervencións específicas orientadas cara mulleres migrantes adultas. Ante esta realidade, diseñase unha proposta de intervención socioeducativa en educación sexual, dende unha perspectiva interseccional e intercultural dirixida a mulleres migrantes procedentes de América Latina.

A gamificación como estratexia para o desenvolvemento da creatividade na aula de Educación Musical en Educación Primaria
Autoría
M.F.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.F.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 12:00
01.07.2026 12:00
Resumo
A creatividade constitúe unha das capacidades fundamentais para o desenvolvemento integral do alumnado ocupando, ademais, un papel cada vez máis relevante no ámbito educativo actual. Neste contexto, as metodoloxías innovadoras como a gamificación, amosan un gran potencial para favorecer procesos de aprendizaxe máis motivadores, participativos e creativos. O presente traballo ten como obxectivo comprobar en que medida unha experiencia de gamificación, pode contribuír ao desenvolvemento da creatividade no alumnado de Educación Primaria, empregando, ademais, a música como elemento vertebrador da proposta.
A creatividade constitúe unha das capacidades fundamentais para o desenvolvemento integral do alumnado ocupando, ademais, un papel cada vez máis relevante no ámbito educativo actual. Neste contexto, as metodoloxías innovadoras como a gamificación, amosan un gran potencial para favorecer procesos de aprendizaxe máis motivadores, participativos e creativos. O presente traballo ten como obxectivo comprobar en que medida unha experiencia de gamificación, pode contribuír ao desenvolvemento da creatividade no alumnado de Educación Primaria, empregando, ademais, a música como elemento vertebrador da proposta.
Dirección
DIZ OTERO, MARIO (Titoría)
ALVAREZ CORTIZO, LAURA Cotitoría
DIZ OTERO, MARIO (Titoría)
ALVAREZ CORTIZO, LAURA Cotitoría
Tribunal
ALVAREZ CORTIZO, LAURA (Titor do alumno)
DIZ OTERO, MARIO (Titor do alumno)
ALVAREZ CORTIZO, LAURA (Titor do alumno)
DIZ OTERO, MARIO (Titor do alumno)
A construcción das relacións sexo-afectivas na era dixital: o rol da pornografía e a figura da muller
Autoría
N.F.D.
Grao en Educación Social
N.F.D.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2026 12:00
01.07.2026 12:00
Resumo
O desenvolvemento vital dos/as menores nas contornas dixitais e a pouca educación afectivo-sexual modificou os procesos de socialización, situando á pornografía como un axente clave na instrución dos e das adolescentes en materias de sexualidade. No presente traballo de fin de grao, analízase como pode influir a exposición a estes contidos na configuración das relacións sexo-afectivas da mocidade e analízase a percepción da figura da muller baixo un enclave de xénero. Así mesmo, preséntase unha proposta de proxecto de intervención dirixida ao alumnado de 4º da Educación Secundaria Obrigatoria, empregando metodoloxías participativas e dinámicas diversas, como o cinefórum, un programa de radio-podcast ou un escape room. Do mesmo xeito, e cun enfoque que provén da Educación Social, o traballo constrúese reafirmando a necesidade de dotar aos mozos e mozas de ferramentas que favorezan unha alfabetización dixital crítica e promovendo a creación de marcos relacionais baseados na igualdade, respecto e consentimento.

REGUEIRO FERNANDEZ, BIBIANA (Titoría)
REGUEIRO FERNANDEZ, BIBIANA (Titoría)
Tribunal
REGUEIRO FERNANDEZ, BIBIANA (Titor do alumno)

Proposta didáctica para a ensinanza-aprendizaxe da lectoescritura nunha aula de Educación Infantil.
Autoría
M.F.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
M.F.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 10:00
30.06.2026 10:00
Resumo
O desenvolvemento integral da infancia está ligado á calidade dos procesos de ensino-aprendizaxe. Por este motivo, é fundamental espertar a curiosidade do alumnado para novos contidos conceptuais, usando como punto de partida as súas propias motivacións e inquietudes. Baixo esta perspectiva, a adquisición das habilidades lectoescritoras adoitan ser un desafío complexo nas aulas, o que esixe implementar estratexias pedagóxicas que se axusten aos ritmos tanto individuais como do grupo-aula. Para cumprir con este obxectivo, a práctica docente debe afastarse da instrución mecánica e repetitiva, priorizando a aprendizaxe significativa, as estadas e o ensino a través de materiais manipulativos. Ante esta realidade, o presente proxecto de fin de grao ten como obxecto deseñar unha proposta de intervención fundamentada no constructivismo orientada ao terceiro curso de Educación Infantil nun centro de carácter urbano. A proposta emprega o corpo humano como eixo globalizador co propósito de promover o uso da linguaxe escrita como unha ferramenta de comunicación social e en contextos reais.

LOPEZ PENA, ZOSIMO (Titoría)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Titoría)
Tribunal
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Titor do alumno)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Titor do alumno)
Proposta didáctica: aprendizaxe de signos básicos na Lingua de Signos Española (LSE) no segundo ciclo de Educación Infantil
Autoría
I.F.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
I.F.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 16:00
01.07.2026 16:00
Resumo
Neste traballo de Fin de Grao preséntase unha proposta didáctica dirixida ao alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil centrada no achegamento á Lingua de Signos Española (LSE) dende unha perspectiva inclusiva, vivencial e baseada no xogo. A proposta xorde da escasa presenza das linguas signadas dentro do currículo educativo e a necesidade de fomentar dende idades temperás o respecto cara á diversidade tanto funcional como comunicativa. A través de actividades sensoriais, corporais e de xogo simbólico, o alumnado descobre diferentes formas de comunicación, comprendendo a importancia do contacto visual, da expresión corporal e da empatía cara á comunidade xorda. A proposta desenvólvese mediante experiencias significativas nas que os signos non se aprenden por repetición, senón a través da exploración e do descubrimento propio grazas á necesidade real de comunicarse. Finalmente, se reflexiona sobre o potencial transformador da escola como espazo inclusivo e sobre a necesidade de incorporar propostas relacionadas coa Lingua de Signos Española nas primeiras etapas educativas.

Voluntariado xuvenil. Análise do perfil, motivacións e impacto persoal
Autoría
M.F.G.
Grao en Pedagoxía
M.F.G.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
03.07.2026 09:30
03.07.2026 09:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza o perfil sociodemográfico, as motivacións e o impacto persoal do voluntariado xuvenil nos Centros Xuvenís Salesianos de Galicia (Ateibo, Abeiro, Abertal, Amencer e Don Bosco). Baixo un enfoque metodolóxico mixto, a través da aplicación dun cuestionario ad hoc, a investigación indaga en como a acción voluntaria inflúe no benestar subxectivo e no desenvolvemento de competencias transversais nos/as propios/as animadores/as, que constitúen a mostra participante dos ditos centros galegos. Os resultados reflicten un perfil maioritariamente feminino e estudantil, cuxas motivacións combinan o altruísmo co crecemento persoal e a mellora da empregabilidade. Conclúese que o voluntariado nestes centros opera como un potente espazo educativo non formal que favorece a adquisición de habilidades brandas e protexe a saúde mental xuvenil, poñendo de manifesto a necesidade de fortalecer os sistemas de recoñecemento institucional destas competencias.

VARELA PORTELA, CRISTINA (Titoría)
VARELA PORTELA, CRISTINA (Titoría)
Tribunal
PORTO CASTRO, ANA MARIA (Presidente/a)
ESPARIS PEREIRO, JULIO (Secretario/a)
Alzate García, Mónica (Vogal)
PORTO CASTRO, ANA MARIA (Presidente/a)
ESPARIS PEREIRO, JULIO (Secretario/a)
Alzate García, Mónica (Vogal)
Metodoloxías na ensinanza-aprendizaxe das matemáticas en Educación Primaria: o papel das crenzas do profesorado.
Autoría
N.F.I.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
N.F.I.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
16.07.2025 11:30
16.07.2025 11:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao aborda a incidencia do dominio afectivo do profesorado de Educación Primaria na ensinanza das matemáticas. O obxectivo principal é analizar as crenzas e a afectividade do profesorado cara á disciplina e explorar a súa posible relación coas metodoloxías empregadas na aula. Para acadar este obxectivo, o traballo combina unha revisión teórica dos principais compoñentes do dominio afectivo baseada no modelo de McLeod (1989), cunha investigación de campo consistente nun cuestionario de escala Likert aplicado a 34 docentes en activo de Educación Primaria. Os resultados obtidos permiten reflexionar sobre a relación entre a dimensión afectiva do profesorado e as súas decisións metodolóxicas, así como sobre as dificultades inherentes á medición das crenzas docentes mediante instrumentos cuantitativos.

RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Titor do alumno)

Materiais didácticos para explorar a natureza dende a Pedagoxía Montessori
Autoría
A.F.L.
Grao en Pedagoxía
A.F.L.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
30.06.2026 09:00
30.06.2026 09:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao desenvolve unha proposta de intervención pedagóxica baseada na Pedagoxía Montessori aplicada á contorna natural da Casa do Patrón, situada en Codeseda-Lalín. A proposta diríxese ao alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria e ten como finalidade promover unha aprendizaxe activa, significativa e contextualizada a través da etnobotánica galega presente neste espazo natural e cultural. O proxecto parte da importancia da aprendizaxe experiencial e do contacto directo coa natureza como elementos fundamentais para favorecer o desenvolvemento integral do alumnado. Neste sentido, a contorna convértese nun ambiente preparado onde o alumnado participa de forma autónoma na exploración, observación e descubrimento das diferentes especies vexetais e dos seus usos tradicionais. A proposta estrutúrase nun banco de actividades con fases de exterior e interior organizadas segundo diferentes criterios pedagóxicos: sensorial, morfolóxico, textura e defensa natural, uso cotiá e vida diaria, e escala e tamaño. A metodoloxía empregada baséase nos principios Montessori, especialmente na autonomía, na experimentación e no respecto polos ritmos individuais do alumnado. Ademais, promóvese a conexión coa cultura, co patrimonio etnobotánico galego e coa realidade natural da comarca de Deza.

RODRIGUEZ RODRIGUEZ, JESUS (Titoría)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, JESUS (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, JESUS (Titor do alumno)

A perda na literatura infantil: unha análise no álbum contemporáneo
Autoría
S.F.Q.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
S.F.Q.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
03.07.2026 11:30
03.07.2026 11:30
Resumo
A perda é un fenómeno inherente á vida que afecta a tódolos seres humanos. Sen embargo, aínda na actualidade adoita desvincularse e ocultarse da infancia. Neste senso, o presente traballo analiza a representación da perda no álbum ilustrado contemporáneo publicado durante os últimos quince anos. A partir da construción dun marco teórico, confeccionouse un corpus literario ad hoc composto por quince álbums ilustrados publicados entre o 2010 e o 2025 coa temática principal da morte. Así, analizáronse tódolos álbums mediante o emprego dun instrumento de análise deseñado para este estudo, constituído por un sistema de categorías e subcategorías articuladas arredor de dúas grandes dimensións: a primeira, relacionada cos elementos narrativos e estruturais e, a segunda, coa temática da perda e a súa abordaxe. Os resultados evidencian como a representación da perda no álbum responde a uns patróns comúns, como a utilización de metáforas, a personificación da morte, a complementariedade texto-imaxe, a predominancia de perdas próximas e familiares, así como certa ambigüidade para o público infantil. En consecuencia, considerase pertinente promover unha maior naturalización desta temática nos álbums ilustrados, mediante recursos narrativos e situacións diversas que favorezan unha aproximación realista, coidadosa e equilibrada para a infancia.

Xénero e desenvolvemento socioemocional en Educación Primaria: unha revisión bibliográfica
Autoría
S.F.Q.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
S.F.Q.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
02.07.2026 17:00
02.07.2026 17:00
Resumo
O desenvolvemento socioemocional determina o benestar e o crecemento integral da infancia. Non obstante, este proceso está condicionado por cuestións de xénero. O obxectivo deste traballo céntrase en analizar a literatura científica dos últimos dez anos respecto ás diferenzas de xénero e os estereotipos presentes no desenvolvemento socioemocional do alumnado de Educación Primaria. Mediante unha revisión sistemática, analizáronse 15 investigacións relacionadas coas diferenzas de xénero e os estereotipos de xénero presentes en distintos ámbitos do desenvolvemento socioemocional. Así, os resultados amosan que, en áreas concretas como a intelixencia emocional, a percepción social da intelixencia ou a conduta, se manifestan diferenzas relevantes que moldean aos individuos en función das normas de xénero tradicionalmente arraigadas na sociedade. Por iso, a escola ten un papel fundamental no avance cara a coeducación, promovendo ambientes educativos baseados na igualdade de oportunidades e favorecendo un desenvolvemento socioemocional libre de estereotipos de xénero.

ALONSO RUIDO, PATRICIA (Titoría)
ALONSO RUIDO, PATRICIA (Titoría)
Tribunal
SOTELINO LOSADA, ALEJANDRO (Presidente/a)
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Secretario/a)
RIVEIRO RODRIGUEZ, TANIA (Vogal)

O Collage en Educación Primaria: Máis alá do debuxo convencional
Autoría
J.E.F.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
J.E.F.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
17.07.2025 12:00
17.07.2025 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza as posibilidades didácticas e metodolóxicas do collage en Educación Primaria como alternativa ao debuxo convencional. O estudo examina como o predominio das superficies e formas sobre a liña reduce a frustración infantil ao eliminar a necesidade de borrar, o que reforza significativamente a autoestima creativa do alumnado. Deste xeito, explóranse os beneficios do rasgado manual no desenvolvemento da motricidade fina e a estimulación do sentido do tacto fronte ao illamento sensorial das pantallas dixitais. O traballo clasifica tres tipoloxías didácticas e xustifica a súa vinculación co marco curricular vixente en Galicia, destacando o seu valor para a educación ecosocial mediante a reciclaxe creativa adaptada á contorna local. Finalmente, proponse un modelo de avaliación formativa baseado no proceso mediante rubricas, diarios de observación e portafolios artísticos, consolidando esta técnica como un recurso rigoroso de alfabetización visual.

Proxecto de axuda á transición á vida adulta de residentes en casa de familia.
Autoría
D.F.R.
Grao en Educación Social
D.F.R.
Grao en Educación Social
Data da defensa
30.06.2026 11:20
30.06.2026 11:20
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao presenta o deseño dun proxecto de intervención socioeducativa, o cal está orientado a favorecer a transición á vida adulta dos/as mozos e mozas residentes en casas de familia. A proposta nace da realidade da mocidade pertencente ao sistema de protección, que afronta o proceso de emancipación con maiores dificultades debido á falta de redes de apoio estables, á saída temperá dos recursos residenciais e á necesidade de asumir todas as responsabilidades adultas nun curto período de tempo. O traballo fundamenta teoricamente a intervención a través da análise da protección á infancia, o acollemento residencial, a vulnerabilidade social, a transición á vida adulta, o acompañamento socioeducativo, as redes de apoio e os recursos de emancipación. Posteriormente, desenvólvese unha proposta práctica centrada na adquisición de competencias para a vida independente: xestión económica, busca de emprego, organización doméstica, regulación emocional, resolución de conflitos e coñecemento dos recursos comunitarios. A finalidade é promover unha transición máis progresiva, acompañada, autónoma e inclusiva.

DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Titoría)
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Titoría)
Tribunal
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Titor do alumno)

Ponte... nas Ondas! 30 anos dun proxecto educativo entre Galiza e Portugal
Autoría
I.F.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
I.F.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
13.07.2025 13:30
13.07.2025 13:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza o proxecto Ponte… nas Ondas! como unha experiencia educativa innovadora baseada na radio escolar, na cooperación transfronteiriza e na valorización do patrimonio cultural galego-portugués. O estudo sitúase no ámbito da Educación Primaria e céntrase no potencial pedagóxico da radio como ferramenta para fomentar metodoloxías activas, participativas e interdisciplinares. Ao longo do traballo examínanse aspectos relacionados coa comunicación educativa, a identidade cultural compartida entre Galiza e Portugal e o desenvolvemento das competencias comunicativa e dixital no alumnado. A investigación combina a revisión teórica con información recollida a través de formularios e entrevistas realizadas a centros participantes no proxecto. Os resultados obtidos evidencian que a radio escolar favorece a motivación, a participación activa, o traballo cooperativo e a adquisición de competencias clave, ao tempo que contribúe á recuperación e difusión do patrimonio inmaterial galego-portugués. Finalmente, o traballo inclúe propostas didácticas inspiradas nos principios pedagóxicos de Ponte… nas Ondas!, adaptadas ao contexto da Educación Primaria.

MORAN CABANAS, MARIA ISABEL (Titoría)
MORAN CABANAS, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
MORAN CABANAS, MARIA ISABEL (Titor do alumno)

A violencia intrafamiliar e o seu impacto no desenvolvemento e aprendizaxe na primeira infancia
Autoría
J.F.S.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
J.F.S.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
02.07.2026 09:30
02.07.2026 09:30
Resumo
A violencia intrafamiliar constitúe unha das principais causas de exposición ao maltrato durante a primeira infancia en España. Esta situación priva aos nenos e nenas de desenvolverse nunha contorna segura e emocionalmente estable, fundamental para garantir un adecuado desenvolvemento integral. O presente Traballo de Fin de Grao realiza unha revisión sistemática da literatura científica publicada ata abril de 2026 nas bases de datos ERIC, PsycINFO, Web of Science e Dialnet. O obxectivo principal desta investigación é analizar as repercusións que a exposición á violencia intrafamiliar xera no alumnado de Educación Infantil, así como as súas principais manifestacións no contexto escolar. Asemade, o traballo pretende establecer unha serie de orientacións dirixidas ao profesorado para favorecer a identificación temperá destes casos e promover unha resposta educativa adaptada ás necesidades do alumnado afectado. A evidencia científica revisada amosa que convivir en contextos familiares violentos altera profundamente as dinámicas relacionais do fogar e pode xerar consecuencias significativas no desenvolvemento psicomotor, cognitivo, afectivo-emocional e social da infancia. Igualmente, as súas repercusións no ámbito educativo maniféstanse a través de problemas de conduta, respostas somáticas, risco de desenvolver psicopatoloxías, retrasos na linguaxe e dificultades nos procesos de aprendizaxe.

BLANCO SEOANE, VANESSA (Presidente/a)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Secretario/a)
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Vogal)
BLANCO SEOANE, VANESSA (Presidente/a)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Secretario/a)
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Vogal)
A violencia intrafamiliar: impacto no desenvolvemento socioemocional e no rendemento académico do alumnado de Educación Primaria
Autoría
J.F.S.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
J.F.S.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
03.07.2026 10:15
03.07.2026 10:15
Resumo
A exposición á violencia doméstica interrompe o desenvolvemento normativo dos nenos e nenas, impedíndolles medrar nunha contorna segura e emocionalmente estable. O obxectivo do presente estudo é identificar e analizar as repercusións no desenvolvemento socioemocional, na aprendizaxe e no rendemento académico da exposición durante a infancia a un contexto de maltrato no fogar e proporcionar orientacións dirixidas aos e ás docentes de Educación Primaria para identificar e promover unha resposta educativa adaptada ás características deste alumnado. Para iso, levouse a cabo unha Revisión de alcance da literatura científica publicada ata decembro de 2025 nas bases de datos ERIC, PsycINFO, Web of Science e Dialnet. Os resultados obtidos reflicten que a violencia doméstica transforma as dinámicas familiares e dificulta a crianza, xerando un déficit na educación que os nenos e nenas reciben neste ámbito. Ademais, provoca un forte malestar emocional que pode repercutir na súa saúde mental e cambiar a súa conduta, alterando a súa forma de socialización. Por tanto, pódese concluír que a exposición a este contexto afecta ao seu desenvolvemento e a súa aprendizaxe, de forma que precisan unha atención educativa especializada.

A educación emocional como Ferramenta de Educación para a Saúde: análise do papel das emocións na promoción do benestar e a convivencia na aula de Primaria
Autoría
C.F.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
C.F.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
16.07.2025 11:00
16.07.2025 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao inscríbese na modalidade de iniciación á investigación de campo e sitúase na área de Didáctica das Ciencias Experimentais. O estudo céntrase na análise da educación emocional como ferramenta clave da Educación para a Saúde en Primaria. A partir dun enfoque cualitativo baseado na investigación acción, o obxectivo principal é analizar como o desenvolvemento de competencias emocionais contribúe a transformar as representacións mentais do alumnado sobre a saúde, así como ao seu benestar persoal e social. A investigación desenvólvese mediante un estudo de caso nunha aula de Primaria, onde se deseñan e aplican dinámicas específicas. A recollida de datos lévase a cabo mediante cuestionarios e rexistros de observación sistemática, analizados posteriormente a través de rúbricas co fin de describir con rigor os procesos emocionais e detectar posibles situacións de vulnerabilidade. Os resultados permiten identificar indicadores de benestar e malestar, achegando información relevante sobre a realidade emocional do grupo. Conclúese reflexionando sobre o rol do docente como axente promotor de saúde e a necesidade de integrar a dimensión emocional na aprendizaxe das ciencias escolares.

SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Titoría)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Titor do alumno)

Os recursos naturais como fonte de inspiración para o debuxo infantil.
Autoría
J.F.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
J.F.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2026 09:00
03.07.2026 09:00
Resumo
Este traballo de Fin de Grao céntrase no potencial que teñen os recursos naturais como fonte de inspiración para o desenvolvemento do debuxo infantil durante a etapa de Educación Infantil. A través dunha revisión bibliográfica sobre educación artística e a evolución do debuxo infantil, ponse de manifesto a importancia de ofrecerlle as crianzas experiencias de exploración e contacto coa contorna como medio para favorecer a expresión artística. Do mesmo xeito, elabórase unha proposta didáctica dirixida ao segundo ciclo de Educación Infantil, baseada na utilización dos elementos naturais como recurso para a creación artística. Nela, plantéanse diversas actividades orientadas a estimular a observación, a creatividade, e a experimentación, incorporando ademais procedementos instrumentos para a súa avaliación. Con este traballo preténdese destacar o valor educativo da natureza como recurso artístico, así como promover unha concepción da educación artística centrada na exploración e na creatividade, contribuíndo así ao desenvolvemento integral da infancia.

Estratexias para reducir o sedentarismo e fomentar a actividade física en Educación Infantil: unha revisión da literatura científica
Autoría
L.F.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
L.F.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
O aumento do sedentarismo na primeira infancia supón un desafío importante para o desenvolvemento saudable dos nenos e nenas, afectando aspectos físicos, motores, cognitivos e socioemocionais. Neste sentido, a escola convértese nun espazo clave para intervir e promover hábitos activos desde idades temperás. Este Traballo de Fin de Grao ten como finalidade revisar a evidencia científica sobre o sedentarismo en Educación Infantil e identificar estratexias aplicables na escola eficaces para reducir estas condutas e fomentar maiores niveis de actividade en nenos e nenas de 3 a 6 anos. Para iso, levouse a cabo unha revisión da literatura científica seguindo as directrices da Declaración PRISMA. Realizouse unha busca en tres bases de datos: Scopus, Web of Science e SportDiscus. Dos artigos resultantes, 12 cumpriron os criterios de inclusión establecidos e foron analizados en profundidade. Os resultados mostran que a maioría das intervencións analizadas incrementan a actividade física xeral do alumnado, aínda que os cambios no sedentarismo son máis variables. Con todo, demóstrase que a incorporación de oportunidades de movemento na xornada escolar pode ser unha estratexia prometedora para reducir os tempos sedentarios e favorecer estilos de vida máis activos desde idades temperás.

Proposta de intervención para a inclusión do alumnado TEA nas aulas de Educación Infantil
Autoría
C.F.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
C.F.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
Con este traballo de Fin de Grao preténdese traballar por unha inclusión de todo aquel alumnado que conta con algún tipo de NEAE, en concreto aqueles alumnos e alumnas con TEA grado 2. Para iso crearase unha proposta de intervención na que se trate coma principal obxectivo asegurar a inclusión activa das crianzas con TEA grado 2 en actividades relacionadas coa historia e a cultura galega, valores sociais e o coidado da natureza, e desta forma crear un ambiente de aula cómodo e seguro, que responda as necesidades e intereses de todos os alumnos e alumnas.
Con este traballo de Fin de Grao preténdese traballar por unha inclusión de todo aquel alumnado que conta con algún tipo de NEAE, en concreto aqueles alumnos e alumnas con TEA grado 2. Para iso crearase unha proposta de intervención na que se trate coma principal obxectivo asegurar a inclusión activa das crianzas con TEA grado 2 en actividades relacionadas coa historia e a cultura galega, valores sociais e o coidado da natureza, e desta forma crear un ambiente de aula cómodo e seguro, que responda as necesidades e intereses de todos os alumnos e alumnas.
Dirección
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titoría)
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titor do alumno)
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titor do alumno)
Aprender a sentir: unha revisión da literatura académica sobre o desenvolvemento da regulación emocional na primeira infancia
Autoría
S.F.C.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
S.F.C.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
30.06.2026 11:00
30.06.2026 11:00
Resumo
A regulación emocional é a capacidade para identificar, comprender e modular as emocións e as reaccións emocionais apropiadamente para adaptarse ás diferentes situacións e manter o benestar. Implica a toma de conciencia da relación entre emoción, cognición e conduta e a adquisición e o desenvolvemento de estratexias para a xestión emocional adecuada. Esta capacidade non é innata, senón que se desenvolve progresivamente de forma paralela á maduración cognitiva e a través das interaccións coa contorna. O obxectivo principal deste Traballo de Fin de Grao é analizar o desenvolvemento da regulación emocional durante a primeira infancia (0-6 anos) mediante unha revisión da literatura académica publicada entre os anos 2010 y 2026. Para isto, realizouse unha aproximación á revisión bibliográfica sistemática a través do establecemento de criterios de inclusión e de exclusión e a busca e selección de estudos empíricos nas bases de datos ERIC, PsycInfo e Web of Science. Tras un proceso de cribado, incluíronse na revisión 18 investigacións. Os resultados da revisión reafirman a regulación emocional como unha competencia non innata cuxo desenvolvemento se produce de maneira progresiva e está influído por factores de maduración e variables externas, destacando entre estas o contexto familiar, os estilos educativos e o entorno escolar. As investigacións tamén sinalan a existencia de traxectorias de desenvolvemento de regulación emocional diferentes entre os distintos nenos e nenas, mostrando así a importancia do acompañamento emocional e a creación de espazos seguros durante a primeira infancia.

A relación entre a regulación emocional e o rendemento académico na Educación Primaria
Autoría
S.F.C.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
S.F.C.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
01.07.2026 11:00
01.07.2026 11:00
Resumo
A regulación emocional asóciase cunha mellor saúde mental, vínculos afectivos máis saudables e un rendemento máis satisfactorio en diferentes áreas da vida. En Educación Primaria, a regulación emocional resulta esencial porque incrementa a atención e reduce a ansiedade, mellorando o rendemento académico. A pesar da súa relevancia, non existen, no noso coñecemento, traballos de revisión previos que analizasen a relación entre esta habilidade socioemocional e o rendemento durante a Educación Primaria. Por iso, o obxectivo principal deste traballo foi analizar a relación entre a regulación emocional e o desempeño académico. Así, levouse a cabo unha revisión sistemática exhaustiva nas bases de datos ERIC, PsycInfo e Web of Science, incluíndo finalmente sete investigacións. Os resultados amosan unha relación positiva significativa entre as dúas variables, especialmente en matemáticas, ciencias e lectoescritura. Porén, obsérvase que esta relación é principalmente indirecta e recíproca, estando modulada por factores como a idade e o xénero. Así mesmo, resalta a importancia de regular as emocións de afecto negativo a medida que o alumnado avanza na etapa educativa e a esixencia académica aumenta. Isto evidencia a relevancia de incorporar o traballo da educación emocional no currículo escolar.

A Maleta das Lembranzas: unha proposta de innovación con recursos e estratexias para o acompañamento do dó na primeira infancia.
Autoría
N.F.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
N.F.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 11:00
01.07.2026 11:00
Resumo
A morte e o dó continúan a ser temas escasamente abordados no contexto educativo, especialmente na etapa de Educación Infantil, onde a tendencia a evitar estas cuestións limita as oportunidades do alumnado para comprender e expresar as súas emocións. As crianzas tamén experimentan situacións de perda e ausencia e por este mesmo motivo resulta fundamental ofrecerlles espazos seguros nos que poidan construír significados sobre estas vivencias. Neste contexto, o presente Traballo de Fin de Grao ten como finalidade deseñar e avaliar unha proposta de innovación pedagóxica, A maleta das lembranzas, orientada ao acompañamento emocional do dó na primeira infancia. A intervención estrutúrase como unha proba piloto de cinco días, na que se empregan diversos recursos simbólicos e experiencias compartidas para favorecer a expresión emocional, a empatía e a autorregulación. Para isto, a nivel metodolóxico, o traballo combina unha revisión teórica cunha fase de intervención e avaliación no contexto real dunha aula de Educación Infantil. Os resultados apuntan ao valor desta proposta como ferramenta útil para integrar o tratamento da perda na escola, contribuíndo ao desenvolvemento emocional e social do alumnado.

A agresión sexual infantil
Autoría
M.F.J.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
M.F.J.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
16.07.2025 12:30
16.07.2025 12:30
Resumo
A día de hoxe, a agresión sexual infantil constitúe un problema de saúde pública, pero a pesar da gravidade que representa e do entendido que está na poboación, segue a ser un tema tabú. O obxectivo deste traballo fin de grao é o de sensibilizar e concienciar tanto ás familias do alumnado como aos docentes, que forman parte da institución dedicada á ensinanza, ademais a estes últimos tamén se ten como obxectivo formalos na materia. A metodoloxía levada a cabo para a realización deste traballo é a revisión documental, a través do método PRISMA. Durante o proceso de investigación chegouse a una serie de resultados relacionados con estas agresións, entre outros, a elevada cifra negra que existe neste casos de agresión, a vítima maioritariamente son do xénero feminino, os agresores son maiormente achegados á familia ou familiares, os efectos que causan sobre as vítimas son devastadores... Como conclusión, as agresións sexuais infantís supoñen un perigo grave que a día de hoxe non está o suficientemente estudado pola falta de información e o tabú, ademais é una temática sobre a que a xente non está sensibilizada.

O potencial do relato para a introdución do plurilingüismo en Educación Infantil
Autoría
P.F.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
P.F.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 10:00
30.06.2026 10:00
Resumo
Neste traballo de fin de grao proponse explorar o potencial do conto como ferramenta para o plurilingüismo. Partindo dun álbum ilustrado, realizouse unha actividade de narración en castelán, galego e inglés en días sucesivos, incorporando materiais multisensoriais e dramatización con participación activa do alumnado. Nun contexto maiormente castelán-falante, pretendíase mediante esta progresión achegar aos nenos e nenas ás linguas galega e inglesa e despois recoller a través dun instrumento de avaliación sinxelo as súas impresións, de modo que se puidera analizar a reacción fronte as distintas linguas na narración do conto. Para poder levar a cabo a intervención e incorporar os datos observados e obtidos do instrumento de avaliación cóntase co informe positivo do Comité de Ética.

O corpo como ferramenta de creación artística
Autoría
L.F.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
L.F.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2026 10:45
03.07.2026 10:45
Resumo
Con este Traballo de Fin de Grao búscase demostrar a importancia do movemento e experimentar a través dos sentidos durante a etapa de Educación Infantil, rompendo cos métodos máis tradicionais da educación artística para crear un escenario educativo que favoreza a conexión entre a corporalidade e a expresión plástica. Para elo, preséntase o deseño dunha proposta didáctica innovadora que xunta as instalacións de xogo de Javier Abad co proxecto de danza e debuxo de Segni Mossi, coa finalidade de que o corpo e o trazo se entrelacen nunha mesma linguaxe expresiva. Primeiro, realízase unha revisión teórica para xustificar pedagoxicamente a relevancia da corporalidade, o espazo e conexión entre o movemento e os trazos gráficos durante a infancia. Posteriormente, móstrase unha proposta de intervención titulada O corpo crea arte que se divide en sete situacións de aprendizaxe. O obxectivo trátase de construír un espazo onde os nenos e nenas teñan liberdade creativa e o motor da aprendizaxe sexa a manipulación de materiais non estruturados, o movemento autónomo e o xogo con ritmos e luces. Durante este proceso, o/a docente adopta un papel de acompañamento, de facilitación e de observación respectuosa dos procesos de descubrimento e creación dos nenos/as.

Xénero e adolescencia na era dixital. Redes sociais e violencia de xénero nas relacións sexoafectivas entre adolescentes.
Autoría
L.F.P.
Grao en Educación Social
L.F.P.
Grao en Educación Social
Data da defensa
30.06.2026 12:00
30.06.2026 12:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao pretende investigar a violencia de xénero no entorno dixital, centrando a súa atención na poboación adolescente de entre 12 e 18 anos no contexto hispanofalante. A través dunha metodoloxía de investigación documental, elaborouse unha revisión sistemática de literatura científica e documentación especializada en bases de datos como Dialnet, Iacobus ou Google Scholar. A partir disto, constrúese un marco teórico estruturado en capítulos temáticos que abordan o estado da cuestión da ciberviolencia de xénero nesta franxa de idade, así como as principais variables que contribúen á súa perpetuación. Así mesmo, examínanse as principais debilidades existentes nas intervencións socioeducativas dirixidas a esta problemática, propoñendo finalmente liñas de mellora dende o ámbito da Educación Social.

ABEAL PEREIRA, CRISTINA (Titoría)
ABEAL PEREIRA, CRISTINA (Titoría)
Tribunal
ABEAL PEREIRA, CRISTINA (Titor do alumno)

A educación para a morte: proposta de intervención socioeducativa na adolescencia
Autoría
J.F.R.
Grao en Educación Social
J.F.R.
Grao en Educación Social
Data da defensa
30.06.2026 16:45
30.06.2026 16:45
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao presenta o deseño dunha proposta de intervención socioeducativa centrada na prevención e na normalización da morte, dirixida a adolescentes de entre 14 e 18 anos no Centro Xove de Ourense. Partindo da necesidade de romper co monopolio estritamente clínico da finitude, o proxecto reivindica o papel da Educación Social e da dinamización comunitaria para devolverlle á morte a súa dimensión social e humana. A intervención afástase das narrativas infantilizadas mediante o desenvolvemento de estratexias baseadas no ocio educativo, agrupadas en tres bloques fundamentais: a mediación audiovisual, a mediación literaria e artística, e a comunicación horizontal. Conclúese que dotar á mocidade de espazos seguros e refuxios simbólicos permite que o grupo de iguais se converta nun motor de resiliencia comunitaria, garantindo o dereito cidadán a transitar a dor dende o acompañamento colectivo e evitando a soidade ou o illamento ante o sufrimento.

Influencia do estilo cognitivo nas eleccións académicas de ciencias, letras e artes: un estudo na ESO
Autoría
L.F.P.
Grao en Pedagoxía
L.F.P.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
03.07.2026 10:15
03.07.2026 10:15
Resumo
O presente estudo analiza a relación das variables idade e xénero co estilo cognitivo, así como a influencia do estilo cognitivo nas eleccións académicas do alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), co propósito de achegar evidencias relevantes para a orientación educativa e a toma de decisións académicas. A investigación desenvolveuse mediante un deseño mixto de carácter cuasi-experimental cun grupo de 191 estudantes dun Instituto de Educación Secundaria público de Galicia, utilizando un cuestionario ad hoc sobre preferencias académicas e o Verbal Object Spatial Imagination Questionnaire Adolescents (VOSIQ A) para avaliar os estilos de procesamento verbal, espacial e de obxecto. Os resultados evidenciaron a existencia de diferenzas significativas en función do xénero nos tres tipos de procesamento, mentres que a idade só influíu no procesamento de obxecto. Tamén se atopou unha relación entre os perfís cognitivos do alumnado e as súas preferencias académicas cara ás ciencias, letras e artes. Destácase a importancia de incorporar o coñecemento sobre as diferenzas cognitivas individuais nos procesos de orientación educativa, favorecendo intervencións máis personalizadas, inclusivas e axustadas ás características do alumnado, evitando ao mesmo tempo interpretacións deterministas ou estereotipadas sobre as capacidades e eleccións académicas.

A natureza como marco para a aprendizaxe e a alfabetización científica. Proposta didáctica para a Educación Infantil.
Autoría
J.F.N.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
J.F.N.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
05.02.2026 13:00
05.02.2026 13:00
Resumo
Este traballo de fin de Grao ten como obxectivo valorar a necesidade de ofrecer ao alumnado experiencias de aprendizaxe ao aire libre no currículo actual e aborda o deseño dunha proposta educativa dirixida a nenos e nenas do segundo ciclo de Educación Infantil, cuxa finalidade é contribuír á aprendizaxe e ao desenvolvemento das destrezas científicas a través da indagación do medio natural. Para a súa elaboración, realizouse unha revisión bibliográfica minuciosa a partir de diversas fontes académicas, o que permitiu constatar a necesidade de reconectar aos nenos e nenas coa natureza, fortalecendo uns vínculos que se foron debilitando progresivamente nos últimos anos. O contacto co medio natural contribúe ao desenvolvemento integral das crianzas ao incidir positivamente nos diferentes planos que abarca e favorece que o alumnado desenvolva actitudes de respecto e coidado cara o medio ambiente. Así mesmo, a natureza constitúe un contexto especialmente axeitado para o desenvolvemento da mirada e o pensamento científico, ao actuar como un laboratorio natural e vivo que ofrece multitude de oportunidades de exploración e investigación, favorecendo unha aprendizaxe vivencial e significativa.

GARCIA-RODEJA GAYOSO, ISABEL (Titoría)
GARCIA-RODEJA GAYOSO, ISABEL (Titoría)
Tribunal
GARCIA-RODEJA GAYOSO, ISABEL (Titor do alumno)

A narración ficcional como recurso para a promoción do plurilingüismo en educación infantil
Autoría
P.F.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
P.F.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
16.07.2025 19:00
16.07.2025 19:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao desenvolve unha intervención didáctica centrada na narración plurilingüe dun álbum ilustrado. A intervención levarase a cabo nun centro educativo de contexto predominantemente castelánfalante, onde o uso da lingua galega non é habitual. O deseño metodolóxico consiste na narración secuenciada dun mesmo álbum ilustrado en castelán, inglés e galego. Esta progresión partirá de recursos narrativos básicos e enriquecerase semanalmente con apoios multisensoriales e de dramatización. A súa finalidade é fomentar actitudes positivas cara ao plurilingüismo e analizar as reaccións do alumnado, empregando unha ferramenta de avaliación simple para recoller as impresións dos nenos e nenas, permitindo valorar como infúen a variable lingüística e os recursos didácticos na recepción da historia.

Dinamización do aprendizaxe da lingua galega en base a metodoloxía de Aprendizaxe Baseado no Xogo
Autoría
S.G.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
S.G.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
05.02.2026 16:30
05.02.2026 16:30
Resumo
Este documento é un proxecto de intervención no que se presentará unha investigación que fundamenta a metodoloxía Aprendizaxe Baseada no Xogo (ABX) en teorías previas, como o construtivismo entre outras moitas destacando os beneficios cognitivos, lingüísticos e sociais do xogo serio. A análise reflicte limitacións na autonomía do alumnado e na planificación, mais confirma o potencial do ABX para dinamizar linguas minorizadas. Por outra parte se abordará un proxecto de dinamización da aprendizaxe da lingua galega mediante a aplicación da metodoloxía de ABX nun contexto de Educación Infantil. Este tivo como obxectivo a dinamización da aprendizaxe do galego, pois se contextualizará como lingua minorizada fronte ao castelán. Para isto se presentarán as actividades propostas para combatir esta situación contextualizados nunha unidade didáctica previa co fío condutor do conto de Carapuchiña Vermella.

Ponce Romero, Clara Macarena (Titoría)
Ponce Romero, Clara Macarena (Titoría)
Tribunal
Ponce Romero, Clara Macarena (Titor do alumno)

Deseño dun material didáctico manipulativo para o desenvolvemento da motricidade fina en Educación Infantil.
Autoría
N.G.C.
Grao en Pedagoxía
N.G.C.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
30.06.2026 10:30
30.06.2026 10:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao, explicado dende unha modalidade de intervención educativa presenta, como eixe principal de estudo, a motricidade fina na etapa de Educación Infantil por medio dunha proposta de material didáctico; este período é fundamental para comezar a potenciar esta e outras competencias no crecemento integral das persoas. Neste sentido, estamos a falar da adquisición de habilidades vinculadas á autonomía, á coordinación óculo-manual ou á posterior destreza para a escritura. Inclúese a análise de diferentes experiencias de carácter didáctico relacionadas coa psicomotricidade e a innovación pedagóxica, nas cales está fundamentada a elaboración da proposta orixinal. En base ao anterior, xorde o Sistema manipulativo multisensorial para a motricidade fina, deseñado para ser utilizado por nenos/as entre 3 e o 6 anos. Está formulado con criterios de dificultade progresiva e posibles adaptacións a diversas dificultades de aprendizaxe; ademais de contar cunha guía didáctica complementaria de tipo visual. Formulouse para desenvolver a motricidade fina a través de actividades de exploración e experimentación, unha metodoloxía que permite unha aprendizaxe activa e significativa. Para finalizar expóñense, tanto o valor educativo do material nun ámbito no que é preciso crear recursos adaptados a necesidades latentes, como algunhas alternativas de aplicación práctica.

Abuso Sexual Infantil: unha aproximación cuantitativa a un maltrato silenciado
Autoría
M.G.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.G.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2026 17:45
02.07.2026 17:45
Resumo
A abordaxe do Abuso Sexual Infantil (ASI) require dunha profunda análise da súa realidade social, comprendendo que é unha das formas de maltrato mais atroces, especialmente tras a diversificación dos escenarios de abuso propiciada polas tecnoloxías da comunicación. Así, o obxectivo deste traballo centrase en analizar a evolución e caracterización do ASI en España na década 2014-2024, afondando nas variables sociodemográficas das persoas implicadas. Para iso, definiuse unha investigación cuantitativa eminentemente descritiva baseada na recollida e organización de datos estatísticos procedentes de fontes secundarias oficiais. Os resultados revelan que, malia os avances normativos, sociais e educativos, a desprotección das nenas e nenos ante as múltiples formas de abuso sexual é unha realidade. Destacan as asimetrías de idade e xénero, reflectindo unha masiva violencia estrutural e sistemática ás nenas. En conclusión, sinálase a urxencia de mellora na prevención e detección temperá, sendo vital a capacitación do labor docente no marco dunha pedagoxía do coidado.
A abordaxe do Abuso Sexual Infantil (ASI) require dunha profunda análise da súa realidade social, comprendendo que é unha das formas de maltrato mais atroces, especialmente tras a diversificación dos escenarios de abuso propiciada polas tecnoloxías da comunicación. Así, o obxectivo deste traballo centrase en analizar a evolución e caracterización do ASI en España na década 2014-2024, afondando nas variables sociodemográficas das persoas implicadas. Para iso, definiuse unha investigación cuantitativa eminentemente descritiva baseada na recollida e organización de datos estatísticos procedentes de fontes secundarias oficiais. Os resultados revelan que, malia os avances normativos, sociais e educativos, a desprotección das nenas e nenos ante as múltiples formas de abuso sexual é unha realidade. Destacan as asimetrías de idade e xénero, reflectindo unha masiva violencia estrutural e sistemática ás nenas. En conclusión, sinálase a urxencia de mellora na prevención e detección temperá, sendo vital a capacitación do labor docente no marco dunha pedagoxía do coidado.
Dirección
ALONSO RUIDO, PATRICIA (Titoría)
ALONSO RUIDO, PATRICIA (Titoría)
Tribunal
SOTELINO LOSADA, ALEJANDRO (Presidente/a)
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Secretario/a)
RIVEIRO RODRIGUEZ, TANIA (Vogal)
SOTELINO LOSADA, ALEJANDRO (Presidente/a)
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Secretario/a)
RIVEIRO RODRIGUEZ, TANIA (Vogal)
Intervencións educativas para a prevención da ansiedade na etapa de educación primaria: unha revisión
Autoría
J.G.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
J.G.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 10:00
01.07.2026 10:00
Resumo
Experimentar ansiedade na infancia repercute no benestar, no rendemento académico e na socialización. Ademais pode desembocar noutras problemáticas de saúde, tanto físicas como mentais, consecuencias que poden evitarse a través da implementación de programas de prevención. O profesorado de Educación Primaria ten nas escolas un espazo óptimo para a aplicación destes programas. Porén, non existen, no noso coñecemento, traballos de revisión previos que analizasen esta cuestión de xeito específico. Por este motivo, realizouse unha busca da literatura científica publicada antes de marzo de 2026, tanto en PSYCINFO como en Web of Science, empregando como palabras chave ansiedade, prevención, programa, educación primaria e profesorado. A revisión bibliográfica presente examinou os resultados dos programas de prevención da ansiedade implementados por docentes co alumnado de Educación Primaria. Seleccionáronse 15 estudos que cumprían cos criterios de inclusión: 12 ensaios controlados aleatorizados e 3 seguimentos. Os resultados foron limitados, só 3 estudos amosaron unha diminución significativa da ansiedade na postintervención, e 2 nos seguimentos a medio-longo prazo. En definitiva, a meirande parte das intervencións non obtiveron os resultados previstos, polo que se debe analizar que factores puideron repercutir sobre as mesmas, co fin de mellorar a súa efectividade.

A importancia da educación patrimonial na Educación Primaria. Deseño dunha proposta didáctica para o concello de Arteixo
Autoría
P.G.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
P.G.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 12:00
01.07.2026 12:00
Resumo
Este traballo analiza o papel do patrimonio como recurso didáctico para o proceso de ensinanza e aprendizaxe das Ciencias Sociais en Educación Primaria, centrándose principalmente no patrimonio local como elemento clave para propiciar aprendizaxes significativas. Comézase co desenvolvemento dun marco teórico onde se estuda a evolución do concepto de patrimonio xunto coa súa relación coa educación patrimonial, destacando o seu valor para comprender a realidade social e para fomentar actitudes de conservación e respecto. A continuación, realízase unha análise do currículo actual, o Decreto 155/2022, así como do tratamento do patrimonio en diversos manuais escolares, evidenciando limitacións como o seu enfoque descritivo e a escasa presenza do patrimonio local. A partir desta análise, elabórase unha proposta didáctica baseada en metodoloxías activas e centrada no patrimonio da contorna de Arteixo, a cal se implementa nunha aula de 6º de Educación Primaria. Finalmente, avalíanse os resultados obtidos, amosando un aumento na motivación dos discentes e na comprensión do patrimonio.

ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Titoría)
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Titoría)
Tribunal
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Titor do alumno)

Unha proposta didáctica para a educación alimentaria en alumnado de Primaria na aula de inglés
Autoría
P.G.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
P.G.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 16:00
30.06.2026 16:00
Resumo
O presente traballo de Fin de Grao analiza a aplicación dunha proposta didáctica AICLE centrada na educación alimentaria en 5º de Educación Primaria. A investigación desenvolveuse a través da implementación da unidade didáctica The Seasonal Dish, deseñada co obxectivo de promover hábitos de alimentación saudable e sostible empregando o inglés como lingua vehicular. A proposta articúlase arredor de contidos relacionados coa procedencia dos alimentos, os produtos de tempada, a dieta atlántica e o “Modelo do Prato” saudable, integrando metodoloxías activas, traballo cooperativo e tarefas contextualizadas. A investigación adopta un enfoque cualitativo e descritivo, centrado na análise das producións finais elaboradas polo alumnado: catro pósteres cooperativos realizados durante a sesión final da unidade didáctica. En relación coa metodoloxía empregada, os resultados permiten sinalar que o enfoque AICLE non actuou como unha limitación para a aprendizaxe dos contidos científicos traballados. En conclusión, o traballo evidencia o potencial das metodoloxías activas e contextualizadas para abordar a educación alimentaria en Educación Primaria, especialmente cando se integran dentro dun enfoque interdisciplinario como o AICLE.

BROCOS MOSQUERA, PABLO (Titoría)
BROCOS MOSQUERA, PABLO (Titoría)
Tribunal
BROCOS MOSQUERA, PABLO (Titor do alumno)

A voz do alumnado: o espazo educativo como eixo democrático.
Autoría
M.G.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.G.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 12:20
01.07.2026 12:20
Resumo
Este traballo ten como temática principal a análise dos espazos e a importancia da voz do alumnado para reconsideralos. Actualmente as aulas continúan utilizando unha disposición do espazo que se relaciona directamente co estilo de ensinanza tradicional. Por iso, o principal obxectivo deste traballo consiste en relacionar os espazos educativos e as metodoloxías poñendo en valor as opinións dos estudantes. Para poder acadar dito obxectivo, realizouse una implementación nunha aula de terceiro de primaria na que os estudantes realizaron unha maqueta de como sería a súa aula ideal. Utilizaron con total liberdade diferentes técnicas artísticas para construílas e expresar todo o que querían transmitir. A través delas puideron sacarse unha serie de resultados respecto ao que estrañan os discentes na súa clase, sobre como inflúe o espazo na súa maneira de actuar e na súa concesión do proceso ensinanza-aprendizaxe.

A exposición de menores nas redes sociais. Análise e propostas de mellora educativa.
Autoría
A.G.M.
Grao en Pedagoxía
A.G.M.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
29.06.2026 10:30
29.06.2026 10:30
Resumo
O presente traballo de fin de grao, trata sobre as prácticas das familias que comparten a imaxe dos seus fillos e fillas nas redes sociais, sendo o obxectivo principal o de analizar estas prácticas en chave educativa para previr ou solucionar os problemas derivados de esta praxe. Para isto, identificaranse patróns similares en perfís coñecidos por practicar sharenting, examinaranse o tipo de contido de estas contas, estudaranse os riscos asociados e comprobarase o comportamento dos usuarios que consumen este tipo de contido. A maiores, entendendo a lexislación e normativa que protexe aos menores e a súa privacidade nas redes sociais, ofreceranse posibles medidas educativas para familias e profesionais da educación, co obxectivo de lograr a sensibilización e concienciación sobre as problemáticas que ocasionan estas prácticas nos menores de idade. A metodoloxía de traballo será iniciación ao traballo documental, utilizando, para o marco teórico documentos académicos, tales como artigos, capítulos de libro, etc., consultados nas principais bases de datos; e, para o análise das prácticas, utilizaranse como fonte as publicacións de cinco contas de perfís coñecidos na rede social TikTok que realizan sharenting en maior ou menor medida durante un total de cinco meses.

Inmigración e segregación escolar: un estudo situado nos contextos catalán e galegoi
Autoría
N.G.P.
Grao en Pedagoxía
N.G.P.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
30.06.2026 12:30
30.06.2026 12:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grado analiza, entre outros aspectos, a influencia da realidade sociodemográfica catalana sobre o fenómeno da segregación nos centros escolares, ofrecendo unha aproximación pedagóxica e sociolóxica as traxectorias de escolarización do alumnado migrante nos contextos catalán e galego. A través dunha revisión documental e normativa, o estudo contrasta o modelo pasivo de xestión da demanda galego (Decreto 13/2022) fronte ao modelo de intervención proactiva sobre a oferta regulado pola Generalitat de Catalunya (Decreto 11/2021) e o Plan de Choque na rexión de Barcelona. A investigación encadrase dentro dun deseño metodolóxico cualitativo interpretativo, baseado no estudio de caso e recompilando información mediante a realización dunha entrevista semiestructurada a un experto de referenza. Asímesmo, o análise cualitativo se centra en desmitificar a neutralidade da libre elección e traballa sobre os métodos de mercado introducidos nas institucións educativas, correlacionando este suceso coas dinámicas de segregación interna e racismo estrutural. Finalmente, faise referencia as problemáticas que impiden unha transferencia das estratexias postas en marcha no entorno catalán hacia o territorio galego. En todo caso, os resultados alcanzados evidencian que a inspiración no contexto catalán pode ser positiva pero esixen o compromiso colectivo das distintas administracións públicas.

PRIEGUE CAAMAÑO, DIANA (Titoría)
PRIEGUE CAAMAÑO, DIANA (Titoría)
Tribunal
PRIEGUE CAAMAÑO, DIANA (Titor do alumno)

O rol de xénero na literatura infantil
Autoría
S.G.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
S.G.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 11:30
30.06.2026 11:30
Resumo
A literatura infantil, dende os primeiros textos, representou un elemento importante na transmisión das tradicións, culturas e valores propios dunha sociedade e contribuíu ao desenvolvemento persoal e social durante a infancia. Inflúe en como os nenos e nenas percíbense a si mesmos, de tal forma que cando non se ven reflectidos nos libros, non se senten valorados dentro da sociedade. A diferenciación de xénero aparece no contido, linguaxe e ilustracións, mostrando que ningún libro é politicamente inocente. Por iso, unha representación adecuada do xénero é clave para o desenvolvemento da identidade e do autoconcepto. O obxectivo principal deste traballo é analizar a presenza de estereotipos de xénero en libros, valorar a importancia da literatura como ferramenta educativa e influente e establecer pautas para a elección de materiais axeitados. A metodoloxía escollida é a de iniciación á investigación documental. Os resultados obtidos mostran a persistencia de estereotipos de xénero na literatura infantil e a súa influencia na socialización. En conclusión, destácase a importancia de ofrecer aos infantes unha ampla variedade de obras que fomenten o pensamento crítico na aula.

A contorna natural das escolas rurais como medio inclusivo de aprendizaxe: unha proposta educativa para alumnado de educación primaria.
Autoría
R.N.G.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
R.N.G.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2026 18:30
02.07.2026 18:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao configúrase como unha compilación de información orientada a fundamentar unha proposta educativa que integre o espazo natural das escolas rurais como medio de aprendizaxe para favorecer unha educación máis contextualizada e inclusiva. Para organizar a proposta, tomaranse como referencia o marco do Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA) e as metodoloxías participativas, co obxectivo de dar resposta á diversidade de alumnado que conforma as aulas de educación primaria. Deste xeito, xorde un proxecto no que se propoñen actividades para traballar de maneira inclusiva os contidos curriculares a través da aprendizaxe en contacto coa natureza, configurándose como un perfecto escenario para o tratamento e a atención á diversidade.
O presente Traballo de Fin de Grao configúrase como unha compilación de información orientada a fundamentar unha proposta educativa que integre o espazo natural das escolas rurais como medio de aprendizaxe para favorecer unha educación máis contextualizada e inclusiva. Para organizar a proposta, tomaranse como referencia o marco do Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA) e as metodoloxías participativas, co obxectivo de dar resposta á diversidade de alumnado que conforma as aulas de educación primaria. Deste xeito, xorde un proxecto no que se propoñen actividades para traballar de maneira inclusiva os contidos curriculares a través da aprendizaxe en contacto coa natureza, configurándose como un perfecto escenario para o tratamento e a atención á diversidade.
Dirección
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titoría)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titoría)
Tribunal
SOTELINO LOSADA, ALEJANDRO (Presidente/a)
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Secretario/a)
RIVEIRO RODRIGUEZ, TANIA (Vogal)
SOTELINO LOSADA, ALEJANDRO (Presidente/a)
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Secretario/a)
RIVEIRO RODRIGUEZ, TANIA (Vogal)
Xogando a sentir: unha proposta para potenciar o desenvolvemento emocional a través da Educación Física
Autoría
A.G.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.G.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 10:45
01.07.2026 10:45
Resumo
O seguinte Traballo de Fin de Grado presenta unha proposta didáctica na que se reflicte a importancia do xogo motor no desenvolvemento emocional e social do alumnado. Está deseñada para discentes de segundo de Educación Primaria, unha etapa clave para traballar a intelixencia emocional. Esta proposta xorde co fin de empregar a Educación Física como unha ferramenta para o desenvolvemento da Educación Emocional, utilizando o xogo como medio de recoñecemento, interpretación e expresión das emocións. A proposta consta de catro sesións que pretenden fomentar o desenvolvemento emocional do alumnado a través da adquisición de diferentes habilidades emocionais relacionadas coa cooperación, o respecto, a empatía e a autorregulación. Para isto, emprégase unha metodoloxía activa e participativa, na que o alumnado é o protagonista da súa propia aprendizaxe.

ABILLEIRA GONZALEZ, MAITE Cotitoría
RICO DIAZ, JAVIER (Titoría)
ABILLEIRA GONZALEZ, MAITE Cotitoría
Tribunal
ABILLEIRA GONZALEZ, MAITE (Titor do alumno)
RICO DIAZ, JAVIER (Titor do alumno)
ABILLEIRA GONZALEZ, MAITE (Titor do alumno)
RICO DIAZ, JAVIER (Titor do alumno)
O papel do grupo de iguais no desenvolvemento socioemocional de nenos e nenas en Educación Infantil.
Autoría
C.G.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
C.G.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 11:30
30.06.2026 11:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten como finalidade analizar a influencia das interaccións entre iguais no desenvolvemento emocional, social e relacional da infancia durante a Etapa de Educación Infantil. Conceptos como a amizade, a autorregulación emocional e as condutas prosociais constitúen eixos centrais do estudo, poñendo de manifesto a relevancia das relacións interpersoais na adquisición de competencias sociais básicas. A investigación céntrase na identificación dos factores que favorecen ou dificultan o desenvolvemento socioemocional infantil, atendendo ao papel das emocións e das experiencias individuais e colectivas como elementos interrelacionados que condicionan a convivencia, a aprendizaxe social e a construción das relacións entre iguais. Desde o punto de vista metodolóxico, realizouse un traballo de iniciación á investigación documental de carácter teórico mediante a consulta de bases de datos especializadas, concretamente ERIC, Web of Science (WOS) e PsycInfo. Para a procura da información empregáronse descritores como “peer group”, “peer influence”, “social development” e “interpersonal competence”, combinados mediante operadores booleanos e filtros de busca orientados á selección dos estudos máis relevantes. En conxunto, este traballo afonda no papel que desempeña o grupo de iguais nunha etapa educativa clave como é a Educación Infantil, destacando a súa influencia no desenvolvemento integral da infancia e na adquisición de competencias socioemocionais fundamentais.

A educación familiar no sistema penitenciario español: unha oportunidade para a reinserción.
Autoría
N.G.F.
Grao en Pedagoxía
N.G.F.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
30.06.2026 10:00
30.06.2026 10:00
Resumo
Este traballo de fin de grao céntrase na comprensión e análise do papel dos lazos familiares no proceso de reintegración das persoas privadas de liberdade dentro do sistema penitenciario español. O estudo propón unha visión integral que abrangue o período anterior, durante e posterior ao encarceramento, co obxectivo de comprender a fondo como a presenza e o mantemento de lazos familiares inflúen na experiencia carceraria e na posterior transición á vida tras a liberación. Ademais, con base nesta análise, o proxecto identifica e fundamenta os elementos que un programa de educación familiar debe incorporar para ser eficaz neste contexto, co fin de explicar e destacar a importancia da educación familiar como elemento de estabilidade persoal e como factor determinante nas posibilidades de reintegración tras a liberación.
Este traballo de fin de grao céntrase na comprensión e análise do papel dos lazos familiares no proceso de reintegración das persoas privadas de liberdade dentro do sistema penitenciario español. O estudo propón unha visión integral que abrangue o período anterior, durante e posterior ao encarceramento, co obxectivo de comprender a fondo como a presenza e o mantemento de lazos familiares inflúen na experiencia carceraria e na posterior transición á vida tras a liberación. Ademais, con base nesta análise, o proxecto identifica e fundamenta os elementos que un programa de educación familiar debe incorporar para ser eficaz neste contexto, co fin de explicar e destacar a importancia da educación familiar como elemento de estabilidade persoal e como factor determinante nas posibilidades de reintegración tras a liberación.
Dirección
LORENZO MOLEDO, MARIA DEL MAR (Titoría)
LORENZO MOLEDO, MARIA DEL MAR (Titoría)
Tribunal
LORENZO MOLEDO, MARIA DEL MAR (Titor do alumno)
LORENZO MOLEDO, MARIA DEL MAR (Titor do alumno)
Entre contos e encontros. Do texto literario ao xogo para mellorar a competencia comunicativa en Inglés en Educación Primaria
Autoría
V.G.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
V.G.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 13:00
30.06.2026 13:00
Resumo
O ensino do inglés como lingua estranxeira na Educación Primaria require de metodoloxías que favorezan a participación e promovan o uso da lingua en contextos significativos. Neste sentido, o xogo constitúe un recurso didáctico cun gran potencial para impulsar a motivación, a interacción e o desenvolvemento da competencia comunicativa. Partindo desta premisa, o presente Traballo de Fin de Grao ten como finalidade deseñar unha proposta didáctica fundamentada na Aprendizaxe Baseada en Xogos (ABX) para a área de inglés. A proposta susténtase nunha revisión teórica sobre a competencia comunicativa, o valor educativo do xogo e a aplicación de metodoloxías lúdicas no ensino de linguas estranxeiras. Como resultado, deseñouse un xogo de mesa serio inspirado na historia do oso Paddington dirixido ao alumnado de 2º de Educación Primaria. A través de diferentes actividades e dinámicas, os participantes deben empregar a lingua inglesa para axudar a Paddington a volver a Londres. A intervención incorpora materiais de elaboración propia e instrumentos de avaliación aliñados co currículo vixente, configurando unha proposta orientada ao desenvolvemento de competencias lingüísticas, sociais e comunicativas.

RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Titoría)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Titor do alumno)

Condutas de risco no ocio dixital: FoMO e uso problemático das redes sociais na xuventude
Autoría
M.G.S.
Grao en Educación Social
M.G.S.
Grao en Educación Social
Data da defensa
30.06.2026 12:30
30.06.2026 12:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao analiza as condutas de risco asociadas ao ocio dixital na xuventude de 18 a 24 anos, prestando especial atención ao fenómeno do FoMO (medo a perderse algo) e ao uso problemático das redes sociais. A investigación desenvolveuse desde unha metodoloxía cualitativa baseada na realización de catro entrevistas semiestruturadas e dun grupo de discusión integrado por cinco estudantes do Grao en Educación Social, co propósito de explorar as percepcións, experiencias e prácticas da mocidade no seu día a día. Os resultados amosan que o ocio dixital ocupa un lugar central na vida cotiá, funcionando como espazo de socialización, información e entretemento. Con todo, tamén pode dar lugar a dinámicas de hiperconectividade, comparación social e necesidade de validación externa vinculadas aos procesos de construción da identidade, que poden afectar á autoestima, ao descanso, á concentración, ao rendemento académico e/ou laboral e ao benestar emocional. Ante esta realidade, o estudo destaca o papel da Educación Social na promoción dunha competencia dixital crítica, orientada cara a un uso máis consciente, seguro e responsable das tecnoloxías.

VARELA CRESPO, LAURA MARIA (Titoría)
VARELA CRESPO, LAURA MARIA (Titoría)
Tribunal
VARELA CRESPO, LAURA MARIA (Titor do alumno)

Onde están elas? A representación feminina nas aulas de Educación Infantil
Autoría
L.G.S.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
L.G.S.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
01.07.2026 12:00
01.07.2026 12:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao aborda o tratamento da perspectiva feminista na etapa de Educación Infantil, examinando as concepcións e prácticas do profesorado con relación ao uso da literatura infantil como ferramenta coeducativa. O marco teórico aborda o desenvolvemento das crianzas de 3 a 6 anos, os procesos de socialización de xénero e o papel da coeducación e da literatura infantil na construción temperá da identidade. A metodoloxía baséase nun estudo de caso de carácter cualitativo, empregando como instrumento de recollida de información unha entrevista semiestruturada dirixida a sete docentes dun CEIP da provincia de A Coruña. A análise dos datos permitiu explorar as concepcións do profesorado sobre a perspectiva feminista, as prácticas e recursos empregados na aula, os criterios de selección de literatura infantil e as dificultades percibidas para integrar a perspectiva de xénero no traballo cotiá. Este traballo pretende ofrecer unha reflexión útil sobre o uso pedagóxico da literatura infantil e contribuír a unha práctica docente máis consciente, crítica e comprometida coa coeducación.

Que falen elas: mulleres protagonistas na LIX da Educación Primaria
Autoría
L.G.S.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
L.G.S.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
01.07.2026 10:30
01.07.2026 10:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao aborda a representación feminina na Literatura Infantil e Xuvenil (LIX) destinada ao alumnado de Educación Primaria, analizando os modelos de feminidade transmitidos, os estereotipos que se manteñen ou se cuestionan e a evolución nos álbums ilustrados anteriores e posteriores ao 2010. O marco teórico estrutúrase arredor de tres eixos: a relación entre a LIX e os estereotipos de xénero, a transmisión e transformación dos roles na narrativa e os desafíos contemporáneos vinculados á persistencia do estereotipo. A metodoloxía adopta un enfoque mixto cunha base cualitativa interpretativa, complementada con datos cualitativos descritivos. Realizouse unha análise en profundidade dun corpus de álbums ilustrados organizados por ciclos educativos, atendendo a elementos como os roles dos personaxes, a iconografía e a presenza de discursos igualitarios ou estereotipados. Posteriormente, elaborouse un rexistro de frecuencias que permitiu identificar tendencias xerais e comparar a representación feminina entre períodos de publicación. Este traballo pretende ofrecer unha reflexión fundamentada sobre o potencial educativo da LIX como ferramenta para promover a igualdade, a lectura crítica e a construción de referentes diversos na etapa de Primaria.

Figuras heroicas e antiheroicas na Literatura Infantil e Xuvenil: Análise da percepción do alumnado de Educación Primaria sobre os estereotipos de xénero
Autoría
L.G.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.G.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2026 10:15
03.07.2026 10:15
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza as figuras heroicas e antiheroicas na Literatura Infantil e Xuvenil (LIX) desde unha perspectiva de xénero, prestando atención aos estereotipos asociados aos personaxes e a súa percepción por parte do alumnado de Educación Primaria. Partindo da consideración da literatura infantil como ferramenta de socialización e educación en valores, examínanse os modelos de feminidade e masculinidade presentes en contos tradicionais e nas súas reescrituras contemporáneas. A investigación desenvolveuse mediante unha metodoloxía mixta cunha mostra de 40 alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria dun centro público do concello de Ames. A intervención combinou a lectura e análise de diferentes relatos, a aplicación de cuestionarios semiestruturados e a elaboración de producións escritas por parte do alumnado. Os resultados mostran a persistencia de modelos heroicos tradicionalmente asociados á masculinidade, representados por figuras como o cazador ou o príncipe. Non obstante, as reescrituras contemporáneas e as creacións do alumnado favorecen a aparición de personaxes femininas máis activas, autónomas e resolutivas, así como unha maior complexidade na súa interpretación. Conclúese que a educación literaria crítica constitúe unha ferramenta relevante para identificar e cuestionar os estereotipos de xénero presentes na literatura infantil e promover referentes máis igualitarios.

Musicoterapia educativa como ferramenta para o desenvolvemento emocional en Educación Infantil. Fundamentación teórica e revisión sistemática da evidencia científica.
Autoría
A.G.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.G.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 11:30
30.06.2026 11:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao consiste nunha revisión bibliográfica sistemática sobre o impacto e utilidade da musicoterapia educativa no desenvolvemento emocional do alumnado de Educación Infantil (3-6 anos). A educación emocional, recoñecida na lexislación actual (Real Decreto 95/2022 e Decreto 150/2022 de Galicia), atopa na música un recurso pedagóxico idóneo pola súa capacidade de activar redes neuronais relacionadas co pracer, coa motivación e coas emocións. O obxectivo principal é analizar a evidencia científica dispoñible nos artigos publicados entre 2010 e 2026 sobre este tema. Seguindo o marco SPIDER e os criterios da declaración PRISMA 2020, realizouse unha busca formal en Dialnet, Scopus e WOS, seleccionando finalmente nove estudos primarios internacionais de metodoloxía mixta. Os resultados indican que as estruturas musicais facilitan a identificación e o recoñecemento de estados afectivos, ofrecen canles de expresión non verbal adecuados para a inclusión e a atención á diversidade, e axudan a regular as emocións mediante o control inhibitorio rítmico. Conclúese en que a musicoterapia educativa é unha ferramenta eficaz para a prevención e o benestar, sempre e cando se aplica con intencionalidade didáctica e se forma continuamente ao profesorado socioemocional e musical.

ESPARIS PEREIRO, JULIO (Titoría)
ESPARIS PEREIRO, JULIO (Titoría)
Tribunal
ESPARIS PEREIRO, JULIO (Titor do alumno)

Acción Socioeducativa e prevención do absentismo escolar en menores en situación de risco e exclusión social: unha análise de boas prácticas
Autoría
L.G.C.
Grao en Educación Social
L.G.C.
Grao en Educación Social
Data da defensa
30.06.2026 10:00
30.06.2026 10:00
Resumo
O absentismo escolar constitúe unha problemática educativa e social complexa, especialmente presente en contextos de vulnerabilidade e exclusión social. Máis alá da falta de asistencia á escola, este fenómeno relaciónase con múltiples factores de carácter persoal, familiar, escolar e social que poden influír na desvinculación progresiva do alumnado respecto ao sistema educativo. Este traballo analiza o fenómeno do absentismo escolar, os seus factores asociados, as súas consecuencias e o marco normativo existente para a súa prevención e intervención. Así mesmo, estúdase o papel da Educación Social no ámbito escolar, prestando especial atención ás funcións socioeducativas relacionadas coa prevención do absentismo e á situación da Educación Social nos centros educativos galegos. A investigación realizouse mediante unha revisión bibliográfica e documental complementada cunha análise de boas prácticas orientadas á prevención do absentismo escolar. Os resultados evidencian a importancia do traballo en rede, da intervención coas familias, da prevención temperá e do acompañamento socioeducativo como elementos para favorecer a inclusión educativa e social do alumnado.

MAROÑAS BERMUDEZ, ANDREA (Titoría)
MAROÑAS BERMUDEZ, ANDREA (Titoría)
Tribunal
MAROÑAS BERMUDEZ, ANDREA (Titor do alumno)

Pornografía, prostitución e consentimento: unha proposta de intervención feminista de educación sexual crítica para a adolescencia.
Autoría
Z.G.E.
Grao en Pedagoxía
Z.G.E.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
30.06.2026 11:30
30.06.2026 11:30
Resumo
A pesar de que cada vez son máis os estudos que alertan sobre a influencia que exercen internet, as redes sociais e a pornografía na construcción da sexualidade adolescente, a educación afectivo-sexual continúa tendo unha presenza limitada dentro do contexto educativo. En moitas ocasións, os e as adolescentes acceden a contidos sexuais sen dispoñer das ferramentas críticas necesarias para comprender cuestións relacionadas co consentimento, as relacións igualitarias, a violencia de xénero ou os estereotipos presentes nos contornos dixitais. Por iso, deseñouse este proxecto dirixido ao alumnado de 3º da Educación Secundaria Obrigatoria, coa finalidade de promover unha educación afectivo-sexual baseada na igualdade, o respecto e a alfabetización dixital. Preténdese favorecer a reflexión sobre a influencia da ponografía, o sexting, a violencia dixital e determinados discursos presentes nas redes sociais.

A presencia da competencia dixital no Grado en Pedagoxía da USC: análisis e proposta de mellora.
Autoría
E.G.F.
Grao en Pedagoxía
E.G.F.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2026 10:00
01.07.2026 10:00
Resumo
A sociedade actual, na que as tecnoloxías dixitais ocupan un papel central, esixe que os e as profesionais da pedagoxía exerzan a súa labor nos distintos contextos nos que actúan sendo competentes dixitalmente. O presente traballo analiza a presenza da competencia dixital no plan de estudos do Grao en Pedagoxía da Universidade de Santiago de Compostela, tomando como marco de referencia o Marco Europeo para a Competencia Dixital dos Educadores (DigCompEdu). Para iso, levouse a cabo un estudo empírico no que se deseñou unha rúbrica baseada no DigCompEdu para a análise das materias que compoñen o grao. A partir dos achados obtidos, identifícanse as principais brechas entre a formación ofrecida e as esixencias do perfil profesional actual, propoñendo ademais unha serie de competencias dixitais para a súa actualización, así como implicacións concretas para a revisión do plan de estudos.

CASAL OTERO, LORENA (Titoría)
CASAL OTERO, LORENA (Titoría)
Tribunal
CASAL OTERO, LORENA (Titor do alumno)
CASAL OTERO, LORENA (Titor do alumno)
Mellorando con movemento.
Autoría
A.G.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.G.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
A motricidade enténdese como a capacidade de realizar movementos controlados e coordinados. En este traballo de Fin de Grao, amósase unha proposta para alumnado de 4 anos, con capacidade de adaptación para realizar tamén nos fogares. Esta proposta busca dar a importancia que se merece a motricidade, distinguindo e alternando actividades de motricidade fina con actividades de motricidade grosa, posto que existen centros que non imparten ningunha clase sobre a materia. Esquecéndose da importancia que presenta a nivel de desenvolvemento cognitivo, social e expresión emocional para o alumnado.
A motricidade enténdese como a capacidade de realizar movementos controlados e coordinados. En este traballo de Fin de Grao, amósase unha proposta para alumnado de 4 anos, con capacidade de adaptación para realizar tamén nos fogares. Esta proposta busca dar a importancia que se merece a motricidade, distinguindo e alternando actividades de motricidade fina con actividades de motricidade grosa, posto que existen centros que non imparten ningunha clase sobre a materia. Esquecéndose da importancia que presenta a nivel de desenvolvemento cognitivo, social e expresión emocional para o alumnado.
Dirección
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titoría)
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titor do alumno)
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titor do alumno)
Proposta didáctica para o desenvolvemento psicomotor mediante xogos tradicionais en 2º ciclo de Educación Infantil. “Xogamos como os nosos avós con Tadeo”
Autoría
M.G.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
M.G.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 11:30
30.06.2026 11:30
Resumo
As habilidades psicomotrices considéranse fundamentais para o desenvolvemento integral do alumnado de Educación Infantil (EI), polo que é esencial traballalas desde unha idade temperá. O xogo fomenta a aprendizaxe e o desenvolvemento das habilidades motoras. Os xogos tradicionais contribúen ao desenvolvemento das habilidades perceptivo-motrices. O obxectivo deste Traballo de Fin de Grao (TFG) foi deseñar e analizar unha proposta docente para o desenvolvemento das habilidades psicomotrices a través de xogos tradicionais no segundo ciclo de EI. O deseño metodolóxico da proposta consistiu nunha abordaxe híbrida que combina unha Programación Didáctica e unha Unidade Didáctica, cos seguintes apartados: un marco teórico que xustifica o uso dos xogos tradicionais e os seus efectos no desenvolvemento psicomotor; a contextualización do centro educativo, situado na Guarda, e o grupo obxectivo (10 estudantes), dirixido ao sexto curso de EI; a especificación curricular, a metodoloxía e o sistema de avaliación. Tras analizar esta proposta, tendo en conta a escaseza de propostas similares en Educación Infantil; pódese considerar que as actividades incluídas na proposta deseñada, centradas en diferentes xogos tradicionais, como o xogo da mariola, a carreira de sacos, entre outros..., e onde tamén participan as familias, contribúen á mellora das habilidades motrices do alumnado.

Da emoción á prevención: unha alfombra sensorial que busca a sensibilización das crianzas sobre as consecuencias dos incendios forestais.
Autoría
L.G.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
L.G.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 12:00
30.06.2026 12:00
Resumo
Este Traballo Final de Grao (modalidade intervención) recollerá o deseño e confección dunha alfombra sensorial, deseñada como un material didáctico innovador para implementar especialmente en aulas do rural galego. Dito recurso terá por obxectivo principal a concienciación das consecuencias dos incendios forestais nos montes galegos adaptado para alumnado de Educación Infantil. Con este deseño innovador buscarase a sensibilización dos nenos e nenas acerca de todas aquelas problemáticas que poden traer consigo os incendios forestais que tan extendidos estiveron pola nosa terra no ano 2025. Asi mesmo, para esta nova proposta recurrirase aos sentidos para achegar novas aprendizaxes dun xeito diferente e atractivo. En canto a metodoloxía que se vai a seguir estará combinada cunha parte máis teórica, na que se aclararán conceptos sobre a educación ambiental ou a estimulación sensorial. Por outra banda, existirá unha parte adicada ao deseño e confección do recurso didáctico mantendo a sensibilización na escolla continuada de materiais adecuados.

Contos e valores en Educación Infantil: deseño dunha proposta educativa
Autoría
R.G.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
R.G.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 19:00
01.07.2026 19:00
Resumo
Este TFG inscríbese na modalidade de deseño dun proxecto de innovación pedagóxica. O traballo céntrase no uso dun conto infantil orixinal como recurso educativo para favorecer a adquisición de valores na etapa de Educación Infantil, especialmente aqueles relacionados coa amizade, a diversidade e a tolerancia. A historia, protagonizada por animais con características e habilidades diferentes, servirá como punto de partida para examinar as posibilidades educativas da literatura infantil no desenvolvemento socioemocional do alumnado. Os obxectivos do TFG son analizar o potencial pedagóxico dos contos, revisar a literatura científica vinculada ao traballo de valores e á lectoescritura emerxente, e deseñar unha proposta educativa que poida ser adaptable a diferentes contextos. Prevese incluír diversas actividades manipulativas e de iniciación ao código escrito relacionadas co conto, tales como o uso de tarxetas ilustradas, xogos de identificación de letras ou dinámicas sensoriais, co propósito de favorecer a familiarización coas palabras significativas da historia. A metodoloxía baséase principalmente na revisión documental, complementada polo deseño dunha intervención teórica que, previsiblemente, podería ser aplicada en futuros contextos reais de aula. O traballo pretende ofrecer un marco fundamentado que sirva como referencia para futuras prácticas educativas.

O museo como recurso para comprender a vida tradicional de Galicia
Autoría
J.B.G.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
J.B.G.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 11:00
01.07.2026 11:00
Resumo
ste traballo de Fin de Grao analiza o potencial educativo dos museos como recurso para a ensinanza das Ciencias Sociais en Educación Primaria. A partir dunha fundamentación teórica baseada na educación patrimonial, o patrimonio etnográfico, o papel educativo dos museos e as metodoloxías activas, deseñase unha proposta didáctica dirixida ao alumnado de 4º de Educación Primaria. A intervención ten como eixo central a visita ao Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela), co obxectivo de favorecer o coñecemento e a comprensión da vida tradicional galega mediante experiencias de aprendizaxe significativas e contextualizadas. A proposta estruturase en nove sesións que inclúen actividades previas, durante e posteriores á visita, promovendo a investigación, a observación, o traballo cooperativo e a reflexión crítica. Como produto final, o alumnado crea un museo escolar no que comparte os coñecementos adquiridos a través de maquetas e exposicións orais. Esta proposta pretende contribuír ao desenvolvemento de competencias clave, fomentar a valoración e conservación do patrimonio cultural galego e evidenciar a importancia de integrar os museos no currículo escolar como espazos de aprendizaxe activos, participativos e conectados co entorno.

Castro Fernández, Belén María (Titoría)
Castro Fernández, Belén María (Titoría)
Tribunal
Castro Fernández, Belén María (Titor do alumno)

Análise das relacións entre familia e sistema educativo
Autoría
R.G.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
R.G.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
30.06.2026 11:30
30.06.2026 11:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo analizar as relacións entre familia e sistema educativo na etapa de Educación Infantil, identificando os factores que inflúen na súa configuración, así como as principais dificultades e estratexias de mellora. Para iso, desenvólvese unha revisión sistemática da literatura científica seguindo as directrices PRISMA, baseada en artigos indexados en Scopus entre 1999 e 2026, dos cales se seleccionaron finalmente oito estudos para a súa análise en profundidade. Os resultados evidencian que a comunicación fluída, a actitude positiva do profesorado e a implicación familiar son elementos clave na construción de relacións de confianza. Así mesmo, confírmase que unha relación familia-escola favorable repercute positivamente no desenvolvemento académico e socioemocional do alumnado. Non obstante, tamén se identifican dificultades relevantes, como a falta de delimitación de roles, as diferenzas de expectativas, ou a escasa participación familiar, entre outras. En conclusión, o estudo destaca o papel central do profesorado como mediador destas relacións e a necesidade de promover estratexias colaborativas baseadas na comunicación e no respecto mutuo, co fin de avanzar cara modelos educativos máis integradores e efectivos.

Relación familia escola: análise cualitativa comparativa en CEIPs Santiago-Palas de Rei
Autoría
R.G.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
R.G.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
30.06.2026 12:00
30.06.2026 12:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao, enmarcado dentro dos proxectos de intervención, ten como finalidade analizar e interpretar as percepcións do profesorado e das familias sobre a relación familia-escola na etapa de Educación Primaria; partindo dunha perspectiva cualitativa comparativa entre dous contextos diferenciados (rural e urbano) concretados en dous centros educativos de Santiago de Compostela e Palas de Rei. Desde o punto de vista metodolóxico, o estudo inscríbese no enfoque cualitativo, empregando como técnica principal a aplicación de cuestionarios dirixidos a ambos colectivos. Estes instrumentos, compostos por ítems de escala Likert e preguntas abertas, permitiron unha análise interpretativa centrada na identificación de tendencias, discursos e significados outorgados ás respostas obtidas. Os resultados evidencian a existencia dun marco conceptual compartido entre familias e profesorado en relación á relevancia da implicación familiar no proceso educativo. Non obstante, obsérvanse diferenzas significativas na súa concreción práctica, especialmente no relativo á interpretación dos conflitos e ao impacto emocional, sendo o profesorado quen manifesta unha maior carga neste último ámbito. En conclusión, a relación familia-escola preséntase como un espazo de colaboración asentado sobre unha valoración positiva común, mais condicionado por desaxustes nos roles, nas expectativas e na xestión das dinámicas interpersoais.

Cores sen etiquetas. Unha proposta artística para promover a coeducación na Educación Infantil.
Autoría
S.G.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
S.G.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
Na etapa de Educación Infantil, o currículo oculto actúa como un transmisor silencioso de prexuízos tradicionais, limitando o seu desenvolvemento integral ao condicionar a configuración da identidade de xénero. Esta dinámica restrinxe a liberdade nas relacións e nos xogos a través de binarismos normativos que terminan por encasillar as creacións artísticas do alumnado, operando de maneira hexemónica. En contraste, a arte considérase unha linguaxe transversal e unha ferramenta de expresión, cun valor educativo que permite explorar identidades diversas desde a empatía e a pluralidade. Desta forma, eríxese neste escenario como unha poderosa gramática visual de formas, texturas e cromatismos. Polo tanto, o obxectivo último deste traballo é desenvolver unha sólida fundamentación teórica e unha proposta de intervención innovadora que desplace o debate cara á lectura crítica de mensaxes e roles ocultos na infancia. A través dunha metodoloxía orientada á transformación social, demóstrase que o acto de crear fúndese co dereito a ser, convertendo a aula nun horizonte onde as cores carezan de etiquetas.

CORTIZAS VARELA, OLALLA (Titoría)
CORTIZAS VARELA, OLALLA (Titoría)
Tribunal
CORTIZAS VARELA, OLALLA (Titor do alumno)

A sociedade capitalista e a exclusión social das persoas con drogodependencias
Autoría
L.G.P.
Grao en Educación Social
L.G.P.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2026 10:30
02.07.2026 10:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao analiza a exclusión social das persoas con drogodependencias como unha consecuencia estrutural do sistema capitalista, afastándose da idea de que se trata dun fracaso persoal. Mediante unha metodoloxía cualitativa de deseño biográfico-narrativo, realizáronse entrevistas en profundidade a tres persoas con traxectorias de consumo abusivo. Os resultados evidencian que o modelo socioeconómico actual, fundamentado na desigualdade e no individualismo, xera un profundo malestar; deste modo, o consumo de sustancias constitúese como un mecanismo práctico de evasión. Así mesmo, constátase que a exclusión e o estigma están condicionados pola desigualdade de clase e xénero, ao cal súmase unha dobre moral institucional: o Estado normaliza e lúcrase con certas sustancias legais, mentres marxina e penaliza as disidencias. Ante o fracaso do actual enfoque médico-punitivo, o cal se centra na individualización da culpa e na coerción, o presente estudo conclúe reivindicando a pertinencia da Educación Social. Proponse abandonar o asistencialismo en favor dunha intervención socioeducativa crítica e comunitaria, baseada na redución de danos, no fin do paternalismo e na transformación da contorna para promover unha verdadeira inclusión estrutural.

Sentir as matemáticas: relación práctica entre a música tradicional galega e as matemáticas en Educación Primaria.
Autoría
A.M.G.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.M.G.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 10:45
01.07.2026 10:45
Resumo
A normativa educativa vixente en Galicia para Educación Primaria promove unha ensinanza baseada en competencias para renovar a practica docente. Introduce novos enfoques de aprendizaxe, avaliación e metodoloxías innovadoras. Estas dinámicas caracterízanse pola súa transversalidade e a integración de diferentes áreas de coñecemento para promover aprendizaxes significativas no alumnado. Baixo esta premisa, este TFG plantexa o deseño dunha proposta de innovación pedagóxica dirixida ao alumnado de 5º de Educación Primaria, centrada na relación entre a aprendizaxe da música e as matemáticas. O obxectivo xeral deste TFG é establecer estratexias que promovan unha aprendizaxe transversal e significativa mediante a vinculación entre as matemáticas e a música na aula de 5º EP. Para esta investigación emplearase a metodoloxía Investigación exploratoria de corte transversal, mentres que para o deseño da proposta de innovación, emplearase a Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP). Así, preténdese fomentar no alumnado o empoderamento, traballo en equipo e o desenvolvemento das habilidades de negociación vinculadas, entre outras, á xestión das emocións, contribuíndo así a unha formación máis relevante e equitativa, acorde ao ODS 4, educación de calidade.

PAMPILLO RETANA, MARIA ROSA (Titoría)
PAMPILLO RETANA, MARIA ROSA (Titoría)
Tribunal
PAMPILLO RETANA, MARIA ROSA (Titor do alumno)

O breakout como ferramenta innovadora para a ensinanza do inglés en educación primaria: estudo contrastivo
Autoría
L.G.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.G.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2026 11:30
03.07.2026 11:30
Resumo
No ensino de linguas estranxeiras, o uso de metodoloxías activas consolidouse como unha necesidade para dar resposta aos retos do contexto educativo actual. Neste sentido, a incorporación do xogo mediante a gamificación e a Aprendizaxe Baseada en Xogos favorece unha aprendizaxe máis dinámica, participativa e significativa. Partindo desta perspectiva, o presente Traballo de Fin de Grao analiza o potencial do breakout educativo como ferramenta didáctica na área de lingua inglesa. Para iso, deséñase unha proposta gamificada orientada ao repaso e a consolidación de contidos relacionados co corpo humano e os hábitos saudables, integrando a resolución de retos e o traballo cooperativo. A proposta impleméntase en dous niveis de Educación Primaria, 4º e 6º curso, co obxectivo de observar o seu desenvolvemento e realizar unha comparación entre ambos grupos. A posta en práctica nun contexto real permite recoller información a través da observación directa e da percepción do propio alumnado. A análise dos resultados evidencia melloras na implicación, na participación e na motivación, así como unha valoración positiva da experiencia. En conxunto, confírmase a utilidade do breakout para favorecer a aprendizaxe do inglés.

Cannabis na mocidade: análise socioeducativa da realidade actual na Mariña Lucense
Autoría
N.G.T.
Grao en Educación Social
N.G.T.
Grao en Educación Social
Data da defensa
06.07.2026 09:30
06.07.2026 09:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao analiza a realidade do consumo de cannabis na adolescencia na Mariña Lucense dende unha perspectiva socioeducativa. O estudo ten como principal obxectivo coñecer a situación actual do consumo na poboación adolescente de entre 12 e 18 anos, a súa evolución, os factores asociados e as consecuencias derivadas do mesmo. Para isto, empregouse unha metodoloxía cualitativa de carácter descritivo-exploratorio, utilizando como técnica de recollida de datos unha entrevista semiestruturada. As entrevistas realizáronse a tres profesionais da Unidade de Atención a Drogodependencias (UAD) de Burela: unha enfermeira, unha psicóloga e unha traballadora social. Os resultados obtidos mostran unha importante normalización do consumo de cannabis entre a mocidade, unha baixa percepción de risco e unha elevada influencia do grupo de iguais e do contexto social no inicio do consumo. Ademais, identifícanse consecuencias a nivel académico, emocional, familiar e social. Ademáis, destacase a importancia da prevención e da intervención socioeducativa, así como a necesidade de reforzar os recursos e actuacións dirixidas á mocidade no contexto da Mariña Lucense.

Secuelas invisibles: O eco da ideación suicida adolescente dende unha mirada socioeducativa
Autoría
A.G.F.
Grao en Educación Social
A.G.F.
Grao en Educación Social
Data da defensa
06.07.2026 10:30
06.07.2026 10:30
Resumo
O suicidio adolescente é unha problemática complexa que transcende o ámbito clínico e require unha comprensión integral dos factores sociais, relacionales e educativos implicados. A pesar dos avances en prevención e intervención, moitas estratexias institucionais continúan centrándose na xestión da crise inmediata, prestando menor atención ás consecuencias emocionais, sociais e identitarias que poidan persistir. Este traballo analiza criticamente os principais protocolos e plans de intervención en conduta suicida adolescente vixentes a nivel estatal e autonómico, co obxectivo de determinar en que medida incorporan estratexias de acompañamento e seguimento máis aló da fase de crise. Para conseguilo, empregouse unha metodoloxía cualitativa baseada na análise documental de normativa, protocolos institucionais e literatura científica especializada. Os resultados evidencian avances en detección temperá, atención sanitaria e coordinación interinstitucional. Con todo, identifican unha escasa presenza de estratexias orientadas ao acompañamento relacional, apoio emocional continuado e reconstrución do proxecto vital tras a crise suicida. Estas carencias reforzan a necesidade de complementar o modelo médico-sanitario con enfoques socioeducativos capaces de atender as catalogadas como “secuelas invisibles”. Neste contexto, a Educación Social emerxe como unha disciplina fundamental para promover intervencións integrais, comunitarias e centradas na persoa.

Proposta de Intervención para a mellora do desenvolvemento emocional e social do alumnado con TEA.
Autoría
L.G.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.G.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 11:00
30.06.2026 11:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao, enmarcado no ámbito da atención á diversidade, ten como obxectivo principal realizar unha revisión bibliográfica profunda, a través da cal se deseñe unha proposta de intervención educativa que favoreza a mellora do desenvolvemento socioemocional nun alumno con Trastorno do Espectro Autista (TEA) en Educación Primaria. Para levar a cabo a proposta, tomarase como punto de partida o estudo de caso dun alumno con TEA no contexto escolar ordinario, no cal se detectan certas limitacións na comunicación social, déficits no establecemento das relacións cos iguais e dificultades na identificación e xestión das emocións. Partindo desta análise, a intervención apoiarase nun enfoque inclusivo e individualizado, empregando metodoloxías activas, apoios visuais, un ensino estruturado e programas específicos como TEACCH, Sistemas Aumentativos e Alternativos de Comunicación (SAAC) e Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC). Os resultados establécense a partir dun sistema de avaliación con diferentes ferramentas de rexistro que permiten analizar os progresos en cada unha das áreas socioemocionais traballadas. Así mesmo, espérase unha melloría na identificación e comprensión das emocións básicas, así como as habilidades sociais, o desenvolvemento da empatía cognitiva e a autorregulación emocional. En conclusión, esta proposta de intervención pretende favorecer unha resposta por parte do alumnado con TEA que demostre o seu progreso na área socioemocional, participación activa, benestar emocional e inclusión nun contexto educativo ordinario.

Camiñando cos teus zapatos- Análise sobre as adaptacións e estratexias metodolóxicas sobre as ciencias naturais para nenos e nenas con TDAH e TEA.
Autoría
A.G.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.G.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 12:00
01.07.2026 12:00
Resumo
O TDAH e o TEA son os trastornos da infancia máis cotidianos na aula, os mestres e mestras non exercen unas medidas para cada característica por medida curricular, pero deberían estar mellor formados en distintas situacións. O meu traballo vai principalmente facendo un recorrido a través da información coñecida por diferentes expertos de cada un dos trastornos, pasando pola historia e documentos oficiales actuais, este traballo é una axuda a todas esas persoas que padecen destes trastornos.
O TDAH e o TEA son os trastornos da infancia máis cotidianos na aula, os mestres e mestras non exercen unas medidas para cada característica por medida curricular, pero deberían estar mellor formados en distintas situacións. O meu traballo vai principalmente facendo un recorrido a través da información coñecida por diferentes expertos de cada un dos trastornos, pasando pola historia e documentos oficiales actuais, este traballo é una axuda a todas esas persoas que padecen destes trastornos.
Dirección
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Titoría)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Titor do alumno)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Titor do alumno)
Medrar en galego: proposta didáctica de inmersión lingüística en Educación Infantil. O galego como idioma de uso, aprendizaxe e identidade.
Autoría
N.G.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
N.G.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
05.02.2026 10:00
05.02.2026 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao baséase no deseño dun proxecto de intervención que ten como finalidade principal fomentar un uso real, significativo e espontáneo do galego en Educación Infantil, entendendo a lingua como unha ferramenta viva, moderna e próxima á realidade das crianzas. A intervención propón un proxecto global de aula co obxectivo de crear un espazo de inmersión lingüística que integre o idioma en todas as dimensións da vida escolar: rutinas, espazos, xogo, literatura etc. A proposta toma como referencia as metodoloxías activas e o enfoque comunicativo da aprendizaxe da lingua, incorporando o galego como vehículo de interacción e descubrimento en todas as experiencias do alumnado. Preténdese así contribuír á normalización da lingua galega nas primeiras etapas educativas dende unha perspectiva natural, positiva e afectiva.
O presente Traballo de Fin de Grao baséase no deseño dun proxecto de intervención que ten como finalidade principal fomentar un uso real, significativo e espontáneo do galego en Educación Infantil, entendendo a lingua como unha ferramenta viva, moderna e próxima á realidade das crianzas. A intervención propón un proxecto global de aula co obxectivo de crear un espazo de inmersión lingüística que integre o idioma en todas as dimensións da vida escolar: rutinas, espazos, xogo, literatura etc. A proposta toma como referencia as metodoloxías activas e o enfoque comunicativo da aprendizaxe da lingua, incorporando o galego como vehículo de interacción e descubrimento en todas as experiencias do alumnado. Preténdese así contribuír á normalización da lingua galega nas primeiras etapas educativas dende unha perspectiva natural, positiva e afectiva.
Dirección
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Titoría)
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Titoría)
Tribunal
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Titor do alumno)
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Titor do alumno)
O Compás Interior: deseño dunha proposta para favorecer a organización, a atención e o autocontrol no alumnado con TDAH.
Autoría
D.G.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
D.G.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2026 10:15
02.07.2026 10:15
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao presenta o deseño dunha proposta de intervención educativa denominada O Compás Interior, dirixida ao alumnado con Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) de 4º de Educación Primaria. Para o seu deseño, realizouse unha análise previa das necesidades reais de tres estudantes diagnosticados con TDAH nun centro educativo de Carballo (A Coruña), mediante observación sistemática e entrevista semiestruturada á docente especialista en Pedagoxía Terapéutica (PT). A partir dos datos recollidos, deseñáronse once actividades organizadas en tres fases progresivas orientadas a mellorar a atención sostida, a organización, o autocontrol e a regulación emocional, baixo un enfoque inclusivo baseado nos principios do Deseño Universal para a Aprendizaxe. Polo tanto, a proposta estrutúrase como unha ferramenta práctica e contextualizada, transferible á aula ordinaria e adaptable a distintos perfís do alumnado con TDAH.
Este Traballo de Fin de Grao presenta o deseño dunha proposta de intervención educativa denominada O Compás Interior, dirixida ao alumnado con Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) de 4º de Educación Primaria. Para o seu deseño, realizouse unha análise previa das necesidades reais de tres estudantes diagnosticados con TDAH nun centro educativo de Carballo (A Coruña), mediante observación sistemática e entrevista semiestruturada á docente especialista en Pedagoxía Terapéutica (PT). A partir dos datos recollidos, deseñáronse once actividades organizadas en tres fases progresivas orientadas a mellorar a atención sostida, a organización, o autocontrol e a regulación emocional, baixo un enfoque inclusivo baseado nos principios do Deseño Universal para a Aprendizaxe. Polo tanto, a proposta estrutúrase como unha ferramenta práctica e contextualizada, transferible á aula ordinaria e adaptable a distintos perfís do alumnado con TDAH.
Dirección
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Titoría)
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Titoría)
Tribunal
CASAL OTERO, LORENA (Presidente/a)
CASAS QUIROGA, LUCIA (Secretario/a)
ALBELLA MARTINEZ, JORGE (Vogal)
CASAL OTERO, LORENA (Presidente/a)
CASAS QUIROGA, LUCIA (Secretario/a)
ALBELLA MARTINEZ, JORGE (Vogal)
Do enigma á evidencia: narrativas de misterios para desenvolver o pensamento crítico e científico en Educación Primaria
Autoría
M.G.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.G.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2026 11:00
02.07.2026 11:00
Resumo
Este traballo de Fin de Grado presenta unha proposta didáctica de carácter innovador para a potenciación do pensamento crítico e científico en Educación Primaria. A metodoloxía docente escollida mestura a indagación científica e a gamificación a partir do emprego de narrativas de misterio como ferramenta educativa na aula de Ciencias da Natureza. A proposta foi levada a práctica na aula de terceiro curso de Educación Primaria mediante o emprego de dous proxectos baseados en narrativas de misterio: O misterio do laboratorio Prisma e Asasinato no Orient Express. A recollida de datos foi realizada mediante a execución de pretest/postest, fichas de observación e o análise das producións escritas do alumnado. Os resultados obtidos mostran unha evolución na capacidade dos nenos/as para examinar evidencias, argumentar as súas explicacións e replantexarse as súas hipóteses ante novas probas. Así mesmo houbo un incremento na motivación do alumnado cara a sinatura na que se encadrou a proposta así como un maior desenvolvemento na súa capacidade argumentativa.

Blanco Anaya, Paloma (Titoría)
Blanco Anaya, Paloma (Titoría)
Tribunal
CASAL OTERO, LORENA (Presidente/a)
CASAS QUIROGA, LUCIA (Secretario/a)
ALBELLA MARTINEZ, JORGE (Vogal)
CASAL OTERO, LORENA (Presidente/a)
CASAS QUIROGA, LUCIA (Secretario/a)
ALBELLA MARTINEZ, JORGE (Vogal)
Pinceladas históricas: Desenvolvemento do pensamento histórico a través do análise de obras artísticas
Autoría
J.G.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
J.G.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
17.07.2025 13:00
17.07.2025 13:00
Resumo
Este traballo pretende analizar como o uso da Historia da Arte como fonte primaria na didáctica daqueles aspectos relacionados coa Historia en Educación Primaria favorece o desenvolvemento do pensamento histórico e crítico, e por conseguinte a unha competencia cidadá baseada no coñecemento. A través dunha análise documental e teórica, examínase como as manifestacións artísticas (incluíndo a pintura histórica, a fotografía e o cine) transcenden a súa función meramente ilustrativa para converterse en vehículos de coñecemento científico e emocional. A investigación realizada reivindica a arte como un documento vivo das repercusións do ser humano na configuración das sociedades, capaz de facilitar a empatía histórica e a comprensión da cosmovisión de comunidades pretéritas. Así mesmo, o traballo tamén analiza o desafío didáctico que supón a introdución destes termos no ámbito educativo, dadas as brechas existentes entre as intencións do marco lexislativo actual e a súa aplicación real na aula, propoñendo unha alternativa pedagóxica que permita utilizar o patrimonio artístico como unha ferramenta esencial para a formación de cidadáns críticos, autónomos e eticamente responsables ante os retos do futuro.

O xogo como ferramenta terapéutica na pedagoxía hospitalaria. Beneficios para nenos e nenas hospitalizadas no contexto galego e español.
Autoría
L.I.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
L.I.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 12:00
30.06.2026 12:00
Resumo
Este traballo aborda a pedagoxía hospitalaria centrándose nos beneficios que o xogo achega aos nenos e nenas hospitalizadas, cunha especial atención ao contexto galego e español. A temática xira en torno á intervención educativa en ambientes hospitalarios e ao papel do xogo como ferramenta terapéutica e pedagóxica durante a hospitalización infantil. Os obxectivos principais son analizar o marco normativo da pedagoxía hospitalaria en Galicia e España, fundamentar teoricamente a importancia do xogo no desenvolvemento infantil dende as perspectivas de Piaget, Vygotsky e Bruner, identificar os beneficios psicolóxicos, cognitivos, sociais e físicos do xogo en nenos hospitalizados baseándose en evidencia científica, e examinar experiencias e programas implementados en hospitais galegos e españois. A metodoloxía empregada corresponde á modalidade de revisión bibliográfica, onde se empregarán bases de datos científicas como Dialnet, WOS e Scopus, aplicando criterios de inclusión e exclusión específicos para seleccionar estudos publicados entre 2010 e 2024, con prioridade no contexto galego e español. A información obtida analizarase mediante síntese narrativa, estruturándose segundo as dimensións identificadas na fundamentación teórica.

Acollida e apoio educativo ao alumnado estranxeiro na Educación Secundaria Obrigatoria. Unha proposta de intervención desde o nivel curricular.
Autoría
C.I.B.
Grao en Pedagoxía
C.I.B.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
30.06.2026 12:15
30.06.2026 12:15
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao presenta o deseño dun proxecto de intervención para o apoio ao alumnado estranxeiro de Educación Secundaria Obrigatoria en Galicia, centrado na adaptación curricular e na redución do desfase nas aprendizaxes básicas. A proposta parte da necesidade de dar resposta ás dificultades lingüísticas, académicas e socioemocionais que poden aparecer na incorporación tardía ao sistema educativo. Todo iso oriéntase a favorecer a inclusión, a participación e o progreso académico do alumnado destinatario desde unha perspectiva educativa inclusiva e coordinada.
Este Traballo de Fin de Grao presenta o deseño dun proxecto de intervención para o apoio ao alumnado estranxeiro de Educación Secundaria Obrigatoria en Galicia, centrado na adaptación curricular e na redución do desfase nas aprendizaxes básicas. A proposta parte da necesidade de dar resposta ás dificultades lingüísticas, académicas e socioemocionais que poden aparecer na incorporación tardía ao sistema educativo. Todo iso oriéntase a favorecer a inclusión, a participación e o progreso académico do alumnado destinatario desde unha perspectiva educativa inclusiva e coordinada.
Dirección
DOSIL ROSENDE, ALVARO (Titoría)
Mella Núñez, Igor Cotitoría
DOSIL ROSENDE, ALVARO (Titoría)
Mella Núñez, Igor Cotitoría
Tribunal
VAZQUEZ RODRIGUEZ, ANA (Coordinador)
DOSIL ROSENDE, ALVARO (Titor do alumno)
Mella Núñez, Igor (Titor do alumno)
VAZQUEZ RODRIGUEZ, ANA (Coordinador)
DOSIL ROSENDE, ALVARO (Titor do alumno)
Mella Núñez, Igor (Titor do alumno)
A pedagoxía frente os discursos de odio: estudo de marcos reguladores e experiencias educativas en Galicia
Autoría
A.I.P.
Grao en Pedagoxía
A.I.P.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
30.06.2026 13:00
30.06.2026 13:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao é un estudo que aborda os discursos de odio cara persoas migrantes, nun contexto social no que os fluxos migratorios están en aumento. Esta problemática afecta a nivel social, político, económico e educativo, xerando un desaxuste entre a cidadanía española e as persoas que chegan ó Estado. A investigación é unha revisión documental que ten como obxectivo coñecer, comparar e determinar aspectos de mellora das experiencias educativas de prevención no eido do alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria de Galicia. Trabállanse tanto as accións pedagóxicas formais como as non formais, o que permite acadar unha perspectiva máis ampla. Para a análise deseñouse e implementouse unha rúbrica, formada por dez criterios considerados esenciais para a comprensión e reflexión sobre os discursos de odio. Detectáronse varias necesidades en relación coas experiencias elaboradas no ámbito formal, xa que había un menor número delas e non trataban en profundidade moitos dos indicadores seleccionados. As accións non formais recibiron puntuacións altas e utilizaron metodoloxías que permitiron comprender en profundidade o que implica o odio. Como conclusión, necésitase unha mellora das experiencias formais podendo tomar de exemplo as características do ámbito non formal.

SOTELINO LOSADA, ALEJANDRO (Titoría)
SOTELINO LOSADA, ALEJANDRO (Titoría)
Tribunal
SOTELINO LOSADA, ALEJANDRO (Titor do alumno)

Proposta didáctica para o acompañamento do dó en Educación Infantil
Autoría
L.I.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
L.I.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 17:30
01.07.2026 17:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao expón unha proposta de intervención educativa para orientar a actuación da docente ante a perda dunha figura de apego dun alumno. Pártese do recoñecemento de que o dó infantil, aínda que se trata dunha situación natural, adoita ser invisibilizado na aula por falta de formación específica por parte do persoal do centro escolar. Así mesmo, a colaboración familia-escola resulta imprescindible para garantir coherencia, seguridade e contención durante o proceso. A proposta fundaméntase en enfoques pedagóxicos baseados na educación emocional e o acompañamento escolar respectuoso. Deséñanse actividades prácticas adaptadas a un alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil (3 a 6 anos) que se irán personalizando ao seu nivel e ritmo, apuntando á adaptabilidade da proposta segundo as impresións e reacciones da aula . O obxectivo é proporcionar ás docente ferramentas para crear un ambiente seguro que valide as emocións dos nenos, evite a estigmatización e normalice a integración da perda na súa vida cotiá. Conclúese e confía en que unha resposta pedagóxica planificada e sensible pode transformar o trauma nunha oportunidade para o crecemento emocional colectivo do grupo.

O consumo de recursos na escola
Autoría
R.J.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
R.J.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
16.07.2025 13:00
16.07.2025 13:00
Resumo
O traballo de fin de grao realizado sobre o gasto de recursos no cetro educativo parte das ideas previas do alumnado de Educación Primaria con respecto desta temática co obxectivo de analizar o impacto dunha proposta educativa orientada á concienciación ambiental. Este proxecto nace da necesidade de investigar como influír nos hábitos cotiáns do alumnado para promover un consumo responsable dos recursos a través dunha aprendizaxe contextualizada no propio centro escolar. A investigación desenvolveuse mediante unha metodoloxía cualitativa baseada na investigación-acción nunha aula do segundo ciclo de Educación Primaria. A recollida de información realizouse mediante cuestionarios iniciais e finais, complementados coa observación sistemática do comportamento e das rutinas do alumnado durante toda a intervención. As actividades deseñadas caracterizáronse polo traballo cooperativo, a participación activa e a reflexión crítcia sobre o uso dos recursos no ámbito escolar. Ademáis, a proposta da Eco Patrulla buscou incrementar a responsabilidade e a implicación do alumnado no coidado do medio. Os resultados evidencian unha evolución positiva na concienciación do alumnado sobre o gasto de recursos e o impacto das accións individuais. Observouse a adopción de hábitos máis sostibles, así coo unha maior capacidade de reflexión, argumentación e pensamento crítico. A participación en actividades contextualizadas e activas contribuíu significativamente á mellora do porceso de ensinanza-aprendizaxe.

O menor como marca: o papel da infancia nas redes sociais.
Autoría
N.J.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
N.J.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 10:00
30.06.2026 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao céntrase no fenómeno do sharenting, analizando a presenza dos/as menores nas publicacións das redes sociais. O estudo examina como esta exposición se inicia moito antes de que os nenos e nenas teñan control sobre a súa propia imaxe, e expón como esta práctica pode influír no seu desenvolvemento e na construción da súa identidade. O obxectivo principal é analizar como os/as proxenitores/as xestionan e difunden o contido sobre os seus fillos e fillas nas plataformas dixitais. Deste xeito, avalíanse os riscos asociados e afondase nos beneficios sociais e económicos que trae consigo esta práctica, que van desde unha maior visibilidade e a mellora do engagement nos perfís públicos, ata a creación de negocios familiares onde o/a menor é a cara visible e o sustento dos canles. Para logralo, a metodoloxía baséase nunha revisión de documentación académica combinada co análise do contido publicado por pais e mais nais influencers, o que nos permitirá comprender o papel da infancia nos contornos dixitais actuais.

A expresión corporal como ferramenta para o desenvolvemento da creatividade en Educación Infantil: Proposta de intervención didáctica.
Autoría
B.L.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
B.L.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 11:00
30.06.2026 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao céntrase no deseño dunha proposta de intervención pedagóxica para avaliar a importancia da expresión corporal no desenvolvemento da creatividade no alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil (3-6 anos). O obxectivo principal da proposta é o uso de actividades específicas de expresión corporal (contos de movemento, monicreques de sombras, danzas e xogos expresivos) para promover o pensamento creativo, especialmente as dimensións de fluidez, flexibilidade, orixinalidade e elaboración propostas por Guilford. Tamén pretende utilizar o xogo como estratexia para activar o pensamento diverxente e promover a aprendizaxe motivadora e lúdica a través da imaxinación e o movemento. A metodoloxía empregada baséase na teoría da aprendizaxe significativa de Ausubel, conectando as experiencias corporais previas do alumnado con novos contidos, e na aprendizaxe cooperativa adaptada á etapa de Educación Infantil. O marco normativo é o Decreto 150/2022 de Galicia, que inclúe a expresión corporal como unidade específica dentro da área de Comunicación e Representación da Realidade.

O deporte inclusivo na Educación Secundaria Obrigatoria: proxecto de intervención educativa na área de Educación Física.
Autoría
M.L.L.
Grao en Pedagoxía
M.L.L.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
30.06.2026 11:00
30.06.2026 11:00
Resumo
Na actualidade, a sociedade é cada vez máis consciente da importancia da inclusión. Por este motivo, o presente Traballo de Fin de Grao analiza o deporte inclusivo a partir dunha revisión bibliográfica centrada na área da Educación Física, máis concretamente na etapa escolar da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Analizáronse os conceptos da educación inclusiva, o deporte inclusivo, o deporte adaptado, os deportes alternativos e as principais barreiras que dificultan a participación plena do alumnado con discapacidade. A partir desta fundamentación, deseñouse unha proposta pedagóxica orientada a sensibilizar o alumnado de 1º da ESO cara ás persoas con discapacidade a través do deporte inclusivo. A proposta consta de nove sesións que combinan actividades de sensibilización, simulación, práctica de deportes adaptados e alternativos, deseño de deportes inclusivos e colaboración cunha entidade externa. Con esta proposta preténdese contribuír á mellora da práctica educativa na materia de Educación Física, ofrecendo un recurso pedagóxico que favoreza unha educación máis accesible, equitativa e inclusiva.

LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Titoría)
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Titoría)
Tribunal
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Titor do alumno)
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Titor do alumno)
“Nun mundo azul”: Deseño dun recurso educativo para a sensibilización na infancia sobre o Trastorno do Espectro Autista (TEA).
Autoría
P.L.C.
Grao en Pedagoxía
P.L.C.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2026 16:00
01.07.2026 16:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao aborda o Trastorno do Espectro Autista (TEA) e a importancia de promover a comprensión da diversidade dende as primeiras etapas educativas. A través da revisión teórica das distintas características do TEA na etapa infantil e da relevancia das relacións interpersoais nesta etapa infantil, deseñouse dende cero un conto infantil. Un recurso didáctico orientado á sensibilización dos nenos e nenas dentro da Etapa Infantil. Unha proposta que ten como finalidade favorecer a empatía, o respecto ás diferenzas e a inclusión a través dunha historia adaptada en concreto ao grupo de idade, neste caso de 3 a 6 anos. Un traballo que destaca o valor da literatura infantil como ferramenta pedagóxica de apoio para achegar conceptos complexos para a cativada, dun xeito moito máis accesible e significativa.

MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA (Titoría)
MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA (Titoría)
Tribunal
MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA (Titor do alumno)

Cómo traballar a educación patrimonial na aula. A comarca do Ulla como recurso educativo.
Autoría
D.L.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
D.L.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 12:00
30.06.2026 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao ten como finalidade deseñar, implementar e analizar unha proposta de intervención didáctica vinculada co descubrimento, coñecemento e posta en valor do patrimonio da contorna da comarca do Ulla no segundo ciclo de Educación Infantil (3-6 anos). A proposta parte do potencial pedagóxico do patrimonio social, cultural e natural da contorna próxima do alumnado como recurso didáctico para promover aprendizaxes significativas e contextualizadas dende idades temperás. En función da bibliografía revisada sobre educación patrimonial, Educación Baseada no Lugar e o Decreto 150/2022, deseñouse unha proposta didáctica conformada por diferentes sesións relacionadas con elementos patrimoniais máis representativos da comarca, como os Xenerais da Ulla, as camelias ou mesmo o coñecemento e interacción ca fauna e a exploración da contorna. A proposta foi implementada parcialmente nunha aula real dun Colexio Rural Agrupado (CRA) da comarca do Ulla, adaptándose ás idades do alumnado e características do centro. Os resultados obtidos permitiron observar a participación do alumnado nas diferentes dinámicas desenvolvidas e comprender o potencial pedagóxico da educación patrimonial para favorecer o coñecemento, a valoración e o respecto pola contorna e o seu patrimonio.

LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Titoría)
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Titoría)
Tribunal
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Titor do alumno)

Escola Inclusiva e Atención á diversidade. Deseño dunha proposta de formación continua para mestres/as de Educación Primaria.
Autoría
C.L.Y.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
C.L.Y.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2026 12:15
02.07.2026 12:15
Resumo
A educación inclusiva require que o profesorado dispoña dunha formación axeitada para responder á diversidade presente nas aulas. Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo analizar as necesidades formativas do profesorado de Educación Primaria en relación coa atención á diversidade e deseñar unha proposta formativa axustada ás demandas detectadas. Para isto, levouse a cabo un proceso de diagnóstico de necesidades formativas, a través de entrevistas semiestruturadas realizadas a seis docentes de distintos centros educativos de Galicia. Os resultados amosan unha percepción xeneralizada de insuficiente preparación práctica para afrontar situación relacionadas coa inclusión, así como necesidades relacionadas coa implementación das metodoloxías inclusivas, o acompañamento profesional, a coordinación entre docentes e o apoio emocional ao profesorado. Así mesmo, identifícanse limitacións relacionadas coa falta de recursos e apoios especializados. A partir dos resultados obtidos, deséñase unha proposta de formación continuada baseada na observación de contextos reais, o traballo colaborativo e a reflexión compartida.

Emocións en escena: a dramatización como ferramenta educativa en Educación Primaria.
Autoría
L.L.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.L.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 12:30
01.07.2026 12:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao atende dúas dimensións educativas que, malia a súa relevancia, se manteñen desatendidas no contexto escolar: a educación emocional e a dramatización. A primeira abórdase co obxectivo de favorecer a adquisición de competencias persoais e sociais que promovan o autocoñecemento, a empatía e a convivencia. Pola súa parte, a dramatización preséntase como o eixo metodolóxico do traballo, un recurso de gran potencial que permite poñerse no lugar do outro, o que a converte na ferramenta idónea para abordar a educación emocional. Para iso, a modalidade de traballo escollida é o deseño dunha proposta de innovación pedagóxica e a súa posta en práctica nunha aula de sexto curso de Educación Primaria. Trátase dunha proposta didáctica interdisciplinar de oito sesións nas que se traballa a través de actividades de expresión dramática destinadas a promover o desenvolvemento emocional do alumnado, mais tamén a fortalecer outras competencias clave. O obxectivo principal do traballo é analizar o alcance da proposta e a súa contribución ao crecemento tanto individual como grupal da aula, así como valorar a posibilidade de incorporar este tipo de sesións á práctica habitual da aula.

CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Titoría)
CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Titoría)
Tribunal
CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Titor do alumno)

A ansiedade na aula de primaria: comprensión, impacto e estratexias.
Autoría
A.L.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.L.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 12:00
30.06.2026 12:00
Resumo
A saúde mental infantil foi adquirindo una relevancia esencial no escenario educativo actual, onde patoloxías como a ansiedade presentan una prevalenza crecente. O presente Traballo de Fin de Grao realiza una investigación documental co obxectivo de analizar e comprender a ansiedade infantil na etapa de Educación Primaria (6-12), afondando nas súas causas, consecuencias e nas estratexias para a sua prevención e intervención dende a aula. Os resultados evidencian o carácter complexo e multifactorial das variables que inflúen neste fenómeno, ao mesmo tempo que constatan o impacto negativo e bidireccional da ansiedad sobre o benestar socioemocional e o rendemento académico do alumnado. Finalmente, conclúese a necesidade de que a escola adopte un enfoque preventivo baseado en metodoloxías activas e na educación emocional, transformando o entorno escolar nun factor de protección clave para o desenvolvemento integral dos nenos/as.

Mediación na aula de Lingua Inglesa: unha proposta didáctica para Educación Primaria
Autoría
A.L.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.L.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 17:00
01.07.2026 17:00
Resumo
A mediación é unha gran esquecida dentro das habilidades de comunicación. O Volume Complementario do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas explícanos que se centra na transmisión de información para construír ou comprender novo coñecemento; non consiste na mera tradución de conceptos, senón en facerse entender. Así mesmo, e dada a súa importancia, o seu uso tamén está recollido dentro do currículo de Educación Primaria. Non obstante, hoxe en día o seu uso nas aulas de Lingua Inglesa é bastante escaso, ben por falta de información e recursos ao respecto ou da formación docente necesaria para levala de maneira adecuada a unha aula de Educación Primaria. O obxectivo deste Traballo de Fin de Grao é comprobar a viabilidade do uso da mediación nas aulas de Educación Primaria, mediante o deseño dunha proposta de innovación pedagóxica realizando sete actividades de distintos tipos de mediación en 3º, 4º e 6º de Primaria, analizando a recepción do alumnado ao uso deste tipo de actividades na aula, así como problemas e dificultades que pode atopar tanto o alumnado como o profesorado coa súa implementación, e así demostrar que a mediación lingüística é posible e motivadora para o alumnado de Educación Primaria.

FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Titor do alumno)

O debuxo infantil como ferramenta de observación do desenvolvemento
Autoría
K.L.T.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
K.L.T.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 11:30
30.06.2026 11:30
Resumo
O debuxo infantil é entendido como unha forma de expresión artística da infancia, pero tamén como unha xanela ao seu mundo interior e unha ferramenta que permite analizar aspectos do desenvolvemento, como as habilidades motoras, cognitivas e emocionais. Así mesmo, constitúe unha linguaxe simbólica propia da etapa de Educación Infantil, mediante a cal expresan sen palabras o que pensan e senten, incluíndo experiencias que non son capaces de comunicar verbalmente debido ás limitacións da linguaxe oral. Para o profesorado, a observación do debuxo convértese nun recurso valioso para comprender o momento evolutivo do alumnado, detectar necesidades de apoio e favorecer unha resposta educativa axustada ás súas características. O presente Traballo de Fin de Grao, enmarcado na segunda modalidade sinalada na Guía do TFG da Facultade de Ciencias da Educación, iniciación á investigación de campo, ten por obxectivo analizar as producións gráficas do alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil do CEIP Ana María Diéguez de Asados (Rianxo). Para elo realizouse unha recollida sistemática de debuxos e analizáronse, atendendo a elementos evolutivos significativos vinculados coas dimensións cognitiva, motora e socioemocional do desenvolvemento psicolóxico infantil. O material recompilado empregouse con fins académicos, garantindo a confidencialidade e o anonimato do alumnado participante.

Os procesos de reinserción social das mulleres privadas de liberdade: Unha revisión sistemática dende a Educación Social.
Autoría
N.L.C.
Grao en Educación Social
N.L.C.
Grao en Educación Social
Data da defensa
30.06.2026 09:30
30.06.2026 09:30
Resumo
O presente traballo de fin de grao analiza os procesos de reinserción social das mulleres privadas de liberdade en España dende unha perspectiva de xénero no marco da Educación Social. Para iso, levouse a cabo unha revisión sistemática da literatura científica seguindo o protocolo PRISMA (2020), que resultou nun corpus final de trece documentos publicados entre os anos 2015 e 2025, obtidos a partir das bases de datos Dialnet, Scopus e Google Académico. Os resultados revelan que o sistema penitenciario español opera baixo unha lóxica androcéntrica que invisibiliza as necesidades específicas das mulleres, quenes acceden a prisión tras traxectorias vitais marcadas pola exclusión estrutural, a violencia de xénero e a precariedade económica. Evidenciase, tamén, que o estigma social actúa de forma diferencial sobre elas, configurando unha dobre transgresión que dificulta a súa reintegración. En canto á oferta programática, constatase unha participación feminina superior á masculina pero, limitada a sectores feminizados que reforzan os estereotipos de xénero e non abordan as causas estruturais da delincuencia. Finalmente, resaltase o papel fundamental da educadora e educador social como acompañante crítico nos itinerarios de reinserción, destacando a necesidade de incorporar o enfoque de xénero de forma transversal en toda intervención socioeducativa penitenciaria.

VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Titoría)
VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Titoría)
Tribunal
VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Titor do alumno)

Dificultades específicas de aprendizaxe e autoestima: análise dunha mostra de alumnado con dislexia nun contexto educativo real
Autoría
N.L.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
N.L.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 10:30
01.07.2026 10:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao analiza a relación entre as dificultades específicas de aprendizaxe (DEA) e a autoestima no alumnado con dislexia. Para iso, realizouse unha investigación cuantitativa de carácter descritivo-correlacional cunha mostra de 18 estudantes atendidos na Unidade de Dislexia de Santiago de Compostela. A recollida de datos levouse a cabo mediante o Sistema de Avaliación de Nenos e Adolescentes (SENA), utilizando especificamente a modalidade de autoinforme. Os resultados indican que os participantes non presentaron unha baixa autoestima xeneralizada; pola contra, obtiveron niveis de autoestima significativamente superiores á media normativa. Ademais, observouse unha relación significativa entre a autoestima e diferentes variables emocionais e sociais. En concreto, unha maior autoestima asociouse con menores niveis de ansiedade e problemas emocionais, así como cunha mellor integración e competencia social. Estes achados suxiren que a presenza de dificultades específicas de aprendizaxe non implica necesariamente unha autoestima baixa e destacan a importancia de considerar os factores emocionais e sociais na atención educativa ao alumnado con dificultades específicas de aprendizaxe (DEA). Así mesmo, ponse de manifesto o posible papel protector do apoio especializado no seu benestar emocional e desenvolvemento persoal.

OUTON OVIEDO, PAULA (Titoría)
OUTON OVIEDO, PAULA (Titoría)
Tribunal
OUTON OVIEDO, PAULA (Titor do alumno)
OUTON OVIEDO, PAULA (Titor do alumno)
Estilos parentais e a implicación familiar: a súa influencia na Educación Infantil
Autoría
N.L.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
N.L.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 13:00
01.07.2026 13:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao pretende analizar a influencia dos estilos parentais na implicación familiar durante a etapa de Educación Infantil, abordando a relación que existe entre as prácticas educativas familiares e a participación das familias no proceso educativos dos seus fillos e fillas. A través dunha revisión bibliográfica, revisaranse diferentes estudos, modelos teóricos e investigacións co obxectivo de comprender como os distintos estilos parentais condicionan o desenvolvemento infantil e as relacións que as familias establecen coa escola. Os resultados evidencian que a implicación familiar constitúe un factor clave para favorecer o desenvolvemento integral do alumnado, mellorar a súa adaptación escolar e reforzar as aprendizaxes. Así mesmo, obsérvase que os estilos parentais inflúen na forma en que as familias participan na educación dos seus fillos e fillas, sendo os estilos baseados no afecto, na comunicación e no establecemento de límites axeitados os que favorecen unha maior colaboración coa escola. Finalmente, identifícanse diversas estratexias e boas prácticas orientadas a fortalecer a relación entre a familia e a escola e promover unha participación familiar máis activa no contexto educativo.

VARELA PORTELA, CRISTINA (Titor do alumno)

A Educación Social na reinserción das mulleres privadas de liberdade: Unha proposta de intervención socioeducativa no contexto penitenciario.
Autoría
S.L.S.
Grao en Educación Social
S.L.S.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.07.2026 09:30
03.07.2026 09:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao analiza a realidade das mulleres privadas de liberdade desde unha perspectiva socioeducativa e de xénero. A través dun marco teórico, abórdanse as principais dificultades, desigualdades e barreiras que afectan a este colectivo, tanto no interior dos centros penitenciarios como nos procesos posteriores de reinserción social. Para iso, préstase atención a cuestións como a prisionización, a interseccionalidade, a ruptura das redes de apoio, a maternidade, o estigma social e o papel da Educación Social no ámbito penitenciario. Na segunda parte do documento deséñase unha proposta de intervención socioeducativa baseada na Animación Sociocultural, orientada a favorecer a participación, o empoderamento, a creación de vínculos e a mellora da autoestima das mulleres privadas de liberdade. A proposta pretende contribuír á súa reinserción social desde unha perspectiva integral, comunitaria e transformadora.

CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Presidente/a)
MAROÑAS BERMUDEZ, ANDREA (Secretario/a)
VARELA CRESPO, LAURA MARIA (Vogal)

A participación comunitaria como ferramenta de inclusión social en menores en situación de risco e desamparo.
Autoría
A.A.L.P.
Grao en Educación Social
A.A.L.P.
Grao en Educación Social
Data da defensa
30.06.2026 09:30
30.06.2026 09:30
Resumo
O presente Traballo Fin de Grao ten como obxectivo analizar o papel da participación comunitaria como ferramenta de inclusión social en menores en situación de risco e desamparo. Para iso, realízase unha revisión sistemática da literatura científica recente, coa finalidade de coñecer as principais achegas teóricas e empíricas sobre a relación entre participación comunitaria, infancia vulnerable e procesos de inclusión social. O traballo inscríbese no ámbito da Educación Social e parte da idea de que a participación activa na comunidade favorece o desenvolvemento persoal e social dos menores, fortalece o sentimento de pertenza, mellora as relacións sociais e contribúe á construción de redes de apoio significativas. Así mesmo, analízanse experiencias e programas orientados a promover a participación de nenos, nenas e adolescentes en contextos de vulnerabilidade, identificando os factores que facilitan ou dificultan estes procesos. Os resultados destacan a importancia da intervención socioeducativa e do papel do educador ou educadora social na creación de espazos participativos, inclusivos e comunitarios que favorezan a integración social dos menores e o exercicio dos seus dereitos.

MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER (Titoría)
MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER (Titoría)
Tribunal
MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER (Titor do alumno)

Influencia da Contorna Socieducativa na Aprendizaxe de Ciencias
Autoría
L.L.I.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.L.I.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 10:00
01.07.2026 10:00
Resumo
Nas aulas de Educación Primaria non sempre se parte das ideas previas do alumnado para ensinar Ciencias Experimentais de maneira significativa. Neste traballo preténdese analizar como a contorna socioeducativa inflúe na construción do pensamento científico infantil a través das representacións gráficas do alumnado. Para iso, realizouse unha análise cualitativa de doce debuxos elaborados por nenos e nenas do CEIP A Igrexa de Calo, centrados na paisaxe, a fauna e os ecosistemas da súa contorna próxima. A partir dos resultados obtidos, obsérvase unha forte presenza da aprendizaxe situada e da influencia do medio rural galego nas producións infantís, así como a convivencia con referentes escolares, culturais e dixitais. Finalmente, reflexiónase sobre a necesidade dunha ensinanza das ciencias contextualizada e conectada coa realidade do alumnado.

Os recursos dixitais como ferramentas de apoio para a intervención do alumnado con TEA.
Autoría
A.L.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.L.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 11:40
01.07.2026 11:40
Resumo
O Trastorno do Espectro Autista (TEA) é unha condición do neurodesenvolvemento que afecta ás áreas comunicativa, social, emocional, cognitiva e condutual do alumnado. Debido á gran diversidade de características e necesidades que presenta cada persoa con TEA, este trastorno denomínase espectro. Ao longo da realización deste Traballo de Fin de Grao, realizado seguendo a modalidade de investigación documental, analízase o impacto das novas tecnoloxías nos procesos de ensino-aprendizaxe do alumnado con TEA, identificando as características que deben reunir os recursos dixitais para favorecer a súa inclusión e aprendizaxe. Así mesmo, estúdanse as principais barreiras que dificultan a súa implementación nos contextos educativos. Por último, examínanse diversos recursos dixitais e experiencias de intervención educativa dirixidas ao alumnado con TEA, co obxectivo de valorar o seu impacto e utilidade no proceso de ensino e aprendizaxe.

Deseño e validación de recursos xeométricos con impresión 3D para alumnado con discapacidade visual.
Autoría
S.M.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
S.M.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2026 13:00
02.07.2026 13:00
Resumo
A inclusión de alumnado con discapacidade visual nas aulas é unha realidade amparada polas institucións públicas e organismos internacionais. Non obstante, os métodos de ensinanza aínda non se adaptaron ás características de este colectivo, por iso, faise necesario investigar novos métodos y recursos para facilitar o seu aprendizaxe. Este traballo centra a súa atención na xeometría dada a predominancia da súa instrución baseada na visión, a pesar de que a fonte principal de información de este alumnado sexa a través do tacto. Usando impresión 3D deseñáronse materiais de figuras xeométricas planas para a aprendizaxe de simetrías, cadros, crebacabezas e adaptouse o policubo para utilizalo na comprensión e representación de vistas. Ademais, probáronse en calidade de estudo de caso con dous alumnos con discapacidade visual total e parcial. Concluíuse que os materiais axudaron ao traballo dos contidos xeométricos pero que é necesario perfeccionar os deseños eliminando ‘ruído tactil’, engadindo indicacións en Braille, dando coherencia as súas partes e mellorando a calidade durante a manipulación.

Análise da atención á diversidade nas aulas de Educación Primaria:A opinión do profesorado.
Autoría
I.M.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
I.M.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
17.07.2025 11:30
17.07.2025 11:30
Resumo
A pesar de que as esixencias normativas actuais, impulsadas pola LOMLOE e o enfoque do Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA), expoñen un panorama ideal de inclusión activa, a realidade dos centros educativos galegos reflicte unha situación de maior dificultade. Este Traballo de Fin de Grao indaga na fenda entre a teoría e a práctica da atención á diversidade na Educación Primaria. O eixe principal desta investigación xira entorno a unha análise comparativa orientada a determinar se o modelo de xestión e a titularidade dos centros (públicos ou concertados) son condicionantes para a calidade da resposta educativa. Mediante un deseño de campo cuantitativo e transversal, analízanse as valoracións de 41 docentes en activo. Os resultados poñen o acento no factor humano: a implicación metodolóxica nas aulas e a axuda mutua nos claustros sosteñen o progreso á inclusión. No obstante, o diagnóstico alerta sobre unha serie de carencias estruturais do sistema, facendo especial fincapé no descontento coa formación académica recibida, xunto cunha escaseza de recursos e apoios necesarios para a atención á individualidade no ámbito educativo.

Migrantes na memoria e migrantes no presente: a historia local como experiencia de aprendizaxe sociocrítica nun aula de 6º de Primaria.
Autoría
I.M.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
I.M.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 12:00
30.06.2026 12:00
Resumo
Este traballo de Fin de Grao presenta o achegamento a unha investigación educativa, baseada na posta en práctica dunha actuación didáctica no marco do Prácticum II de Educación Primaria centrada no proceso migratorio vivido a inicios do S.XX no concello de Teo e todo o que isto significou. A proposta parte dun escenario inicial de desconexión e falta de vinculación do alumnado co seu propio territorio e cara o pasado deste. Neste caso abórdase unha metodoloxía didáctica activa baseada na indagación con fontes primarias, fomentando así que o alumnado adquira un papel activo converténdose no construtor do seu propio coñecemento. A devandita investigación deriva da análise dos diferentes documentos realizados polo grupo-aula, demostrando así a vinculación afectiva que crearon co patrimonio próximo e actuando a súa vez como motor para o desenvolvemento do pensamento crítico. O alumnado logrou os seguintes resultados: 1) unha satisfacción alta coa actuación; 2) capacidade de integrar e comprender os novos coñecementos adquiridos; e 3) o desenvolvemento dunha actitude crítica e reflexiva do pasado migratorio, que lles permita situarse no presente e proxectarse cara o futuro.

Rompendo etiquetas: Educación social para unha comunidade libre de estereotipos cara á neurodiversidade
Autoría
L.M.F.
Grao en Educación Social
L.M.F.
Grao en Educación Social
Data da defensa
30.06.2026 10:30
30.06.2026 10:30
Resumo
O presente TFG trata a temática da neurodiversidade dende un enfoque inclusivo e comunitario. Utilizando a Educación social como ferramenta de sensibilización comunitaria para erradicar prexuízos e estereotipos cara ás persoas con neurodiversidade. A súa metodoloxía baséase en actividades de participación activa, incluíndo o diálogo e o intercambio de experiencias como método eficaz de transformación social.
O presente TFG trata a temática da neurodiversidade dende un enfoque inclusivo e comunitario. Utilizando a Educación social como ferramenta de sensibilización comunitaria para erradicar prexuízos e estereotipos cara ás persoas con neurodiversidade. A súa metodoloxía baséase en actividades de participación activa, incluíndo o diálogo e o intercambio de experiencias como método eficaz de transformación social.
Dirección
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titoría)
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titor do alumno)
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titor do alumno)
Mutismo en Educación Infantil: características, manifestacións e estratexias educativas
Autoría
A.M.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.M.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 18:00
01.07.2026 18:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao aborda o mutismo en Educación Infantil dende un enfoque principalmente teórico, co obxectivo de describir as súas principais características, revisar os tipos que poden aparecer nesta etapa e recompilar ferramentas educativas que faciliten a comunicación e participación do alumnado. O estudo baséase nunha revisión bibliográfica actualizada sobre o mutismo na infancia e sobre as intervencións empregadas no ámbito escolar. De forma complementaria, o traballo contempla a posible incorporación de entrevistas cualitativas a profesionais dun CEIP para coñecer experiencias reais con alumnado que presenta mutismo e as estratexias que aplican na aula. Os obxectivos son sensibilizar sobre a presenza do mutismo en Educación Infantil, profundar na súa comprensión pedagóxica e reunir recursos útiles para a intervención educativa. Espérase que o traballo ofreza unha síntese clara do tema e orientacións aplicables na aula.

Recursos e estratexias manipulativas para o afianzamento do cálculo mental pensado en Primaria
Autoría
P.M.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
P.M.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 13:00
30.06.2026 13:00
Resumo
Este Traballo Fin de Grao artéllase arredor do deseño dun taller que axude a afianzar o cálculo mental pensado do alumnado de Educación Primaria, máis concretamente no primeiro ciclo. Buscarase favorecer estes procesos mentais mediante o apoio en estratexias específicas e materiais manipulativos. A través desta proposta traballaranse os coñecementos matemáticos dende un enfoque práctico e motivador, facendo que as nenas e nenos poidan sentirse realizados durante o proceso de aprendizaxe. O proxecto susténtase nun marco teórico das matemáticas vivenciais e contextualizadas, o que serve de punto de partida para a elaboración dun taller que traballará, en esencia, as aprendizaxes significativas. Trátase dunha proposta adaptada ás características do grupo-aula que será flexible e respectuosa co ritmo de traballo do alumnado. A atención á diversidade é un aspecto fundamental deste traballo: favorecerase, sempre que sexa posible, a participación e involucración dos rapaces e rapazas que presenten necesidades especiais nas actividades a realizar, buscando que a súa integración na aula sexa a máxima. A metodoloxía deste traballo combina a revisión teórica de diferentes achegamentos no ámbito das matemáticas co deseño e posterior análise de actividades prácticas que pretenden contribuir ao desenvolvemento dun cálculo mental pensado eficaz.

SALGADO SOMOZA, MARIA (Titoría)
SALGADO SOMOZA, MARIA (Titoría)
Tribunal
SALGADO SOMOZA, MARIA (Titor do alumno)
SALGADO SOMOZA, MARIA (Titor do alumno)
A lingua como ferramenta do desenvolvemento : unha ollada montessoriana en infantil.
Autoría
C.M.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
C.M.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
04.02.2026 10:15
04.02.2026 10:15
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao analiza a relación entre o currículo oficial de Educación Infantil e a pedagoxía Montessori, con especial atención ao desenvolvemento da linguaxe e á competencia comunicativa. Partindo dunha revisión teórica e normativa, examínanse os principais enfoques sobre a adquisición da linguaxe na infancia e os fundamentos pedagóxicos do método Montessori, destacando conceptos clave como a mente absorbente, os períodos sensibles e o ambiente preparado. A través dunha análise comparativa, identifícanse converxencias metodolóxicas entre ambos modelos, como a visión globalizadora da aprendizaxe, o respecto polos ritmos individuais, a motivación intrínseca e o papel activo do neno no seu propio proceso de aprendizaxe. Así mesmo, reflexionase sobre as posibilidades reais de integrar prácticas inspiradas en Montessori en contextos educativos regrados, sen alterar o marco legal vixente. Como aplicación práctica, preséntase unha proposta pedagóxica orientada á área da linguaxe en Educación Infantil, deseñada desde un enfoque Montessori e adaptada ao currículo oficial. Finalmente, proponse unha avaliación cualitativa baseada na observación sistemática, coherente cos principios da etapa. O traballo pon de manifesto que a pedagoxía Montessori ofrece achegas valiosas para enriquecer a práctica docente e favorecer un desenvolvemento lingüístico respectuoso e significativo na infancia.

ZAS VARELA, MARIA LUZ (Titoría)
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Titoría)
Tribunal
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Titor do alumno)
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Titor do alumno)
Dislexia e benestar emocional: una proposta de intervención para fomentar a autoestima académica en alumnado de primeiro de ESO.
Autoría
A.M.I.
Grao en Pedagoxía
A.M.I.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2026 10:00
01.07.2026 10:00
Resumo
Este Traballo Fin de Grao céntrase na temática da dislexia e o benestar emocional, abordando as consecuencias psicoemocionais negativas que o trastorno do aprendizaxe xera no alumnado do primeiro curso da Educación Secundaria. O principal obxectivo é ofrecer unha ferramenta de actuación socioeducativa para reducir estes efectos e potenciar a autoestima educativa. Para elo, a proposta de intervención enfocarase no manexo de factores clave como a frustración, a autoconfianza, a percepción da competencia, o estrés, a ansiedade e a deconstrución de estigmas socias.

RODRIGUEZ GIL, ALEXANDRA MIROSLAVA (Titoría)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA Cotitoría

RODRIGUEZ GIL, ALEXANDRA MIROSLAVA (Titor do alumno)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA (Titor do alumno)

A alimentación na primeira infancia: análise das merendas escolares e proposta de mellora.
Autoría
C.M.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
C.M.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 12:00
01.07.2026 12:00
Resumo
A alimentación na infancia é de suma importancia porque determinará a saúde futura. Este traballo analizará os hábitos alimentarios, o impacto dos ultraprocesados na nosa vida cotiá, o aumento da obesidade infantil e a influencia da oferta alimentaria dos supermercados, entre outros aspectos. Esta extensa revisión permitirá coñecer os principais factores que condicionan a alimentación dos nenos/as actualmente e os riscos que conlevan certas dietas. Para coñecer cales son os hábitos alimentarios dos nenos, realizarase un rexistro das merendas dos nenos/as de infantil. A partir da devandita observación avaliarase a calidade nutricional identificando patróns, excesos ou carencias. Con base nestes resultados, elaborarase unha proposta dirixida aos centros educativos a partir de actividades, orientacións ou estratexias co fin de lograr unha alimentación saudable e adecuada, ofrecendo ferramentas sinxelas e aplicables en educación infantil que contribúan a mellorar os hábitos nutricionais das familias e dos nenos/as.

ZAPATA CACHAFEIRO, MARUXA (Titoría)
ZAPATA CACHAFEIRO, MARUXA (Titoría)
Tribunal
ZAPATA CACHAFEIRO, MARUXA (Titor do alumno)

Detección e intervención na dislexia: Proposta para a formación do profesorado titor de 1º e 2º de Educación Primaria.
Autoría
I.M.G.
Grao en Pedagoxía
I.M.G.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2026 12:00
01.07.2026 12:00
Resumo
A proposta de intervención que se presenta no seguinte Traballo de Fin de Grao plantéxase como resposta á necesidade de mellorar a formación do profesorado do primeiro ciclo de Educación Primaria (EP) na detección e intervención educativa en dislexia, destacando a importancia dun diagnóstico precoz para favorecer a inclusión educativa e reducir consecuencias ou situacións vulnerables de carácter académico e emocional do alumnado. Así, deseñouse un programa formativo destinado ao profesorado titor destes cursos, centrado na conceptualización da dislexia, estratexias para a detección, intervención e coordinación entre os diferentes membros da comunidade educativa, mediante metodoloxías inclusivas e multisensoriais, aplicables ao contexto real da aula.

A Educación Social no contexto escolar: proposta de intervención a través do teatro con alumnado con Trastorno do Espectro Autista.
Autoría
R.M.G.
Grao en Educación Social
R.M.G.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2026 11:00
01.07.2026 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao aborda a Educación Social no contexto escolar e a relevancia da figura do/a educador/a social para favorecer a inclusión do alumnado con Trastorno do Espectro Autista (TEA), a través dunha proposta de intervención baseada no teatro como ferramenta para promover o desenvolvemento das habilidades sociais. O obxectivo principal consiste en analizar a presenza da Educación Social nos centros educativos e valorar a achega do/a educador/a social á inclusión do alumnado con TEA mediante unha proposta de intervención socioeducativa. Para iso, empregouse unha metodoloxía fundamentada na revisión bibliográfica e normativa, así como no deseño dunha proposta de intervención socioeducativa. O traballo estrutúrase nun marco teórico que contextualiza a Educación Social no ámbito escolar e o marco normativo da inclusión en España e Galicia. Posteriormente, analízanse as funcións do/a educador/a social como axente clave na atención á diversidade e na redución das barreiras que dificultan a plena participación do alumnado. A continuación, profundízase na conceptualización e nas características específicas do alumnado con TEA, facendo especial fincapé nas súas necesidades no contexto educativo. A partir desta fundamentación, preséntase unha proposta de intervención socioeducativa centrada no desenvolvemento de habilidades sociais e na mellora da interacción cos iguais. Preténdese valorar como a incorporación estable do/a educador/a social nos departamentos de orientación pode contribuír a unha resposta educativa máis integral, favorecendo non só a inclusión social do alumnado con TEA, senón tamén a mellora do clima escolar e da convivencia.

ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA (Titoría)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA (Titoría)
Tribunal
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA (Titor do alumno)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA (Titor do alumno)
Entre a pista e a bancada: actitudes e condutas parentais na práctica deportiva de base.
Autoría
M.M.G.
Grao en Pedagoxía
M.M.G.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2026 12:15
01.07.2026 12:15
Resumo
O deporte de base consiste nun ccontexto educativo no que a familia desempeña un papel determinante para o desenvolvemento integral do menor. O presente Traballo de Fin de Grao ten por obxectivo analizar as actitudes e condutas parentais ao redor da práctica deportiva de xogadores e xogadoras durante a súa etapa formativa no Club Depordima Baloncesto. Para contrastar a autopercepción familiar coa do equipo técnico aplícase un deseño cuantitativo descritivo non experimental mediante dous cuestionarios. A partir dos datos analizados co programa IBM SPSS Statistics (Versión 29.0.2), os resultados revelan, en xeral, un perfil parental democrático ou autoritativo orientado á diversión, a saúde e a socialización, combinado con baixas conductas de presión. Á súa vez, a perspectiva do equipo técnico confirma o clima positivo na tempada 2025/2026 a pesar da notable diverxencia en canto ás intervencións desde a bancada. Conclúese, por tanto, que o club presenta unha contorna favorable con retos pedagóxicos específicos nas etapas finais de formación.

Imaxes que educan: un estudo dos modelos femininos nas ilustracións da Literatura Infantil
Autoría
L.M.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
L.M.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
03.07.2026 12:15
03.07.2026 12:15
Resumo
A representación visual das mulleres no álbum ilustrado desempeña un papel fundamental na construción simbólica da realidade, especialmente nas primeiras etapas vitais, cando a imaxe resulta clave para o acceso ao coñecemento e interpretación do mundo. Estas obras non só narran historias, tamén configuran modelos e delimitan o que se considera aceptable ou desexable dentro do imaxinario infantil. A relevancia deste traballo reside na necesidade de cuestionar as imaxes presentes no ámbito educativo e de reflexionar sobre a responsabilidade que implica seleccionar materiais dirixidos á infancia. Así, ponse de manifesto a importancia de promover unha lectura crítica, que permita ampliar as posibilidades de representación e contribuír á construción dun imaxinario máis inclusivo, plural e respectuoso con todas as diferenzas que definen a sociedade actual. Neste marco, o estudo analiza a representación visual das mulleres na literatura infantil contemporánea, atendendo ao significado implícito das imaxes e á súa potencialidade para transmitir discursos que impactan nas crianzas. Partindo dunha revisión bibliográfica, realízase unha avaliación cualitativa empregando un instrumento de creación propia e específica para a investigación, coa fin de identificar tendencias significativas na ilustración infantil e extraer conclusións relevantes.

A influencia das redes sociais na percepción corporal das adolescentes e repercusión na súa saúde. Proxecto de intervención socioeducativa.
Autoría
I.M.P.
Grao en Educación Social
I.M.P.
Grao en Educación Social
Data da defensa
30.06.2026 10:45
30.06.2026 10:45
Resumo
As redes sociais están a ter unha gran influencia nas percepcións das adolescentes sobre a súa imaxe corporal. O uso das TIC, os estereotipos de xénero tradicionais e a socialización a través de pantallas provoca unha preocupación desmedida sobre a aparencia nas mulleres adolescentes. Este Traballo Final de Grao analiza como as redes sociais afectan a súa percepción corporal e saúde, xa que o estudo está centrado na presión estética que provocan plataformas como Instagram e TikTok. A base teórica, apoiada por autoras como Naomi Wolf e Judith Butler, mostra como a socialización diferencial de xénero converte o corpo feminino nun obxecto de avaliación pública. Para abordar esta problemática, deséñase un proxecto de intervención socioeducativa chamado Meigallo, dirixido a mulleres estudantes de ESO. O seu obxectivo principal é sensibilizar e formar ás adolescentes sobre as ameazas dixitais que afectan a súa imaxe corporal. Presenta sete talleres prácticos e creativos acompañados de dinámicas de aula, deseñados a partir dunha metodoloxía activa e participativa. Ten unha duración de tres meses dentro do horario de titoría, polo que terán unha frecuencia semanal durante un trimestre enteiro. Esta proposta levarase a cabo por un equipo de educadoras sociais.

Educación social e Acción Comunitaria: Análise da potencialidade pedagóxica dos laboratorios cidadáns
Autoría
M.A.M.D.A.
Grao en Educación Social
M.A.M.D.A.
Grao en Educación Social
Data da defensa
30.06.2026 10:00
30.06.2026 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao céntrase nos laboratorios cidadáns como ferramentas educativas para promover procesos participativos e de acción comunitaria. Trátase dunha revisión sistemática atendendo ao método PRISMA; de modo que emprega varias categorías e criterios que permiten sistematizar a información recompilada. O obxectivo xeral é analizar a evidencia científica respecto do papel que exercen os laboratorios cidadáns como espazos de participación cidadá e de acción comunitaria no eido da Educación Social. En relación a isto, formúlanse unha serie de obxectivos específicos orientados a identificar as metodoloxías, enfoques teóricos e perspectivas pedagóxicas que significan os laboratorios cidadáns como espazos de creación cidadá; coñecer o papel das/os educadoras/es sociais e outros axentes locais nos procesos de acompañamento, mediación e intervención nos laboratorios cidadáns, así como examinar a capacidade de xerar accións estables e autoxestionadas a partir dos laboratorios cidadáns. Os resultados indican que este tipo de iniciativas son útiles en procesos socioeducativos, sobre todo en contextos de acción comunitaria e de educación para a cidadanía. Destaca principalmente o traballo colectivo mediante metodoloxías activas que apostan pola construción colectiva do coñecemento e as aprendizaxes compartidas.

GRADAILLE PERNAS, RITA (Titoría)
GRADAILLE PERNAS, RITA (Titoría)
Tribunal
GRADAILLE PERNAS, RITA (Titor do alumno)

A era dixital na implicación familiar e no rendemento académico.
Autoría
Y.M.C.
Grao en Pedagoxía
Y.M.C.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2026 10:00
01.07.2026 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao aborda a relación entre o uso das Tecnoloxías da Información e da Comunicación no contexto doméstico e o rendemento académico no alumnado de Educación Primaria. Asemade a través da revisión bibliográfica evidénciase que o impacto das tecnoloxías depende en gran medida da mediación familiar, da supervisión do uso dos dispositivos electrónicos, e, por suposto, da orientación educativa aos alumnos/as, proporcionada polos proxenitores e/ou titores e polo centro educativo. Non obstante, existen dificultades relacionadas coa falta de formación ás familias e coa limitada presenza de accións formativas orientadas aos docentes. Ante esta realidade proponse o proxecto de intervención: Aprender entre pantallas: formación e orientación no uso das TIC, que se estrutura en dúas fases. Nun primeiro momento desenvólvese unha formación dirixida ao profesorado de Educación Primaria. Posteriormente serán estes docentes quen impartirán obradoiros prácticos dirixidos ás familias centrados no uso responsable das TIC, na súa regulación, supervisión no fogar e as posibilidades educativas das ferramentas dixitais. A proposta avoga por unha metodoloxía práctica, participativa e contextualizada, baseada en obradoiros formativos.

Atención á diversidade en educación infantil: retos e desafíos para o profesorado
Autoría
N.C.M.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
N.C.M.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 12:00
30.06.2026 12:00
Resumo
Nos últimos anos, a atención á diversidade consolidouse como un principio fundamental na Educación Infantil, promovendo a inclusión de todos os nenos e nenas na aula, independentemente das súas características persoais. Aínda que se propón garantir unha educación equitativa, na práctica, esta inclusión enfronta desafíos e retos, sobre todo para os/as docentes, pois son os responsables da implementación destas medidas. Neste contexto, o presente traballo ten como obxectivo xeral analizar a formación, as crenzas e actitudes, a actuación docente e as condicións estruturais dunha mostra do profesorado de Educación Infantil de Galicia en relación coa atención á diversidade na aula, con especial atención ao alumnado con Trastorno do Espectro Autista. Preténdese comprender como o profesorado enfronta os desafíos que implica atender á diversidade da aula, que estratexias aplica e que obstáculos atopa. Así mesmo, búscase mostrar como estas condicións repercuten na súa labor profesional e no benestar e aprendizaxe do alumnado, especialmente en contextos con ratios elevadas e recursos limitados. Este estudo seguirá a segunda modalidade presentada na guía do TFG, Iniciación á investigación de campo, recollendo datos de docentes de Educación Infantil mediante un cuestionario elaborado para tal fin e analizando os resultados para identificar desafíos e ofrecer propostas de mellora.

Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) na Educación Infantil
Autoría
M.M.D.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
M.M.D.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 13:00
30.06.2026 13:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao céntrase no estudo do Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) na etapa de Educación Infantil, co propósito de analizar como se manifesta esta condición nas primeiras idades, as súas principais implicacións no proceso de aprendizaxe e o papel crucial que desempeña o profesorado na súa identificación temperá. Para articular esta investigación, establécense como obxectivos fundamentais analizar as características específicas do TDAH nesta etapa educativa, identificando tanto as manifestacións máis frecuentes como os seus factores asociados, así como examinar as diferentes estratexias metodolóxicas que os docentes poden aplicar na aula, prestando especial atención aos recursos específicos dispoñibles na comunidade autónoma de Galicia nos últimos anos. Así mesmo, o traballo culmina coa formulación dunha proposta de mellora orientada á intervención educativa, coa finalidade de facilitar a inclusión real e garantir o benestar emocional do alumnado afectado. No que respecta á metodoloxía, o estudo desenvólvese a través dunha análise documental exhaustiva, sustentada na revisión crítica de fontes bibliográficas especializadas e na consulta de bases de datos científicas directamente relacionadas coa temática seleccionada.

FERNANDEZ TILVE, MARIA DOLORES (Titoría)
FERNANDEZ TILVE, MARIA DOLORES (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ TILVE, MARIA DOLORES (Titor do alumno)

A expresión dramática como ferramenta para o desenvolvemento socioemocional en Educación Infantil
Autoría
M.M.B.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
M.M.B.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
01.07.2026 12:00
01.07.2026 12:00
Resumo
A evidencia científica pon de manifesto que a intelixencia emocional desempeña un papel clave no desenvolvemento integral do alumnado, ao influír directamente na regulación emocional, na adaptación ao contexto e nas relacións interpersoais no ámbito escolar. Neste marco, a escola adquire un papel fundamental na súa promoción, favorecendo a convivencia, o desenvolvemento de habilidades sociais e o benestar do alumnado. Partindo desta premisa, o presente traballo ten como obxectivo explorar as posibilidades da expresión dramática como ferramenta pedagóxica para o desenvolvemento das competencias socioemocionais. Esta metodoloxía ofrece un contexto vivencial no que o alumnado pode explorar, expresar e regular as súas emocións, ao tempo que potencia habilidades como a comunicación, a empatía e a cooperación. Así, tras unha xustificación teórica dos conceptos clave, preséntase unha proposta de intervención innovadora e baseada na expresión dramática, levada á práctica nunha aula de Educación Infantil. A través de diversos instrumentos de avaliación, analízase a súa eficacia, examinando o seu potencial para favorecer o desenvolvemento socioemocional e contribuír á creación dun clima de aula positivo.

Desenvolvemento das competencias socioemocionais en Educación Primaria a través da Educación Física: revisión de alcance
Autoría
M.M.B.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
M.M.B.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
03.07.2026 11:00
03.07.2026 11:00
Resumo
A intelixencia emocional desempeña un papel clave no desenvolvemento integral do alumnado, ao influír na regulación emocional, na capacidade de adaptación e nas relacións interpersoais no contexto escolar. Neste sentido, o ámbito educativo adquire un papel relevante na súa promoción, ao contribuír á mellora da convivencia, ao desenvolvemento de habilidades sociais e ao benestar do alumnado, sendo a Educación Física un espazo adecuado polo seu carácter vivencial, social e emocional. Este traballo de fin de grao ten como obxectivo principal identificar e analizar intervencións no contexto da Educación Física orientadas ao desenvolvemento das competencias socioemocionais do alumnado de Educación Primaria. Para iso, realizouse unha revisión de alcance seguindo as directrices da Declaración PRISMA-ScR, mediante a busca de estudos científicos nas bases de datos Scopus, Web of Science e PsycInfo. Tras aplicar os criterios de inclusión, seleccionáronse 18 estudos para a súa análise. Os resultados evidencian que as intervencións favorecen as competencias socioemocionais do alumando, con melloras na empatía, na regulación emocional e nas habilidades sociais, así como na creación dun clima de aula máis positivo. En consecuencia, resulta necesario potenciar as metodoloxías activas e cooperativas nas clases de Educación Física como estratexia eficaz para promover o desenvolvemento emocional e o benestar do alumnado.

Relación que existe entre a comunicación intrafamiliar, o autoconcepto e o rendemento académico en estudantes
Autoría
I.M.M.
Grao en Pedagoxía
I.M.M.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2026 15:30
01.07.2026 15:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao analiza a relación existente entre a comunicación intrafamiliar, o autoconcepto e o rendemento académico nunha mostra de 177 estudantes con idades comprendidas entre os 16 e 22 anos. Empregouse unha metodoloxía cuantitativa, de deseño non experimental e transversal, utilizando para a recollida de datos tres instrumentos validados: a Escala de Comunicación Familiar (FCS), o Cuestionario de Autoconcepto (AF5) e a Escala de Rendemento Académico Universitario (RAU). Os resultados revelan unha correlación positiva e estatisticamente significativa entre unha comunicación familiar baseada na confianza e un maior nivel de autoconcepto no alumnado. Así mesmo, comprobouse que o autoconcepto xeneral é o factor que garda unha asociación máis forte cos hábitos de estudo e a nota media. En canto á comunicación intrafamiliar, aínda que mellora os hábitos de rendemento, non exerce unha influencia estatística directa sobre as cualificacións finais. Conclúese que o éxito académico non depende exclusivamente das capacidades cognitivas, senón que é un fenómeno multidimensional profundamente condicionado polo benestar emocional e o apoio familiar, destacando a necesidade de fomentar estilos comunicativos asertivos no fogar para fortalecer a identidade e a aprendizaxe do alumnado.

Autoestima e autoconcepto en persoas con discapacidade intelectual: análise da súa relación coa participación en programas socioeducativos
Autoría
L.N.M.
Grao en Educación Social
L.N.M.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2026 11:15
02.07.2026 11:15
Resumo
A autoestima constitúe un elemento esencial para o benestar persoal, e diversos estudos sinalan que adoita presentarse máis baixa nas persoas con discapacidade intelectual debido ás experiencias de rexeitamento, ás dificultades interpersoais e ás expectativas reducidas do entorno, o que fai especialmente relevante explorar como os programas socioeducativos poden contribuír a fortalecela. Así, este traballo ten como obxectivo analizar a autoestima e o autoconcepto en persoas adultas con discapacidade intelectual, así como explorar a súa relación coa idade, o nivel educativo e a participación en programas socioeducativos. Para iso, realizouse un estudo cuantitativo de carácter descritivo-correlacional cunha mostra de 35 persoas. A recollida de datos realizouse mediante dous instrumentos validados: o Autoconcepto Forma 5 (AF5) e a Escala de Autoestima de Rosenberg. Os resultados amosan que a maior parte das persoas participantes presentan niveis moderados ou altos de autoestima, así como un autoconcepto xeralmente positivo, destacando as dimensións académica/laboral e familiar. Pola contra, a dimensión emocional amosa maior variabilidade e puntuacións máis baixas. Non se atoparon correlacións significativas entre a participación en programas socioeducativos e as medidas de autoconcepto ou autoestima, nin tampouco coa idade. O nivel educativo só se relacionou coa dimensión familiar do autoconcepto. O estudo pon de manifesto a importancia do contexto socioeducativo no desenvolvemento da autoestima e do autoconcepto e sinala a necesidade de continuar investigando con mostras máis amplas e metodoloxías mixtas que permitan comprender mellor estes procesos.

CID FERNANDEZ, SUSANA (Titoría)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Titoría)
Tribunal
OLVEIRA OLVEIRA, MARIA ESTHER (Presidente/a)
Velandia Morales, Andrea (Secretario/a)
MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER (Vogal)
OLVEIRA OLVEIRA, MARIA ESTHER (Presidente/a)
Velandia Morales, Andrea (Secretario/a)
MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER (Vogal)
O modelo de crianza autoritaria e os seus efectos no desenvolvemento de condutas agresivas nos/as menores
Autoría
A.N.C.
Grao en Educación Social
A.N.C.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2026 12:30
01.07.2026 12:30
Resumo
As condutas agresivas constitúen unha problemática que impacta de forma directa no axuste psicosocial dos/as menores. Neste panorama, os estilos de parentalidade configúranse como factores que poden influír nestes comportamentos durante as primeiras etapas do desenvolvemento. O presente traballo céntrase en coñecer a relación entre o modelo de crianza autoritaria e os efectos que produce no desenvolvemento das condutas sociais agresivas nos/as menores. O obxectivo principal desta investigación é analizar a evidencia científica existente sobre a relación entre as prácticas educativas autoritarias no ámbito familiar e o desenvolvemento de condutas e comportamentos agresivo durante a infancia e a adolescencia. Seguindo a metodoloxía PRISMA, realizouse unha procura de artigos en tres bases de datos (Scopus, Web of Science e ERIC) publicados entre 2020 e 2026, e seleccionáronse 11 documentos que cumpriron os criterios de inclusión e exclusión. Os resultados evidencian a existencia dunha relación significativa entre o estilo de crianza autoritario e o desenvolvemento de condutas agresivas nos/as menores. As prácticas educativas baseadas no control ríxido, a coerción e a baixa calidez emocional asócianse con maiores niveis de agresividade, dificultades de regulación emocional e problemas de adaptación social. Esta relación esta mediada por factores emocionales, cognitivos e sociais, alén de modulada por variables individuais, familiares e socioculturais.

Desenvolvemento de competencias socioemocionais para afrontar a presión académica na ESO
Autoría
A.N.S.
Grao en Pedagoxía
A.N.S.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2026 13:00
01.07.2026 13:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao presenta unha proposta de intervención orientada ao desenvolvemento das competencias socioemocionais para a prevención e xestión do estrés académico no alumnado da Educación Secundaria Obrigatoria. O traballo parte da consideración da adolescencia como unha etapa especialmente sensible, caracterizada por importantes cambios físicos, cognitivos, emocionais e sociais, na que as demandas escolares poden converterse nun factor de presión significativo. A proposta fundaméntase na importancia da educación emocional como ferramenta preventiva dentro do contexto educativo, así como no papel da orientación educativa e da acción titorial na promoción do benestar emocional e do desenvolvemento integral do alumnado. Para iso, deseñouse un programa de intervención anual, integrado no Plan de Acción Titorial, dirixido ao alumnado da ESO e adaptado ás características evolutivas de cada ciclo. O programa inclúe actividades centradas na conciencia emocional, a regulación emocional, a autoestima, as habilidades sociais, as estratexias de afrontamento e as técnicas de relaxación. A metodoloxía é activa, participativa e vivencial, e a avaliación proposta é continua, formativa e cualitativa.

Cando a morte toma presenza: revisión de propostas educativas para abordar o dó na etapa de Educación Infantil
Autoría
N.N.C.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
N.N.C.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
03.07.2026 10:15
03.07.2026 10:15
Resumo
Na actualidade, a morte continúa a ser un tema que moitos e moitas docentes optan por evitar nas aulas de Educación Infantil, xa sexa pola incomodidade persoal que lles xera ou pola incerteza ante como actuar fronte a cuestións tan íntimas e sensibles. Porén, trátase dunha realidade que require atención educativa, dada a súa relevancia no desenvolvemento emocional dos cativos e cativas e a frecuencia coa que poden enfrontarse a situacións de perda. Neste senso, o presente Traballo de Fin de Grao ten como finalidade identificar e analizar propostas e estratexias de actuación relacionadas coa abordaxe do dó nas aulas de Educación Infantil. Preténdese así ofrecer unha visión panorámica das respostas educativas existentes, valorar, no seu caso, a súa pertinencia e eficacia, e comprender como poden contribuír a un acompañamento emocional respectuoso e adaptado ás necesidades dos nenos e nenas que experimentan unha situación de perda, analizando así mesmo o papel do profesorado. Para isto, empregouse unha metodoloxía de investigación rigorosa e sistemática, baseada nunha revisión da literatura científica, que permitiu obter un conxunto de referencias válido e sólido con distintas liñas de actuación ante a morte e o dó

Matemáticas, literatura infantil e arte: unha proposta proafectiva para o primeiro ciclo de Educación Primaria
Autoría
N.N.C.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
N.N.C.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
02.07.2026 12:15
02.07.2026 12:15
Resumo
O presente Traballo Fin de Grao ten como finalidade indagar sobre a influencia do dominio afectivo como un elemento clave nos procesos de ensino-aprendizaxe. Neste senso, desenvólvese unha investigación-acción que pretende avaliar a evolución das emocións no alumnado de 2º de Educación Primaria cara ás Matemáticas logo da implementación dunha proposta didáctica interdisciplinar. Así pois, levouse a cabo a planificación, deseño e implementación da mencionada proposta, versando esta arredor do álbum ilustrado A mellor sopa do mundo, e integrando contidos de Matemáticas, Lingua Galega e Literatura e Educación Plástica e Visual. O obxectivo principal foi fomentar a aprendizaxe das matemáticas, a través dunha vinculación coa literatura infantil e coa educación plástica, poñendo o punto de mira no papel que cumpre o dominio afectivo en devandito proceso. A recollida de información realizouse mediante notas de campo, instrumentos de avaliación e cuestionarios orientados a explorar a evolución das emocións experimentadas durante a intervención. Os resultados obtidos evidencian unha mellora da motivación, da confianza e do interese cara as Matemáticas, así como unha diminución de emocións negativas asociadas á súa aprendizaxe. En conxunto, a proposta confirma o potencial das metodoloxías activas e da interdisciplinariedade para favorecer aprendizaxes significativas e experiencias educativas emocionalmente positivas.

ALBELLA MARTINEZ, JORGE (Titoría)
ALBELLA MARTINEZ, JORGE (Titoría)
Tribunal
OUTON OVIEDO, PAULA (Presidente/a)
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Secretario/a)
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA (Vogal)
OUTON OVIEDO, PAULA (Presidente/a)
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Secretario/a)
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA (Vogal)
O patrimonio cultural como recurso didáctico na Educación Primaria: unha proposta didáctica para a integración da contorna próxima como fonte de aprendizaxe significativa.
Autoría
I.N.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
I.N.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
16.07.2025 11:00
16.07.2025 11:00
Resumo
O presente Traballo Fin de Grao desenvolve unha proposta didáctica para o tratamento do patrimonio cultural na Educación Primaria, orientada desde unha perspectiva actual e afastada dos enfoques tradicionais baseados na memorización e nunha visión exclusivamente monumental do patrimonio. Esta proposta fundaméntase na necesidade de adaptar o ensino do patrimonio ás demandas educativas contemporáneas, promovendo unha comprensión máis ampla, crítica e significativa. A través dunha revisión bibliográfica, analízase a evolución do concepto de patrimonio cultural, que pasou dunha visión centrada en bens materiais a outra máis integradora que inclúe tamén o patrimonio inmaterial, entendido como unha construción social vinculada á identidade e á vida cotiá das comunidades. Destácase o seu valor educativo como recurso para favorecer a aprendizaxe significativa, o pensamento crítico e a conexión co contorno. Neste marco, a proposta didáctica defende a introdución do patrimonio desde idades temperás, empregando o contorno próximo do alumnado como principal fonte de aprendizaxe, co fin de facilitar unha comprensión máis vivencial e contextualizada da súa realidade cultural. Así mesmo, sublíñase a importancia das metodoloxías activas que fomenten a participación do alumnado.

Unidade Didáctica: “O desenvolvemento emocional a través das artes plásticas no 5º curso de Educación Primaria”
Autoría
M.N.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.N.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 09:30
30.06.2026 09:30
Resumo
Este TFG ten como obxectivo a elaboración e xustificación teórica da unidade didáctica destinada para o 5º curso de educación primaria. O eixe central sobre o que xira é o desenvolvemento emocional a través das artes plásticas. No marco teórico realicei unha recompilación de varias celebridades que previamente lle confiren unha gran importancia ao aspecto emocional nas súas obras profesionais como Darwin ou Charles Bell, ademais de demostrar a gran importancia que ten no currículo. Para as actividades escollín 4 que considero moi adecuadas para potenciar a identificación, xestión e expresión emocional do alumnado.
Este TFG ten como obxectivo a elaboración e xustificación teórica da unidade didáctica destinada para o 5º curso de educación primaria. O eixe central sobre o que xira é o desenvolvemento emocional a través das artes plásticas. No marco teórico realicei unha recompilación de varias celebridades que previamente lle confiren unha gran importancia ao aspecto emocional nas súas obras profesionais como Darwin ou Charles Bell, ademais de demostrar a gran importancia que ten no currículo. Para as actividades escollín 4 que considero moi adecuadas para potenciar a identificación, xestión e expresión emocional do alumnado.
Dirección
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Titor do alumno)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Titor do alumno)
Proxecto socioeducativo de educación afectivo-sexual
Autoría
I.O.Q.
Grao en Educación Social
I.O.Q.
Grao en Educación Social
Data da defensa
30.06.2026 12:00
30.06.2026 12:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao presenta o deseño dun proxecto socioeducativo centrado na educación afectivo-sexual dirixido a menores de entre 9 e 12 anos no contexto do barrio de Os Tilos (Teo) baixo os criterios e coñecementos da carreira de Educación Social. A proposta xorde da identificación dunha carencia de intervencións estruturadas neste ámbito no lugar, a pesar da existencia dunha ampla rede de recursos educativos e comunitarios. O proxecto ten como obxectivo principal promover unha educación sexual integral, favorecendo a comprensión da sexualidade como un aspecto natural do ser humano e fomentando relacións baseadas no respecto, a igualdade e o consentimento. Para acadar iso, plantéxase unha intervención composta por cinco sesións de carácter participativo, nas que se abordan contidos relacionados coa afectividade, o coñecemento do corpo, os estereotipos de xénero, a expresión emocional e a resolución de situacións cotiás das contornas do redor. A metodoloxía empregada baséase en principios activos, participativos e centrados na creación de espazos seguros, nos que os/as menores poidan expresar dúbidas e reflexionar de forma crítica sobre as súas propias experiencias. En definitiva, o proxecto pretende contribuír ao desenvolvemento integral dos/as participantes, dotándoos de ferramentas que lles permitan construír relacións saudables e unha vivencia positiva da súa sexualidade.

BioMisións: Aprender da Natureza para Transformar a Escola
Autoría
G.O.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
G.O.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 12:00
01.07.2026 12:00
Resumo
A biomímesise ofrece a oportunidade de aproximarse ao aprendizaxe das Ciencias Naturais dende a observación, interpretación e transferencia das estratexias presentes na natureza. Este Traballo de Fin de Grao analiza o ser potencial didáctico na etapa de Educación Primaria mediante o deseño, aplicación e valoración dunha proposta de intervención. BioMisións: Aprender da Natureza para transformar a Escola plantea diferentes retos ao alumnado de 3º curso a modo de problemáticas relacionadas co seu contexto escolar. O alumnado identifica unha necesidade, observa solucións presentes nos sistemas naturais e as adapta a propostas funcionais e creativas. A partir da súa posta en práctica, analízanse as produccións creadas e as valoracións recollidas durante o proceso, coa finalidade de identificar en que medida a proposta favorece a comprensión da biomímese como unha lóxica funcional.

Blanco Anaya, Paloma (Titor do alumno)
Blanco Anaya, Paloma (Titor do alumno)
Factores internos e externos na construción da resiliencia infantil: unha análise dende a perspectiva comunitaria
Autoría
N.Ó.P.
Grao en Educación Social
N.Ó.P.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2026 13:00
01.07.2026 13:00
Resumo
O presente traballo aborda a resiliencia infantil dende unha perspectiva comunitaria, enfocando a análise na interacción que se produce entre os factores individuais e contextuais que interveñen na súa construción. O principal obxectivo consiste en analizar, mediante unha revisión sistemática da literatura, as principais evidencias, tendencias e lagoas existentes na investigación sobre a resiliencia infantil. Os resultados obtidos evidencian que a resiliencia trátase dun proceso dinámico, relacional e ecosistémico, formado non só por características persoais como son a autoestima, o autocontrol ou as habilidades socioemocionais, senón tamén pola influencia que exercen os factores familiares, escolares e comunitarios. Así mesmo, destácase o papel esencial que ten a escola actuando como un dos principais factores de protección que impulsan a capacidade resiliente en nenos e nenas. Ademais, sinálase a necesidade de promover modelos educativos innovadores mediante a implementación de programas para a aprendizaxe emocional no desenvolvemento da resiliencia, incorporando as novas tecnoloxías como recurso de apoio, dada a súa relevancia en contextos de crise como a pandemia da COVID-19 . En conclusión, sinálase que a promoción da resiliencia infantil require dunha responsabilidade compartida entre os propios nenos e nenas, a familia, a escola e a comunidade para que o proceso de desenvolvemento resiliente sexa adecuado.

As prácticas familiares e o seu impacto no desenvolvemento da conducta dos/as nenos/as de Educación Infantil
Autoría
P.O.I.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
P.O.I.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 13:30
01.07.2026 13:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo principal analizar a incidencia das prácticas educativas familiares no desenvolvemento da conducta dos/as nenos/as durante a etapa de Educación Infantil. Con tal propósito, óptase por realizar unha revisión bibliográfica non sistemática fundamentada nunha metodoloxía de carácter cualitativo. A través desta análise teórica, examínanse os diferentes estilos parentais existentes e a forma na que repercuten de forma directa na aparición de desordes na conducta ou da conducta disxuntiva. Finalmente, abórdase o rol do profesorado ante esta problemática, e achéganse algunhas reflexións así como diversas liñas de actuación docente dirixidas á formación das familias como estratexia clave de prevención e intervención.

Acceso á profesión docente e valoración do desempeño profesional na Educación Primaria pública: unha revisión lexislativa e sistemática mediante o protocolo PRISMA
Autoría
A.O.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.O.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2026 11:30
03.07.2026 11:30
Resumo
A mellora da calidade docente en España constitúe un dos grandes retos do sistema educativo actual. Neste contexto, é preciso formular tamén o grao de adecuación dos procesos para acceder á profesión de mestre/a no sistema nacional analizando, por exemplo, se se axustan ás necesidades educativas actuais ou se funcionan eficazmente para escoller á mellor candidatura. Así mesmo, resulta inevitable a análise dos sistemas de avaliación do desempeño profesional durante a traxectoria laboral dos mestres/as, xa que as competencias e a praxe docente enténdense como pedra angular do proceso de ensino-aprendizaxe. Este Traballo de Fin de Grao (modalidade de investigación documental) pretende dar resposta de forma combinada a ambas as cuestións, a través da realización dunha revisión bibliográfica sistemática (seguindo o Protocolo PRISMA) xunto cunha análise da lexislación vixente. Desta forma ofrécese unha radiografía holística e actualizada sobre o estado da cuestión.
A mellora da calidade docente en España constitúe un dos grandes retos do sistema educativo actual. Neste contexto, é preciso formular tamén o grao de adecuación dos procesos para acceder á profesión de mestre/a no sistema nacional analizando, por exemplo, se se axustan ás necesidades educativas actuais ou se funcionan eficazmente para escoller á mellor candidatura. Así mesmo, resulta inevitable a análise dos sistemas de avaliación do desempeño profesional durante a traxectoria laboral dos mestres/as, xa que as competencias e a praxe docente enténdense como pedra angular do proceso de ensino-aprendizaxe. Este Traballo de Fin de Grao (modalidade de investigación documental) pretende dar resposta de forma combinada a ambas as cuestións, a través da realización dunha revisión bibliográfica sistemática (seguindo o Protocolo PRISMA) xunto cunha análise da lexislación vixente. Desta forma ofrécese unha radiografía holística e actualizada sobre o estado da cuestión.
Dirección
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Titoría)
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, JESUS (Presidente/a)
FELPETE LOPEZ, ALBA (Secretario/a)
ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Vogal)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, JESUS (Presidente/a)
FELPETE LOPEZ, ALBA (Secretario/a)
ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Vogal)
A pornografía a debate: unha mirada dende as voces do estudantado de Ciencias da Educación
Autoría
A.O.S.
Grao en Educación Social
A.O.S.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.07.2026 10:15
03.07.2026 10:15
Resumo
Nunha sociedade cada vez máis influenciada polo mundo dixital, o acceso e a exposición á pornografía convértese nun perigoso fenómeno cada vez máis accesible e consumido vía internet. Unha realidade que debe interpelar a toda a sociedade e, especialmente ás/aos profesionais da educación. Partindo desta realidade o obxectivo desta investigación é coñecer as percepcións sobre a pornografía do estudantado dos graos de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), indagando nas diferenzas en función ao xénero. A partir dun enfoque cualitativo, realizáronse 2 grupos de discusión con 11 estudantes (4 homes) dos cinco graos da Facultade de Ciencias da Educación da USC. Os resultados confirman a presenza normalizada da pornografía nas vidas das/os mais novas/os que non dispoñen dunha axeitada educación afectivo-sexual. Así, as/os informantes resaltan a necesidade formativa sobre esta temática dende a institución educativa, a influencia da tecnoloxía neste fenómeno e o impacto negativo do seu consumo a idades temperás e na xuventude, xunto cunha visión negativa tanto a nivel persoal como profesional sobre esta. Neste sentido, ponse de manifesto a necesidade dunha intervención socioeducativa urxente.

As Cousas de Castelao e o seu valor pedagóxico
Autoría
M.O.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.O.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 19:00
30.06.2026 19:00
Resumo
Esta proposta de intervención didáctica desenvólvese a través dun recurso moi completo e versátil para traballar contidos propios da área de Lingua Galega e Literatura, así como, certas habilidades relacionadas coas competencias comunicativas. O fío condutor da proposta deseñada son os relatos ilustrados de Cousas de Castelao, e o seu principal fin baséase en achegar a cultura galega ao alumnado de Educación Primaria para favorecer a súa preservación. Emporiso, outro dos obxectivos principais deste deseño consiste en promover o uso activo do galego e fomentar o interese cultural da rapazada empregando a literatura. Ademais, o formato no que Castelao creou Cousas , permite realizar adaptacións ao contexto, intereses, características e necesidades do alumnado e, en adición, as ilustracións que acompañan cada relato facilitan a comprensión e aumentan a súa motivación. Finalmente, cómpre indicar que a metodoloxía empregada consiste nunha revisión teórica, seguida do deseño dunha proposta de intervención.

O libro-álbum como recurso para un achegamento ao TEA en educación infantil: A través dos meus ollos
Autoría
L.P.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
L.P.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 12:15
30.06.2026 12:15
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao aborda o Trastorno do Espectro Autista (TEA) dende unha perspectiva do procesamento sensorial diverxente, co obxectivo de deseñar e validar un libro-álbum como recurso de mediación pedagóxica en Educación Infantil. A partir dunha revisión teórica e entrevistas a persoas adultas TEA en colaboración coa Asociación BATA, elaborouse A través dos meus ollos, unha proposta visual e manipulativa orientada a favorecer a comprensión, a empatía e a inclusión na aula.
Este Traballo de Fin de Grao aborda o Trastorno do Espectro Autista (TEA) dende unha perspectiva do procesamento sensorial diverxente, co obxectivo de deseñar e validar un libro-álbum como recurso de mediación pedagóxica en Educación Infantil. A partir dunha revisión teórica e entrevistas a persoas adultas TEA en colaboración coa Asociación BATA, elaborouse A través dos meus ollos, unha proposta visual e manipulativa orientada a favorecer a comprensión, a empatía e a inclusión na aula.
Dirección
CORTIZAS VARELA, OLALLA (Titoría)
CORTIZAS VARELA, OLALLA (Titoría)
Tribunal
CORTIZAS VARELA, OLALLA (Titor do alumno)
CORTIZAS VARELA, OLALLA (Titor do alumno)
A Intelixencia Artificial para a personalización da aprendizaxe en Educación Primaria
Autoría
A.P.G.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
A.P.G.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
30.06.2026 09:00
30.06.2026 09:00
Resumo
A Intelixencia Artificial (IA) está a desempeñar un papel fundamental en todos os ámbitos profesionais, incluído o educativo. A súa incorporación nas aulas de Educación Primaria resulta especialmente relevante para favorecer a personalización da aprendizaxe, adaptando a ensinanza ás necesidades e aos intereses individuais de cada estudante. Partindo desta premisa, o presente Traballo Fin de Grao ten como obxectivo analizar o potencial da IA como recurso de mellora dos procesos de ensino-aprendizaxe e valorar as súas repercusións pedagóxicas no ámbito da personalización. Para dar resposta a estes obxectivos, realizouse unha revisión sistemática da literatura científica publicada entre 2020 e 2026 nas bases de datos Scopus e Web of Science, seguindo o modelo PRISMA. Os resultados revelan, en termos xerais, que a implementación de ferramentas intelixentes nas aulas de Educación Primaria repercute positivamente na retroalimentación adaptativa, na personalización da aprendizaxe, na motivación, na participación e no rendemento académico do alumnado, así como na súa autonomía e noutros aspectos socioemocionais. Porén, tamén se detectaron limitacións relacionadas coa formación docente e coa privacidade de datos. En definitiva, os achados subliñan o gran potencial da IA para personalizar a aprendizaxe, aínda que a escaseza de estudos centrados nesta etapa evidencia a necesidade de continuar investigando nesta área, especialmente en contextos europeos e nos primeiros cursos de escolaridade.

FRAGA VARELA, FERNANDO (Titoría)
FRAGA VARELA, FERNANDO (Titoría)
Tribunal
FRAGA VARELA, FERNANDO (Titor do alumno)

Relación afectiva e apego no contexto educativo: o papel do/a docente na primeira infancia
Autoría
A.P.G.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
A.P.G.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
30.06.2026 12:15
30.06.2026 12:15
Resumo
O papel que desempeña o profesorado como figura de apego durante a primeira infancia resulta determinante para o establecemento de vínculos afectivos de calidade no contexto educativo e para a configuración dun desenvolvemento emocional e social axeitado no alumnado. Partindo desta premisa, o presente Traballo Fin de Grao ten como obxectivo analizar a influencia das interaccións docente-discente na etapa de Educación Infantil e examinar as súas repercusións no desenvolvemento socioemocional. Así mesmo, preténdese identificar os factores que condicionan a calidade deste vínculo e as prácticas pedagóxicas que contribúen á construción dun clima emocional seguro e promotor do benestar integral do alumnado. Para dar resposta a estes obxectivos, realizouse unha revisión sistemática da literatura científica publicada ata abril de 2026 nas bases de datos de ERIC, PsycInfo, Web of Science e Dialnet. Os resultados evidencian que a proximidade e a estabilidade emocional na relación docente-discente favorecen a competencia social, a seguridade e a adaptación escolar, mentres que o conflito se asocia con peores resultados socioemocionais e académicos. Así mesmo, a calidade deste vínculo vese condicionada por múltiples variables e pode actuar como mecanismo compensatorio ante situacións de vulnerabilidade afectiva. En definitiva, os achados subliñan a necesidade de incorporar a dimensión relacional e emocional na formación docente, co propósito de promover contextos educativos seguros, inclusivos e favorecedores para o desenvolvemento integral das crianzas.

Xogar para incluir: aprendizaxe lúdica do inglés en Educación Primaria con alumnado de diversas habilidades sociais
Autoría
R.P.Á.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
R.P.Á.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 12:00
30.06.2026 12:00
Resumo
No presente TFG deséñase, impleméntase e avalíase o impacto dunha secuencia didáctica gamificada en alumnado de 5º curso de Educación Primaria. Esta ubícase na materia de inglés e atópase destinada a atender á diversidade de habilidades sociais presentes nun mesmo grupo-clase. Para isto, explícase o tempo verbal going to mediante a narrativa do videoxogo Mario Kart, combinando os enfoques de gamificación e Aprendizaxe Basada en Xogos, polo que se inclúen sistemas de recompensas e actividades comunicativas que derivan nun xogo final acorde á narrativa. Os resultados obtidos amosan unha evolución positiva en diversas dimensións, tales como a cooperación, a competencia lingüística en inglés e a integración no grupo xeral por parte do alumnado con dificultades para a socialización, polo que se conclúe que as metodoloxías empregadas supoñen ferramentas valiosas para exercer unha docencia que promova a competencia comunicativa e a educación inclusiva do alumnado.

A educación primaria durante o Franquismo
Autoría
R.P.P.
Grao en Pedagoxía
R.P.P.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
30.06.2026 12:00
30.06.2026 12:00
Resumo
O traballo que se presenta a continuación ten como obxectivo principal realizar unha análise profunda sobre a evolución da educación primaria ao longo dos anos da ditadura franquista. Para iso, levouse a cabo unha revisión documental baseada no estudo de diversas fontes relacionadas coa temática principal, o que permitiu estruturar e fundamentar adecuadamente a investigación. A partir da análise destes documentos, identificáronse distintos ámbitos de interese que axudaron a comprender de maneira máis precisa a transformación que se produciu no sistema educativo durante o franquismo. Entre eles destacan a influencia da ideoloxía do réxime, o papel da Igrexa na formación do alumnado, a diferenciación por sexos e a presenza de valores e principios de carácter militar. Todos estes elementos permiten entender a educación primaria non só como un espazo de formación académica, senón tamén como un instrumento de control social e ideolóxico ao servizo do réxime. En conclusión, este traballo pretende mostrar a evolución da educación primaria durante a etapa franquista, analizando os diferentes factores que condicionaron o seu desenvolvemento e o impacto que este modelo educativo tivo nos estudantes que formaron parte de dito sistema.

A educación en contextos de hospitalización: un estudo de caso sobre a análise do traballo docente nunha aula hospitalaria.
Autoría
C.P.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
C.P.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 12:00
30.06.2026 12:00
Resumo
O presente traballo de fin de grao ten como obxectivo analizar a realidade actual das aulas hospitalarias e comprender a súa relevancia dentro da atención educativa ao alumnado hospitalizado. Nunha primeira parte, levarase a cabo unha revisión teórica sobre a orixe, evolución e situación presente das aulas hospitalarias en España, así como a normativa que regula o seu funcionamento, ademais do seu papel dentro da atención integral dos pacientes pediátricos. Posteriormente, realizarase unha investigación de campo mediante un estudo de caso, realizado nunha aula hospitalaria da comunidade autónoma de Galicia, concretamente no Hospital Teresa Herrera de A Coruña. A través de técnicas como a observación, entrevistas e a análise documental, describirase a súa organización, o perfil do alumnado atendido, as funcións do profesorado, a coordinación co centro escolar de referencia e co persoal sanitario, así como os obxectivos educativos, psicolóxicos e sociais que se traballan neste contexto. Este traballo permite identificar a realidade cotiá da práctica docente na aula hospitalaria deste hospital, así como as principais necesidades, dificultades e retos que afronta. Finalmente, formularanse propostas de mellora e liñas futuras de intervención baseadas nas evidencias recollidas e nas necesidades detectadas.

O envellecemento nas persoas con TEA. Abordaxes educativas.
Autoría
I.P.Á.
Grao en Pedagoxía
I.P.Á.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2026 11:30
01.07.2026 11:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao céntrase no envellecemento das persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA), investigando como este proceso inflúe no seu desenvolvemento físico, cognitivo, psicolóxico e social. O obxectivo principal consiste na análise dos múltiples retos aos que se enfrontan as persoas con TEA unha vez alcanzan esta etapa vital, analizando diversas estratexias de intervención educativa creadas arredor do mundo para dar resposta ás necesidades desta poboación, buscando favorecer a súa aprendizaxe, autonomía e benestar. Ao longo destas páxinas explorarase a evolución do concepto do TEA, describindo os estudos e investigacións que se encargaron de identificar as necesidades asociadas ao envellecemento, valorando o impacto que estas teñen neste colectivo. Realizarase unha identificación dos cambios do desenvolvemento no ámbito físico, afectivo, social, cognitivo e motriz. Finalmente, recolleranse diferentes intervencións educativas deseñadas e implementadas ao longo do mundo, valorando a súa calidade e os seus beneficios para a poboación adulta con TEA, desde unha mirada pedagóxica. A metodoloxía que guiou este traballo foi cualitativa, realizándose mediante unha revisión bibliográfica a través dunha análise documental de múltiples artigos e escritos educativos e programas de intervención. Todo co fin de propoñer novas liñas de traballo e intervención para futuros programas.

Feminismo ilustrado en galego: unha proposta para o segundo ciclo de Educación Infantil.
Autoría
T.P.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
T.P.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
02.07.2026 09:30
02.07.2026 09:30
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao desenvólvese unha investigación educativa enmarcada no segundo ciclo de Educación Infantil, e ten como principal obxectivo analizar as valoracións e prácticas do alumnado con respecto a tres dimensións detectadas como deficitarias a nivel lingüístico e social. En concreto, focalízase no fomento da lingua galega para a súa preservación nun contexto urbano fortemente castelanizado, ao tempo que impulsa un hábito lector centrado no poder do diálogo e o intercambio de opinións sobre cuestións discriminatorias a nivel de xénero. A investigación articúlase fundamentalmente en base a producións orais do alumnado que foron transcritas poder analizar a evolución das súas concepcións e prácticas. Constátanse os seguintes resultados: o alumnado (1) presenta unha visión máis favorable e comprometida con respecto ao uso do galego, (2) percibe a lectura como unha actividade cotiá, pracenteira e cognitiva e (3) formula enunciados reflexivos que cuestionan roles de xénero tradicionais.

Teijeiro Boo, Yesica (Presidente/a)
Ponce Romero, Clara Macarena (Secretario/a)
VAZQUEZ LAGO, JUAN MANUEL (Vogal)

O feminismo como suxeito educativo: coñecemento histórico e competencias socio-críticas no alumnado de Educación Primaria.
Autoría
T.P.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
T.P.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
30.06.2026 12:30
30.06.2026 12:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao consiste nunha investigación educativa enmarcada no contexto do Prácticum II do Dobre Grao en Mestra de Educación Infantil e Mestra de Educación Primaria. Céntrase no período educativo de Educación Primaria, tomando como principal obxectivo considerar as valoracións do alumnado sobre unha cuestión socialmente relevante e en conflito. En concreto, realízase un breve percorrido pola historia do feminismo, entendendo a natureza e importancia do movemento, para chegar a analizar o odio que se produce cara o mesmo na actualidade como motivo da desinformación e da radicalización. Da actuación, caracterizada polo uso dunha metodoloxía de traballo innovadora, derívanse unha serie de producións que posibilitan analizar a evolución das concepcións do alumnado. Constátanse os seguintes resultados: o alumnado presenta 1) un elevado grao de satisfacción con respecto á acción formativa, 2) capacidades cognitivas para asimilar e comprender os datos mostrados e 3) capacidades de extrapolar os contidos traballados á vida cotiá, amosando un compromiso activo coa sociedade e o futuro.

O papel do ambiente familiar no consumo de drogas durante a adolescencia no contexto español
Autoría
M.P.B.
Grao en Educación Social
M.P.B.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2026 15:30
01.07.2026 15:30
Resumo
O consumo de substancias durante a adolescencia representa un importante problema social, onde a familia xoga un papel decisivo, actuando como factor de protección e de risco. Este estudo ten como obxectivo analizar como o ambiente familiar se asocia, tanto positiva como negativamente, co consumo de drogas na adolescencia. Seguindo a metodoloxía PRISMA, realizouse unha busca de artigos publicados entre 2021 e 2025 en dúas bases de datos, Scopus e Web of Science (WoS), e seleccionáronse 6 documentos que cumprían os criterios de inclusión e exclusión. Os resultados revelan que a familia xoga un papel fundamental na prevención ou na facilitación do consumo de drogas durante a adolescencia. A falta de supervisión parental, a ausencia de límites claros e os estilos de crianza permisivos ou autoritarios asócianse cun maior risco de consumo de substancias. Pola contra, unha comunicación axeitada, o apoio emocional, a implicación familiar e un estilo de crianza democrático actúan como factores de protección. Ademais, observouse que os programas preventivos que involucran aos adolescentes e ás súas familias de forma coordinada mostran mellores resultados, contribuíndo a unha redución do consumo de substancias entre os menores. Neste sentido, a familia emerxe como o principal axente de prevención contra o consumo de substancias.

Análise das políticas públicas de educación afectivo-sexual: unha comparativa do panorama europeo
Autoría
N.P.L.
Grao en Educación Social
N.P.L.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.07.2026 12:15
03.07.2026 12:15
Resumo
Este traballo analiza as políticas públicas de educación afectivo-sexual nos países da Unión Europea, considerando as diferenzas existentes na súa regulación, desenvolvemento e enfoque. O obxectivo xeral é comparar as disposicións legais vixentes, identificando similitudes e diferenzas entre Estados membros en relación con cuestións como os modelos, a obrigatoriedade e a implementación desta educación. A investigación baséase nunha metodoloxías cualitativa de carácter documental, mediante a análise de disposicións legais dos 27 países da UE. A información foi sistematizada mediante unha táboa de análise ad hoc e tratada a través de categorización temática, considerando variables como o nivel educativo, a transversalidade, o enfoque e os mecanismos de avaliación. Así mesmo, os resultados mostran unha forte heteroxeneidade, pois só unha parte dos países conta con normativa específica, mentres que noutros a educación afectivo-sexual é pouco desenvolvida ou inexistente. Destacan modelos integrais baseados nos dereitos humanos, como en Francia e Portugal, fronte a enfoques preventivos e restritivos noutros contextos. En resumo, a educación afectivo-sexual en Europa presenta unha regulación desigual e fragmentada, influída por factores políticos e socioculturais, o que evidencia a necesidade de avanzar cara modelos máis coherentes e baseados nos dereitos humanos.

A competencia dixital educativa no marco lexislativo europeo
Autoría
M.P.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
M.P.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
Este traballo analiza a integración da competencia dixital na educación infantil no marco lexislativo europeo, nun contexto de crecente dixitalización dos sistemas educativos e de debate sobre o seu impacto nas primeiras idades. En concreto, examinaranse algúns países segundo o seu PIB (os tres países con maior riqueza e desenvolvemento económico, e os tres con menor riqueza e desenvolvemento económico), ademais de España e Galicia. Para iso, recorrerase ás leis educativas, normas ou disposicións de ditos países. A metodoloxía empregada será unha análise documental. Os obxectivos do traballo son coñecer o marco legal sobre competencia dixital que afecta á educación infantil en diferentes países de Europa, comparar a situación dixital no ámbito internacional e examinar como é a regulación en materia dixital para docentes, familias e estudantes. Comprobaremos como existe unha tendencia xeral a vincular a competencia dixital coas políticas europeas, aínda que o seu grao de concreción varía significativamente entre contextos.

Análise da intervención socioeducativa na vellez: a Educación Social no Centro de Día Municipal de Sanxenxo.
Autoría
D.P.S.
Grao en Educación Social
D.P.S.
Grao en Educación Social
Data da defensa
30.06.2026 12:00
30.06.2026 12:00
Resumo
A finalidade desta investigación é coñecer a situación da Educación Social no Centro de Día Municipal de Sanxenxo, profundizando nas accións socioeducativas e no desempeño profesional das educadoras sociais. Para realizar este traballo de tipo cualitativo, primeiro levarase a cabo unha revisión bibliográfica da literatura relacionada coas persoas maiores, os centros de día, o envellecemento activo, o modelo de atención centrado na persoa e o papel da Educación Social con este colectivo. Posteriormente, presentarse unha análise do centro e das actuacións socioeducativas desenvolvidas empregando principalmente a entrevista e a observación como métodos de recollida de información, tomando como referencia ás persoas usuarias e outorgando especial relevancia ás educadoras sociais, xunto con outras/os profesionais. Desta forma, preténdese identificar que accións socioeducativas lévanse a cabo no centro e cales son as súas características, ademais de que funcións desempeñan as educadoras sociais nesta institución. Con toda a información obtida, realizarse unha análise DAFO na que se identifiquen as ameazas, fortalezas, debilidades e oportunidades que servirán posteriormente para realizar as conclusións e definir as posibles propostas de mellora.

Os espazos tamén ensinan: Boas prácticas de organización de espazos educativos na Educación Infantil, Primaria e Secundaria
Autoría
M.P.R.
Grao en Pedagoxía
M.P.R.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2026 12:30
01.07.2026 12:30
Resumo
O Presente Traballo de Fin de Grao analiza a organización dos espazos educativos como unha dimensión pedagóxica relevante nos procesos de ensino-aprendizaxe. O estudo parte da idea de que o espazo escolar non constitúe un mero escenario físico, senón un recurso educativo e con implicacións didácticas. O obxectivo principal é identificar e analizar boas prácticas de organización de espazos educativos nas etapas de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria no contexto español. Para iso desenvolveuse unha revisión documental cualitativa baseada nunha busca bibliográfica selectiva e estruturada a partir do modelo SALSA. Os resultados amosan que os espazos deben responder ás características de cada etapa educativa e deseñarse con intencionalidade pedagóxica.

Revisión sistemática sobre a relación entre o apego parental e o consumo de cannabis
Autoría
I.P.B.
Grao en Educación Social
I.P.B.
Grao en Educación Social
Data da defensa
30.06.2026 12:30
30.06.2026 12:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao desenvolve unha revisión sistemática da literatura científica sobre a relación entre os estilos de apego parental e o consumo de cannabis durante a adolescencia e a adultez emerxente. A proposta xurde ante a necesidade de transcender os enfoques preventivos tradicionais e punitivos, abordando a drogodependencia dende o propio desenvolvemento do menor e o profundo impacto do trauma relacional temperán. O obxectivo principal é analizar como os déficits na calidade dos vínculos familiares incrementan a vulnerabilidade cara ao uso problemático desta substancia. Para iso, a metodoloxía empregada guiouse polos parámetros da declaración PRISMA, realizando unha busca exhaustiva en bases de datos de relevancia (Scopus, PsycINFO e Web of Science), o que resultou na selección e avaliación clínica de 19 estudos empíricos a texto completo. Os resultados demostran que o apego inseguro (ansioso e evitativo) favorece a internalización de esquemas cognitivos inadaptados. Ante a falta de ferramentas intrínsecas de regulación emocional, o mozo instrumentaliza o cannabis como unha estratexia de afrontamento compensatoria (automedicación) fronte ao malestar ou a presión grupal. En definitiva, o proxecto conclúe subliñando a ineludible responsabilidade da Educación Social, onde o profesional debe erixirse como unha base segura que permita reparar o dano vincular subxacente á adicción.

CID FERNANDEZ, SUSANA (Titor do alumno)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Titor do alumno)
Fortalecendo a relación familia-escola: confianza, conciliación e diversidade familiar.
Autoría
P.P.I.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
P.P.I.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 10:30
30.06.2026 10:30
Resumo
A relación familia-escola é unha cuestión moi presente na sociedade actual. Se se procura un clima de colaboración, respecto e apoio, conseguirase no/a menor un desenvolvemento integral e óptimo. Por iso, estudarase os factores que poidan ameazar devandita relación, como é a diversidade familiar, a conciliación ou a confianza entre ambas as partes. Os obxectivos deste traballo son analizar a relación entre familias e escola e as súas posibles dificultades e examinar aspectos relevantes como a depreciación da figura docente e os retos da conciliación no século XXI, tomando como referencia a realidade concreta do municipio de Corcubión. A metodoloxía basearase nun enfoque cuantitativo e reflexivo. Revisaranse textos e documentos, así como se realizará un estudo de campo mediante cuestionarios ao profesorado e familias do C.E.I.P. Praia de Quenxe. Os datos recolleitos analizaranse desde unha perspectiva teórica, para comprender a relación familia-escola e os retos educativos actuais.

A introdución do concepto de cultura na aula de Inglés a través do enfoque metodolóxico da aprendizaxe baseada en xogos
Autoría
L.P.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.P.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 19:00
30.06.2026 19:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao (TFG) sitúase na modalidade de proposta de implementación didáctica e persegue como obxectivo principal integrar o concepto de cultura na aula de lingua estranxeira (Inglés) mediante o enfoque da Aprendizaxe Baseada en Xogos (ABX). Tradicionalmente, a cultura impartiuse de forma tanxencial ou anecdótica; con todo, este traballo defende que o xogo constitúe un vehículo privilexiado para adquirir competencia intercultural de maneira significativa e motivadora. A metodoloxía envolve unha proposta de intervención orixinal, onde a mecánica do xogo utilízase para mergullar ao alumnado en aspectos sociolingüísticos, tradicións e valores dos países de fala inglesa. A través do ABX, búscase que o estudante non só aprenda contidos teóricos, senón que experimente a cultura de forma activa, fomentando a empatía e rompendo estereotipos dende unha base lúdica. O traballo recolle a xustificación teórica de ámbolos dous conceptos (cultura e ABX), os obxectivos de aprendizaxe, a secuencia de actividades deseñadas e os instrumentos de avaliación propostos. As conclusións suxiren que a gamificación e o uso de xogos na aula non só aumentan a participación, senón que facilitan a asimilación de conceptos culturais complexos, convertendo a aula de inglés nun espazo de intercambio cultural dinámico e efectivo.

González Álvarez, Elsa María (Titoría)
González Álvarez, Elsa María (Titoría)
Tribunal
González Álvarez, Elsa María (Titor do alumno)
González Álvarez, Elsa María (Titor do alumno)
A organización da contorna educativa en Educación Infantil
Autoría
C.P.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
C.P.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
16.07.2025 12:00
16.07.2025 12:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao analiza a importancia da organización da contorna escolar no segundo ciclo de Educación Infantil, destacando este elemento fundamental no proceso de ensino-aprendizaxe. A investigación articúlase arredor de dous eixes: por unha banda a revisión teórica que aborda o concepto e evolución dos espazos educativos, análise de enfoques pedagóxicos para xustificar que o ambiente é axente activo influínte no desenvolvemento cognitivo, social e emocional do alumnado. Faise referencia a perspectiva como o construtivismo e os enfoques socioculturais, como tamén referencias de autores como Malaguzzi, Piaget, Tonucci, Vygotsky e Montessori. O concepto de ambiente como terceiro mestre, pon en valor a capacidade do espazo para así xerar situacións de aprendizaxe significativas. Analízase a influencia das contornas naturais no desenvolvemento infantil, facendo especial fincapé nas capacidades de exploración, a autonomía e o contacto coa realidade. Por outra banda, preséntase unha proposta de intervención baseada na creación dun horto escolar como ambiente de aprendizaxe, no que se deseña, aplica e avalía o proxecto. Esta intervención desenvolveuse durante o prácticum e adaptaouse ao contexto real do centro. A través de actividades experimentais, colaborativas e creativas, o alumnado converteuse en protagonista da súa aprendizaxe.

O coñecemento da dislexia dende a perspectiva docente
Autoría
I.P.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
I.P.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
17.07.2025 11:00
17.07.2025 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao (TFG) centrase en avaliar a relación entre o ámbito docente e a dislexia dentro do sistema educativo. O propósito xeral da investigación é analizar o nivel de coñecementos, competencias e estratexias metodolóxicas que posúen os docentes dos diferentes niveis educativos para identificar e intervir axeitadamente nos casos de dislexia. Tamén, pretende afondar no papel que desempeñan os docentes na aula coma axentes clave no desenvolvemento académico dos estudantes, reflexionando sobre a súa formación e coñecementos. Isto conséguese mediante a recollida de información directa de profesionais en activo, á vez que se analiza persistencia de mitos. Palabras chave: dislexia, docentes, formación, educación, mitos.

A integración das persoas con TDAH no mundo laboral. Retos e Oportunidades
Autoría
S.P.M.
Grao en Pedagoxía
S.P.M.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
30.06.2026 11:00
30.06.2026 11:00
Resumo
Dentro do contexto do mercado laboral no que a alta esixencia, a flexibilidade e a orientación centrada na produtividade son as principais características que o conforman, as persoas con Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) asumen numerosas dificultades estruturais que limitan o seu acceso, permanencia e adaptación nos postos de traballo. Aspectos referidos a organización, a planificación, a autorregulación e as relacións interpersoais supoñen elementos clave na comprensión dunha realidade non só determinada polas características individuais senón tamén polas barreiras presentes nas contornas organizacionais. Este traballo analiza, baixo esta premisa a inclusión laboral das persoas con TDAH a través dunha metodoloxía de revisión sistemática da literatura científica, baixo o modelo PRISMA. Este enfoque, analiza o papel da orientación e a pedagoxía laboral para a mellora da empregabilidade do colectivo. A través dos resultados chegouse á conclusión da urxencia que supón ter que implementar apoios personalizados e adaptacións razoables na contorna laboral. Ademais, a investigación determina que unha plena inclusión das persoas con TDAH vai a depender dunha maior sensibilización por parte das organizacións en canto á neurodiversidade e a configuración de contornas laborais mais flexibles e con maior accesibilidade.

As TIC como recurso para a prevención do acoso escolar no 5º curso de Educación Primaria: deseño dunha proposta de intervención.
Autoría
J.P.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
J.P.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 12:00
01.07.2026 12:00
Resumo
Este traballo de Fin de Grado ten como principal tema a prevención do acoso escolar a través das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC). Este tema ven da necesidade de que o alumnado comprenda o concepto do acoso e cómo deben actuar fronte a este, a partir de recursos dixitais que forman parte do noso día a día. Así, podemos ver que o obxectivo principal é mellorar a convivencia, o respecto entre o alumnado e a participación activa na prevención do acoso a través dun uso responsable e seguro das TIC. Este tema se traballará a través da modalidade dun deseño dun proyecto de intervención, que neste caso, tratarase dun taller con varias sesións sobre o acoso escolar pensado para realizar no 5º curso de Educación Primaria. Anteriormente a este diseño farase unha recollida de información sobre o tem para unha maior comprensión e para facilitar o deseño de intervención.

Educar dende a contorna: proposta didáctica sobre o patrimonio local de Ourense en primaria.
Autoría
A.P.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.P.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 12:45
30.06.2026 12:45
Resumo
Este traballo analiza o potencial educativo do patrimonio arqueolóxico e da cultura material como recursos didácticos na ensinanza das Ciencias Sociais en Educación Primaria. A proposta baséase nun enfoque de educación patrimonial e aprendidaxe baseada no lugar, tomando como referencia o patrimonio próximo da cidade de Ourense. O obxectivo principal consiste en analizar en que medida o traballo con patrimonio arqueolóxico favorece a implicación emocional e cognitiva do alumnado, así como, o desenvolvemento do pensamento histórico, crítico e reflexivo. Para iso, deseñouse una intervención didáctica centrada na análise de obxectos, o traballo por roles e actividades de indagación relacionadas cun xacemento arqueolóxico próximo. Os resultados obtidos mostran una elevada motivación e participación do alumnado, así como, avances na interpretación de evidencias, na formulación de hipótesis e na comprensión do patrimonio como elemento vinculado á identidade colectiva e á ciudadanía. En conxunto, conclúese que a arqueoloxía e a cultura material constitúen ferramentas eficaces para promover aprendizaxes activos, significativos e conectados coa realidade do alumnado

A autoestima en educación infantil: como afecta no seu desenvolvemento e por que debe traballarse nas aulas.
Autoría
M.P.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
M.P.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 11:30
01.07.2026 11:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao ten por finalidade demostrar o impacto que ten o traballo da autoestima dende idades temperás na etapa de Educación Infantil, máis concretamente na etapa de 3-6. Os seus obxectivos principais serán averiguar a importancia que se lle da á autoestima nas aulas na actualidade, coñecer as implicacións que teñen a longo prazo as etiquetas que se lle atribúen ao alumnado nesta etapa e defender por que é imprescindible coidar a imaxe que teñen deles/as mesmos/as nas aulas. Para logralo, realizarase en primeiro lugar unha lectura e investigación de diversos documentos sobre a temática da autoestima nas crianzas e de como repercute na imaxe que crean delas mesmas. Ademais, realizarase un estudo de caso dun aula real de 4 anos a través da técnica da observación directa do alumnado e da mestra. Realizarase tamén unha entrevista a esta sobre os perfís que existen no grupo, sobre como exteriorizan a súa auto percepción e sobre a valoración persoal e subxectiva que fan desta.

O desenvolvemento das funcións executivas no alumnado con TEA en Educación Infantil: revisión teórica, implicacións para a aprendizaxe e a práctica docente.
Autoría
A.P.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.P.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 10:45
30.06.2026 10:45
Resumo
O Trastorno do Espectro Autista (TEA) constitúe un trastorno do neurodesenvolvemento caracterizado por dificultades na comunicación e na interacción social, así como por patróns restrinxidos e repetitivos de comportamento. Entre as alteracións asociadas ao TEA destacan as dificultades nas funcións executivas (FE), especialmente na flexibilidade cognitiva, no control inhibitorio, na memoria de traballo, na planificación e na autorregulación emocional. Estas habilidades desempeñan un papel fundamental na aprendizaxe, na adaptación escolar e no desenvolvemento socioemocional durante a primeira infancia, polo que a súa estimulación na etapa de Educación Infantil resulta especialmente relevante. O presente Traballo de Fin de Grao ten como finalidade revisar o estado da arte sobre o desenvolvemento das FE no alumnado con TEA en Educación Infantil, así como analizar programas e estratexias de intervención orientados á súa estimulación no contexto educativo. Para iso, realizouse unha revisión bibliográfica sistemática da literatura científica, seguindo as directrices PRISMA, mediante a consulta das bases de datos PsycINFO, ERIC, WOS e Dialnet. Os resultados evidencian que as crianzas con TEA presentan un perfil executivo heteroxéneo, con dificultades que afectan á adaptación escolar, ás habilidades sociais, á autonomía e á participación na vida diaria. Así mesmo, a literatura revisada destaca a relevancia da intervención temperá e da aplicación de metodoloxías estruturadas e individualizadas, como os programas TEACCH e ABA, xunto con estratexias complementarias baseadas no xogo, no exercicio físico, nos apoios visuais, nas ferramentas dixitais e nos contextos naturais de aprendizaxe. En conclusión, o desenvolvemento das FE constitúe un elemento clave para favorecer a inclusión educativa, o benestar emocional e a adaptación socioescolar do alumnado con TEA. Por este motivo, resulta fundamental que o profesorado de Educación Infantil dispoña de formación e recursos específicos que posibiliten implementar intervencións temperás, flexibles e fundamentadas na evidencia científica.

Dúas décadas de desigualdade. A segregación laboral entre homes e mulleres en ESpaña (2005-2025)
Autoría
N.P.C.
Grao en Pedagoxía
N.P.C.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
30.06.2026 10:00
30.06.2026 10:00
Resumo
Nunha sociedade onde o xénero forma parte da identidade social das persoas, a segregación laboral entre homes e mulleres continúa a ser unha das problemáticas máis presentes e visibles no mercado de traballo, manifestándose de diversas formas. A pesar dos avances acadados nas últimas décadas en materia de igualdade, a segregación laboral segue manifestándose na distribución dos empregos, nas condicións laborais e nas retribucións salariais que se perciben. O presente Traballo de Fin de Grao analiza a segregación laboral entre homes e mulleres en España durante o período comprendido entre 2005 e 2025. Co obxectivo de ampliar conceptos e coñecer en profundidade a evolución do mercado de traballo ao longo deste período de tempo, faise necesario abordar este fenómeno dende unha perspectiva ampla, onde se afonde acerca das súas principais tipoloxías, manifestacións e factores que o fan posible. A través dunha revisión sistemática na que se emprega a metodoloxía PRISMA, preténdese profundar e responder a unha serie de preguntas que permitirán analizar de xeito directo a presenza deste fenómeno no mercado de traballo español, así como as súas implicacións en cuestións como a nacionalidade ou as medidas e políticas máis relevantes á hora de detallar o concepto.

A educación en contextos de protección: abordaxe pedagóxica dos menores non acompañados
Autoría
X.P.C.
Grao en Pedagoxía
X.P.C.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
30.06.2026 14:00
30.06.2026 14:00
Resumo
Os menores migrantes non acompañados son, dende finais do século pasado, unha realidade migratoria que non podemos ignorar. A pesar de formar parte dun colectivo, cada persoa que o conforma ten unhas características, necesidades, aspiracións e peculiaridades que o/a fan único e heteroxéneo. Dende os centros de protección, búscase coidar e acoller a aqueles/as menores en situación de desamparo, e os/as menores migrantes non poden ser menos. Por elo, preténdese ver se o sistema de protección galego e as propias institucións están preparadas ante tal reto, ademais de explorar cales son os principais perfís de menores que deciden migrar, que lles impulsa a tomar esta decisión e como é o seu traxecto dende que abandonan o seu fogar ata que pasan a ser xoves extutelados/as no país de acollida.

Estratexias para unha xornada escolar fisicamente máis activa en Educación Infantil
Autoría
L.P.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
L.P.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
17.07.2025 10:45
17.07.2025 10:45
Resumo
A Educación Infantil constitúe un período decisivo para o desenvolvemento integral dos nenos e das nenas, no que se consolidan as bases motoras, cognitivas, emocionais e sociais. Neste proceso, a actividade física desempeña un papel esencial para o desenvolvemento motriz e a creación de hábitos saudables. Este estudo tivo como obxectivo analizar a presenza da actividade física ao longo da xornada escolar dunha aula de 5º de Infantil e, a partir do observado, deseñar e poñer en práctica estratexias que incrementasen as oportunidades de movemento e, en consecuencia, os niveis de actividade física. Para a recollida de datos empregouse como instrumento o podómetro-acelerómetro Onwalk One Plus, rexistrando pasos e distancias percorridas durante dúas semanas consecutivas. Os resultados evidencian un incremento notable da actividade física durante a semana de intervención, destacando o luns un aumento do 210,90% nos pasos e do 212,46% na distancia percorrida respecto á semana de observación, mentres que o resto dos días tamén presentan melloras relevantes, situándose entre o 43% e o 163%. En definitiva, os resultados indican que as estratexias aplicadas resultaron eficaces para incrementar os niveis de actividade física e favorecer unha xornada escolar máis activa.

Redes sociais, adolescencia e autoconcepto; unha proposta de acción socioeducativa en educación secundaria
Autoría
L.P.A.
Grao en Educación Social
L.P.A.
Grao en Educación Social
Data da defensa
30.06.2026 10:30
30.06.2026 10:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao presenta o deseño dun proxecto de intervención socioeducativa dirixido a adolescentes de entre 13 e 16 anos, concretamente ao alumnado de 3º e 4º da ESO. Enmarcado en contextos educativos e na alfabetización mediática, o proxecto responde á necesidade de abordar os procesos de socialización dixital desde a Educación Social. A proposta articula accións de formación, análise crítica e fortalecemento privado ao redor do uso das redes sociais, coa implicación activa das familias, o profesorado e o AMPA do centro educativo. Os seus obxectivos principais son tres: fomentar unha autoestima positiva e realista fronte aos modelos idealizados que proliferan na internet; desenvolver habilidades de pensamento crítico sobre os contidos dixitais e o funcionamento dos algoritmos; e previr condutas de risco como a dependencia tecnolóxica, a necesidade de validación externa ou o ciberacoso. Partindo dunha análise da realidade xuvenil e da hiperconectividad actual, o plan de acción estrutúrase en metodoloxías activas e participativas, co propósito de dotar aos mozos de ferramentas de resiliencia dixital que favorezan o seu benestar socioemocional e a súa autonomía na sociedade rede.

Proposta de intervención educativa para a regulación emocional e a inclusión social en alumnado con TDAH
Autoría
E.P.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
E.P.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 11:30
30.06.2026 11:30
Resumo
O presente Traballo Fin de Grao sitúase no ámbito da Educación Primaria e centra o seu foco na atención educativa ao alumnado con Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH), concretamente na intervención socioemocional en casos nos que se detecta baixa autoestima e risco de exclusión social. Esta problemática constitúe unha realidade frecuente nas aulas ordinarias e pode ter consecuencias negativas tanto no rendemento académico como no benestar emocional e nas relacións interpersoais do alumnado afectado. O caso abordado corresponde a un alumno de Educación Primaria con diagnó de TDAH tipo combinado, dificultades na autorregulación emocional, problemas de integración no grupo de iguais e unha percepción negativa de si mesmo derivada de experiencias repetidas de fracaso escolar e rexeitamento social. Dita situación xustifica o deseño dunha intervención educativa específica, adaptada ao contexto escolar e centrada no desenvolvemento integral do alumno. O obxectivo central deste traballo é deseñar unha proposta de intervención didáctica orientada á mellora da autoestima, ao fortalecemento das habilidades sociais e á promoción da inclusión educativa dentro da aula ordinaria, favorecendo un clima positivo. A estratexia de abordaxe baséase nun modelo de intervención multimodal, combinando técnicas de educación emocional, modificación de conduta, aprendizaxe cooperativa e adestramento en habilidades sociais. A proposta estrutúrase en sesións planificadas, con actividades adaptadas á etapa de Educación Primaria, empregando metodoloxías activas e instrumentos de avaliación continua que permiten analizar o impacto da intervención e realizar axustes en función das necesidades detectadas.

A construción da identidade profesional en alumnado do Grao en Mestre/a de Educación Primaria
Autoría
M.P.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.P.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 09:30
30.06.2026 09:30
Resumo
Esta investigación sitúase na construción da identidade profesional dos docentes de Educación Primaria durante a súa formación inicial na Universidad de Santiago de Compostela. A través dun estudo baseado en entrevistas semiestruturadas que recollen as vivencias do estudantado do cuarto curso, confírmase que a identidade profesional comeza a tensionarse antes do acceso á universidade, condicionada polo choque entre o baixo prestixio social da titulación e o sentimiento vocacional do alumnado. Igualmente, evidénciase que o momento máis crítico é o Prácticum xa que reflicte a brecha entre a teoría universitaria e a práctica dos centros, que aboca ao estudantado a un mimetismo por supervivencia ante os titores de referencia. Isto lévaos a cuestionar a viabilidade da innovación pedagóxica e a revelar carencias formativas graves, como no eido da diversidade. Ademais, a falta de desenvolvemento do perfil investigador xera desorientación cara ao Traballo de Fin de Grao e afonda nun sentimento de inseguridade con respecto das súas propias capacidades e na dificultade para identificarse como docentes. Conclúese coa necesidade de deseñar reformas curriculares escoitando ao alumnado para conseguir os marcos dunha identidade equilibrada e adaptada á complexidade educativa actual.

Un país desconectado: análise das vivencias do alumnado da Facultade de Ciencias da Educación durante o apagamento
Autoría
M.P.T.
Grao en Educación Social
M.P.T.
Grao en Educación Social
Data da defensa
30.06.2026 10:00
30.06.2026 10:00
Resumo
Este traballo de Fin de Grao ten como obxectivo analizar o impacto que tivo no alumnado da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela o apagamento nacional ocorrido en España o 28 de abril de 2025, identificando os cambios nas rutinas, na comunicación, na socialización e noutros ámbitos cotiáns derivados da falta de acceso ás tecnoloxías e as emocións sentidas. O estudo enmárcase na modalidade de iniciación á investigación de campo e desenvolveuse a través dunha metodoloxía cuantitativa, empregando a técnica da enquisa e utilizando un cuestionario online. Os resultados mostran a existencia dunha forte dependencia das tecnoloxías na mocidade, destacando a necesidade de comunicarse mediante aplicacións de mensaxería e o uso xeneralizado do móbil. A pesar de que o apagamento alterou as rutinas, tamén favoreceu á realización de actividades presenciais e ao lecer comunitario. Este estudo evidencia a centralidade que teñen as tecnoloxías nas vidas das novas xeracións, ao mesmo tempo que pon de manifesto que a mocidade segue necesitando aspectos fundamentais como a desconexión dixital, o lecer comunitario ou as relacións presenciais.

RODRIGUEZ GROBA, ANA (Titoría)
Rodríguez González, Carolina Cotitoría
RODRIGUEZ GROBA, ANA (Titoría)
Rodríguez González, Carolina Cotitoría
Tribunal
Rodríguez González, Carolina (Titor do alumno)
RODRIGUEZ GROBA, ANA (Titor do alumno)

A saúde mental no contexto penitenciario: luces e sombras para a intervención pedagóxica
Autoría
A.P.M.
Grao en Pedagoxía
A.P.M.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
30.06.2026 10:30
30.06.2026 10:30
Resumo
Este traballo de fin de grao ten como obxectivo analizar a saúde mental no contexto penitenciario, abordando a evolución do concepto, os principais factores de risco e protección e as súas dimensións, así como os procesos de estigma e exclusión social. Tamén revisa os principais recursos e intervencións de saúde mental dispoñibles no cárcere, destacando as súas limitacións e áreas de mellora, facendo fincapé na importancia da intervención socioeducativa neste contexto e subliñando o papel do educador como figura clave, ás veces invisible, no proceso de reinserción social. En xeral, este traballo demostra a necesidade de reforzar os recursos existentes no sistema penitenciario para mellorar a atención á saúde mental e promover procesos de reinserción social máis eficaces.
Este traballo de fin de grao ten como obxectivo analizar a saúde mental no contexto penitenciario, abordando a evolución do concepto, os principais factores de risco e protección e as súas dimensións, así como os procesos de estigma e exclusión social. Tamén revisa os principais recursos e intervencións de saúde mental dispoñibles no cárcere, destacando as súas limitacións e áreas de mellora, facendo fincapé na importancia da intervención socioeducativa neste contexto e subliñando o papel do educador como figura clave, ás veces invisible, no proceso de reinserción social. En xeral, este traballo demostra a necesidade de reforzar os recursos existentes no sistema penitenciario para mellorar a atención á saúde mental e promover procesos de reinserción social máis eficaces.
Dirección
LORENZO MOLEDO, MARIA DEL MAR (Titoría)
LORENZO MOLEDO, MARIA DEL MAR (Titoría)
Tribunal
LORENZO MOLEDO, MARIA DEL MAR (Titor do alumno)
LORENZO MOLEDO, MARIA DEL MAR (Titor do alumno)
A fuga de cerebros na xuventude cualificada española: Unha análise das súas dinámicas durante os últimos 25 anos.
Autoría
A.P.P.
Grao en Pedagoxía
A.P.P.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
30.06.2026 10:30
30.06.2026 10:30
Resumo
A saída ao estranxeiro de mozos e mozas altamente cualificados formula cuestións sobre a relación entre educación superior e emprego en España. Este traballo analiza como a literatura académica abordou a “fuga de cerebros” na xuventude cualificada española entre 2000 e 2025. Realizouse unha revisión bibliográfica sistemática seguindo o modelo PRISMA. A busca en Web of Science e Scopus permitiu seleccionar 28 estudos, analizados segundo os factores de saída, os destinos, a relación entre formación e empregabilidade e as posibilidades de retorno. Os resultados vinculan a emigración cualificada xuvenil co desemprego, a precariedade, os baixos salarios e a falta de empregos acordes á formación recibida. Os principais destinos sitúanse en Europa, especialmente Reino Unido, Alemaña e Francia, aínda que tamén aparecen México e Ecuador para determinados perfís. Ademais, os estudos mostran que a formación universitaria facilita a mobilidade internacional, pero non garante unha inserción laboral adecuada en España. Aínda que a experiencia no estranxeiro pode achegar competencias e oportunidades profesionais, o seu aproveitamento depende de que existan condicións favorables de retorno. Conclúese que a “fuga de cerebros” constitúe un fenómeno educativo e social, ao reflectir dificultades para aproveitar o talento formado en España. Futuras investigacións deberían afondar na súa dimensión educativa e comparar as condicións españolas coas dos principais países de destino.

A música como ferramenta pedagóxica para a inclusión da mocidade inmigrante en Galicia
Autoría
M.L.P.E.
Grao en Pedagoxía
M.L.P.E.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2026 11:30
01.07.2026 11:30
Resumo
Na actualidade, a diversidade cultural é un dos maiores retos educativos na nosa sociedade, onde resulta necesario ensinar mediante a inclusión e convivencia pacífica con outras culturas. A música considérase unha linguaxe universal. A través deste traballo analizarase como pode favorecer á inclusión e integración da mocidade inmigrante no noso país, centrándonos na nosa terra, Galicia. O obxectivo nesta investigación é analizar como a música pode converterse nunha ferramenta pedagóxica favorecendo a inclusión, investigando aquelas prácticas docentes que empreguen a música como mediadora principal, e afondar na visión da xuventude sobre esta casuística. Este traballo de fin de grao, constitúe unha primeira aproximación á investigación de campo, baseada unha metodoloxía cualitativa a través dun estudo de caso, mediante entrevistas semiestruturadas. Tras os resultados desta investigación, espérase mostrar esta realidade dende a pedagoxía, ofrecendo as vantaxes da música como ferramenta de aprendizaxe cara a inclusión e integración das diversas culturas que conviven nun mesmo espazo. Ao mesmo tempo, coñecer prácticas docentes e proxectos musicais interculturais que favorecen a inclusión do colectivo da mocidade inmigrante en Galicia.

A realidade da normalización lingüística no marco da educación galega. Guía de boas prácticas.
Autoría
A.Q.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.Q.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 17:00
30.06.2026 17:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao analiza a realidade da normalización lingüística no sistema educativo galego empregando unha perspectiva descritiva e propositiva. Nun contexto sociolingüístico marcado pola baixa transmisión interxeracional, o escaso prestixio social, o retroceso nos usos informais entre a mocidade e a situación de minorización do galego respecto do castelán, a escola constitúe un dos poucos espazos nos que o idioma pode manter unha presenza sistemática e continuada. O traballo parte dunha análise crítica da evolución do marco normativo e das políticas lingüísticas en Galicia, dende a promulgación do Estatuto de Autonomía até a aplicación do Decreto 79/2010, valorando a súa incidencia actual. Partindo desta fundamentación teórica, deseñouse unha guía didáctica de boas prácticas normalizadoras en Educación Primaria articulada derredor de dúas dimensións complementarias: o traballo sobre as actitudes lingüísticas e a creación de contextos reais de uso do galego. Así mesmo, incorpora un conxunto de propostas metodolóxicas e liñas de actuación a nivel de aula, centro educativo e profesorado, orientadas a garantir que o proceso normalizador transcenda a iniciativa individual e se consolide como política colectiva e coordinada. O obxectivo último deste traballo é contribuír a fortalecer o papel da escola como axente normalizador, ofrecendo unha ferramenta concreta, útil e academicamente fundamentada que poida ser trasladada á práctica educativa real e reivindique a necesidade de favorecer a vitalidade futura da lingua galega.

Ensinanza e aprendizaxe de guerras, migracións e conflitos culturais a través da súa pegada sonora.
Autoría
S.Q.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
S.Q.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 09:00
30.06.2026 09:00
Resumo
Este traballo presenta un proxecto de investigación educativa vinculado ao deseño e experimentación dunha proposta docente no contexto do Prácticum II de Educación Primaria. Pártese dunha actuación didáctica cuxo obxectivo principal é que o alumnado desenvolva destrezas e competencias propias da asignatura de ciencias sociais, en particular a súa responsabilidade cívica. Esta investigación comezou coa análise dun cuestionario inicial completado polo alumnado, derivado da necesidade de buscar a innovación nos contidos e nos métodos de ensino. Este proceso confirmou os seguintes resultados: o alumnado demostrou 1) un alto nivel de satisfacción coa proposta; 2) un cambio cualitativo cara unha comprensión do inmaterial, recoñecendo a música e a cultura como parte do intercambio cultural; 3) un desenvolvemento da empatía e a conciencia histórica ao xulgar e condenar a opresión do pasado, chegando a posicionarse a prol da inclusión social.

RIVEIRO RODRIGUEZ, TANIA (Titoría)
RIVEIRO RODRIGUEZ, TANIA (Titoría)
Tribunal
RIVEIRO RODRIGUEZ, TANIA (Titor do alumno)

Lazos entre a innovación educativa e a Educación Social. O caso do CRA Antía Cal (Pontevedra).
Autoría
A.Q.P.
Grao en Educación Social
A.Q.P.
Grao en Educación Social
Data da defensa
30.06.2026 10:00
30.06.2026 10:00
Resumo
A Educación Social desempeña un papel fundamental na construción de contextos educativos inclusivos, participativos e conectados coa realidade social e comunitaria. Baixo esta premisa, a escola concíbese como un axente social capaz de fortalecer os lazos entre a comunidade educativa e o territorio, sendo o CRA Antía Cal un referente polo seu modelo organizativo baseado na participación. O obxectivo deste estudo foi coñecer a participación da comunidade educativa na educación social do alumnado deste centro, caracterizado pola súa traxectoria innovadora. Na investigación participaron catro mulleres vinculadas ao centro: unha integrante do equipo directivo, dúas docentes e a vicepresidenta da Asociación de Familias do Alumnado (AFA). Para a recollida de información utilizouse un protocolo de entrevista semiestruturada de elaboración propia e organizado en seis bloques temáticos. Os resultados amosan que a innovación se basea no respecto aos ritmos naturais de cada crianza e a autonomía pedagóxica, destacando a escola como un espazo de socialización e acompañamento emocional onde a implicación familiar é un piar fundamental. Entre as principais barreiras sobresaen a carencia de servizos de conciliación, como comedor e transporte, e a necesidade dun maior apoio institucional e mellora das infraestruturas.

Pedagoxía Hospitalaria: o papel do/a pedagogo/a e deseño de materiais e recursos didácticos.
Autoría
Z.Q.T.
Grao en Pedagoxía
Z.Q.T.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
30.06.2026 10:15
30.06.2026 10:15
Resumo
O papel da pedagoxía hospitalaria e do/a pedagogo/a continúa a ser unha cuestión a debater, débese lembrar que neste espazo non só se realizan tarefas académicas, senón que se garante a continuidade educativa e o dereito á educación de todos/as os/as nenos/as hospitalizados/as, onde a aula hospitalaria funciona tamén como un espazo terapéutico e de socialización. A inexistencia de profesionais como os/as pedagogos/as dificultan as labores dentro das aulas hospitalarias, obrigando ao profesorado a realizar tarefas fora das súas competencias e privando ao alumnado de recibir unha educación integral e de calidade. Por outra parte, a falta de profesionais da educación e a invisibilización das aulas hospitalarias incide directamente na elaboración de materiais didácticos, onde existen grandes limitacións na oferta de recursos específicos para o contexto hospitalario. É preciso reivindicar o papel da pedagoxía hospitalaria e do/a pedagogo/a hospitalario/a, das súas labores e funcións, e de todas as contribucións que aportan dentro das aulas hospitalarias como unha figura fundamental e obrigatoria neste ámbito. Así mesmo, tamén é transcendental para a correcta intervención educativa no alumnado a existencia, elaboración e adaptación de materiais didácticos propios das aulas hospitalarias, que permitan ao alumnado desenvolverse de forma íntegra durante o seu proceso de recuperación.

Deseño dun programa de orientación sociolaboral para a transición á vida adulta de menores estranxeiros non acompañados (MENA) no sistema de protección.
Autoría
A.R.C.
Grao en Pedagoxía
A.R.C.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2026 11:00
01.07.2026 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao aborda a necesidade de orientación sociolaboral para os Menores Estranxeiros Non Acompañados (MENA) ante a súa saída do sistema de protección ao cumprir a maioría de idade. Este colectivo afronta unha transición complexa marcada pola vulnerabilidade administrativa e a falta de redes de apoio. O obxectivo principal é deseñar unha proposta de intervención pedagóxica que fortaleza as súas competencias transversais (soft skills), a xestión de documentos e a creación dun itinerario formativo e laboral realista. A metodoloxía basease nunha revisión teórica das dificultades do colectivo para fundamentar o deseño do “Proyecto Brújula”. Como resultado, presentase un programa preventivo e innovador baseado en talleres prácticos de economía, un pasaporte de aprendizaxe e redes de mentoría con mozos ex-tutelados. Conclúese que a preparación anticipada e o fortalecemento do capital social informal son indispensables para evitar o aisllamento e garantir unha emancipación exitosa e digna.
Este Traballo de Fin de Grao aborda a necesidade de orientación sociolaboral para os Menores Estranxeiros Non Acompañados (MENA) ante a súa saída do sistema de protección ao cumprir a maioría de idade. Este colectivo afronta unha transición complexa marcada pola vulnerabilidade administrativa e a falta de redes de apoio. O obxectivo principal é deseñar unha proposta de intervención pedagóxica que fortaleza as súas competencias transversais (soft skills), a xestión de documentos e a creación dun itinerario formativo e laboral realista. A metodoloxía basease nunha revisión teórica das dificultades do colectivo para fundamentar o deseño do “Proyecto Brújula”. Como resultado, presentase un programa preventivo e innovador baseado en talleres prácticos de economía, un pasaporte de aprendizaxe e redes de mentoría con mozos ex-tutelados. Conclúese que a preparación anticipada e o fortalecemento do capital social informal son indispensables para evitar o aisllamento e garantir unha emancipación exitosa e digna.
Dirección
RODRIGUEZ GIL, ALEXANDRA MIROSLAVA (Titoría)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA Cotitoría
RODRIGUEZ GIL, ALEXANDRA MIROSLAVA (Titoría)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA Cotitoría
Tribunal
RODRIGUEZ GIL, ALEXANDRA MIROSLAVA (Titor do alumno)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA (Titor do alumno)
RODRIGUEZ GIL, ALEXANDRA MIROSLAVA (Titor do alumno)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA (Titor do alumno)
Programa de Educación afectivo-sexual para Educación Infantil
Autoría
L.R.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
L.R.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 11:00
01.07.2026 11:00
Resumo
Este TFG analiza a importancia da educación afectivo-sexual na etapa de Educación Infantil como un elemento fundamental para o desenvolvemento integral dos nenos e das nenas. A través dunha metodoloxía cualitativa baseada na revisión documental e bibliográfica, estúdanse os principais fundamentos teóricos relacionados coa sexualidade infantil, o desenvolvemento evolutivo entre os 3 e os 6 anos, o coñecemento e o respecto polo propio corpo, a prevención dos abusos, a diversidade familiar e afectiva e o papel da escola en relación con esta temática. Ademais, examínase o marco lexislativo actual en Galicia, identificando os elementos curriculares vinculados á educación afectivo-sexual. A partir da análise realizada, deseñouse unha proposta centrada no coñecemento corporal, na educación emocional, na autoestima, nas relacións igualitarias, no respecto á diversidade e na prevención de situacións de violencia ou abuso. Destácase a importancia de incorporar a educación afectivo-sexual desde idades temperás, entendida como un dereito da infancia.

Análise da influencia das redes sociais na percepción da imaxe corporal do alumnado de Educación Primaria.
Autoría
A.R.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.R.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
16.07.2025 12:00
16.07.2025 12:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao aborda a relación entre redes sociais, imaxe corporal e validación social no alumnado de Educación Primaria. Partindo da crecente presenza das redes sociais na vida cotiá de nenos e nenas, a investigación ten como principal obxectivo analizar se estes contornos dixitais están influíndo na percepción corporal do alumnado e na maneira na que constrúen o seu autoconcepto. A proposta desenvólvese desde unha metodoloxía cualitativa de iniciación á investigación educativa, dando especial importancia á voz, reflexións e percepcións do propio alumnado sobre unha temática de grande relevancia social na actualidade. Para iso, deseñouse unha intervención educativa desenvolvida nunha aula de quinto curso de Educación Primaria a través de diferentes actividades de reflexión, análise e diálogo relacionadas coa imaxe corporal, a comparación social e o uso das redes sociais. A investigación pon de manifesto a importancia de traballar desde o ámbito educativo o pensamento crítico, a alfabetización dixital e o desenvolvemento dunha percepción corporal máis saudable e consciente desde idades temperás.

Percepción do profesorado de Educación Primaria sobre o uso e posibilidades dos Polos Creativos. Un estudo en centros pertencentes ás comarcas da Ría de Vigo.
Autoría
C.R.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
C.R.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 12:00
30.06.2026 12:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao analiza a percepción e uso por parte do profesorado de Educación Primaria das comarcas da Ría de Vigo dos Polos Creativos. O marco teórico se fundamenta no construccionismo de Papert, os principios da Escola Nova e enfoques metodolóxicos activos contemporáneos. A recopilación de datos realizouse mediante un cuestionario cumprimentado por unha mostra de 43 mestres/as de primaria de centros educativos públicos. Os resultados reflexaron a súa valoración tanto positiva coma negativa sobre a aportación e implementación dos Polos Creativos, a motivación e interese que desperta no alumnado, así como a súa autonomía e creatividade e os beneficios do seu uso con alumnado NEAE, Altas Capacidades e outras dificultades. Non obstante, o estudo revela unha brecha entre as expectativas institucionais e a práctica diaria no aula, caracterizada por unha falta de formación docente e a escasez de tempo para abordar a súa programación e formación específica.

CRESPO COMESAÑA, JULIA MARIA (Titoría)
CRESPO COMESAÑA, JULIA MARIA (Titoría)
Tribunal
CRESPO COMESAÑA, JULIA MARIA (Titor do alumno)

Proposta didáctica para o desenvolvemento da motricidade fina mediante o aprendizaxe baseado no xogo para o 4º curso de Educación Infantil.
Autoría
J.R.T.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
J.R.T.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 12:00
30.06.2026 12:00
Resumo
Na actualidade existe unha carencia no desenvolvemento da motricidade fina no alumnado de Educación Preescolar. O tratamento desta dificultade resulta fundamental, xa que a súa falta de atención pode derivar en problemas psicomotrices. Para intentar diminuír estas carencias e mellorar o desenvolvemento das crianzas, neste traballo preséntase unha proposta didáctica, é dicir, unha hibridación entre unha programación didáctica e unha unidade didáctica, pensada para alumnado do cuarto curso de Educación Infantil co obxectivo de contribuír ao correcto desenvolvemento da motricidade fina. A proposta está pensada para levarse a cabo nun centro educativo concreto, cun alumnado específico e nun momento determinado, seguindo unha metodoloxía activa, baseada no xogo, na manipulación de materiais e no traballo en equipo e que se avaliará de forma global, continua e cualitativa. Ademais, ca realización do traballo tamén se pretende analizar a proposta didáctica reflexionando sobre o seu deseño e planificación e vinculándoa ás competencias profesionais que se lograron desenvolver ca creación da mesma. En definitiva, con este traballo espérase preparar unha serie de recursos didácticos que nun futuro permitan o avance no desenvolvemento da motricidade fina nas crianzas do cuarto curso de Educación Infantil, á vez que se reflexiona sobre o seu proceso de creación.

Proposta didáctica sobre a educación física significativa para a participación e inclusión
Autoría
R.R.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
R.R.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 11:00
30.06.2026 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao aborda o estudo da Educación Física Significativa (EFS) como estratexia metodolóxica na área de Educación Física en Educación Primaria. A temática nace da necesidade de buscar enfoques innovadores que incrementen o compromiso do alumnado, especialmente daqueles con baixa autoestima motriz ou dificultades de participación nas sesións tradicionais. O obxectivo principal é analizar o potencial educativo da EFS e deseñar unhas estratexias didácticas que favoreza unha aprendizaxe activa, significativa e accesible para todo o grupo. Como obxectivos específicos, preténdese: comprender os fundamentos teóricos da EFS no contexto escolar, explorar a súa relación coa motivación e a inclusión e elaborar unha proposta práctica. A metodoloxía de traballo combina unha revisión bibliográfica sobre Educación Física Significativa con un enfoque aplicado, plasmado na creación dunhas estratexias didácticas seguindo a normativa vixente. A proposta integra elementos que facilitan a participación equitativa, a cooperación e a mellora da competencia motriz, converténdose nun recurso pedagóxico adaptable á realidade dos centros de educación primaria.

Desenvolvemento de estratexias e habilidades sociais para a vida e benestar do alumnado na etapa de Educación Primaria.
Autoría
B.R.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
B.R.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 12:00
30.06.2026 12:00
Resumo
O presente traballo de fin de grado expón unha proposta de intervención para lograr a adquisición e o desarrollo de estratexias e habilidades sociais, para a vida e o benestar do alumnado de 5º de Educación Primaria mediante actividades de aula estruturadas. Unha das grandes problemáticas do noso siglo e que se ven arrastrando dende tempos pasados ata chegar a o que hoxe en día coñecemos como educación, merma continuamente o estatus dos nosos discentes, e por ende, o das nosas aulas e centros educativos. É así, que sin dispoñer das ferramentas ou coñecementos adecuados, condutas disruptivas ou problemas sobre a regulación emocional e as HHSS se presentan de maneira constante durante o noso día a día. Esta proposta de intervención pretende dar resposta á necesidade urxente sobre a construcción dunha base sólida para as habilidades socioemocionais do noso alumnado, así como a regulación emocional que constitue un dos factores decisivos sobre as súas vidas e o benestar xerais.

As condutas disruptivas nas aulas de educación infantil
Autoría
R.R.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
R.R.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 12:00
30.06.2026 12:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao aborda as condutas disruptivas en Educación Infantil, unha problemática de gran relevancia polo seu impacto no ensino-aprendizaxe, no clima da aula e no desenvolvemento integral do alumnado. A través dunha revisión teórica e reflexiva, analízanse a súa conceptualización, as principais tipoloxías e os factores que favorecen a súa aparición, considerando variables individuais, emocionais, familiares, escolares e sociais. O estudo destaca que estas condutas non deben entenderse unicamente como actos de indisciplina, senón como manifestacións relacionadas con dificultades de autorregulación emocional, carencias nas habilidades sociais ou necesidades afectivas non cubertas. Tamén se examinan as consecuencias que poden xerar na aprendizaxe e no benestar emocional e social dos nenos e das nenas, especialmente na autoestima, motivación, convivencia escolar e saúde mental. Así mesmo, sublíñase o papel fundamental do profesorado e das familias na prevención e xestión destas condutas mediante relacións afectivas positivas, normas claras e estratexias baseadas na disciplina positiva, educación emocional e colaboración familia-escola. Finalmente, preséntase o programa “EMOCIÓNA-T”, orientado á prevención e redución das condutas disruptivas mediante a educación emocional, a autorregulación, as habilidades sociais, a participación familiar e o mindfulness.

Profesorado e fomento do pensamento crítico nas aulas de secundaria
Autoría
C.R.C.
Grao en Pedagoxía
C.R.C.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2026 10:45
01.07.2026 10:45
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao aborda a implicación do profesorado de educación secundaria no fomento do pensamento crítico no proceso de ensino-aprendizaxe. Preténdese estudar a relevancia desta competencia para o desenvolvemento integral do alumnado, así como a necesidade de traballar e fomentar unha educación baseada na reflexión, análise e toma de decisións fundamentadas. Os obxectivos que se buscan acadar con esta investigación están relacionados coa análise da presenza do pensamento crítico na práctica docente, o coñecemento da percepción do profesorado acerca da súa importancia educativa, a identificación dos niveis de formación que se presentan e a detección de factores que dificultan ou facilitan a súa integración nas aulas. A metodoloxía desta investigación é de carácter cualitativo, baseada en entrevistas individuais ao profesorado de educación secundaria. Coa información recollida puidéronse analizar opinións, experiencias e percepcións que abordan o desenvolvemento e integración do pensamento crítico no contexto escolar. Os resultados obtidos permiten ter unha visión global sobre a situación actual desta competencia tanto no ámbito académico como persoal e contribúen á reflexión sobre a práctica docente e as necesidades formativas.

Primeiros auxilios en Educación Infantil: unha enquisa ao profesorado.
Autoría
M.U.R.D.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
M.U.R.D.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 12:30
01.07.2026 12:30
Resumo
Ter unha formación básica en primeiros auxilios é crucial dentro do ámbito educativo, tanto para o profesorado como para o persoal non docente, xa que son os principais responsables do alumnado en posibles situacións de emerxencia. Contar con coñecementos teóricos e prácticos neste campo permite que os centros educativos poidan garantir o benestar e a saúde dos nenos e das nenas ao longo do seu período na etapa escolar. Este Traballo de Fin de Grado, ten como obxectivo coñecer o nivel de formación e o grao de preparación que ten o profesorado de Educación Infantil no ámbito dos primeiros auxilios. Para levar isto a cabo, realizarase unha recollida de datos a través dun cuestionario dirixido ao profesorado deste nivel e unha posterior análise dos resultados co fin descubrir posibles carencias formativas. A partir da información obtida, deseñarase unha proposta de intervención, que terá como finalidade mellorar os coñecementos sobre primeiros auxilios e as habilidades á hora de actuar en posibles situacións críticas.

O FOMO e os efectos do consumo desmedido: Unha aproximación en clave educativa
Autoría
C.M.R.C.
Grao en Educación Social
C.M.R.C.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2026 10:00
01.07.2026 10:00
Resumo
No ámbito da tecnoloxía e especialmente no das redes sociais, conta co seu propio ecosistema e fenómenos que influencian a realidade e o contexto socioeducativo. Neste traballo de revisión documental sistemática, seguindo o protocolo PRISMA, o obxetivo principal é o de identificar o impacto do FOMO nas conductas adictivas de consumo e compras da xuventude a partir da influencia das redes sociais, dende unha perspectiva socioeducativa, mediante a consulta de investigacións de campo e outros análisis realizados previamente. Mediante esta investigación trataráse de encontrar a relación entre os tes conceptos (FOMO, adicción ao consumo e redes sociais) e a súa relevancia para a sociedade e a Educación Social. En consecuencia, os resultados suxiren non só que existe unha forte relación entre os tres puntos senón que ademáis convertéuse nun fenómeno normalizado pola sociedade e explotado económicamente polas empresas e plataformas. Neste sentido, se encontra unha gran falta de acción socioeducativa estruturada e profesional para protexer a saúde mental dos/as individuos e colectivos e concienciar sobre este fenómeno para desenvolver modelos de consumo sostibles.

A gamificación como estratexia motivadora para a aprendizaxe de linguas estranxeiras en Educación Primaria
Autoría
M.R.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.R.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 16:00
30.06.2026 16:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao adscríbese baixo a modalidade de proposta de innovación didáctica e aborda o emprego da gamificación para a aprendizaxe do inglés nunha contorna motivadora na aula de 4.º de Educación Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Plantéxase un marco metodolóxico baseado na gamificación significativa, a Aprendizaxe Baseado en Tarefas e a aprendizaxe cooperativa, coa finalidade de deixar de lado os modelos educativos tradicionais caracterizados por unha aprendizaxe descontextualizada e unha elevada ansiedade fronte á produción oral en linguas estranxeiras no alumnado. O traballo estrutúrase en dúas partes complementarias. A primeira delas desenvolve un marco teórico que examina a evolución conceptual da gamificación, diferenciando entre os seus enfoques superficiais e significativos, e basea a súa aplicación en teorías psicolóxicas e pedagóxicas. A segunda engloba a proposta de innovación, titulada The Language Agency, e sitúa ao alumnado nunha narrativa inmersiva de detectives onde deben resolver misións colaborativas mediante o uso funcional da L2 a través dun sistema de roles asimétricos e unha andamiaxe lingüística progresiva que favorecen ao desenvolvemento da competencia lingüística nunha contorna segura e lúdica. Para finalizar, a avaliación da proposta plantéxase desde un modelo formativo, continuo e no sancionador, en coherencia co Decreto 155/2022 da Comunidade Autónoma de Galicia.

Couce Santalla, Ana Isabel (Titoría)
Couce Santalla, Ana Isabel (Titoría)
Tribunal
Couce Santalla, Ana Isabel (Titor do alumno)

Facendo trasnadas: unha aventura matemática ata Santiago de Compostela.
Autoría
A.R.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.R.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 10:15
30.06.2026 10:15
Resumo
Neste traballo final do Grao en Mestre/a en Educación Primaria preséntase unha investigación-acción desenvolvida nunha aula de 4º curso, na que se analiza a influencia da dimensión afectiva na aprendizaxe das matemáticas. Para tal fin, deseñouse e implementouse unha intervención didáctica baseada en metodoloxías activas, no emprego de recursos manipulativos e no fomento do traballo cooperativo, contextualizada a partir dun centro de interese próximo ao alumnado e integrando diferentes contidos dende un enfoque multidisciplinario. Esta proposta permitiu establecer conexións entre diferentes áreas de coñecemento, favorecendo aprendizaxes máis significativas. Os resultados obtidos mostran unha evolución positiva na afectividade do alumnado cara ás matemáticas, reflectida nunha mellora das súas emocións, actitudes e crenzas cara a materia.

Cultura en movemento: pausas activas con música e danza tradicional galega para a mellora da atención en 1º de Educación Primaria.
Autoría
S.R.D.L.T.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
S.R.D.L.T.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2026 11:30
02.07.2026 11:30
Resumo
Nun contexto educativo no que o benestar e o rendemento do alumnado son obxectivos fundamentais, a xestión da atención emerxe como un dos grandes retos das aulas de Educación Primaria. O presente Traballo de Fin de Grao presenta o deseño e a implementación dunha intervención didáctica baseada no uso de pausas activas con música e danza tradicional galega como ferramenta para mellorar a capacidade atencional do alumnado de 1º de Educación Primaria. A súa xustificación parte da constatación de que os nenos e nenas desta idade esgotan o seu foco de atención tras aproximadamente vinte minutos de actividade sostida, o que fai necesario incorporar estratexias de reinicio cognitivo na rutina da aula. Para isto, lévase a cabo unha revisión lexislativa e bibliográfica sobre a atención na infancia, as pausas activas e o valor educativo do patrimonio cultural galego. A intervención articúlase en torno a 28 sesións de curta duración, nas que a música e danza tradicional galega se converten nun vehículo de transmisión cultural integrado de maneira transversal na xornada escolar. A proposta responde aos principios do Deseño Universal para a Aprendizaxe, garantindo a participación de todo o alumnado, incluído aquel con Necesidades Específicas de Apoio Educativo.
Nun contexto educativo no que o benestar e o rendemento do alumnado son obxectivos fundamentais, a xestión da atención emerxe como un dos grandes retos das aulas de Educación Primaria. O presente Traballo de Fin de Grao presenta o deseño e a implementación dunha intervención didáctica baseada no uso de pausas activas con música e danza tradicional galega como ferramenta para mellorar a capacidade atencional do alumnado de 1º de Educación Primaria. A súa xustificación parte da constatación de que os nenos e nenas desta idade esgotan o seu foco de atención tras aproximadamente vinte minutos de actividade sostida, o que fai necesario incorporar estratexias de reinicio cognitivo na rutina da aula. Para isto, lévase a cabo unha revisión lexislativa e bibliográfica sobre a atención na infancia, as pausas activas e o valor educativo do patrimonio cultural galego. A intervención articúlase en torno a 28 sesións de curta duración, nas que a música e danza tradicional galega se converten nun vehículo de transmisión cultural integrado de maneira transversal na xornada escolar. A proposta responde aos principios do Deseño Universal para a Aprendizaxe, garantindo a participación de todo o alumnado, incluído aquel con Necesidades Específicas de Apoio Educativo.
Dirección
GILLANDERS BYGRAVE, CAROL JEAN (Titoría)
GILLANDERS BYGRAVE, CAROL JEAN (Titoría)
Tribunal
CORTIZAS VARELA, OLALLA (Presidente/a)
PAMPILLO RETANA, MARIA ROSA (Secretario/a)
BARCALA FURELOS, MARTIN (Vogal)
CORTIZAS VARELA, OLALLA (Presidente/a)
PAMPILLO RETANA, MARIA ROSA (Secretario/a)
BARCALA FURELOS, MARTIN (Vogal)
Facer visible o pensamento musical: unha intervención con instrumental Orff en Educación Primaria.
Autoría
S.R.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
S.R.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 12:00
30.06.2026 12:00
Resumo
O estudo aborda a problemática da ausencia de reflexión na área de Música e Danza en Educación Primaria. Fronte a esta realidade, investígase a aplicación do pensamento visible na aula de música co propósito de facilitar e mellorar o proceso de interpretación de pezas. Para iso, deseñouse e implementouse unha intervención didáctica cuxo obxectivo é identificar e analizar procesos de escoita, observación, análise, interpretación, xustificación, formulación de preguntas e metacognición. A proposta está dirixida ao alumnado de quinto curso de Educación Primaria e baséase no razoamento arredor dunha peza musical polifónica mediante a aplicación de diferentes rutinas de pensamento visible, co fin da súa posterior interpretación a través da instrumentación Orff de láminas. A metodoloxía de recollida e análise de datos sitúase no paradigma cualitativo, empregando como instrumentos a observación (rexistrada mediante un diario de campo), a análise das producións do alumnado e a aplicación dun cuestionario tipo Likert. Os resultados evidencian a falta de hábito en relación con este tipo de accións que implican un razoamento e que as actividades baseadas nos procesos de pensamento aceleran e melloran a posterior interpretación musical.

Análise dos protocolos de atención á linguaxe para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo na Educación Infantil na comunidade autónoma de Galicia.
Autoría
L.R.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
L.R.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 10:30
30.06.2026 10:30
Resumo
Este traballo ten como obxectivo examinar de maneira crítica o marco normativo e os protocolos oficiais que regulan a detección, avaliación e intervención nas dificultades de linguaxe na etapa de Educación Infantil dentro do contexto educativo de Galicia. A investigación xustifícase pola necesidade de valorar se a estrutura burocrática e técnica actual responde con eficacia aos principios de inclusión, equidade e inmediatez que emanan tanto da normativa estatal como do currículo e os decretos autonómicos de atención á diversidade. Para alcanzar este fin, propóñense catro obxectivos: identificar a documentación e os marcos legais vixentes en Galicia; describir os procedementos de actuación establecidos para o profesorado titor e os departamentos de orientación; analizar a coherencia destes protocolos coas necesidades reais do alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo e, finalmente, propoñer melloras fundamentadas que axilicen a resposta educativa. A metodoloxía adoptada baséase nunha análise documental de leis, decretos, ordes e protocolos técnicos, que se complementará cunha revisión teórica sobre a adquisición da linguaxe e as dificultades comunicativas, e finalizará con recomendacións que aspiran a conseguir unha práctica máis áxil, inclusiva e axustada á realidade da aula.

Deseño dunha aula que fomente a inclusión e o benestar emocional do alumnado do Programa de Diversificación Curricular
Autoría
S.R.M.
Grao en Pedagoxía
S.R.M.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
30.06.2026 11:15
30.06.2026 11:15
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao aborda a necesidade de transformar o contorno educativo do Programa de Diversificación Curricular (PDC) no IES Monte da Vila. Partindo dunha análise diagnóstica cualitativa baseada na observación participante, identificáronse barreiras físicas, metodolóxicas e socioafectivas xeradas por un deseño espacial ríxido e segregador que dificulta a inclusión e a motivación. Para dar resposta a esta problemática, proponse un redeseño integral da aula fundamentado nos principios do Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA) e na neuroeducación. A proposta concibe o espazo físico como o terceiro mestre, promovendo un contorno flexible, accesible e emocionalmente seguro. A través dunha zonificación estratéxica e a integración de hardware pedagóxico, búscase eliminar os obstáculos á aprendizaxe, fomentar metodoloxías activas e potenciar o benestar emocional e a autonomía do alumnado. Conclúese que a inclusión real esixe reconceptualizar o espazo escolar para garantir o éxito de todos os estudantes.

Da lembranza á creación: unha Proposta para Educación Infantil
Autoría
L.R.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
L.R.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 12:45
30.06.2026 12:45
Resumo
Na actualidade gardamos máis fotografías ca nunca, pero adicamos menos tempo a sentarnos, miralas e recordar. Os álbumes familiares, as historias compartidas e os pequenos rituais entorno á memoria van desaparecendo nun contexto marcado pola inmediatez. Neste sentido, o presente Traballo de Fin de Grao, enmarcado na modalidade de deseño de intervención e innovación educativa, céntrase na exploración da identidade e a memoria a través da arte na etapa da infancia. A partir dunha investigación teórica sobre os recordos, a identidade, os vínculos afectivos, a perda de persoas significativas e a arte como ferramenta educativa e expresiva, deseñouse unha proposta para sexto de Educación Infantil. A través desta, o alumnado investigará sobre as súas propias raíces, seres queridos, espazos, momentos e obxectos importantes da súa vida cotiá, empregando a arte para expresar e materializar emocións e recordos. O obxectivo último é poñer en valor a arte como ferramenta de autocoñecemento e expresión emocional, así como promover os vínculos entre xeracións e a valoración do patrimonio cultural e afectivo.

Análise de estereotipos de xénero nos deportistas dun club de patinaxe artística galego
Autoría
A.R.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.R.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 11:30
01.07.2026 11:30
Resumo
O presente traballo aborda como temática o estudo e análise dos estereotipos de xénero presentes no ámbito da Patinaxe Artística. O obxectivo principal desta investigación é identificar a manifestación e percepción dos estereotipos de xénero por parte dos propios deportistas mozos e mozas nun contexto de club. Procúrase entender como interiorizan estas ideas e como evolucionan segundo a súa etapa madurativa. Para acadalo, establécense como obxectivos específicos a identificación de diferenzas por xénero, comparando se a percepción de barreiras ou estigmas é maior nos nenos por practicar un deporte minoritario para o seu sexo, e o contraste da evolución destas percepcións entre as etapas de Educación Primaria e o instituto. A metodoloxía de traballo é a de investigación de campo. O estudo desenvolverase como unha iniciación á investigación, combinando a revisión da literatura básica coa recollida de datos empíricos nunha entidade deportiva. Isto implicará a aplicación piloto do cuestionario Stigma Consciousness Questionnaire (Fenollosa Sánchez et al., 2023), a unha mostra heteroxénea de deportistas. Posteriormente, vincularase os datos obtidos coa importancia de traballar activamente os estereotipos de xénero dende a Educación Primaria e de visibilizar todo tipo de deportes dende a materia de Educación Física.

Redes sociais e condutas autolesivas non suicidas na adolescencia: unha revisión sistemática desde a perspectiva socioeducativa.
Autoría
B.R.R.
Grao en Educación Social
B.R.R.
Grao en Educación Social
Data da defensa
30.06.2026 11:00
30.06.2026 11:00
Resumo
O incremento das condutas autolesivas non suicidas durante a adolescencia converteuse nunha preocupación crecente debido ás consecuencias que estas presentan no benestar emocional das persoas mozas. Neste contexto, o presente estudo analiza a influencia das redes sociais neste fenómeno dende unha perspectiva socioeducativa, prestando atención aos procesos de exposición a contidos autolesivos que teñen lugar nas contornas dixitais. Isto levouse a cabo mediante unha revisión sistemática seguindo as directrices do método PRISMA 2020, a partir da cal se identificaron diversas categorías para analizar o fenómeno e as súas implicacións para a Educación Social. Os resultados mostran que a exposición continuada a contidos relacionados coas autolesións pode favorecer a súa normalización e amplificar situacións de vulnerabilidade emocional. Non obstante, os estudos revisados tamén evidencian que as redes sociais poden constituír espazos de apoio, acompañamento e procura de axuda. As conclusións destacan a importancia de entender estes procesos dende unha perspectiva integral, o que converte á Educación Social nunha unha ferramenta fundamental para promover a educación emocional, alfabetización dixital e a creación de espazos seguros que favorezan o benestar e o desenvolvemento integral das adolescencias.

A paisaxe sonora na aula para a promoción do benestar emocional
Autoría
M.R.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.R.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 16:00
30.06.2026 16:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao (TFG) ten como obxectivo explorar o potencial dos ambientes sonoros como recurso educativ0 para promover o benestar na aula de Educación Primaria. O proxecto analizará como as paisaxes sonoras (tanto naturais como musicais) inflúen en certos aspectos relacionados con habilidades psicolóxicas como a regulación emocional, a atención, o clima da aula e o benestar emocional. Este TFG contará cunha primeira parte teórica na que se revisen os fundamentos da educación emocional, a importancia do benestar emocional na aula e as achegas da educación musical relacionadas cos beneficios psicolóxicos dos ambientes sonoros. Posteriormente, presentarase unha proposta práctica para un grupo de Primaria, baseada na creación, implementación e avaliación de diferentes ambientes sonoros orientados a favorecer o benestar emocional. O propósito do TFG é coñecer se o deseño e implementación de ambientes sonoros pode converterse nun recurso educativo innovadora e eficaz para mellorar o benestar emocional do alumnado.

O impacto da implicación familiar no rendemento académico do alumnado na Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).
Autoría
R.R.S.
Grao en Pedagoxía
R.R.S.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
04.02.2026 13:00
04.02.2026 13:00
Resumo
Este traballo analiza, a través dunha revisión sistemática, a influencia da implicación familiar no rendemento académico do alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) en España. O obxectivo principal consiste en determinar que variables de participación parental favorecen realmente o éxito escolar nesta etapa. Para a súa realización, aplicouse a metodoloxía SALSA, seleccionando 11 artigos científicos publicados na última década en bases de datos especializadas. Os resultados evidencian que factores como o apoio emocional, as expectativas parentais elevadas e o fomento da autonomía teñen un impacto moito máis significativo que o control ríxido das tarefas ou a participación formal nos centros. Conclúese que un clima familiar afectivo e unha comunicación fluída co instituto actúan como factores protectores clave, sinalando a necesidade de transitar cara a modelos de relación máis humanos e menos burocratizados.

O Lecer das Persoas Maiores en Contextos Rurais. Un estudo de Caso en Castrelo do Val (Ourense).
Autoría
X.R.G.
Grao en Educación Social
X.R.G.
Grao en Educación Social
Data da defensa
04.02.2026 12:00
04.02.2026 12:00
Resumo
No seguinte traballo recóllese unha investigación cualitativa sobre o lecer das persoas maiores no rural. O estudo céntrase na contorna de Castrelo do Val (Ourense) e aborda a o papel do lecer como unha ferramenta da Educación Social para acadar o benestar, a desenvolvemento persoal e a participación social mediante o envellecemento activo. Para obter a información, ademais da revisión documental desenvolvéronse varias entrevistas a diversos axentes dentro do ámbito do lecer: unha educadora social, unha persoa en representación dunha asociación e catro persoas maiores (dúas que participan en actividades de lecer dirixidas e outras dúas que non). Ao longo do documento préstase especial atención ás dificultades de acceso que existen no acceso ao lecer no ámbito rural como a dispersión territorial, a falta de recursos e escasos orzamentos ou a falta de actividades adaptadas.

CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Titoría)
CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Titoría)
Tribunal
CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Titor do alumno)

Experiencias adversas na infancia dos/as pais e nais: o seu impacto sobre a parentalidade e o desenvolvemento socioemocional dos/as fillos/as. Unha revisión dende a Educación Social.
Autoría
A.R.V.
Grao en Educación Social
A.R.V.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.07.2025 12:15
03.07.2025 12:15
Resumo
O presente TFG analiza o impacto das Experiencias Adversas na Infancia (EAI) dos pais e nais no exercicio da parentalidade e no desenvolvemento socioemocional dos fillos/as, así como o papel da Educación Social na intervención e prevención destas situacións. A revisión bibliográfica pon de manifesto que as EAI afectan negativamente á saúde física, emocional e social das persoas adultas, condicionando as súas competencias parentais, os estilos educativos adoptados e a calidade das relacións afectivas no ámbito familiar. As dificultades derivadas destas vivencias poden dar lugar a afectacións na regulación emocional, elevados niveis de estrés parental e patróns relacionais disfuncionais, favorecendo a transmisión interxeracional da adversidade. Neste contexto, a Educación Social desempeña un papel fundamental na promoción de intervencións socioeducativas orientadas ao fortalecemento dos vínculos afectivos e das competencias parentais a través de diversas estratexias dirixidas á mellora do funcionamento e benestar da familia. Entre elas destacan a educación familiar e a parentalidade positiva, a educación emocional e a mediación familiar.
O presente TFG analiza o impacto das Experiencias Adversas na Infancia (EAI) dos pais e nais no exercicio da parentalidade e no desenvolvemento socioemocional dos fillos/as, así como o papel da Educación Social na intervención e prevención destas situacións. A revisión bibliográfica pon de manifesto que as EAI afectan negativamente á saúde física, emocional e social das persoas adultas, condicionando as súas competencias parentais, os estilos educativos adoptados e a calidade das relacións afectivas no ámbito familiar. As dificultades derivadas destas vivencias poden dar lugar a afectacións na regulación emocional, elevados niveis de estrés parental e patróns relacionais disfuncionais, favorecendo a transmisión interxeracional da adversidade. Neste contexto, a Educación Social desempeña un papel fundamental na promoción de intervencións socioeducativas orientadas ao fortalecemento dos vínculos afectivos e das competencias parentais a través de diversas estratexias dirixidas á mellora do funcionamento e benestar da familia. Entre elas destacan a educación familiar e a parentalidade positiva, a educación emocional e a mediación familiar.
Dirección
QUIROGA CARRILLO, ANAIS (Titoría)
QUIROGA CARRILLO, ANAIS (Titoría)
Tribunal
CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Presidente/a)
MAROÑAS BERMUDEZ, ANDREA (Secretario/a)
VARELA CRESPO, LAURA MARIA (Vogal)
CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Presidente/a)
MAROÑAS BERMUDEZ, ANDREA (Secretario/a)
VARELA CRESPO, LAURA MARIA (Vogal)
Aprendizaxe autorregulada nas matemáticas
Autoría
I.R.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
I.R.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 12:30
30.06.2026 12:30
Resumo
Este traballo ten como obxectivo revisar a evidencia empírica sobre a relación entre a aprendizaxe autorregulada e o rendemento matemático no alumnado de Educación Primaria. Para isto, levouse a cabo unha revisión sistematizada da literatura seguindo o protocolo PRISMA-P, consultando bases de datos contrastadas (PsycINFO, Scopus e WoS). Mediante criterios de exclusión, seleccionáronse estudos empíricos centrados na relación entre autorregulación de aprendizaxe e rendemento matemático. Os resultados amosan que a autorregulación, máis en concreto a través da metacognición, ten un impacto positivo no rendemento matemático, actuando como unha variable mediadora entre outros factores emocionais como a motivación ou a ansiedade. Ao mesmo tempo, tamén se observa que a aprendizaxe das matemáticas está influída por variables cognitivas e afectivas. Conclúese así que a autorregulación da aprendizaxe constitúe un elemento clave para mellorar o rendemento matemático e favorecer unha actitude máis positiva cara á materia de matemáticas, facendo ver a necesidade de implementar estas estratexias na aula.

Aprendizaxe activo en Educación Primaria: Unha revisión de alcance sobre clases fisicamente activas.
Autoría
M.R.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.R.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 12:30
30.06.2026 12:30
Resumo
O presente traballo consiste nunha revisión de alcance sobre a influenza das CFA, leccións curriculares que integran o movemento e a actividade física dentro do ensino das materias, no alumnado de Educación Infantil e Primaria. O principal obxectivo é coñecer como interveñen e repercuten estas intervencións en variables físicas, cognitivas, psicolóxicas e sociais. Para iso, realizouse unha busca nas bases de datos Web of Science, Scopus e Medline, seleccionando aqueles estudos que cumprisen cos criterios de inclusión previamente establecidos. Tras este proceso, incluíronse 42 artigos. Os resultados amosan melloras xerais nos niveis de AF, no rendemento académico, no TOT e na motivación do alumnado. Malia existiren algunhas excepcións e variables resistentes ao cambio, as CFA confírmanse como unha estratexia eficaz para o desenvolvemento integral na infancia.

Terapia asistida con animais (TAA) na infancia hospitalizada. Percepción dos profesionais educativos e sanitarios no contexto galego
Autoría
L.R.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
L.R.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 12:30
30.06.2026 12:30
Resumo
Este traballo de iniciación á investigación de campo aborda a Terapia Asistida con Animais (TAA) como recurso complementario para a infancia hospitalizada de Educación Infantil no contexto galego. O seu obxectivo principal é analizar as percepcións e experiencias de profesionais educativos, sanitarios e de intervención asistida con animais sobre a implementación da TAA en hospitais pediátricos galegos, así como explorar o posible papel do mestre de Educación Infantil neste ámbito. A metodoloxía seguiu un enfoque cualitativo exploratorio, baseado nunha revisión bibliográfica e en entrevistas semiestruturadas a cinco profesionais vinculados aos hospitais CHUAC e CHUS: docentes de aulas hospitalarias, persoal sanitario de pediatría e unha profesional de TAA. Os resultados amosan unha valoración positiva da TAA, especialmente polos seus beneficios emocionais, sensoriais e motivacionais, así como pola súa contribución á redución da ansiedade, á activación física e á adaptación hospitalaria. Tamén se identifican limitacións relevantes, como a falta de coordinación interprofesional, a escasa institucionalización dos programas, o descoñecemento dos seus beneficios e a necesidade de formación específica. Conclúese que a TAA presenta potencial na infancia hospitalizada se se desenvolve con criterios profesionais, protocolos claros e maior integración sanitaria, terapéutica e educativa.

A escola como espazo de visibilización e dinamización da lingua galega en Educación Primaria
Autoría
N.R.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
N.R.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 11:15
01.07.2026 11:15
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao analiza o papel da escola como espazo de visibilización e dinamización da lingua galega nun contexto sociolingüístico caracterizado pola diminución progresiva do seu uso entre a infancia. Partindo dunha perspectiva sociolingüística e educativa, o estudo aborda os factores históricos, sociais, identitarios e emocionais que inflúen nas prácticas lingüísticas das novas xeracións e na situación actual do galego. A investigación baséase nunha metodoloxía documental sustentada na revisión de bibliografía especializada, documentos institucionais e estudos sociolingüísticos. Ao longo do traballo examínanse cuestións como a evolución da lexislación lingüística educativa, a transmisión interxeracional da lingua, a influencia dos novos espazos de socialización e a dimensión emocional asociada ao uso do galego. Así mesmo, analízase o papel da escola, do profesorado e dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega na promoción de actitudes favorables cara á lingua. Os resultados evidencian unha diferenza entre a competencia lingüística do alumnado e o uso efectivo do galego na vida cotiá. Conclúese que a escola continúa a ser un axente fundamental para fomentar o uso da lingua, fortalecer a autoestima lingüística e crear contextos reais de comunicación que contribúan á súa normalización.

A relación do maltrato infantil co desenvolvemento socioafectivo
Autoría
R.R.V.
Grao en Educación Social
R.R.V.
Grao en Educación Social
Data da defensa
30.06.2026 12:00
30.06.2026 12:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao investiga a relación entre o maltrato infantil e as alteracións no desenvolvemento socioafectivo mediante unha metodoloxía de revisión documental. O obxetivo principal deste estudo é analizar de que maneira inciden as diferentes experiencias de abuso no desenvolvemento de competencias emocionais e sociais. O marco teórico fundaméntase na evolución conceptual do fenómeno, a protección de dereitos da infancia, a clasificación de tipoloxías, a relación entre maltrato infantil e desenvolvemento socioafectivo e as consecuencias multidimensionais que derivan desta realidade. A fase de investigación empírica configúrase dende unha análise de nove artigos científicos publicados en los últimos cinco años, constituindo o núcleo do estudo. O proceso de identificación, cribado e selección da mostra realizouse seguindo as directrices do modelo PRISMA (2020), garantindo precisión e transparencia. A través da discusión, entre os resultados adquiridos e as evidencias científicas que compoñen o marco teórico, verifícase a relación entre ambos termos. Os resultados amosan que o maltrato infantil funciona como unha interferencia no desenvolvemento da crianza, manifestando desregulación emocional, déficits na capacidade empática e alteracións na autorregulación. Ponse tamén en manifesto o risco de transmisión interxeracional condicionada pola ausencia de expresividade emocional parental, así como a identificación da rede social externa como recurso de intervención capaz de moderar o dano. O traballo conclúe cunha mirada dende a Educación Social, na que se explora a posible implicación da profesión e se xustifica a necesidade de defender o rol da intervención socioeducativa ante esta problemática.

A Arquitectura escolar como currículo oculto: análisis da influenza do deseño físico na promoción de metodoloxías activas.
Autoría
A.R.I.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.R.I.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 11:00
30.06.2026 11:00
Resumo
Este traballo de Fin de Grao ten como obxectivo analizar a influencia da Arquitectura escolar e do deseño dos espacios educativos na promoción das metodoloxías activas en Educación Primaria, entendendo o espazo como parte do currículo oculto. Para isto, realízase una revisión documental da literatura científica centrada no espazo escolar, a súa evolución histórica, as concepcións pedagóxicas do espazo, a tipoloxía de espazos e as metodoloxías activas. A partir desta análise teórica, ponse de manifesto que o espazo escolar non é un elemento neutro, senón que fai posible ou limita a posta en práctica de metodoloxías activas. En coherencia con isto, elabórase unha proposta teórica de organización dos espazos dun centro escolar baseada no modelo de planta aberta, ambentes de aprendizaxe e na súa interconexión. Finalmente, conclúese que existe unha relación directa entre o deseño do espazo escolar e o desenvolvemento de metodoloxías activas, destacando a necesidade de conceder unha maior relevancia pedagóxica ao espazo.

A musicalización dun conto da contorna próxima en Educación Infantil: un proxecto de innovación colaborativo entre a escola e a Escola Municipal de Música
Autoría
Z.R.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Z.R.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
03.07.2026 11:00
03.07.2026 11:00
Resumo
Este traballo presenta un proxecto de innovación educativa desenvolvida cun grupo de 6º de Educación Infantil do Colexio Plurilingüe María Inmaculada de Silleda (Pontevedra). O principal obxectivo é deseñar, implementar e avaliar unha intervención que integre a educación musical, a literatura infantil e o coñecemento da contorna próxima mediante a musicalización dun conto. A iniciativa toma como referencia unha adaptación do conto Os Balbinos visitan Silleda e desenvólvese en colaboración coa Escola Municipal de Música do municipio. Ao longo de nove sesións, o alumnado participa na creación de actividades relacionadas coa música e o movemento asociadas a diferentes lugares da localidade representativas presentes na historia do conto. Paralelamente, a Escola Municipal de Música encárgase da composición e gravación dos acompañamentos musicais que completan o produto final. Os resultados obtidos amosan unha elevada motivación e implicación do alumnado durante todo o proceso, favorecendo o desenvolvemento de habilidades musicais, expresivas e comunicativas. Ademais, a proposta contribúe ao coñecemento e valoración do patrimonio natural, cultural e sonoro da contorna, poñendo de manifesto o potencial educativo da colaboración entre institucións para crear experiencias de aprendizaxe significativas.
Este traballo presenta un proxecto de innovación educativa desenvolvida cun grupo de 6º de Educación Infantil do Colexio Plurilingüe María Inmaculada de Silleda (Pontevedra). O principal obxectivo é deseñar, implementar e avaliar unha intervención que integre a educación musical, a literatura infantil e o coñecemento da contorna próxima mediante a musicalización dun conto. A iniciativa toma como referencia unha adaptación do conto Os Balbinos visitan Silleda e desenvólvese en colaboración coa Escola Municipal de Música do municipio. Ao longo de nove sesións, o alumnado participa na creación de actividades relacionadas coa música e o movemento asociadas a diferentes lugares da localidade representativas presentes na historia do conto. Paralelamente, a Escola Municipal de Música encárgase da composición e gravación dos acompañamentos musicais que completan o produto final. Os resultados obtidos amosan unha elevada motivación e implicación do alumnado durante todo o proceso, favorecendo o desenvolvemento de habilidades musicais, expresivas e comunicativas. Ademais, a proposta contribúe ao coñecemento e valoración do patrimonio natural, cultural e sonoro da contorna, poñendo de manifesto o potencial educativo da colaboración entre institucións para crear experiencias de aprendizaxe significativas.
Dirección
LERANOZ IGLESIAS, MARTIN MANUEL (Titoría)
LERANOZ IGLESIAS, MARTIN MANUEL (Titoría)
Tribunal
GILLANDERS BYGRAVE, CAROL JEAN (Presidente/a)
FERNANDEZ REGUEIRA, UXIA (Secretario/a)
RICO DIAZ, JAVIER (Vogal)
GILLANDERS BYGRAVE, CAROL JEAN (Presidente/a)
FERNANDEZ REGUEIRA, UXIA (Secretario/a)
RICO DIAZ, JAVIER (Vogal)
O reto olímpico matemático: proposta de Aprendizaxe Baseada en Problemas cun enfoque metacognitivo e metafectivo
Autoría
Z.R.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Z.R.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
02.07.2026 13:00
02.07.2026 13:00
Resumo
A resolución de problemas matemáticos constitúe un dos procesos fundamentais na aprendizaxe das matemáticas, xa que permite aplicar coñecementos en situacións diversas e desenvolver habilidades relacionadas coa análise, o razoamento e a toma de decisións. Porén, moitos estudantes presentan dificultades para afrontar problemas novos e experimentan emocións negativas, como inseguridade, frustración ou bloqueo, que condicionan a súa aprendizaxe. Neste sentido, as emocións, crenzas e actitudes cara ás matemáticas desempeñan un papel fundamental no rendemento académico, polo que resulta necesario promover estratexias que favorezan tanto o desenvolvemento cognitivo como afectivo do alumnado. Partindo desta realidade, o presente Traballo de Fin de Grao ten como finalidade deseñar, implementar e avaliar unha proposta didáctica dirixida a alumnado de 6º de Educación Primaria. A intervención estrutúrase arredor da metodoloxía de Aprendizaxe Baseada en Problemas (ABP) e emprega as olimpíadas como fío condutor para traballar contidos relacionados cos sentidos da medida, espacial e estocástico. Ademais, incorpóranse estratexias metacognitivas e metafectivas orientadas á planificación, supervisión e regulación das emocións durante a resolución de problemas. Os resultados obtidos evidencian unha evolución positiva tanto na dimensión cognitiva como na afectiva, observándose unha mellora nos procesos metacognitivos do alumnado e unha maior conciencia das súas emocións durante a aprendizaxe.

A expresión corporal e a educación emocional no alumnado de Educación Primaria
Autoría
E.S.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
E.S.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 11:30
30.06.2026 11:30
Resumo
A educación emocional desempeña un papel fundamental no desenvolvemento integral do alumnado. A escola non debe limitarse só ao desenvolvemento cognitivo, senón que tamén debe atender ao crecemento emocional e social dos nenos e nenas. A falta de abordar este contido pode derivar en problemas de autoestima, de xestión de conflitos ou de habilidades sociais, repercutindo negativamente tanto no rendemento académico como no clima escolar. Por este motivo, é imprescindible que os centros educativos incorporen a educación emocional de maneira transversal nas aulas. Neste contexto, a expresión corporal é un recurso pedagóxico idóneo para traballar a educación emocional dentro da área de Educación Física, xa que permite expresar, identificar e regular emocións a través do corpo e do movemento. Así, o presente traballo presenta unha proposta didáctica dirixida ao 4º curso de Educación Primaria, orientada ao desenvolvemento da educación emocional a través da expresión corporal.

A aula invertida (flipped classroom) como metodoloxía para promover a autonomía do alumnado en 6º curso de Educación Primaria
Autoría
L.S.N.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.S.N.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 12:20
01.07.2026 12:20
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza a metodoloxía da aula invertida (flipped classroom) como estratexia para promover a autonomía do alumnado en 6 º curso de Educación Primaria. A través dunha revisión teórica da literatura científica, examínanse as principais características, vantaxes, limitacións e condicións necesarias para a súa implementación efectiva no ámbito educativo. A partir desta análise, deseñouse unha proposta de intervención didáctica para a área de Lingua Estranxeira: Inglés, fundamentada nos principios da aula invertida e adaptada ao currículo vixente da Comunidade Autónoma de Galicia. A proposta organiza a adquisición inicial dos contidos mediante recursos dixitais que o alumnado traballa previamente na casa, reservando o tempo presencial para a realización de actividades comunicativas, cooperativas e significativas. Ademais, foméntase o desenvolvemento da competencia comunicativa en lingua inglesa, a participación activa, a competencia dixital e a aprendizaxe autónoma. As conclusións sinalan que a aula invertida constitúe unha metodoloxía con gran potencial para favorecer aprendizaxes máis activas e centradas no alumnado, aínda que a súa eficacia depende dunha planificación pedagóxica adecuada, do uso coherente das tecnoloxías e da adaptación ás características do contexto educativo.

Fondos de coñecemento e escola. Estudo documental sobre o seu valor educativo.
Autoría
M.S.P.
Grao en Pedagoxía
M.S.P.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
29.06.2026 12:00
29.06.2026 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao aborda o estudo dos fondos de coñecemento como recurso pedagóxico no contexto escolar, entendidos como os saberes, experiencias, prácticas culturais e habilidades que as familias e comunidades achegan á vida educativa do alumnado. O obxectivo é analizar o valor educativo deste enfoque e as súas achegas para avanzar cara unha escola máis inclusiva, contextualizada e vinculada á diversidade[GM1.1] sociocultural. A metodoloxía empregada é unha revisión documental, baseada na análise de achegas teóricas e investigacións previas sobre a orixe, fundamentos, aplicacións e implicacións educativas dos fondos de coñecemento. A partir desta revisión, identifícanse as súas principais contribucións á escola, así como os beneficios e dificultades asociados á súa implementación. Os resultados amosan que este enfoque permite superar visións deficitarias do alumnado, recoñecer os saberes familiares e comunitarios, fortalecer a relación entre escola, familia e comunidade, e construír aprendizaxes máis significativas. Así mesmo, evidéncianse retos como a formación docente, a coordinación, o tempo dispoñible e as dificultades organizativas das aulas.

Investigadoras nas universidades galegas
Autoría
E.S.C.
Grao en Pedagoxía
E.S.C.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
30.06.2026 12:00
30.06.2026 12:00
Resumo
Durante séculos, a ciencia foi presentada como un ámbito neutral, obxectivo e universal. Pola contra, esa produción de coñecemento construíuse sobre os cimentos dunha sociedade androcéntrica, onde as mulleres foron silenciadas e as súas obras apropiadas. Esta desigualdade no recoñecemento e na presenza do traballo científico, ademais de afectar á memoria das investigadoras, provoca tamén unha carencia de referentes para o alumnado actual. Por iso, a recuperación e visibilidade das mulleres na ciencia preséntase como unha necesidade pedagóxica. Neste marco, o presente traballo analiza a presenza feminina na ciencia, atendendo tanto á memoria histórica das investigadoras como ás desigualdades actuais na carreira académica dentro do Sistema Universitario de Galicia. Os datos evidencian as fendas de xénero aínda presentes, a feminización de determinados ámbitos de coñecemento e o desequilibrio na progresión da carreira investigadora. Fronte a isto, deféndese o potencial pedagóxico das Ciencias da Educación para deseñar propostas e recursos orientados á transformación social. Como resposta, proponse o deseño dun repositorio educativo sobre investigadoras nas universidades galegas, co obxectivo de contribuír á divulgación de referentes femininos e combater os nesgos presentes no ámbito científico.

Comer ben para medrar mellor: unha proposta para a promoción de hábitos de alimentación saudable en 6º de Educación Infantil.
Autoría
X.S.G.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
X.S.G.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
02.07.2026 10:15
02.07.2026 10:15
Resumo
A alimentación saudable é aquela que satisfai os requirimentos de nutrientes necesarios a través dunha dieta moderada, variada e equilibrada. Ademais de mellorar a saúde, reduce o risco de padecer enfermidades crónicas. Porén, diferentes estudos evidencian a necesidade de promover hábitos de alimentación saudable entre a poboación debido á elevada prevalencia de sobrepeso e obesidade, entre outras enfermidades. Neste contexto, o traballo da educación alimentaria nas aulas adquire un papel fundamental, pois a infancia é a etapa onde se asentan os hábitos que perdurarán ao longo da vida. Por este motivo, o presente traballo analiza a situación alimentaria dunha aula de 6º de Educación Infantil a través dun cuestionario de frecuencia de consumo. Os resultados evidencian unha inxestión diaria de froita e lácteos, mais tamén unha presenza inferior á recomendada en canto a verduras, legumes e peixe. A partir destes datos, deséñase e ponse en práctica unha proposta de intervención co obxectivo de promover hábitos de alimentación saudable entre o alumnado. Esta secuencia de actividades serve para achegar ás crianzas a novas aprendizaxes e ampliar o seu vocabulario, mellorando a conciencia sobre os propios hábitos e accións, así coma o coñecemento sobre estilos de vida saudables.

Matemáticas con sentido: o uso do xogo simbólico vinculado a experiencias reais no contexto de Educación Primaria.
Autoría
A.S.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.S.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
17.07.2025 13:00
17.07.2025 13:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza o potencial do xogo simbólico como recurso didáctico para o ensino das Matemáticas na Educación Primaria. Partindo dos principios da educación matemática contextualizada e da aprendizaxe baseada en experiencias significativas, deseñouse e implementouse unha proposta centrada na recreación dun restaurante, un supermercado, unha empresa de envíos e unha construtora, mediante situacións próximas á realidade do alumnado. A intervención permitiu traballar contidos relacionados coa numeración, o cálculo, a medida e a xeometría a través de actividades manipulativas, cooperativas e contextualizadas. A avaliación da metodoloxía realizouse mediante os indicadores competenciais de Montserrat Torra (2014), valorando procesos como a resolución de problemas, o razoamento, a comunicación, a representación e as conexións matemáticas. Os resultados evidencian unha elevada participación do alumnado, unha maior comprensión dos contidos e o desenvolvemento de habilidades sociais e matemáticas. Así mesmo, identificáronse limitacións relacionadas coa necesidade dunha planificación clara e co fortalecemento do razoamento matemático. Conclúese que o xogo simbólico, cando se vincula a experiencias reais e se dota dunha planificación didáctica intencionada, constitúe unha estratexia eficaz para favorecer aprendizaxes matemáticas significativas, funcionais e inclusivas.

A aprendizaxe baseada en proxectos en educación infantil: o proxecto O Universo
Autoría
I.S.D.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
I.S.D.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
05.02.2026 12:00
05.02.2026 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao examina o traballo por proxectos como unha metodoloxía activa na etapa de Educación Infantil, e a súa capacidade para xerar experiencias de aprendizaxe significativas, integradoras e participativas. A investigación articúlase arredor de dous eixos principais: por unha banda, un percorrido teórico que aborda as orixes do método de proxectos, a súa evolución histórica, os seus fundamentos pedagóxicos, así como as súas características, fases e potencial transformador dentro da aula. Por outra banda, preséntase un estudo de caso realizado nunha aula de 6º de Infantil, no que se deseña, aplica e avalía o proxecto didáctico “O Universo”. Esta intervención desenvolveuse durante o prácticum e adaptouse ao contexto real do centro, equilibrando as esixencias da programación cos principios do traballo por proxectos. A través de actividades experimentais, cooperativas e creativas, o alumnado converteuse en protagonista da súa aprendizaxe, amosando un alto grao de implicación, curiosidade e desenvolvemento competencial. Os resultados obtidos, xunto coa valoración positiva do equipo docente, permiten concluír que o traballo por proxectos non só é viable na Educación Infantil, senón recomendable en todas as etapas, sempre que se conten con condicións axeitadas de planificación, recursos, acompañamento e formación.

A sobrecarga das axendas educativas das crianzas
Autoría
A.S.S.
Grao en Educación Social
A.S.S.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2026 16:00
01.07.2026 16:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao aborda unha problemática crecente na sociedade contemporánea: o estrés e a saturación da infancia derivados da sobrecarga de deberes escolares e actividades extraescolares que imitan os ritmos de produción dos adultos. Baixo a xustificación de que a infancia está perdendo os seus espazos de xogo libre e de lecer non dirixo e especialmente o descanso, deseñouse unha proposta de intervención socioeducativa dirixida de forma transversal a familias e crianzas en idade escolar dende a visión da Educación Social. A metodoloxía do proxecto articulouse a través de tres bloques prácticos secuenciados. O primeiro bloque, centrado nas familias, promoveu a reflexión sobre o impacto das TIC e a saturación de actividades. Con respecto ao segundo bloque, traballouse directamente coas crianzas para facilitar a identificación emocional e a xestión do estrés e finalmente, o terceiro bloque unificou a ambos colectivos en obradoiros participativos orientados a pautar acordos de convivencia dixitais e dinámicas de lecer compartido no espazo. O traballo conclúe que a intervención socioeducativa é unha ferramenta eficaz para xerar redes de apoio e democratizar os tempos cotiáns, demostrando que respectar o ritmo evolutivo e o benestar emocional das crianzas é o único camiño viable para asegurar o seu éxito académico e o seu desenvolvemento persoal e social.

Do illamento á autonomía: inserción socio laboral fronte á violencia de xénero no rural
Autoría
J.S.C.
Grao en Educación Social
J.S.C.
Grao en Educación Social
Data da defensa
30.06.2026 11:30
30.06.2026 11:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao presenta o deseño dunha proposta de intervención socioeducativa orientada á formación para a empregabilidade, dirixida a 15 mulleres vítimas de violencia de xénero maiores de 18 anos e residentes na contorna rural de Castela e León. Partindo da necesidade de romper coa dependencia económica do agresor e as desigualdades estruturais, o proxecto reivindica o papel da Educación Social e o acompañamento integral para dotar a este colectivo dunha autonomía plena orientada a unha vida independente. A intervención afástase dos enfoques asistenciais tradicionais mediante o desenvolvemento de itinerarios personalizados que combinan obradoiros grupais con ferramentas innovadoras como a Intelixencia Artificial ou a creación dun podcast contra o burnout rural. Determínase que dotar a este colectivo de espazos seguros e redes de apoio permite que as aprendizaxes prácticas se convertan nun motor para a empregabilidade e a resiliencia. Desta maneira, garántese o dereito cidadán a unha inserción sociolaboral digna e sostible.

BASANTA CAMIÑO, SILVIA (Titoría)
BASANTA CAMIÑO, SILVIA (Titoría)
Tribunal
BASANTA CAMIÑO, SILVIA (Titor do alumno)

As emocións a través da Educación Artística na Educación Infantil
Autoría
C.S.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
C.S.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2026 09:45
03.07.2026 09:45
Resumo
As emocións forman parte fundamental do desenvolvemento integral das persoas dende as primeiras etapas da vida. Na Educación Infantil, a aprendizaxe emocional resulta esencial para que os nenos e nenas poidan identificar, comprender e expresar os seus sentimentos, favorecendo o seu benestar persoal e social. Porén, moitas veces o alumnado presenta dificultades para xestionar as emocións, polo que resulta necesario desenvolver propostas educativas adaptadas a estas necesidades. Neste contexto, este Traballo de Fin de Grao presenta un proxecto de intervención educativa baseado na educación artística como ferramenta para o desenvolvemento emocional. A expresión plástica constitúe un recurso accesible e motivador que permite ao alumnado expresar emocións, explorar o seu mundo interior e comunicarse de maneira creativa e non verbal. A proposta baséase en diferentes achegas teóricas relacionadas coa educación emocional, a interacción social e a expresión artística, destacando a importancia destas no desenvolvemento infantil. A través de actividades artísticas, preténdese favorecer a identificación, expresión e regulación das emocións, así como fomentar a empatía, o respecto e a convivencia na aula.

O deporte como espazo socioeducativo para o desenvolvemento emocional e social en adolescentes
Autoría
P.S.C.
Grao en Educación Social
P.S.C.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2026 11:30
01.07.2026 11:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao analiza o potencial do deporte como espazo socioeducativo para o desenvolvemento emocional e social na adolescencia, prestando especial atención á intelixencia emocional e á educación emocional. Para iso, realizouse unha revisión de alcance, apoiada nas directrices PRISMA-ScR e no modelo SALSA, a partir de buscas en Dialnet, Scopus e Google Académico. Tras aplicar os criterios de inclusión e exclusión, seleccionáronse 13 estudos, que foron organizados mediante unha matriz de extracción de datos e unha síntese narrativa por categorías temáticas. Os resultados amosan unha relación positiva entre a práctica físico-deportiva e distintas dimensións emocionais, como a regulación emocional, a claridade emocional, a autoestima, a empatía, a motivación e as habilidades sociais. Así mesmo, destácase o valor da Educación Física e dos programas de educación emocional en contextos deportivos. Non obstante, o traballo conclúe que o deporte non é educativo por si mesmo, senón que o seu potencial depende da intencionalidade pedagóxica e do acompañamento profesional. Finalmente, sinálanse futuras liñas de investigación orientadas a afondar en intervencións socioeducativas específicas durante a adolescencia.

Deseño dunha intervención didáctica baseada na Educación Física Significativa (EFS) para a educación física en educación primaria
Autoría
P.S.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
P.S.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 12:00
30.06.2026 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao céntrase no deseño dunha proposta de intervención didáctica en Educación Física dirixida ao alumnado de 5º curso de Educación Primaria. A proposta xorde da necesidade de promover experiencias máis inclusivas, participativas e significativas, recoñecendo que non todo o alumnado vive a Educación Física da mesma maneira. Para iso, fundaméntase nos principios de Meaningful Physical Education ou Educación Física Significativa (EFS), un enfoque pedagóxico actual e innovador que sitúa as experiencias do alumnado no centro do proceso educativo. A partir dunha revisión bibliográfica sobre este enfoque, deseñase unha intervención baseada na cooperación, na inclusión, na comunicación, na expresión corporal e na reflexión compartida. A proposta pretende favorecer experiencias de aprendizaxe significativas, promovendo a participación activa, o sentimento de pertenza e a construción de relacións positivas entre iguais. Ademais, pretende contribuír a unha Educación Física máis inclusiva, participativa e centrada nas necesidades reais do alumnado. Conclúese que a Educación Física Significativa constitúe unha perspectiva de especial interese para deseñar experiencias educativas con significado persoal e favorecer o desenvolvemento integral dos nenos e nenas.

Motivar para ensinar: fomentando a motivación docente para favorecer a aprendizaxe do alumnado de Educación Primaria
Autoría
D.D.S.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
D.D.S.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 16:00
30.06.2026 16:00
Resumo
A motivación docente preséntase como un dos factores clave para favorecer a transformación das aulas de Educación Primaria en contextos eficaces de aprendizaxe e a mellora do clima escolar. Esta investigación aborda a importancia do benestar do profesorado e o seu impacto directo na consecución dunha verdadeira inclusión educativa para o alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE). A fundamentación conceptual constrúese a partir da xerarquía de necesidades de Maslow, a Teoría da Autodeterminación de Ryan e Deci e o modelo bifactorial de Herzberg, o que permite entender mellor as dinámicas psicolóxicas do profesorado na súa contorna laboral. Fronte a problemáticas actuais como o síndrome de burnout, o illamento e a crecente sobrecarga burocrática, articúlase unha proposta de intervención e innovación pedagóxica baseada nun obradoiro participativo de nove sesións. Mediante a aplicación do cuestionario AMOP-B e diarios de reflexión, o programa dota o profesorado de ferramentas prácticas de autoeficacia e autorregulación. Deste xeito, poténciase a cultura colaborativa do claustro para consolidar o centro como unha comunidade profesional de aprendizaxe comprometida coa equidade educativa.

Morte e Infancia en Galicia: análise do cambio sociocultural no seu tratamento e orientacións á práctica docente.
Autoría
U.S.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
U.S.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2026 12:15
03.07.2026 12:15
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao analiza a evolución do tratamento da morte coa infancia en Galicia, confrontando o modelo tradicional e comunitario de comezos do século XX co enfoque privatizado e silenciado da sociedade contemporánea. A investigación realízase a partir dun marco teórico baseado na antropoloxía sociocultural galega e na pedagoxía da morte, complementándose cunhas entrevistas etnográficas a tres xeracións diferentes. O estudo afonda nas consecuencias do abandono progresivo da cultura ritual e tradicional que caracterizaba o tratamento da morte en Galicia, para derivar na consolidación dun tabú social. Na tentativa de protexer aos nenos e nenas, este traballo propón unha abordaxe na que se reflexione arredor de como se teñen abandonados os papeis na xestión comunitaria do loito, agochando a morte ante a infancia e deixando a esta desprovista de recursos e ferramentas emocionais para afrontala. Esta investigación pretende reivindicar a responsabilidade da escola ante o tabú persistente na sociedade que deixa soa á infancia. A docencia debe asumir un papel activo de cara ao acompañamento e a formación integral do alumnado ante a perda e o loito. Para isto, deséñanse unha serie de orientacións que teñen como destino a práctica docente en Educación Primaria e que parten dunha dobre perspectiva: a necesidade de establecer uns criterios pedagóxicos que se complementen coa recuperación da tradición galega.

BUSTO MIRAMONTES, BEATRIZ (Titoría)
BUSTO MIRAMONTES, BEATRIZ (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, JESUS (Presidente/a)
FELPETE LOPEZ, ALBA (Secretario/a)
ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Vogal)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, JESUS (Presidente/a)
FELPETE LOPEZ, ALBA (Secretario/a)
ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Vogal)
Adolescencia hiperconectada: análise socioeducativa dos riscos dixitais e das condutas adictivas
Autoría
Z.S.S.
Grao en Educación Social
Z.S.S.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2026 12:00
01.07.2026 12:00
Resumo
A presenza das tecnoloxías dixitais na vida adolescente constitúe unha realidade cada vez máis relevante nos contextos escolar, familiar e socioeducativo. Internet, as redes sociais, os dispositivos móbiles e os videoxogos ofrecen oportunidades de comunicación, aprendizaxe e participación, pero tamén poden dar lugar a riscos dixitais e a formas de uso problemático. Neste Traballo de Fin de Grao analízase a literatura especializada sobre os riscos dixitais e o uso problemático das tecnoloxías na adolescencia, co obxectivo de identificar as súas consecuencias, os factores de risco e protección asociados e as estratexias de prevención socioeducativa. Para iso, levouse a cabo unha revisión de alcance ou scoping review, tomando como referencia a declaración PRISMA-ScR. A busca realizouse nas bases de datos Dialnet e Scopus, e finalmente incluíronse 15 documentos publicados entre 2017 e 2025. Os resultados evidencian riscos como o ciberacoso, o sexting non consentido, o grooming, a exposición a contidos inadecuados e o uso problemático de internet, redes sociais, móbil e videoxogos. En conclusión, esta realidade require unha resposta socioeducativa integral, baseada na alfabetización dixital crítica, na educación emocional, na mediación parental e na prevención escolar.

A profesión docente dende a mirada de quen aspira a ser mestre/a.
Autoría
N.S.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
N.S.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2026 13:00
03.07.2026 13:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao ten como finalidade analizar a percepción social da profesión docente dende a perspectiva do alumnado do Grao en Mestre/a de Educación Primaria, do Grao en Mestre/a de Educación Infantil e do Dobre Grao en Mestre/a de Educación Infantil e Mestre/a de Educación Primaria. A investigación parte da consideración de que a identidade profesional docente non se constrúe exclusivamente a través da formación académica recibida, senón tamén a partir da imaxe social existente sobre o profesorado. Neste sentido, preténdese comprender como as futuras mestras e mestres interpretan o labor docente e de que maneira as súas crenzas, expectativas e valoracións inflúen na configuración da súa identidade profesional. Para acadar este obxectivo, desenvolveuse unha investigación de enfoque cuantitativo baseada na aplicación dun cuestionario de preguntas pechadas, orientado a identificar tendencias e percepcións sobre a docencia. Así mesmo, realizouse unha revisión bibliográfica que permitiu fundamentar teoricamente o estudo e contextualizar os resultados obtidos. En definitiva, este traballo procura determinar cal é a imaxe que os/as futuros/as mestres/as posúen sobre a profesión docente e analizar o impacto desta percepción na construción da súa identidade profesional, contribuíndo así á reflexión sobre a formación inicial do profesorado.

A música como ferramenta de regulación emocional en nenos e nenas con TEA.
Autoría
P.S.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
P.S.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 10:00
01.07.2026 10:00
Resumo
Este traballo de fin de grao ten como finalidade investigar o papel da música como recurso para favorecer a xestión emocional no alumnado de educación infantil diagnosticado co Trastorno do Espectro Autista (TEA). Ponse o foco na xestión da frustración, unha emoción que adoita manifestarse con elevada intensidade neste alumnado. O traballo abordará, en definitiva, a relación deste alumnado coas prácticas musicais, a estimulación educativa e o desenvolvemento de habilidades socioemocionais. O obxectivo principal é deseñar unha proposta de intervención educativa baseada no uso da música como recurso facilitador da regulación emocional e da autorregulación ante situacións de frustración no alumnado con TEA, mediante a revisión da literatura especializada e a realización de tres entrevistas semiestruturadas a docentes con experiencia nesta área, para coñecer estratexias, rutinas e percepcións que permitan fundamentar unha proposta adaptada á realidade educativa. A metodoloxía empregada corresponde a unha investigación exploratoria de corte transversal, orientada á obtención de información contextualizada que permita fundamentar o deseño da proposta de intervención. Para a recollida de datos utilizouse unha metodoloxía cualitativa baseada en entrevistas semiestruturadas realizadas a docentes con experiencia no traballo con alumnado con TEA e no uso da música na aula, ademais de realizar unha revisión da literatura especializada sobre música, regulación emocional e inclusión educativa. Os resultados obtidos evidencian que a música constitúe un recurso educativo útil para favorecer a calma, a anticipación de rutinas, a participación e a expresión emocional do alumnado con TEA e, así mesmo, conclúese que a eficacia desta depende da adaptación ás necesidades individuais do alumnado, así como da formación e implicación do profesorado na creación de contornas educativas inclusivas.

PAMPILLO RETANA, MARIA ROSA Cotitoría
LERANOZ IGLESIAS, MARTIN MANUEL (Titoría)
PAMPILLO RETANA, MARIA ROSA Cotitoría
Tribunal
LERANOZ IGLESIAS, MARTIN MANUEL (Titor do alumno)
PAMPILLO RETANA, MARIA ROSA (Titor do alumno)
LERANOZ IGLESIAS, MARTIN MANUEL (Titor do alumno)
PAMPILLO RETANA, MARIA ROSA (Titor do alumno)
Deseño de materiais didácticos para favorecer a inclusión de nenos e nenas con discapacidade visual en aulas de infantil.
Autoría
J.S.P.
Grao en Educación Social
J.S.P.
Grao en Educación Social
Data da defensa
30.06.2026 17:00
30.06.2026 17:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao aborda o deseño de materiais didácticos inclusivos para favorecer a participación e a aprendizaxe do alumnado con discapacidade visual na etapa de Educación Infantil. Para iso, partiuse dunha revisión teórica sobre inclusión educativa, atención á diversidade, discapacidade visual e accesibilidade. Así mesmo, analízanse as necesidades específicas dos nenos e nenas con cegueira e baixa visión, así como a importancia dos materiais didácticos como ferramenta de inclusión. A proposta céntrase no deseño de catro materiais adaptados ás características evolutivas do alumnado de entre 0 e 6 anos e ao seu perfil visual. Todos eles incorporan criterios de accesibilidade, como o uso de texturas, sons, contrastes visuais e elementos manipulativos, co fin de facilitar a exploración, a autonomía e a participación activa dentro da aula. Ademais, os materiais foron elaborados para ser utilizados tanto polo alumnado con discapacidade visual como polos seus compañeiros e compañeiras, promovendo así a interacción, a igualdade de oportunidades e unha educación verdadeiramente inclusiva.

ALVAREZ SEOANE, CARMEN DENEBOLA (Titoría)
ALVAREZ SEOANE, CARMEN DENEBOLA (Titoría)
Tribunal
ALVAREZ SEOANE, CARMEN DENEBOLA (Titor do alumno)

Deseño dunha proposta interdisciplinar interxeracional nun contexto rural
Autoría
P.S.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
P.S.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2026 12:15
02.07.2026 12:15
Resumo
O presente Traballo Fin de Grao presenta unha proposta centrada no deseño dun proxecto interdisciplinar e interxeracional desenvolvido nunha contorna rural, orientado á creación e organización dun Arquivo Musical elaborado a partir de recordos, sons e descricións achegados por persoas maiores dunha entidade colaboradora e traballados posteriormente polo alumnado de Educación Primaria. A temática aborda a relación entre educación musical, interxeracionalidade, interdisciplinariedade e rexistro do patrimonio sonoro rural. Como obxectivos, preténdese recompilar e organizar memorias musicais e sons característicos da contorna rural, así como desenvolver actividades interdisciplinares relacionadas coa paisaxe sonora, a música e a memoria. A metodoloxía do traballo fundaméntase na Aprendizaxe-Servizo, mediante a interacción entre alumnado e persoas maiores para a recompilación de materiais sonoros, e na Aprendizaxe Baseada en Proxectos, a través do desenvolvemento progresivo do arquivo musical e das actividades interdisciplinares asociadas. O alumnado participa na documentación, organización e produción de materiais, integrando procedementos propios da educación musical e do estudo da contorna rural. A proposta pretende poñer en valor a importancia de conectar a escola coa contorna, a memoria e o patrimonio cultural a través de experiencias de aprendizaxe significativas e interxeracionais.

Os xoguetes africanos como recurso didáctico
Autoría
D.S.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
D.S.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
16.07.2025 12:00
16.07.2025 12:00
Resumo
Este estudo analiza o potencial dos xoguetes tradicionais africanos como recurso didáctico e sostible en Educación Primaria. Mediante o Aprendizaxe Baseado en Proxectos e a Cultura Maker, deséñase unha proposta baseada na reciclaxe para descentrar o eurocentrismo curricular. O proxecto fomenta a inclusión, a responsabilidade ecosocial e o desenvolvemento motor e cognitivo.
Este estudo analiza o potencial dos xoguetes tradicionais africanos como recurso didáctico e sostible en Educación Primaria. Mediante o Aprendizaxe Baseado en Proxectos e a Cultura Maker, deséñase unha proposta baseada na reciclaxe para descentrar o eurocentrismo curricular. O proxecto fomenta a inclusión, a responsabilidade ecosocial e o desenvolvemento motor e cognitivo.
Dirección
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Titor do alumno)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Titor do alumno)
Exclusión dixital e Educación Social: unha mirada aos grupos vulnerables e as motivacións da súa exclusión
Autoría
M.T.M.
Grao en Educación Social
M.T.M.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.02.2026 12:00
03.02.2026 12:00
Resumo
Este traballo busca unha aproximación ás razóns que levan á exclusión na materia dixital aos colectivos vulnerables de adultos/as de terceira idade, mulleres e persoas con discapacidade. A través dunha revisión documental na contorna española, enfatízase na necesidade de superar a falta da competencia dixital nestes grupos co fin de insertalos de forma óptima na sociedade actual cada vez máis marcada polos avances tecnolóxicos. Ademais, tenta analizar a figura da Educación Social como rol fundamental para a adquisición da devandita materia a través da delimitación das súas competencias dentro desta temática
Este traballo busca unha aproximación ás razóns que levan á exclusión na materia dixital aos colectivos vulnerables de adultos/as de terceira idade, mulleres e persoas con discapacidade. A través dunha revisión documental na contorna española, enfatízase na necesidade de superar a falta da competencia dixital nestes grupos co fin de insertalos de forma óptima na sociedade actual cada vez máis marcada polos avances tecnolóxicos. Ademais, tenta analizar a figura da Educación Social como rol fundamental para a adquisición da devandita materia a través da delimitación das súas competencias dentro desta temática
Dirección
ALVAREZ SEOANE, CARMEN DENEBOLA (Titoría)
ALVAREZ SEOANE, CARMEN DENEBOLA (Titoría)
Tribunal
ALVAREZ SEOANE, CARMEN DENEBOLA (Titor do alumno)
ALVAREZ SEOANE, CARMEN DENEBOLA (Titor do alumno)
A flotación na Educación Infantil: Deseño dunha proposta didáctica.
Autoría
C.T.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
C.T.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 12:00
30.06.2026 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao, titulado A flotación na Educación Infantil: Deseño dunha proposta didáctica, céntrase na ensinanza do fenómeno da flotación en Educación Infantil. A metodoloxía seguida para a elaboración deste documento enmárcase na modalidade de deseño dunha proposta pedagóxica no ámbito das ciencias. O estudo inclúe unha revisión teórica baseada na busca e selección de información relevante e na sistematización de documentos en galego, castelán e inglés, empregando as bases de datos Scopus, Dialnet e Google Académico. O obxectivo principal é deseñar unha proposta didáctica sobre a flotación baseada na investigación e na literatura deste tema. A proposta céntrase no deseño dunha intervención na que o alumnado de cinco anos comprenda que a flotación depende do material do obxecto. Esta está composta por nove actividades que se basean principalmente no ciclo de aprendizaxe (exploración, introdución e aplicación de conceptos), incluíndo a manipulación de obxectos, formulación de predicións e hipóteses e observación e clasificación dos resultados. Como conclusión, destácase a importancia de introducir a educación científica dende idades temperás mediante actividades manipulativas que fomenten unha aprendizaxe activa e significativa.

Cando cambia o conto: edicións modernas de contos clásicos.
Autoría
M.T.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
M.T.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
02.07.2026 11:00
02.07.2026 11:00
Resumo
O obxectivo deste Traballo de Fin de Grao é analizar os contos clásicos nas súas edicións actuais. Para isto, teranse en conta aspectos que poidan ter cambiado con respecto aos orixinais como cambios no texto, actualizacións da linguaxe ou adaptacións de carácter moral ou cultural, do mesmo xeito que innovacións nas ilustracións. Ademais, valoraranse as posibles implicacións que estes cambios poderán traer consigo. Para iso, levarase a cabo unha revisión bibliográfica, partindo dun marco teórico de base sobre a literatura infantil e xuvenil e, máis concretamente, sobre os contos clásicos. Ademais, realizarase unha análise documental dalgunhas edicións actuais destes contos co obxectivo de examinar como se están adaptando para manterse na nosa sociedade.
O obxectivo deste Traballo de Fin de Grao é analizar os contos clásicos nas súas edicións actuais. Para isto, teranse en conta aspectos que poidan ter cambiado con respecto aos orixinais como cambios no texto, actualizacións da linguaxe ou adaptacións de carácter moral ou cultural, do mesmo xeito que innovacións nas ilustracións. Ademais, valoraranse as posibles implicacións que estes cambios poderán traer consigo. Para iso, levarase a cabo unha revisión bibliográfica, partindo dun marco teórico de base sobre a literatura infantil e xuvenil e, máis concretamente, sobre os contos clásicos. Ademais, realizarase unha análise documental dalgunhas edicións actuais destes contos co obxectivo de examinar como se están adaptando para manterse na nosa sociedade.
Dirección
PENA PRESAS, MARIA MONSERRAT (Titoría)
PENA PRESAS, MARIA MONSERRAT (Titoría)
Tribunal
Teijeiro Boo, Yesica (Presidente/a)
Ponce Romero, Clara Macarena (Secretario/a)
VAZQUEZ LAGO, JUAN MANUEL (Vogal)
Teijeiro Boo, Yesica (Presidente/a)
Ponce Romero, Clara Macarena (Secretario/a)
VAZQUEZ LAGO, JUAN MANUEL (Vogal)
Contos clásicos en tempos modernos: usos e censuras do profesorado de Educación Primaria.
Autoría
M.T.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
M.T.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
03.07.2026 12:15
03.07.2026 12:15
Resumo
A pesar de que adoitamos relacionar a censura coa prohibición de lecturas con ideas transgresoras en épocas pasadas, tamén é censura (ou máis ben autocensura) que hoxe en día o profesorado evite levar certos libros ás aulas polos valores demasiado tradicionais que estes transmiten. É o caso dos contos clásicos, fillos da ideoloxía dominante do tempo no que foron escritos e, polo tanto, misóxinos, racistas, clasistas e moralizantes dende a perspectiva actual. O obxectivo deste traballo é analizar se estas obras se levan hoxe en día ás aulas, por que ou por que non e cales son os usos que se lle dan. Con este propósito, en primeiro lugar, elaboraremos un marco teórico sobre a literatura infantil, a censura e os contos clásicos. A continuación, levarase a cabo unha investigación cualitativa na que se realizarán entrevistas semiestruturadas a mestras e mestres do primeiro ciclo de Educación Primaria, co obxectivo de coñecer de primeira man o lugar que ocupan actualmente este tipo de textos nas aulas.
A pesar de que adoitamos relacionar a censura coa prohibición de lecturas con ideas transgresoras en épocas pasadas, tamén é censura (ou máis ben autocensura) que hoxe en día o profesorado evite levar certos libros ás aulas polos valores demasiado tradicionais que estes transmiten. É o caso dos contos clásicos, fillos da ideoloxía dominante do tempo no que foron escritos e, polo tanto, misóxinos, racistas, clasistas e moralizantes dende a perspectiva actual. O obxectivo deste traballo é analizar se estas obras se levan hoxe en día ás aulas, por que ou por que non e cales son os usos que se lle dan. Con este propósito, en primeiro lugar, elaboraremos un marco teórico sobre a literatura infantil, a censura e os contos clásicos. A continuación, levarase a cabo unha investigación cualitativa na que se realizarán entrevistas semiestruturadas a mestras e mestres do primeiro ciclo de Educación Primaria, co obxectivo de coñecer de primeira man o lugar que ocupan actualmente este tipo de textos nas aulas.
Dirección
CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Titoría)
CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Titoría)
Tribunal
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Presidente/a)
PEREZ CASAL, INMACULADA (Secretario/a)
ESTEVEZ GROSSI, MARTA (Vogal)
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Presidente/a)
PEREZ CASAL, INMACULADA (Secretario/a)
ESTEVEZ GROSSI, MARTA (Vogal)
Proposta de Diversidade Cultural e Prevención da Violencia: Unha Revisión Documental dende a Educación Primaria
Autoría
J.T.D.S.
Grao en Pedagoxía
J.T.D.S.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
30.06.2026 13:30
30.06.2026 13:30
Resumo
Debido ás novas conformacións que xorden na aula produto da globalización, as aulas amosan estudantes procedentes de contornas culturais diversas. Deste modo, o sistema educativo a tivo que evolucionar e adaptarse a estes novos retos, co obxectivo de ofertar unha resposta axeitada o fenómeno da violencia escolar. Para iso, fíxose especial énfase no tratamento da convivencia pacífica como promoción dunha escola segura e concienciada. Neste sentido, neste traballo de fin de grado abórdase o estudo das causas, dos factores e das estratexias educativas que se empregan en contextos educativos de diversidade cultural na educación primaria, entendendo a escola como un espazo fundamental para a prevención e o abordaxe de situacións de violencia. Para iso, recorrerase a unha análise documental que inclúa literatura científica, informes institucionais e normativa educativa, coa finalidade de contextualizar a temática e dispoñer de coñecementos actualizados e rigorosos que dean resposta aos retos actuais da violencia escolar. Do mesmo xeito, proponse unha intervención educativa baseada na convivencia intercultural, denominada “A Rede Anti-violencia”, dirixida ao alumnado de cuarto curso de Educación Primaria. Esta proposta pretende materializar as iniciativas existentes analizadas no traballo, co fin de ofrecer unha resposta na que a convivencia inclusiva, respectuosa e culturalmente sensible sexa un activo imprescindible para a xestión da violencia nos centros de educación primaria.

Desenvolvemento das emocións a través do xogo simbólico en educación infantil
Autoría
C.T.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
C.T.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 17:00
01.07.2026 17:00
Resumo
Este traballo analiza a importancia do desenvolvemento emocional na Educación Infantil e a súa relación co xogo simbólico como ferramenta clave de aprendizaxe. A proposta, dirixida a alumnado de 4-5 anos, baséase nunha intervención con actividades progresivas (contos, conversas, tarxetas e xogos de roles) que favorecen a identificación, expresión e regulación das emocións. Destaca o xogo simbólico como un espazo seguro para experimentar situacións reais e traballar a empatía, a teoría da mente e as funcións executivas, promovendo unha aprendizaxe activa e significativa.
Este traballo analiza a importancia do desenvolvemento emocional na Educación Infantil e a súa relación co xogo simbólico como ferramenta clave de aprendizaxe. A proposta, dirixida a alumnado de 4-5 anos, baséase nunha intervención con actividades progresivas (contos, conversas, tarxetas e xogos de roles) que favorecen a identificación, expresión e regulación das emocións. Destaca o xogo simbólico como un espazo seguro para experimentar situacións reais e traballar a empatía, a teoría da mente e as funcións executivas, promovendo unha aprendizaxe activa e significativa.
Dirección
Ponce Romero, Clara Macarena (Titoría)
Ponce Romero, Clara Macarena (Titoría)
Tribunal
Ponce Romero, Clara Macarena (Titor do alumno)
Ponce Romero, Clara Macarena (Titor do alumno)
Iniciación á investigación sobre dificultades de aprendizaxe e procesos de modelización en Ciencias da Natureza en sexto de Educación Primaria.
Autoría
A.T.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.T.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.02.2026 17:00
03.02.2026 17:00
Resumo
Neste traballo realízase unha análise das principais dificultades conceptuais que presenta o alumnado galego de 6.º de Educación Primaria ao abordar os contidos de Materia, Forzas e Enerxía (Decreto 155/2022). O propósito é identificar que obstáculos aparecen con máis frecuencia (tanto na comprensión das magnitudes físicas como na interpretación dos cambios de estado) a fin de optimizar o deseño de intervencións didácticas nesta etapa. Para iso, examínanse e clasifícanse as producións escritas e gráficas dos estudantes obtidas tras unha secuencia de modelización cooperativa centrada en dous fenómenos cotiáns: o desfase perceptivo entre lóstrego e trono e a rotura dunha botella ao conxelarse auga. Baixo unha modalidade de investigación-acción e cun enfoque cualitativo-descritivo, recóllense datos de 19 alumnos distribuídos en catro grupos, os cales se valoran mediante unha rúbrica analítica de tres niveis. Estes rexistros compleméntanse cunha síntese teórica que contextualiza a modelización como ferramenta clave para o cambio conceptual segundo autores como Justi, Gilbert ou Oliva. Comparouse o número e a precisión de conceptos, a coherencia das conexións causais e o grao de uso da terminoloxía científica; ademais, analizouse a evolución dos debuxos como indicador da transición do pensamento concreto ao abstracto. Os resultados evidencian progresos significativos na articulación causa-efecto, aínda que persisten erros nas unidades de medida e concepcións resistentes sobre presión e densidade. Destácase así a necesidade de elaborar propostas didácticas contextualizadas, con roles cooperativos rotatorios e guións visuais, que respondan ás necesidades reais do alumnado e potencien as competencias STEM, lingüística e aprender a aprender.

Coñecendo a cultura dos países anglófonos a través da gamificación na aula de inglés en Educación Primaria
Autoría
I.U.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
I.U.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 11:00
30.06.2026 11:00
Resumo
A temática central deste traballo baséase no coñecemento da cultura dos países anglófonos, máis alá dos Estados Unidos e do Reino Unido e destacando a importancia da interculturalidade. A unidade didáctica está dirixida ao alumnado de 2.º de Educación Primaria e o obxectivo principal é ensinar e mostrar a importancia da multiculturalidade, xa que achegar o alumnado a diversas culturas anglófonas contribúe a eliminar estereotipos, a promover a inclusión na aula e a potenciar o desenvolvemento da competencia intercultural, non só na aula de inglés, senón tamén no resto das áreas. As principais metodoloxías empregadas durante a implementación desta proposta serán o traballo colaborativo, a participación activa e a gamificación. O documento está estruturado en varios capítulos: un marco teórico que destaca a importancia da gamificación como estratexia educativa, unha descrición da proposta didáctica; o desenvolvemento da súa posta en práctica en sete sesións; e unha análise dos resultados obtidos a través dos instrumentos de avaliación. Finalmente, inclúense as conclusións, nas que se sintetizan as valoracións tras a intervención, así como o achegue desta experiencia ao desenvolvemento das competencias profesionais.

A supervisión nas organizacións educativas. Unha labor pedagóxica que coida das profesionais
Autoría
P.M.V.C.
Grao en Pedagoxía
P.M.V.C.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
03.07.2026 11:30
03.07.2026 11:30
Resumo
A actualidade do mundo laboral impón unha lóxica de produtividade que, aplicada na práctica profesional do eido social, desatende o encargo educativo que lle daba sentido. A supervisión orixinouse para auxiliar nas profesións de axuda, como un lugar no que reflexionar en equipo sobre o sentido do traballo e a resolución de casos. Este traballo afonda no estudo da supervisión desde e para a Pedagoxía, avanzando a partir da polisemia cara a un modelo que a sustente, a través de escenarios de diversidade, ata chegar a un marco metodolóxico particular. Á vez, indaga na pertinencia teórico-práctica e nas posibilidades formativas, co cometido de dar a coñecer unha alternativa xenuína que axude a desbloquear o malestar profesional que afecta ás nosas tituladas, acadando achegar luz sobre o papel da universidade e a fornación da identidade profesional.
A actualidade do mundo laboral impón unha lóxica de produtividade que, aplicada na práctica profesional do eido social, desatende o encargo educativo que lle daba sentido. A supervisión orixinouse para auxiliar nas profesións de axuda, como un lugar no que reflexionar en equipo sobre o sentido do traballo e a resolución de casos. Este traballo afonda no estudo da supervisión desde e para a Pedagoxía, avanzando a partir da polisemia cara a un modelo que a sustente, a través de escenarios de diversidade, ata chegar a un marco metodolóxico particular. Á vez, indaga na pertinencia teórico-práctica e nas posibilidades formativas, co cometido de dar a coñecer unha alternativa xenuína que axude a desbloquear o malestar profesional que afecta ás nosas tituladas, acadando achegar luz sobre o papel da universidade e a fornación da identidade profesional.
Dirección
GARCIA ALVAREZ, JESUS (Titoría)
GARCIA ALVAREZ, JESUS (Titoría)
Tribunal
PORTO CASTRO, ANA MARIA (Presidente/a)
ESPARIS PEREIRO, JULIO (Secretario/a)
Alzate García, Mónica (Vogal)
PORTO CASTRO, ANA MARIA (Presidente/a)
ESPARIS PEREIRO, JULIO (Secretario/a)
Alzate García, Mónica (Vogal)
O papel do asociacionismo na participación cidadá: un estudo de caso
Autoría
Á.V.G.
Grao en Educación Social
Á.V.G.
Grao en Educación Social
Data da defensa
30.06.2026 12:30
30.06.2026 12:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza o papel do asociacionismo veciñal na participación cidadá a través da metodoloxía de estudo de caso. Realizouse mediante entrevistas semiestruturadas a axentes institucionais e comunitarios, e un contraste documental, onde se examinan as dinámicas internas da asociación veciñal e a súa relación co Centro Sociocultural (CSC) dun concello urbano. Os resultados constatan unha profunda fenda xeracional e habitacional provocada pola inestabilidade residencial da modernidade líquida. Así mesmo, evidénciase un modelo de xestión baseado na democratización da cultura, que marxina a participación a canles estandarizadas ou respostas puntuais ante conflitos urbanos urxentes como narcopisos ou o ocio nocturno. Finalmente, destácase a urxencia de incorporar a figura da educación social para deseñar estratexias de mediación intercultural, asesoramento e traballo en rede.

Trastorno do Espectro Autista e implicación familiar: Unha revisión sistemática da literatura
Autoría
V.V.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
V.V.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
17.07.2025 11:00
17.07.2025 11:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao aborda o estudo da implicación familiar no desenvolvemento académico e socioemocional do alumnado con Trastorno do Espectro Autista (TEA) na etapa de Educación Primaria. Mediante unha revisión sistemática, seguindo o método PRISMA, analizáronse estudos publicados entre 2015 e 2025 nas bases de datos de SCOPUS e Web of Science, seleccionando finalmente 6 artigos que cumprían os criterios de inclusión establecidos. Os resultados mostran que a implicación familiar actúa como factor protector no desenvolvemento do alumnado con TEA, influíndo positivamente no seu rendemento académico e benestar socioemocional. As formas de participación más eficaces son a comunicación co centro, o apoio estruturado no fogar e a coordinación con profesionais. O benestar emocional familiar, o estilo educativo parental e a calidade da relación familia-escola revélanse como factores chave para soster dita participación.

Do conto moral ao libro artístico: unha proposta para traballar o libro artístico na aula de Educación Infantil.
Autoría
A.V.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.V.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 11:45
30.06.2026 11:45
Resumo
Ante a proliferación dos “libros para”, cunha clara finalidade utilitaria ao estar orientados a tratar temas e aprendizaxes concretos, preguntámonos como recuperar desde as metodoloxías artísticas o valor da lectura como experiencia de desfrute e descubrimento. Para iso, mediante este Traballo de fin de Grao, indagarase en propostas de libro-arte nas que o protagonismo recae no xogo, a experiencia visual e sensorial. En canto á metodoloxía, levarase a cabo a través dun deseño de intervención, para a que se prevé unha investigación documental previa e contextualizadora sobre a literatura infantil e, en concreto, sobre o libro-arte (características, tipoloxías, autores, obras, etc.). Buscarase poñer en valor o libro como obxecto artístico e descubrir as posibilidades que estes poden ofrecer na etapa de infantil, ofrecendo unha guía para incorporalos á aula.

Descubrindo e explorando o interior do noso corpo
Autoría
C.V.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
C.V.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 12:00
01.07.2026 12:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao analiza o proceso de ensino-aprendizaxe do corpo humano en Educación Primaria a través dunha proposta didáctica baseada na modelización e orientada ao desenvolvemento do pensamento científico e sistémico. Partindo das dificultades identificadas pola investigación educativa, especialmente a aprendizaxe memorística e fragmentada dos diferentes aparellos e sistemas do corpo humano, proponse unha intervención fundamentada na indagación guiada, na utilización de modelos análogos e no emprego de materiais manipulativos. Así, a proposta pretende favorecer que o alumnado comprenda o corpo humano como un sistema integrado no que os distintos órganos e aparellos interactúan de maneira interdependente. Así mesmo, promóvese a formulación de explicacións, a observación, a argumentación e a comunicación científica, favorecendo unha aprendizaxe significativa e contextualizada. A intervención incorpora tamén unha adaptación específica para alumnado con necesidades educativas especiais baseada na aprendizaxe multisensorial. Finalmente, a proposta inclúe actividades de robótica educativa co Tale-Bot co obxectivo de integrar e aplicar os coñecementos adquiridos ao longo do proceso.

González Costa, Irene Cotitoría
Blanco Anaya, Paloma (Titoría)
González Costa, Irene Cotitoría
Tribunal
Blanco Anaya, Paloma (Titor do alumno)
González Costa, Irene (Titor do alumno)
Blanco Anaya, Paloma (Titor do alumno)
González Costa, Irene (Titor do alumno)
A construción do coñecemento científico en infantil: introdución ao concepto de flotación.
Autoría
P.V.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
P.V.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 11:30
30.06.2026 11:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza os estudos empíricos sobre a flotación en Educación Infantil. O estudo parte da importancia de traballar as ciencias dende idades temperás mediante propostas activas, manipulativas e contextualizadas que permitan aos nenos e nenas observar, formular hipóteses, experimentar e elaborar explicacións sobre fenómenos próximos á súa vida cotiá. Para isto, realízase unha revisión bibliográfica sistemática cualitativa centrada en sete artigos relacionados coa ensinanza da flotación no segundo ciclo de Educación Infantil. A análise dos documentos seleccionados permite identificar as principais ideas previas do alumnado, normalmente baseadas nunha única propiedade perceptible dos obxectos. Así mesmo, se identificaron certos erros habituais no alumnado e se coñeceron os métodos e as prácticas que mellor resultado dan na adquisición deste concepto por parte dos nenos e das nenas. Os resultados amosan que, aínda que a flotación é un fenómeno complexo, pode abordarse en Educación Infantil coa creación de modelos científicos precursores. En conclusión, o traballo defende a necesidade de incorporar propostas científicas significativas nesta etapa para promover a curiosidade, o razoamento e a alfabetización científica inicial, así como o traballo das ciencias nesta etapa.

Musicoterapia educativa como recurso inclusivo de intervención con alumnado con TEA en Educación Primaria
Autoría
M.V.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.V.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
O obxectivo principal que persegue o presente Traballo de Fin de Grao é a valoración do potencial da musicoterapia educativa como recurso de intervención inclusiva para o alumnado con TEA na Educación Primaria, máis concretamente, no que concirne á regulación emocional, comunicación e interacción social. Para iso, realizouse previamente unha análise de literatura científica atendendo a cuestións como o TEA, a educación inclusiva e os beneificios da musicoterapia no desenvolvemento integral dos/as discentes. Esta revisión teórica fundamentou o deseño dunha proposta de intervención, composta por seis sesións, e que leva por nome As aventuras musicais de Bimba. Nela inclúense actividades musicais, de expresión corporal, contos e apoios visuais, co fin de dar resposta ao desenvolvemento de habilidades sociais e de comunicación. De igual maneira, búscase fomentar a participación activa e a expresión emocional, adaptándose ás necesidades do alumnado con TEA. Con todo, podemos concluír como a musicoterapia educativa pode ser considerada unha ferramenta de gran potencial para favorecer a inclusión e o benestar emocional do alumnado, vendo nesta proposta un posible recurso educativo fundamentado, coherente e inclusivo.

A sensibilización ecolingüística na Educación Infantil: unha proposta de intervención
Autoría
N.V.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
N.V.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 11:00
30.06.2026 11:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao aborda a importancia da normalización lingüística na etapa de Educación Infantil dende un enfoque ecolingüístico e biocéntrico. Partindo dunha análise da realidade sociolingüística de Galicia, marcada polo retroceso da transmisión xeracional do galego, a proposta defende a escola como un axente compensador indispensable para garantir un bilingüismo aditivo. O marco teórico fundamenta a interdependencia entre o desenvolvemento cognitivo e o afianzamento da lingua propia, entendendo o idioma como un refuxio emocional e identitario clave para o alumnado. Para dar resposta a esta necesidade, deséñase unha proposta de intervención baseada no recurso lúdico e a gamificación, que emprega a estimulación sensorial e a aprendizaxe cooperativa como ferramentas de normalización. O traballo conclúe que a creación de experiencias lingüísticas positivas e emocionantes, adaptadas á plasticidade da mente absorbente infantil, é a vía máis eficaz para transformar o galego nunha ferramenta de comunicación funcional e afectiva, favorecendo así unha actitude positiva cara á lingua e contribuíndo á preservación do noso ecosistema cultural dende a base.

A interculturalidade a través da música nunha aula de Educación Infantil. Deseño dunha proposta de innovación.
Autoría
N.V.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
N.V.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 10:45
30.06.2026 10:45
Resumo
A diversidade cultural é unha realidade presente nas aulas de Educación Infantil, polo que é necesario, a posta en práctica de dinámicas que propicien o achegamento e a comunicación entre o alumnado. A partir do deseño da proposta de innovación, o Traballo de Fin de Grao comprende a música como unha ferramenta ideal para fomentar a interacción entre os iguais dende unha perspectiva intercultural. O obxectivo principal é deseñar unha proposta que permita facilitar a integración do novo alumno mediante situacións grupais centradas na comunicación recíproca por medio da música, da expresión corporal ou plástica e do xogo de roles. Para a formulación da proposta titulada “Espazos inmersivos na aula”, consultáronse varias fontes bibliográficas sobre as temáticas principais, a educación intercultural e musical. Por tanto, cabe destacar que o emprego das manifestacións artísticas na etapa infantil favorece á inclusión de todo o alumnado, independentemente da súa orixe.

Racismo na era dixital: Retos para a Educación Social
Autoría
M.V.S.
Grao en Educación Social
M.V.S.
Grao en Educación Social
Data da defensa
06.07.2026 11:30
06.07.2026 11:30
Resumo
Este TFG consiste nunha revisión bibliográfica que busca analizar o fenómeno do racismo nas redes sociais desde unha perspectiva educativa e antirracista. Esta revisión está orientada a comprender como os discursos de odio e as dinámicas de discriminación racial se adaptan ao contexto dixital, favorecidas por un clima de polarización, os algoritmos e as lóxicas da economía da atención. economía da atención. O traballo trata tamén o concepto de racismo, a súa evolución histórica e as súas manifestacións, así como o xeito que ten de interactuar cas redes sociais e como estas inflúen na propagación de condutas discriminatorias. Ademais, incídese nas redes sociais como espazo de socialización no que se contribúe a construír a identidade dos usuarios. Por outra banda, abórdanse as achegas da educación antirracista e como se debería atallar esta problemática desde a Educación Social. Desde unha perspectiva socioeducativa, destácase a necesidade dunha alfabetización dixital crítica e do fomento do pensamento reflexivo. Os resultados mostran que o racismo dixital é unha expresión de desigualdade estrutural contemporánea e que a Educación Social debe desempeñar un papel activo na prevención, detección e intervención fronte a este, promovendo contornos virtuais inclusivos e democráticos.

Regletas con ritmo. Proposta proafectiva interdisciplinar en Educación Primaria
Autoría
L.V.N.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.V.N.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 12:30
30.06.2026 12:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao deseña unha proposta didáctica proafectiva que explora a interdisciplinariedade entre Matemáticas e Música no Primeiro Ciclo de Educación Primaria, co obxectivo de ensinar conceptos matemáticos fundamentais analizando o impacto deste enfoque no ámbito afectivo do alumnado. A proposta nace da necesidade de abordar a ansiedade matemática dende idades temperás, aproveitando o potencial da música como ferramenta universal e motivadora. Búscase fomentar o sentido socioafectivo da aprendizaxe, promovendo a colaboración, a autonomía e unha relación máis positiva coas Matemáticas. Para iso, seguiuse unha metodoloxía que combina o deseño e implementación dunha unidade didáctica coa observación na aula e a recollida de datos afectivos e cuantitativos, verificando así a efectividade do método. Os resultados foron favorables: o alumnado mostrou unha actitude moi positiva, mellorou as súas habilidades de traballo cooperativo e evidenciou unha implicación emocional significativa ao longo do proceso. Estes resultados permitiron concluír que esta proposta que integra a ensinanza de música e matemáticas non só permitiu a adquisición de contidos, senón que contribuíu a construír vínculos positivos e duradeiros con esta disciplina, algo especialmente valioso nas etapas iniciais da escolarización.

ALBELLA MARTINEZ, JORGE (Titor do alumno)

Influencia do xénero no proceso diagnóstico do Trastorno do Espectro Autista
Autoría
A.V.G.
Grao en Pedagoxía
A.V.G.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
30.06.2026 10:00
30.06.2026 10:00
Resumo
No presente Traballo de Fin de Grao analízase a influencia do xénero no proceso diagnóstico do Trastorno do Espectro Autista (en adiante, TEA). Para iso, lévase a cabo unha investigación documental a través da cal se revisan diversas fontes bibliográficas relacionadas co autismo e a perspectiva de xénero. Realizarase unha contextualización do trastorno que inclúe definición, criterios, proceso diagnóstico e prevalencia. A continuación, establecerase unha relación entre o xénero e o diagnóstico do TEA e como inflúe nas mulleres, analizando a influencia do xénero no trastorno, os sesgos e os instrumentos específicos para o xénero feminino. O principal obxectivo é analizar os sesgos de xénero que poden influír na detección e avaliación do TEA nas mulleres desde un punto de vista pedagóxico, relacionando esta problemática co ámbito educativo.

Exploramos o bosque galego: proposta de intervención educativa para o segundo ciclo de educación infantil
Autoría
T.V.O.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
T.V.O.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 12:30
30.06.2026 12:30
Resumo
Este Traballo Fin de Grao presenta unha proposta de intervención educativa denominada «Exploramos o bosque galego», deseñada para o segundo ciclo de Educación Infantil (3 a 6 anos). A proposta parte das potencialidades pedagóxicas do bosque galego como espazo de aprendizaxe auténtico, integrando a aprendizaxe por indagación, a educación ambiental temperá e os principios das escolas bosque. A partir da revisión bibliográfica e da análise do Decreto 150/2022 polo que se regula o currículo da Educación Infantil en Galicia, deseñáronse nove sesións estruturadas arredor do ciclo de indagación, que combinan exploracidadas en aula e saídas ao medio natural. A proposta inclúe o personaxe do Trasniño do Bosque como fío narrativo motivador, o caderno de descubrimentos como instrumento de documentación e criterios de atención á diversidade baseados no Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA). Os resultados esperados apuntan ao desenvolvemento da competencia científica, do vínculo afectivo coa natureza e das habilidades de observación, formulación de hipóteses e comunicación propias do pensamento científico infantil.

Como traballar as enerxías renovables en Primaria: efectos nas capacidades de razoamento e argumentación en nenos e nenas de Educación Primaria
Autoría
A.V.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.V.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 13:00
01.07.2026 13:00
Resumo
O obxectivo principal deste TFG é analizar as capacidades de razoamento e argumentación do alumnado a partir dun traballo centrado nas enerxías renovables e na transición ecolóxica. Para iso, desenvolverase unha proposta de innovación educativa baseada tanto na información recollida na aula como nas visitas a contextos reais de produción de enerxía, co propósito de observar como se constrúe e evoluciona o coñecemento do alumnado ao longo da intervención. Neste marco, o estudo estrutúrase arredor de catro liñas de investigación. A primeira céntrase en identificar as ideas previas do alumnado sobre as enerxías renovables antes de iniciar a proposta, co fin de comprender desde que punto de partida conceptual se achegan ao tema. A segunda procura analizar as ideas posteriores á intervención, valorando en que medida estas se transforman e que aspectos se manteñen, se modifican ou se amplían. A terceira liña aborda os posibles cambios nas representacións mentais dos contidos, examinando como evolucionan as comprensións do alumnado a través das súas respostas, creacións e reflexións. Finalmente, a cuarta liña pretende indagar nos progresos relacionados co desenvolvemento das habilidades de razoamento e argumentación, observando como o alumnado é capaz de soster, xustificar ou matizar ideas en contextos vinculados coas enerxías renovables e coa sustentabilidade. A metodoloxía será cualitativa, configurada como un estudo de caso enmarcado na investigación da acción. Recolleranse e categorizaranse as producións principais do alumnado textos escritos, debuxos e expresións orais e, mediante rúbricas e esquemas de análise, valorarase tanto a natureza das representacións mentais como a calidade dos argumentos formulados, identificando os avances logrados ao longo do proceso.

Deseño dunha proposta de intervención para a inclusión do alumnado en situación de vulnerabilidade social na Educación Primaria
Autoría
X.V.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
X.V.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 11:00
30.06.2026 11:00
Resumo
O presente traballo de fin de grao ten como obxectivo o deseño dunha proposta de intervención educativa orientada a promover a inclusión educativa de alumnado en situación de vulnerabilidade social nun centro de Educación Primaria. A elección da temática xustifícase pola necesidade de ofrecer ás escolas prácticas educativas inclusivas que dean resposta á diversidade social e emocional do seu alumnado. A estrutura do traballo permite tratar a diversidade que pode haber nunha aula de Educación Primaria, en especial no caso de alumnado procedente de contextos con risco de exclusión social, como é a situación de acollemento residencial. Esta situación require accións educativas que recoñezan as distintas realidades familiares existentes na escola e na sociedade, promovendo un clima de respecto e confianza no alumnado. Preténdese a elaboración dunha proposta de intervención didáctica, coa súa correspondente xustificación e avaliación, co obxectivo de fortalecer a empatía, a autoestima e a mellora da convivencia escolar. Preséntanse un conxunto de actividades orientadas a mellorar o coñecemento da clase dos diferentes tipos de familia e desenvolver a intelixencia emocional necesaria para tratar con ela. O obxectivo último da proposta é favorecer a inclusión real de toda a diversidade na aula ordinaria, atendendo ás demandas da mesma.

ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Titoría)
ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Titoría)
Tribunal
ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Titor do alumno)

Pensamento crítico e saúde: unha proposta didáctica para Educación Primaria
Autoría
V.V.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
V.V.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 10:30
01.07.2026 10:30
Resumo
Na sociedade actual, caracterizada pola rápida difusión de información a través de internet e das redes sociais, resulta necesario promover no alumnado unha actitude crítica fronte á desinformación científica, en especial no relacionado coa saúde. Neste contexto, a vacinación constitúe unha cuestión socio-científica especialmente relevante debido á presenza de fake news e discursos pseudocientíficos arredor dela. O presente TFG ten como obxectivo analizar o potencial dunha proposta didáctica centrada na vacinación e na desinformación en internet para favorecer o pensamento crítico no alumnado de terceiro curso de Educación Primaria. A metodoloxía empregada combina técnicas cuantitativas e cualitativas a través da análise dos cuestionarios iniciais e finais e das actividades desenvolvidas durante a intervención. Entre os resultados destacan os avances nos coñecementos do alumnado sobre as vacinas, na identificación de fontes fiables e na capacidade para distinguir información científica de fake news relacionadas coa saúde.

CASAS QUIROGA, LUCIA (Titoría)
González Costa, Irene Cotitoría
CASAS QUIROGA, LUCIA (Titoría)
González Costa, Irene Cotitoría
Tribunal
CASAS QUIROGA, LUCIA (Titor do alumno)
González Costa, Irene (Titor do alumno)
CASAS QUIROGA, LUCIA (Titor do alumno)
González Costa, Irene (Titor do alumno)
Consumo do MDMA: normalización social e saúde mental
Autoría
A.V.B.
Grao en Educación Social
A.V.B.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2026 12:30
01.07.2026 12:30
Resumo
O consumo de MDMA (3,4-metilendioximetanfetamina), coñecido como éxtase, constitúe unha das drogas sintéticas máis presentes entre a poboación xuvenil, especialmente en contextos de ocio nocturno e socialización. Aínda que adoita asociarse a experiencias de euforia, diversión e conexión emocional, diversos estudos sinalan a súa relación con consecuencias psicolóxicas, emocionais e socioeducativas, como a ansiedade, as alteracións do estado de ánimo, os problemas cognitivos, o policonsumo e determinadas situacións de vulnerabilidade social. Ademais, a normalización desta substancia e a diminución da percepción do risco entre a mocidade converten este fenómeno nun ámbito de especial interese para a Educación Social. O presente Traballo de Fin de Grao ten como finalidade analizar o consumo de MDMA na poboación xuvenil e as súas repercusións psicosociais e socioeducativas. Para iso, realizouse unha revisión documental da literatura científica mediante a consulta sistemática de bases de datos e fontes especializadas. Os resultados evidencian que a maior parte das investigacións se centran nos efectos psicolóxicos e neurocognitivos do consumo, así como nos patróns de uso recreativo. Pola contra, identifícase unha menor atención ás dimensións socioeducativas do fenómeno. Conclúese que resulta fundamental fortalecer as accións de prevención, educación para a saúde e intervención socioeducativa dirixidas á mocidade.

A gamificación como estratexia para a ensinanza do inglés en Educación Primaria.
Autoría
Y.V.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Y.V.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2026 10:45
30.06.2026 10:45
Resumo
A gamificación é unha metodoloxía innovadora emerxente que introduce aspectos propios do xogo no contexto educativo para crear ambientes de aprendizaxe máis atractivos. A súa versatilidade permite aplicala en diferentes temáticas, áreas e niveis educativos, o que resulta especialmente pertinente na aula de lingua estranxeira ao facilitar a adquisición de contidos complexos de xeito lúdico. O obxectivo central deste traballo é analizar diferentes experiencias gamificadas para examinar o impacto desta práctica educativa na mellora das habilidades lingüísticas en inglés. Para acadar este propósito, realizouse unha investigación documental na que se revisaron e compararon dez intervencións didácticas. Os resultados obtidos demostran que este enfoque non só presenta beneficios na motivación, na implicación e na actitude do alumnado cara á aprendizaxe da lingua inglesa, senón tamén na mellora do rendemento académico. Así pois, conclúese que a gamificación posúe un gran potencial educativo e debe entenderse como unha ferramenta complementaria a outras metodoloxías, sendo o papel do profesorado clave para o seu éxito na aula.

Lectoescritura na síndrome de Down: unha revisión para a inclusión
Autoría
F.V.G.
Grao en Pedagoxía
F.V.G.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2026 11:30
01.07.2026 11:30
Resumo
O seguinte Traballo de Fin de Grao pretende analizar a competencia da lectoescritura como determinante clave para a inclusión educativa e social, así coma para a autonomía das persoas con síndrome de Down, con especial atención á etapa da adolescencia. Para isto, abórdase en primeiro lugar o marco normativo relacionado coa educación inclusiva e a atención á diversidade dos últimos 15 anos. Posteriormente, descríbese o perfil cognitivo-lingüístico e analízanse as súas implicacións nos procesos de lectura e escritura. Tamén se inclúe unha revisión das boas prácticas levadas a cabo no período establecido, así como das posibles barreiras que poden dificultar o acceso a estas aprendizaxes nesta etapa. En conxunto, a revisión resalta a importancia de continuar traballando a lectoescritura máis alá da infancia mediante propostas accesibles, significativas e adaptadas ás necesidades e intereses dos e das adolescentes con síndrome de Down

Revisión da eficacia das intervencións psicoeducativas para o alumnado con TEA implementadas por mestres/as en Educación Primaria
Autoría
L.V.I.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.V.I.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
Os Trastornos do Espectro Autista (TEA) son trastornos do neurodesenvolvemento caracterizadas por dificultades na comunicación e interacción social, así como por patróns ríxidos de pensamento e conducta. O alumnado con TEA presenta necesidades educativas específicas que, xunto co compromiso actual cunha escola inclusiva, fan necesario que o profesorado de Educación Primaria dispoña de estratexias eficaces para atendelas. Porén, a evidencia sobre intervencións psicoeducativas aplicadas directamente por docentes nesta etapa é limitada. O obxectivo deste traballo foi analizar a evidencia dispoñible acerca da eficacia das intervencións psicoeducativas dirixidas ao alumnado con TEA aplicadas por mestres de Educación Primaria. Para iso realizouse unha revisión da literatura publicada ata abril de 2026, empregando como palabras clave: trastorno do espectro autista, intervención psicoeducativa e educación primaria. Os sete estudos revisados mostraron melloras en habilidades sociais, comunicación adaptativa, interacción con iguais, regulación emocional, flexibilidade cognitiva e resolución de problemas, aínda que algunhas intervencións non evidenciaron efectos consistentes en todas as medidas avaliadas. En conxunto, os achados indican que as intervencións aplicadas por docentes poden contribuír ao desenvolvemento social e comunicativo do alumnado con TEA cando se integran de forma estruturada e coherente coa práctica da aula.

A música como intervención na UCIN: revisión sistemática dos seus efectos no desenvolvemento neonatal e na primeira infancia.
Autoría
M.V.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
M.V.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
17.07.2025 11:30
17.07.2025 11:30
Resumo
Os bebés prematuros enfróntanse a diversas complicacións, o cal require dunha atención máis especializada durante a súa estancia na UCIN. Por exemplo, a musicoterapia pode servir como unha ferramenta complementaria e non invasora co fin de mellorar o benestar do bebé e dos pais, ademais de potenciar un desenvolvemento integral nestes primeiros instantes de vida. O obxectivo desta revisión sistemática é analizar a evidencia científica sobre os efectos da musicoterapia no desenvolvemento global dos bebés prematuros, así como no estrés e no vínculo parental durante a súa estancia na UCIN. A metodoloxía que se levou a cabo foi o método PRISMA (Preferred Reporting Items for Systematic reviews and Meta-Analyses) seguindo a pregunta PICO elaborada. Como resultados, observouse que a musicoterapia mellora os parámetros fisiolóxicos como a frecuencia cardíaca, a frecuencia respiratoria e a saturación de osíxeno, ademais de mellorar en canto ao confort, a regulación emocional e o vínculo afectivo. En conclusión, a musicoterapia resulta unha intervención beneficiosa para os bebés prematuros ingresados na UCIN.
Os bebés prematuros enfróntanse a diversas complicacións, o cal require dunha atención máis especializada durante a súa estancia na UCIN. Por exemplo, a musicoterapia pode servir como unha ferramenta complementaria e non invasora co fin de mellorar o benestar do bebé e dos pais, ademais de potenciar un desenvolvemento integral nestes primeiros instantes de vida. O obxectivo desta revisión sistemática é analizar a evidencia científica sobre os efectos da musicoterapia no desenvolvemento global dos bebés prematuros, así como no estrés e no vínculo parental durante a súa estancia na UCIN. A metodoloxía que se levou a cabo foi o método PRISMA (Preferred Reporting Items for Systematic reviews and Meta-Analyses) seguindo a pregunta PICO elaborada. Como resultados, observouse que a musicoterapia mellora os parámetros fisiolóxicos como a frecuencia cardíaca, a frecuencia respiratoria e a saturación de osíxeno, ademais de mellorar en canto ao confort, a regulación emocional e o vínculo afectivo. En conclusión, a musicoterapia resulta unha intervención beneficiosa para os bebés prematuros ingresados na UCIN.
Dirección
LERANOZ IGLESIAS, MARTIN MANUEL (Titoría)
PAMPILLO RETANA, MARIA ROSA Cotitoría
LERANOZ IGLESIAS, MARTIN MANUEL (Titoría)
PAMPILLO RETANA, MARIA ROSA Cotitoría
Tribunal
LERANOZ IGLESIAS, MARTIN MANUEL (Titor do alumno)
PAMPILLO RETANA, MARIA ROSA (Titor do alumno)
LERANOZ IGLESIAS, MARTIN MANUEL (Titor do alumno)
PAMPILLO RETANA, MARIA ROSA (Titor do alumno)
Educación multigrao: a singularidade da escola rural. Unha revisión sistemática
Autoría
A.M.V.U.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
A.M.V.U.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
30.06.2026 17:00
30.06.2026 17:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao, enmarcado na modalidade de iniciación á investigación documental, ten como obxectivo analizar a educación multigrao como modelo pedagóxico propio da escola rural, atendendo ás súas características, potencialidades e limitacións no contexto educativo actual. Concretamente, preténdese identificar o carácter das investigacións sobre multigraduación, analizar os seus fundamentos pedagóxicos, examinar o impacto das prácticas educativas, describir os recursos empregados polo profesorado e explorar os principais desafíos deste modelo. Metodoloxicamente, o estudo baséase nunha revisión sistemática da literatura científica, seguindo o modelo PRISMA, que permite garantir o rigor e a transparencia do proceso mediante a selección e análise estruturada de estudos relevantes. Os resultados evidencian que a aula multigrao susténtase nun enfoque construtivista, caracterizado pola cooperación, a flexibilidade e a atención á diversidade, favorecendo o desenvolvemento de competencias sociais, cognitivas e emocionais, así como a autonomía e a aprendizaxe entre iguais. Non obstante, se identifican limitacións asociadas á falta de formación específica, recursos adaptados e apoio institucional, o que pon de manifesto a necesidade de reforzar a atención educativa no medio rural e de avanzar cara a modelos máis inclusivos e contextualizados.

CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Titoría)
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Titoría)
Tribunal
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Titor do alumno)

Desenvolvemento de capacidades socio-críticas na infancia: coñecer e comprender a xustiza social
Autoría
A.M.V.U.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
A.M.V.U.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
30.06.2026 13:00
30.06.2026 13:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao constitúese arredor dunha investigación educativa enmarcada no contexto do Prácticum II, dentro dunha aula multigrao que acolle a alumnado de Educación Infantil e primeiro ciclo de Educación Primaria. O principal obxectivo desta investigación consiste en analizar o proceso de desenvolvemento de capacidades socio-críticas no alumnado dos primeiros cursos de Educación Primaria, a través da abordaxe da temática da xustiza social. A investigación deste feito destila da análise dos resultados extraídos ao longo da intervención educativa, a través das producións e respostas do alumnado. Esta acción formativa centrouse no deseño dunha secuencia didáctica por medio de imaxes, relatos e noticias reais para achegar a realidade destes colectivos historicamente marxinados ao alumnado, ante a necesidade de proxectar o ensino das Ciencias Sociais dende problemáticas reais. Conforme ao analizado, os resultados reflicten como o alumnado: 1) amosa un elevado grao de satisfacción coa acción formativa, 2) adquire coñecementos e reflexiona sobre os mesmos e 3) desenvolve competencias sociais e cidadás de cara ás súas capacidades socio-críticas.

Relación entre a carga académica, a esixencia do sistema educativo e o benestar persoal de estudantes universitarios en Ciencias da Educación.
Autoría
M.V.A.
Grao en Pedagoxía
M.V.A.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
03.07.2026 12:15
03.07.2026 12:15
Resumo
Distintas investigacións amosan como a carga académica presente pode ter un impacto no benestar e interaccións sociais do alumnado. Isto pode presentarse porque non existe unha correspondencia entre a magnitude da tarefa e as capacidades e recursos para realizala. Por outra banda, as esixencias impostas polo sistema educativo á población estudantil, poden intervir no equilibrio psicosocial desta población. Nese sentido, a presente investigación pretende indagar na relación que existe entre a carga académica, a esixencia do sistema educativo e o benestar persoal do estudantado universitario da área de Ciencias da Educación. Para isto, vaise empregar investigación de tipo cuantitativa, que estará apoiada nun cuestionario autoaplicado. Agárdase atopar unha relación significativa entre estas variables. Isto permitiá analizar as posibles consecuencias da carga das tarefas e da alta esixencia do sistema educativo no benestar do alumnado. Estes resultados pretenden dar a coñecer a medida na que os elementos contextuais, coma a cantidade de tarefas e as constantes demandas do sistema educativo, teñen efecto sobre o benestar psicosocial do alumnado, co propósito de destacar pautas e accións relevantes que poidan contibuir á súa mellora.
Distintas investigacións amosan como a carga académica presente pode ter un impacto no benestar e interaccións sociais do alumnado. Isto pode presentarse porque non existe unha correspondencia entre a magnitude da tarefa e as capacidades e recursos para realizala. Por outra banda, as esixencias impostas polo sistema educativo á población estudantil, poden intervir no equilibrio psicosocial desta población. Nese sentido, a presente investigación pretende indagar na relación que existe entre a carga académica, a esixencia do sistema educativo e o benestar persoal do estudantado universitario da área de Ciencias da Educación. Para isto, vaise empregar investigación de tipo cuantitativa, que estará apoiada nun cuestionario autoaplicado. Agárdase atopar unha relación significativa entre estas variables. Isto permitiá analizar as posibles consecuencias da carga das tarefas e da alta esixencia do sistema educativo no benestar do alumnado. Estes resultados pretenden dar a coñecer a medida na que os elementos contextuais, coma a cantidade de tarefas e as constantes demandas do sistema educativo, teñen efecto sobre o benestar psicosocial do alumnado, co propósito de destacar pautas e accións relevantes que poidan contibuir á súa mellora.
Dirección
Velandia Morales, Andrea (Titoría)
Velandia Morales, Andrea (Titoría)
Tribunal
PORTO CASTRO, ANA MARIA (Presidente/a)
ESPARIS PEREIRO, JULIO (Secretario/a)
Alzate García, Mónica (Vogal)
PORTO CASTRO, ANA MARIA (Presidente/a)
ESPARIS PEREIRO, JULIO (Secretario/a)
Alzate García, Mónica (Vogal)
Neuroeducación e Metodoloxías Activas
Autoría
P.V.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
P.V.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2026 16:45
01.07.2026 16:45
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten como principal obxectivo transformar as evidencias científicas da neuroeducación nun manual práctico de intervención para a aula de Educación Primaria, superando así os modelos tradicionais baseados na intuición. Na primeira parte, analízanse os principios biolóxicos fundamentais que todo docente debe dominar, tales como a neuroplasticidade, a singularidade cerebral, as funcións executivas e o impacto da aprendizaxe social a través das neuronas espello. Toda esta fundamentación teórica materialízase nunha proposta práctica estruturada nunha guía cerebro-compatible elaborada en tres niveis: a macro-organización do centro, a micro-organización da aula baseada na Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP), e un modelo de avaliación neuroeducativa centrado na autoavaliación do alumnado mediante o Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA) e a investigación-acción da práctica docente. O traballo conclúe que a fusión da neurociencia, a psicoloxía e a pedagoxía valida de forma empírica o uso das metodoloxías activas, transformando a identidade do mestre nun guía neuroeducador e situando ao alumno como o verdadeiro protagonista autónomo e crítico da súa aprendizaxe integral.

Vantaxes e retos da escola rural galega a través dun estudo de caso: Percepcións de familias e dunha docente
Autoría
S.V.N.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
S.V.N.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
02.07.2026 10:15
02.07.2026 10:15
Resumo
A escola rural galega presenta múltiples vantaxes para a educación do alumnado, mais tamén debe facer fronte a diversos riscos, entre os que destaca o seu posible peche debido á baixa matrícula e escasa visibilización social. Este traballo desenvolve unha investigación de campo de carácter descritiva, a través dun estudo de caso empregando unha metodoloxía mixta (cuantitativa e cualitativa). O obxectivo deste estudo é analizar as percepcións das familias e dunha docente de Educación Infantil dunha escola rural de Galicia, para identificar as vantaxes e os retos da mesma e comprender a súa visión sobre este modelo educativo. A recollida de datos realízase mediante dous instrumentos: un cuestionario dirixido ás familias e unha entrevista semiestruturada coa docente. Os resultados amosan que tanto a docente como as familias valoran especialmente o forte vínculo existente neste centro, favorecido polo reducido número de alumnado, ao tempo que manifestan unha preocupación notable polo risco de peche derivado desa mesma realidade. A partir destes achados, realízase unha reflexión sobre posibles medidas que o propio centro ou as administracións poderían implementar para reforzar o papel da escola rural galega e contribuír á súa continuidade.

O papel das actitudes lingüísticas no Proxecto Lingüístico de Centro: Revisión teórica e proposta de integración no contexto educativo galego
Autoría
S.V.N.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
S.V.N.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
30.06.2026 12:30
30.06.2026 12:30
Resumo
Os Proxectos Lingüísticos de Centro (PLC) adoitan limitarse a pequenas enquisas para identificar as linguas máis e menos empregadas polo alumnado, mais raramente incorporan unha análise profunda das actitudes lingüísticas. Isto provoca un coñecemento parcial do contexto sociolingüístico e pode derivar en propostas educativas pouco axustadas á realidade do centro. Pola contra, a análise das actitudes lingüísticas permite coñecer as crenzas, percepcións e valoracións que o alumnado constrúe arredor das linguas, mellorar a diagnose inicial e deseñar medidas máis coherentes e significativas. Ademais, integrar esta análise no PLC facilita avaliar a súa eficacia ao longo do tempo, observando se se producen cambios nas actitudes lingüísticas e identificando que accións funcionan e cales precisan ser revisadas. Este Traballo de Fin de Grao consiste nunha revisión teórica que xustifica a relevancia de estudar as actitudes lingüísticas do alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria e propón unha metodoloxía concreta para realizalo no contexto educativo galego, baseado no uso de instrumentos adaptados a cada etapa. O obxectivo é contribuír á integración desta análise nos PLC e promover un desenvolvemento da competencia lingüística máis equilibrado e consciente nos centros educativos, así como unha planificación lingüística axustada á realidade sociolingüística galega.