25.06.2026 | 16.30h-19.20h
O laboratorio de Toxicoloxía Clínica e Condutual de INCIFOR organiza para o 25 de xuño unha sesión clínica sobre técnicas de micromostreo de sangue seca para a monitorización terapéutica de fármacos.
Na sesión, a desenvolver na aula 9 do Edificio Roberto Novoa Santos, ofrecerase unha visión práctica das técnicas de micromostraxe de sangue seca (DBS, VAMS, outras) e da súa utilidade real na monitorización terapéutica, axudando ás persoas asistentes a valorar a súa aplicación na práctica clínica.
A data límite para inscribirse gratuitamente nesta formación é o 21 de xuño.