Ir o contido principal

Grao en Odontoloxía (2ª edición)

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias da Saúde
Ámbito de coñecemento
Medicina y odontología.
Centro(s)
Facultade de Medicina e Odontoloxía
Rúa de San Francisco, s/n , 15782
Santiago de Compostela
881812219 (Conserxería)
881812237 (Decanato)
medicina.decanato [at] usc.gal
Facultade de Medicina e Odontoloxía
Rúa Entrerríos, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881812343 (Conserxería)
881812340 (Negociado)
odontoloxia.negociado [at] usc.gal
Facultade de Medicina e Odontoloxía
Rúa Choupana, s/n, 15782
Santiago de Compostela
981956183 (Conserxería)
Campus
Santiago de Compostela

O interese académico do título proposto xustifícase pola dilatada historia de estudos universitarios independentes de máis de 100 anos nalgúns dos países europeos da nosa contorna. A xustificación científica da titulación baséase na existencia dunha soa área de coñecemento (estomatoloxía) que aúna todas as materias científicas puramente odontolóxicas.

Duración: 5 anos académicos
Código RUCT: 2502223
Número de ECTS: 300
Número prazas: 50

Decano/a ou director/a do centro:
Julián Álvarez Escudero
julian.alvarez [at] usc.es

Coordinador-a do título:
Pilar Gandara Vila
pilar.gandara [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Nivel MECES: 3

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Decreto 150/2010 do 16 de setembro (DOG 23/09/10

Data de publicación no BOE:
17/12/2024

Data da última acreditación:
11/07/2017

Habilitación profesional:
Dentista

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

O grao en Odontoloxía organízase seguindo unha estrutura mixta en módulos e materias durante 5 cursos académicos (60 créditos por curso en 10 semestres).
• Formación básica: 78
• Obrigatorias: 177
• Optativas: 15
• Prácticas Externas OB : 24
• Traballo fin de Grao: 6
o Total: 300

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

O plan de estudos estrutúrase en 6 Módulos:
• I: Ciencias Biomédicas Básicas relevantes en Odontoloxía
• II: Introdución á Odontoloxía
• III: Patoloxía e Terapéutica Médico-Cirúrxica Xeral
• IV: Patoloxía e Terapéutica Odontolóxica
• V: Prácticas Tuteladas e Traballo de Fin de Grao
• VI: Optativas
Para acceder ás materias do módulo IV o alumno deberá ter aprobados 90 ECTS dos módulos I, II e III que obrigatoriamente deben incluír as materias:
• Morfoloxía e Función do Aparello Estomatognático, Introdución á Odontoloxía.
• Clínica e laboratorio, Radioloxía xeral e Protección Radiolóxica.
Establécense as seguintes incompatibilidades entre materias do módulo IV debido a que o alumno realiza actividade clínica en pacientes:
• Patoloxía e Terapéutica Dental I: Patoloxía e Terapéutica Dental II
• Oclusión e Odontoloxía Protésica I: Oclusión e Odontoloxía Protésica II
• Cirurxía Oral I: Cirurxía Oral II
• Ortodoncia Básica: Ortodoncia Clínica
Para acceder ás prácticas tuteladas o alumno debe superar as materias:
• Patoloxía e Terapéutica Dental II
• Oclusión e Odontoloxía Protésica II
• Cirurxía Oral II
• Periodoncia Odontopediatría
Para o acceso ao módulo IV e ás prácticas tuteladas existirá unha avaliación conxunta previa á cualificación definitiva das incompatibilidades para a súa valoración global, que será levada a cabo por unha comisión de Calidade da Avaliación constituída polos Profesores Coordinadores das materias obxecto de avaliación e presidida polo Profesor Responsable da Calidade do Grao ou polo Coordinador do Título.

Para o ingreso na titulación considérase axeitado un perfil persoal que inclúa vocación de servizo en actividades sanitarias. Así mesmo, é moi recomendable que o aspirante posúa habilidade manual, dado que a profesión de odontólogo requíreo, así como coñecemento importante das materias de ciencias da saúde e da lingua inglesa.

1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos. Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos: libre cun máximo de 75 créditos.

A Facultade porá ao dispor dos estudantes dous procedementos de orientación e apoio:
1. Xornada de Información Xeral: Ao comezo de cada curso académico, os estudantes de novo ingreso teñen unha xornada de benvida, organizada polo Decanato, onde participan os membros do equipo decanal, o director do Departamento de Estomatoloxía, unha representación dos profesores, o persoal administrativo, os alumnos delegados de segundo curso e as asociacións de estudantes. Na devandita xornada realízase unha presentación na que se informa aos novos estudantes do funcionamento e a estrutura organizativa da Facultade, así como dos servizos que o centro pon á súa disposición. Igualmente infórmaselles dos programas da Universidade de Santiago e da Facultade onde se pode atopar todo o necesario sobre os servizos universitarios, biblioteca, laboratorios, clínicas, etc. Faise especial mención ás facilidades que a USC e o Centro posúen para alumnos con discapacidade.
2. Plan de Titorías: cuxo obxectivo é orientar ao estudante para que desenvolva ao máximo todas as súas potencialidades aproveitando da mellor maneira posible os recursos que o centro lle ofrece.
Respecto á atención a cuestións derivadas da existencia de necesidades educativas especiais, leva a cabo, para cada caso, en colaboración co servizo de Participación e Integración Universitaria:
http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/integracion.html

Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.

As probas de acceso ás tres universidades galegas (Avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) e para persoas maiores de 25 e 45 anos) están organizadas pola Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG). Para solicitar praza, o alumnado debe cumprir algúns dos seguintes requisitos de acceso establecidos no artigo 3 do RD 412/2014:
• Ter un título de bacharelato ou equivalente e superar a proba de acceso á universidade.
• Cumprir os requisitos esixidos para o acceso á universidade nos sistemas educativos de Estados membros da Unión Europea ou de outros Estados cos que España teña subscrito acordos internacionais nesta materia.
• Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, para maiores de 40 anos con experiencia laboral ou profesional ou a proba para maiores de 45 anos.
• Posuír un título de técnico superior de formación profesional, ensino de artes plásticas e deseño ou de técnico deportivo superior, ou títulos equivalentes.
• Ter un título universitario oficial de grao, máster ou un título dos correspondentes á anterior ordenación do ensino universitario (diplomado universitario, arquitecto técnico, licenciado, arquitecto, enxeñeiro) ou títulos equivalentes.
• Ter cursados estudos universitarios parciais estranxeiros ou españois, ou que, ó finalizar os estudos universitarios estranxeiros, non teñan obtido a súa homologación en España e queiran continuar estudos nunha universidade española. Neste suposto, será requisito indispensable que a universidade correspondente recoñeza a lo menos 30 créditos ECTS.
• Estar en condicións de acceder á universidade segundo ordenacións educativas anteriores á Lei Orgánica 8/2013, non incluídas nos apartados anteriores.
De maneira xeral existen as seguintes vías de acceso á Universidade:
• Proba de acceso á universidade (ABAU): Unha vez terminado o bacharelato, para poder acceder a un grao universitario débese superar a Avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade.
https://ciug.gal/gal/abau
• Acceso desde a Formación Profesional: Se se dispón dun título oficial de técnico superior de formación profesional, de técnico superior de artes plásticas e deseño ou de técnico deportivo superior, ou títulos, diplomas ou estudos declarados equivalentes ou homologados no sistema educativo español, pódese acceder a estudar unha titulación de grao na universidade. As solicitudes ordenaranse segundo a nota media do título de técnico superior realizado sobre un máximo de 10. Se se desexa mellorar a nota de admisión aos estudos de grao, pódese facer a proba da parte voluntaria da ABAU.
https://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oiu/desca…
• Proba de acceso para maiores de 25 anos: Poden facer esta proba as persoas que sexan maiores de 25 anos de idade no ano en que se celebre a proba e que non teñan ningunha titulación académica que dea acceso á universidade por outra vía.
• Maiores de 45 anos: Os maiores de 45 anos de idade poden estudar titulacións oficiais de grao despois de superar unha proba de acceso adaptada.
• Acceso maiores de 40: mediante validación da experiencia laboral.
O acceso de maiores de 40 anos ao Grao en Odontoloxía mediante validación da experiencia profesional que se deseñou realizarase considerando os perfís profesionais idóneos e a entrevista de carácter persoal.
O nivel de cualificación profesional esixido ao solicitante será o correspondente ás cualificacións profesionais das familias profesionais e niveis do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais (CNCP), elaborado polo Instituto Nacional das Cualificacións (INCUAL).
Por parte da Universidade estableceuse a seguinte relación de familias profesionais con acceso ao grao en Odontoloxía:
• Actividades Físicas e Deportivas.
• Sanidade.
• Servizos Socioculturais e Comunidade.

O Título de Graduado/a en Odontoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela ten como obxectivo a formación de profesionais con adecuados coñecementos, habilidades, actitudes e competencias, que estean capacitados para servir á sociedade mediante a satisfacción das súas demandas sanitarias odontolóxicas, tanto na faceta de prevención, como de diagnóstico e tratamento, dun modo ético e con eficiencia e seguridade.
Estes profesionais deben apreciar a necesidade do desenvolvemento profesional e a formación continuada ao longo da vida, ser capaces de utilizar con eficiencia os avances no coñecemento e a tecnoloxía e entender o papel central do paciente na toma de decisións terapéuticas.
Para cumprir este obxectivo fundamental, o plan de estudos de odontoloxía debe:
· Conseguir que os estudantes adquiran o coñecemento e a competencia clínica necesarios para que unha vez graduados sexan capaces de realizar unha práctica odontolóxica xeral dun modo independente, sen ningún tipo de supervisión. Ao mesmo tempo deben ser capaces de recoñecer as súas limitacións e #ante situacións que excedan a súa capacidade, buscar consello ou referir o paciente a outro profesional.
· Promover a adquisición de coñecementos, habilidades, actitudes e comportamento profesionais que lle faciliten unha interacción efectiva e adecuada cos pacientes, cos colegas e con outros profesionais da saúde.
· Estimular o recoñecemento e aceptación da obrigación de practicar no mellor interese dos pacientes en todo momento e de acordo coa lexislación sanitaria vixente.
· Fomentar a análise crítica da ciencia, a capacidade de innovación e de divulgación científica.
· Estimular a adquisición de coñecementos, habilidades, actitudes que promovan unha aprendizaxe ao longo da vida dun modo efectivo estimulando o compromiso coa autoaprendizaxe como instrumento de desenvolvemento e responsabilidade profesional.
Estes obxectivos da titulación así como o catálogo de competencias están descritos na orde ministerial CIN/2136/2008, do 3 de xullo, e así mesmo coinciden cos que define para o título de odontólogo a normativa europea e cos que se recollen no Libro Blanco e na Lei de Ordenación das Profesións Sanitarias (44/2003LOPS) no seu Artigo 6, 2c).

1. Coñecer os elementos esenciais da profesión de dentista, incluíndo os principios éticos e as responsabilidades legais.
2. Comprender a importancia de tales principios para o beneficio do paciente, da sociedade e a profesión, con especial atención ao segredo profesional.
3. Saber identificar as inquietudes e expectativas do paciente, así como comunicarse de forma efectiva e clara, tanto de forma oral como escrita, cos pacientes, os familiares, os medios de comunicación e outros profesionais.
4. Comprender e recoñecer os aspectos sociais e psicolóxicos relevantes ao tratamento de pacientes.
5. Saber aplicar os principios do control da ansiedade e do estrés sobre un mesmo, sobre os pacientes e sobre outros membros do equipo odontolóxico.
6. Comprender a importancia de desenvolver unha práctica profesional con respecto á autonomía do paciente, ás súas crenzas e cultura.
7. Promover a aprendizaxe de maneira autónoma de novos coñecementos e técnicas, así como a motivación pola calidade.
8. Saber compartir información con outros profesionais sanitarios e traballar en equipo.
9. Comprender a importancia de manter e utilizar os rexistros con información do paciente para a súa posterior análise, preservando a confidencialidade dos datos.
10. Coñecer e identificar os problemas psicolóxicos e físicos derivados da violencia de xénero para capacitar aos estudantes na prevención, a detección precoz, a asistencia, e a rehabilitación das vítimas desta forma de violencia.
11. Comprender as ciencias biomédicas básicas nas que se fundamenta a Odontoloxía para asegurar unha correcta asistencia buco-dentaria.
12. Comprender e recoñecer a estrutura e función normal do aparello estomatognático, a nivel molecular, celular, tisular e orgánico, nas distintas etapas da vida.
13. Comprender e recoñecer as ciencias dos bio-materiais esenciais para a práctica odontolóxica así como o manexo inmediato das posibles alerxias aos mesmos.
14. Coñecer dos procesos xerais da enfermidade, entre os que se inclúen a infección, a inflamación, as alteracións do sistema inmune, a dexeneración, a neoplasia, as alteracións metabólicas e as desordes xenéticas.
15. Estar familiarizado coas características patolóxicas xerais das enfermidades e trastornos que afectan os sistemas orgánicos, especificamente aquelas que teñen repercusión bucal.
16. Comprender os fundamentos de acción, indicacións e eficacia dos fármacos e outras intervencións terapéuticas, coñecendo as súas contraindicacións, interaccións, efectos sistémicos e interaccións sobre outros órganos, baseándose na evidencia científica dispoñible.
17. Comprender e recoñecer os principios de ergonomía e seguridade no traballo (incluíndo control de infeccións cruzadas, protección radiolóxica e enfermidades ocupacionais e biolóxicas).
18. Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
19. Coñecer do método científico e ter capacidade crítica para valorar os coñecementos establecidos e a información nova. Ser capaz de formular hipóteses, colleitar e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.

20. Obter e elaborar unha historia clínica que conteña toda a información relevante.
21. Saber realizar un exame bucal completo, incluíndo as oportunas probas radiográficas e de exploración complementarias, así como a obtención de adecuadas referencias clínicas.
22. Ter capacidade para elaborar un xuízo diagnóstico inicial e establecer unha estratexia diagnóstica razoada, sendo competente no recoñecemento das situacións que requiran unha atención odontolóxica urxente.
23. Establecer o diagnóstico, prognóstico e unha adecuada planificación terapéutica en todas as áreas clínicas da Odontoloxía, sendo competente no diagnóstico, prognóstico e elaboración do plan de tratamento odontolóxico do paciente que requira coidados especiais, incluídos os pacientes medicamente comprometidos (como diabéticos, hipertensos, inmunodeprimidos, anticoagulados, entre outros) e pacientes con discapacidade.
24. Recoñecer as situacións de risco vital e saber facer manobras de soporte vital básico.
25. Coñecer e aplicar o tratamento básico da patoloxía bucodentaria máis habitual en pacientes de todas as idades. Os procedementos terapéuticos deberán basearse no concepto de invasión mínima e nun enfoque global e integrado do tratamento bucodental.
26. Saber planificar e realizar tratamentos odontolóxicos multidisciplinares, secuenciais e integrados de complexidade limitada en pacientes de todas as idades e condicións e dos pacientes que requiran coidados especiais.
27. Expor e propoñer as medidas preventivas adecuadas a cada situación clínica.
28. Adquirir experiencia clínica baixo a adecuada supervisión.

29. Recoñecer os determinantes da saúde bucal na poboación, tanto os xenéticos como os dependentes do estilo de vida, demográficos, ambientais, sociais, económicos, psicolóxicos e culturais.
30. Recoñecer o papel do dentista nas accións de prevención e protección perante enfermidades bucais, así como no mantemento e promoción da saúde, tanto a nivel individual como comunitario.
31. Coñecer o Sistema Nacional de Saúde, así como os aspectos básicos da lexislación sanitaria, xestión clínica e utilización adecuada dos recursos sanitarios, comprendendo a importancia do papel do dentista no ámbito da Atención Primaria de Saúde.

Mobilidade

A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa).
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/internacional
No Grao de Odontoloxía a mobilidade dos estudantes realízase a partir do segundo ano de estudos na titulación, en períodos semestrais ou anuais. A selección dos candidatos lévase a cabo, para cada convocatoria ou programa, por unha Comisión de Selección, de acordo con criterios de baremación, previamente establecidos, que teñen en conta o expediente académico, unha memoria e, no seu caso, as competencias en idiomas que esixe a universidade de destino.

Prácticas

As prácticas clínicas en período non lectivo poderanse levar a cabo en Institucións sanitarias de ámbito nacional ou internacional recoñecidas pola Comisión de Calidade do Centro e/ou polo Responsable de Calidade do Centro. A actividade en dedicación a tempo parcial durante un mes implicará o recoñecemento de 3 ECTS, sempre que se teña xustificado fidedignamente alcanzar as competencias previamente establecidas, podendo realizar varios destes períodos de prácticas.
Non se previron itinerarios formativos específicos. Trátase de fomentar a integración tanto horizontal como vertical, favorecendo que as materias básicas e médicas sexan relevantes para a formación do odontólogo/dentista xeral.

O perfil de egreso oriéntase a un profesional que actúa no ámbito da saúde odontolóxica para a atención e coidado dos pacientes, a determinación de programas e políticas de acción comunitaria tanto a nivel de prevención como de tratamentos. O perfil de egreso fundaméntase na capacitación dun profesional que dispón dos coñecementos para a práctica odontolóxica, tanto desde a dimensión médica, as habilidades e destrezas de preclínica e coas competencias de práctica clínica. Un profesional capaz de integrar os novos paradigmas de atención odontolóxica nos pacientes e as novas tecnoloxías neste campo profesional.

Ao finalizar o Grao os egresados/das poden seguir tres vías que poden ser compatibles:
- A profesional: previa colexiación, poden traballar a nivel de práctica clínica en centros públicos da rede sanitaria (centros atención primaria, centros hospitalarios con servizos de estomatoloxía ou odontoloxía) ou ben en clínicas e centros privados (propios ou non) e de forma asalariada.
- A académica: traballando como docentes en universidades ou en centros educativos nos que se imparta ciclos formativos vinculados ao grao ou formación continua especializada no ámbito da odontoloxía.
- A de investigación: vinculada a grupos de investigación das universidades ou centros de investigación, así como en departamentos de I+D das empresas relacionadas coa provisión de servizos, produtos e ferramentas odontolóxicas (sector farmacéutico, implantología, imaxe médica, etc).
Salvagardando as singularidades das normativas e regulacións da práctica profesional en cada país, estas tres vías poden ser factibles tanto nun contexto nacional como internacional.

O traballo de fin de grao organizarase como unha materia transversal asociada ás distintas materias do grao na que se poderán avaliar competencias alcanzadas polo estudante. Os requisitos, desenvolvemento e mecanismos de xestión do TFG recóllense no Regulamento do Traballo Fin de Grao en Odontoloxía:
https://www.usc.gal/gl/centro/facultade-medicina-odontoloxia/tfg

Non hai información dispoñible neste momento.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.07.2024.