Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
– Desenvolver no alumnado unha visión estratéxica da innovación na empresa.
– Familiarizar ao alumnado con diversas ferramentas, instrumentos e métodos de xestión da dirección estratéxica da empresa.
– Capacitalo para identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas coa formulación de estratexias de innovación.
– Desenvolver no alumnado as habilidades requiridas para a formulación e implantación de estratexias de innovación na empresa.
1.- Estratexia, innovación e competitividade
2.- A dinámica da innovación na industria
3.- Formulación da estratexia de innovación
4.- Innovación en modelos de negocio
Bibliografía básica:
SCHILLING, M.A. (2019): Strategic management of technological innovation. (6th edition) Ed. McGraw Hill.
SCHILLING, M.A. (2008): Dirección estratégica de la innovación tecnológica. (2ª edición) Ed. McGraw Hill.
TIDD, J.; BESSANT, J.R. (2014): Strategic innovation management. Ed. Wiley.
Bibliografía complementaria:
GRANT, R.M. (2014): Dirección Estratégica. Conceptos, técnicas y aplicaciones. (8ª edición) Ed. Civitas.
FERNÁNDEZ SÁNCHEZ, E. (2005): Estrategia de innovación. Ed. Thomson.
GUERRAS, L.A.; NAVAS, J.E. (2016): La dirección estratégica de la empresa. Teoría y aplicaciones. (5ª edición revisada) Ed. Civitas.
HIDALGO, A.; LEÓN, G.; PAVÓN, J. (2013): La gestión de la innovación y la tecnología en las organizaciones. Ed. Pirámide.
HILL, C.W.L.; JONES, G.R.; SCHILLING, M.A. (2015): Administración estratégica: teoría y casos. Un enfoque integral. (11ª edición) Ed. Cengage Learning.
JOHNSON, G.; WHITTINGTON, R.; SCHOLES, K.; ANGWIN, D.; REGNER, P. (2017): Exploring strategy. Text and cases. (11th edition) Ed. Pearson.
TIDD, J.; BESSANT, J.R. (2018): Managing innovation: integrating technological, market and organizational change. (6th ed.) Ed. Wiley.
O profesorado poderá detallar, ao comezo de cada tema, outra bibliografía adicional.
– Comprender os trazos centrais da sociedade do coñecemento e as formas actuais de xeración de competitividade empresarial baseadas na innovación e a tecnoloxía.
– Aprender a formular estratexias tecnolóxicas empresariais e aliñalas coas estratexias competitivas.
– Entender os aspectos básicos da construción de culturas de innovación no interior das organizacións.
– Comprender os procesos de innovación empresarial, coñecer e aplicar as súas principais metodoloxías e ferramentas.
– Comprender a dinámica da innovación e o cambio tecnolóxico.
– Analizar os casos de éxito na aplicación de estratexias de innovación en empresas.
Nas sesións expositivas explicaranse os contidos fundamentais dos temas que conforman o programa, enfatizando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre eles. Nas sesións interactivas trátase de que o alumnado aplique os conceptos teóricos. Para iso, realizaranse estudos de casos, comentaranse lecturas de textos e artigos, e debateranse cuestións suscitadas polo profesorado. Coas lecturas preténdese que o alumnado acceda a fontes de información relevantes, en especial a revistas de interese, que se familiaricen con autores destacados, coñezan experiencias empresariais de interese para a materia e desenvolvan a capacidade de análise, síntese e de argumentación. Adicionalmente, deberán elaborar diversos traballos en grupo e expoñelos oralmente en clase. Con todo iso preténdese estimular o traballo cooperativo e desenvolver as habilidades analíticas, de argumentación e comunicación. As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, ademais do tempo dedicado ao estudo, a lectura do material proporcionado polo profesorado, a procura de información na biblioteca, hemeroteca ou bases de datos e a elaboración de diversos traballos en grupo. Nas titorías, o profesorado orientará ao alumnado sobre os casos prácticos, lecturas, traballos e exposicións; tamén servirán para liquidar dúbidas e solucionar problemas aos que se en fronte o alumnado no proceso de aprendizaxe e como canle de retroalimentación sobre os resultados do mesmo. As titorías serán prioritariamente presenciais. Durante o curso, utilizarase o "aula virtual" para tarefas de comunicación, docencia e avaliación. Poderase utilizar tamén a ferramenta Microsoft Teams; neste caso, informarase oportunamente ao alumnado.
A avaliación continua terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado (participación activa na análise de casos, debate e comentario de lecturas, artigos ou noticias de prensa, realización e exposición de traballos, etc. ). A avaliación dos coñecementos teóricos realizarase mediante un exame.
a) Exame: 50% da cualificación.
b) Participación na análise de casos, debate de lecturas: 25%.
c) Realización, presentación e defensa de traballo en grupo: 25%.
Para poder sumar b) e c) é necesario que o alumnado obteña como mínimo un 2 sobre 5 no exame teórico.
A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
Para poder superar a materia, é necesario que o alumnado asista como mínimo a un 80% das clases.
Os alumnos repetidores someteranse ao mesmo réxime de avaliación que o alumnado ordinario.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
As probas e exercicios de avaliación continua e o exame final realizaranse de forma presencial. Peso na cualificación final: Expositiva 50% Interactiva 50%.
A materia é de 3 créditos e cada crédito equivale a 25 horas.
As horas de traballo totais distribúense do seguinte modo:
– Presenciais (inclúen as horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación): 24
– Traballo persoal do alumnado: 51
Para maximizar a aprendizaxe é conveniente que o alumnado prepare previamente as lecturas e textos recomendados, realice todas as actividades expostas polo profesorado e asista regularmente ás clases teóricas e prácticas.
Adolfo Campos Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 881811600
- Correo electrónico
- adolfo.campos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 06 |
20.05.2024 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 06 |
20.05.2024 16:30-18:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula 06 |
18.06.2024 16:30-18:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula 06 |
18.06.2024 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 06 |