Ir o contido principal

Seminario web con inscrición previa

Amplía a túa perspectiva: Research Commons na plataforma Web of Science

28.10.2025 | 14.00h-15.00h

Research Commons é unha nova colección na plataforma Web of Science, construída a partir de datos de Crossref e OpenAlex. Amplía a rede de citacións de Web of Science con máis de 30 millóns de documentos publicados nos últimos dez anos. Conta cunha importante representación de investigacións do Sur Global e das ciencias sociais, artes e humanidades.

Research Commons é unha nova colección na plataforma Web of Science, construída a partir de datos de Crossref e OpenAlex
Research Commons é unha nova colección na plataforma Web of Science, construída a partir de datos de Crossref e OpenAlex

Neste seminario web aprenderás a:

  • Explorar máis investigacións procedentes do Sur Global e das áreas das ciencias sociais e humanidades.
  • Priorizar a calidade ou a amplitude en función das necesidades de busca.
  • Conectar conceptos máis rapidamente grazas a unha rede de citacións máis ampla.

Podes inscribirte nesta ligazón

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.10.2025.